|

| |
|
AGRESIONS AO PATRIMONIO NATURAL DO BAIXO
MIÑO
FURTIVISMO
|
FURTIVISMO EN GUILLAREI (TUI)

Nesta fotografía aérea do SIGPAC, os círculos sinalan as dúas áreas onde onde
foron
localizadas as trampas. No círculo da esquerda os lazos e no da dereita a gaiola.
O traballo de campo
do sábado 4 de setembro de 2010, levounos ata a veiga do Louro, en Guillarei, Tui. Facía
varios anos que non nos achegabamos a esta paraxe, así que era necesario visitar
esta zona antes do período de chuvias pois, ao ser un terreno lamacento, a
visita a esta zona no inverno está parcialmente vedada. A idea era a de realizar
máis unha inspección visual que outra cousa. Así que, unha vez elexido o tramo a
visitar, dedicámolo tempo a percorrelo. Agás os escasos sendeiros que hai, a
maior parte do terreo está materialmente cuberto dunha espesa vexetación,
quedando áreas perimetrais dedicadas ao cultivo de millo. Nótase que tempo
atrás, cando había outras necesidades, esta superficie debía estar traballada,
diso dan fe as vides asilvestradas que gabean por silveiros e árbores. Na zona
hai abundancia relativa de chopos, tal vez sexa a maior chopera das
existentestes no Baixo Miño.
|

|
| |
"Peque" pouco despòis de
descubrir a primeira das trampas. O lazo estaba no chan. A parte
posterior achábase suxeita a un dos chopos. Este sistema de captura é
ilegal. está prohibido xa que non é selectivo. Nel pode caer calquera
animal. Unha vez este está preso a súa morte pode ser moi dolorosa e
prolongada no tempo. |
|
|
|
|

Á dereita da zona de
prospección (véxase fotografía primeira), foi atopada a segunda das trampas.
Unha gaiola perfectamente elaborada, dun metro de lonxitude, cun dispositivo
interior onde se coloca o cebo. Cando o animal se introduce no interior, ao
coller o cebo fai saltar o dispositivo que pecha a porta hermeticamente. Na
fotografía Ricardo sostén na man o lazo que sería utilizado para suxeitar ao
animal e que se atopaba a carón da gaiola.

"Peque" tratando de desmantelar a
terceira das trampas. Non tiñamos ferramenta axeitada así que recurrimos ás
ensinanzas daquela serie de TV, isto é ao "Macgiver". Cun dispositivo multiusos,
conseguimos eliminar un dos lazos.
.a.JPG) |
| |
Agustín Ferreira filmou todo o proceso de desmantlamento das trampas. Na
fotografía ao lado da gaiola pouco antes de subila a un dos vehículos
para o seu transporte. |
|
| Actualizado o 30-09-2009 |
|
Foi o 8 de setembro cando un membro de ANABAM, inspeccionando unha zona de
matorral e bosque, onde se estaba a realizar unha limpeza, deu por
casualidade coas vísceras dun animal, que semellaban seren colocadas na zona
con algunha intención. Parecían recén postas, pois estaban frescas a pesar
do calor reinante neses días. Pensamos que poderían conter algún tipo de
veneno destiñado aos animais nocturnos, raposos tal vez, así que, aínda a
sabendas do perigo que, de se-lo caso, isto podería supoñer, decidimos
deixalo no mesmo lugar e dar parte a Medio Ambiente.
|


|
O día seguinte, 9, os
membros de ANABAM, Ricardo, David e Agustín, xunto con dous gardas de
Medio Ambiente, rastrexaron a zona para tratar de atopar indicios e
examinar con máis detalle as vísceras. |
 |
O primeiro que atopamos foi un pe,
claramente seccionado, dun xabarí. E logo demos con tres máis. Así que xa
fomos facéndonos unha composición do que poido pasar. A actuación dalgún, ou algúns furtivos, deron caza a un dos xabaríns que merodean por
este lugar nas súas correrías nocturnas. |


|
Logo demos cos
restos do animal: fora despezado alí mesmo, xa que atopamos a cabeza e a
pel . Esta perfectamente limpa o que indica que o ou os autores
que realizaron a matanza deben coñecer bastante ben o oficio.
Evidentemente que a carne(xamóns, patas, espiñazo...) foi levada. |
 |
Momento en que os gardas e os
membros de ANABAM analizan visulamente as vísceras para ver se contiñan
veneno. Aínda non se sabía nada da presenza dos restos do animal. |
 |
O círculo sinala a zona onde foi
despezado o xabarí e onde se produciu o achádego dos seus restos, na
zona de Saa, en Camposancos. |
|
|
Actualizado o 15 de agosto de 2006 |
|
ACTIVIDADE
ILEGAL??
Exite un acordo entre España e Portugal polo cal as embarcacións
de Caminha e Vilapraia poden faenar na costa guardesa e as deste
lado poden facelo alá. Pero semanas atrás, sorprendeunos a forma
de actuar dunha destas embarcacións, de nome Pauliana. Se a
actividade que estaban a realizar era ilegal, esta quedou grabada por unha
cámara de ANABAM. Sería posiblemente a primeira vez, que se consigue filmar a presunta actividade
ilegal dunha embarcación portuguesa na costa da Guarda. Sucedeu o venres,
21 de xullo pasado, ás 8 da tarde, cando un membro de ANABAM se atopaba
tomando imaxes da costa guardesa. Ó pouco, unha embarcación da veciña
localidade portuguesa de Caminha fixo acto de presencia. A marea estaba
baixa e a lancha batía de cando en vez contra os rochedos. Foron máis de
15 minutos de filmación. Os ocupantes desta ó decatarse de que estaban
sendo filmados, se apresuraron a coller unha especie de manta e tapar o
nome, pero xa era demasiado tarde. Ademais, esquecéronse que na popa
tamén figuraba o nome da lancha polo que de pouco lles serviu querer
ocultar este.
Na secuencia que ven a continuación (a calidade non é boa porque son
fotogramas obtidos directamente da cinta na que está toda a grabación),
pode verse parte do proceso no que se procede a tapar a identificación da
embarcación.

Obsérvase
perfectamente o nome "Pauliana" no casco da lancha.
Mentras, un dos ocupantes recollía a rede, o outro manexaba os remos ou o
motor, segundo os casos.

Este
é o preciso momento no que a persoa que levaba os remos se decata que
unha cámara está filmando a actividade presuntamente ilegal dos
ocupantes. Estaban a enriba dos rochedos da costa.

A
persoa que se decatou da filmación, procede a coller unha lona ou manta,
mentras o outro segue recollendo a rede.

Entre
os dous estiran a lona sobre o caso.

O
nome da embarcación está practicamente tapado.

A
lona ocultou totalmente o nome. A persoa que leva os remos axudaría de
inmediato ó seu compañeiro a recoller a rede para largarse canto antes.
Cando a barca xa estaba navegando, a lona caiulles a auga, tendo que dar
volta para recollela.

Esquecéronse
que na
popa da embarcación tamén figuraba o nome desta, así como a localidade
de procedencia da mesma..
A
actividade filmada por ANABAM é algo que sucede a cotío na costa sur da
Guarda. Resulta frecuente ver embarcacións das veciñas localidades
faenar na mesma costa, pero agás os comentarios de pescadores,
profesionais ou deportivos, non hai nada nin nadie que impida a mesma.
Se esta actividade é ilegal, como pensa esta asociación pola
"maniobra" feita polos ocupantes do PAULIANA, e a grabación
serve para algo, non teriamos inconvinte en que as autoridades analizaran
a mesma.
|
|