| |
 |
|
Oxalis pes-capreae
O "chuchamel", como lle chaman os
rapaces nesta zona, aínda que este nome tamén se emprega para outras
especies como a madreselva, é planta moi coñecido dende tempos antigos
porque o seu pedúnculo floral que ten un sabor amargo invita a probalo.
Planta exótica, ou sexa, non autóctona, procede de Sudáfrica, que
aparece amplamente distribuída por toda a comarca e por tódalas partes.
Moi abondosa. É das primeiras plantas que vemos no comezo de ano.

Un insecto, do grupo dos dípteros, aproveita
a súa actividade nunha tarde calurosa deste mes de xaneiro, para
alimentarse do néctar da flor. |
|
| |
 |
|
Carpobrotus edulis
Aínda que xaneiro non é a mellor época de floración para esta especie,
si observamos neste mes de xaneiro un bo número de flores en diferentes
matas que se atopan a carón do borde litoral.
Ao igual que a anterior, esta especie tamén é orixinaria de Sudáfrica e
constitúe unha seria ameaza para as plantas autóctonas por ser moi
invasiva. É abondosa en toda a costa baixomiñota, así coma na ribeira
fluvial de ámbalas dúas marxes. As flores aparecen en dúas "versións":
amarelas e carmíns.
 |
|
| |
 |
|
Silene vulgaris
É unha especie tapizante, de follas estreitas, cálice globosa e pétalos
cor branco, contendo 10 estames. Aparece en toda a costa do Baixo Miño
abondosamente. Na senda litoral podémos ver algúns exemplares en flor,
aínda que este, ao igual que a especie anterior, non é o mellor momento
da floración. |
|