|

| |
|
|
| |
|
|
Actualizado o
30-06-2011 |
|
| |
 |
|
Apenas se ergue do chan uns centímetros. O conxunto das follas de cada
pola forma unha disposición piramidal moi característica.
Esta planta é das máis escasas no Baixo Miño e tamén unha das máis
ameazadas, aínda que neste ranking é superada pola camariña (Corema
album).
Está incluída
no
PES (Plan
de Especial Seguimento) desenvolvido por ANABAM, que é o mesmo que dicir
que hai unha preocupación prioritaria por parte desta asociación para a
súa protección e conservación.
Na praia
portuguesa de Moledo (municipio de Caminha) está asentada na zona sur,
repartida en catro manchas separadas unhas das outras por escasos
metros, o que significa que non debe haber moitos anos na que toda ela
constituiría unha única e ampla unidade.
Puidemos
observar que o estado no que se atopa é moi precario e o pisoteo dos
usuarios da praia está a mermar a súa presenza polo que ANABAM,
estudiará algún plan urxente para tratar de poñer en práctica e
preservar a especie antes de que sexa demasiado tarde.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
Á dereita
da fotografía (obtida o luns 27 deste mes de xuño) pode observarse o
estado no que se atopa unha das manchas de Honkenya na praia de
Moledo, cando aínda o areal non está moi utilizado. Se non se toman
medidas, a especie desaparecerá en poucos anos. |
 |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
Actualizado o 28-02-2011 |
|
As últimas marusías déronlle un duro
golpe á poboación de Honkenya peploides
sita na parroquia de Mougás (concello
de Oia)

En abril do pasado
ano comentamos os danos sufridos pola única poboación de Honckenya
peploides que hai no Baixo Miño, xusto a carón do Camping "O Muíño" da
parroquia de Mougás. A súa área de distribución e moi pequena, ocupando
apenas uns 70 metros cadrados, e daquela unha boa parte das súas raíces
quedaran ó descuberto. Mais tarde, no mes de xullo, varios pes foron
arrincados polos usuarios da praia. Nembargante, o maior estrago produciuse
fai uns días coa forte marusía que afectou a toda a costa atlántica galega.
Esta vez, practicamente a totalidade das raíces quedaron ó descuberto pola
forza da auga e soamente na parte mais alta do norte (polo medio pasa o
carreiro que utilizan os usuarios do citado cámping para acceder
á
propia praia) puidemos fotografar algúns brotes nas raíces espidas.
Normalmente, a Honckenya ten superado tanto os ataques do mar como os
dos usuarios da praia, pero córrese un serio risco de que desapareza do
Baixo Miño. Polo tanto, é moi necesario coñecela e protexela, labores nas
que todos podemos axudar para preservar a biodiversidade da nosa comarca.
|
| Actualizado o 10-07-2010 |
|
ARRANCADOS VARIOS PES

É a única poboación desta especie que hai no Baixo Miño. Atópase no Concello
de Oia, parroquia de Mougás, a carón do Camping "O Muíño". Ocupa unha
superficie duns 70 metros cadrados. ANABAM a cataloga como especie en
perigo para a comarca. En varias ocasións puxemos panéis informativos da
mesma e sempre deu resultado. Pero este ano non o fixemos por falla de tempo
e, posiblemente por esta falta de información, as consecuencias vémolas na
fotografía: algunhas matas foron arrincadas. É pouca cousa pero podería ser
máis. Así que, nos vindeiros días procederemos a poñer sendos carteis
informativos co obxecto de que os usuarios desta pequena praia coñezan que
esta é unha especie amenazada na nosa comarca, que nesta non hai outro lugar
onde apareza e que entre todos temos que protexela. Ás veces so é cuestión
de que a xente estea informada porque o descoñecemento pode ser o peor
inimigo do patrimonio natural.

Honkenya peploides na pequena praia de Mougás. Esta
especie xa estivo presente na praia de Camposancos pero despareceo da mesma
hai moitos anos. O botánico e xesuíta Baltasar Merino, xa a citaba no ano
1905 nesta última praia. Nós nunca chegamos a vela aí. Pero ensaiamos varios
proxectos para intentar reintroducila, de momento sin éxito.
|
| Actualizado o 05-04-2010 |
|
Parte da
poboación de Honckenia peploides foi danada polas últimas marusías
Por Manuel A. Pombal Diego "Peque"

No paseo
costeiro realizado o pasado venres 2 de abril visitamos a pequena praia que
se encontra enfronte do cámping “O Muiño” na parroquia de Mougás (concello
de Oia). Esta é a única zona de todo o Baixo Miño na que crece unha pequena
planta de follas carnosas e flores brancas chamada Honckenia peploides.
Este fito fixo que Anabam realizara unha campaña informativa co fin de dar a
coñecer a súa presenza para tentar protexela e conservala, dado que é lugar
de paso habitual tanto de pescadores e paseantes como de todas aquelas
persoas que baixan a praia dende as instalacións do propio cámping.
A poboación de Honckenia atópase
por riba do límite que alcanza a auga durante a preamar. Nembargante, a
coincidencia, estes últimos días, de mareas vivas cunha forte marusía fixo
que durante a preamar o nivel da auga alcanzase cotas moi superiores as
normais, polo que unha parte das Honckenias se viron afectadas. A
forza das ondas arrastrou parte da area que cubría as raíces dunha boa parte
das plantas localizadas na marxe suroeste da poboación, danando algunhas e
deixando outras á vista. Pode que incluso arrastrara algunhas das plantas
que delas brotan posto que nesa zona son menos as que agora quedan. Mágoa
que se vira afectada a única poboación desta especie presente no Baixo Miño.

|
|

Fotografía
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam. Obtida
na pequena praia de Mougás (Oia) o 24-06-2006. |
| NOME
GALEGO: |
|
| NOME
CASTELÁN: |
|
| NOME
PORTUGUÉS |
|
| NOME
LOCAL: |
|
|
| Abundancia |
Escasa.
|
|
CARACTERÍSTICAS: Planta rastrera, follas carnosiñas
(crasas); pequenas.
|
Distribución |
Costa.
|
| Fructificación |
Xuño
|
| Hábitat
no Baixo Miño |
Areais da supralitoral baixa.
|
| Altitude |
Nivel
do mar. |
|
|
| Amenazas
no Baixo Miño. |
Actividade humana nos areais. |
| Categoría Baixo Miño |
Moi ameazada.
|
|
| CADRÍCULAS |
LOCALIZACIÓN |
LUGAR |
HÁBITAT |
DATA |
|
09-56
|
Con froito.
|
Praia de Mougás.
|
Areal
|
24-06-2006
|
|
COLABORADORES
DE CAMPO |
|
Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo e Antón
Ferreira Lorenzo.
|
24-06-2006 (09-56) |
|