anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

INFORMACIÓN XERAL

 

      Actualizada o 02-05-2012  
     

 

Texto: Manuel A. Pombal Diego

Fotos: Luis Dorado; Manolo Tina e

Manuel A. Pombal Diego

 
         
 

 
         
 

 

    Manuel A. Pombal, vicepresidente de ANABAM, foi o encargado de dar as pinceladas teóricas desta actividade. A charla estivo apoiada por proxección de fotografías do socio e vocal de ANABAM, Luis Dorado Sehnra.

 
         
         
  Taller de caixas niño en “Casas do Sobral”

 

    O domingo 15 de abril celebrouse una actividade de educación ambiental organizada pola dirección da casa de turismo rural “Casas do Sobral” de Viladesuso (Oia). A actividade estivo perfectamente organizada, e aproveitamos para felicitar aos organizadores do evento ao mesmo tempo que consideramos un acerto o desenvolvemento deste tipo de actividades nas que avós, pais e fillos, maiores e cativos, poden participar conxuntamente nunha actividade educativa de mellora da biodiversidade.

 
         
    As Casas do Sobral atópanse nun entorno privilexiado a carón da canle do río Broi ou río de Viladesuso, nun terreo rodeado de árbores autóctonas tales como carballos e castiñeiros. A actividade en si deu comezo pasadas as 11.00 horas cunha charla teórica a cargo do membro de ANABAM, Manuel Ángel Pombal (Peque). Apoiándose nunha presentación con diapositivas explicou en que consisten as caixas niño, como construílas, os tipos que existen e outros detalles; ademais, comentou as razóns polas que colocar caixas niño, as especies locais que as solen utilizar, como colocalas, e outros aspectos de interese. Todo elo utilizando imaxes, debuxos ou esquemas que facilitaron a comprensión dos aspectos teóricos.  
         
    De seguido, pasouse á construción e montaxe dunhas caixas niño moi orixinais. Os organizadores tiñan todo o material necesario preparado para que a montaxe fose realizada facilmente por todos os nenos participantes. O modelo de caixa niño elixido é realmente orixinal e sinxelo de montar. Para elo, por unha banda prepararon as pezas de madeira que formaron a base e a tapa de cada caixa a partir de recortes de madeira; por outro lado, aproveitaron restos de polas de sobreiros mortos e secos para extraerlle coidadosamente a cortiza, sen rompela, e co tamaño adecuada para a elaboración da caixa.  
         
    O lado correspondente ao teito da caixa foi cortado en oblicuo para que o teito quedara cunha certa inclinación para o vertido da auga cando chove. Para evitar utilizar puntas, estas foron cambiadas por abrazadeiras que son máis fáciles de utilizar polos nenos. Para a fixación da base e do teito utilizouse un arame forrado para prolongar a súa duración. Se ben é certo que sería máis interesante utilizar materiais máis ecolóxicos que as abrazadeiras ou o arame forrado, tal e como se comentou durante a construción das caixas niño, a experiencia considerouse moi interesante por ser a primeira vez que se realizaba. Polo tanto, estes son algúns dos aspectos a mellorar nunha próxima edición.  
         
    Logo tivo lugar o xantar de confraternidade que foi abondoso e a un prezo moi razoable. Os nenos e nenas aproveitaron calquera momento que tiñan libre e non pararon de xogar pola finca da casa rural. Despois do xantar realizouse unha visita guiada polo membro de ANABAM ata o muíño de noria sito a carón do río Broi e a canle do propio río. Así, tanto os adultos como os nenos participantes no taller puideron ver, tocar e fotografar a rá patilonga, o pintafontes palmado ou unha das xoias do Baixo Miño que só está presente no noroeste peninsular, a salamandriña galega ou salamandriña rabilonga (Chioglossa lusitanica).  
         
    Unha vez de volta da pequena excursión pola contorna procedeuse á colocación das caixas niño. Algúns dos participantes leváronas para colocalas nas súas casas, xa que eran bastantes. Construíronse un total de 17 caixas niño, e a cada unha delas se lle puxo o nome do que a montou para que quedase de recordo. Para a súa colocación elixíronse as arbores de maior porte, maioritariamente carballos e foi preciso utilizar unha escaleira de grandes dimensións. Debido á dificultade do proceso, a colocación foi feita polos adultos, tratando de colocar as caixas coa orientación adecuada, tal como se comentara na parte teórica, e a unha altura apropiada para que os paxaros que as adopten gocen dunha certa tranquilidade.  
         
   
         
   

A iso das 20.00 deuse por rematada a actividade que resultou ser proveitosa, participativa e moi gratificante para todos os participantes. Agora só queda seguir o grado de ocupación das caixas niño colocadas, se non é esta tempada por colocarse un pouco tarde, será para o vindeiro ano. Despois de que sexan usadas haberá que limpalas para deixalas listas para seren utilizadas de novo.

Sen lugar a dúbidas, esta foi unha gran iniciativa polos donos das Casas do Sobral e agardamos que poida repetirse no futuro. Contade co noso apoio e colaboración.

 

 
         
   
         

 

      Actualizada o 14-04-2012  
 

SEMINARIO INTERNACIONAL

 SOBRE A LAMPREA

 

 

por Manuel A. Pombal Diego

 

 
 

 

Cartel que divulga este primeiro seminario da lamprea que se vai

desenvolver na localidade de Arbo.

 

Do 20 ao 22 de abril vaise celebrar no concello de Arbo un seminario internacional acerca da lamprea, que é convalidable por un crédito ECTS para todas as titulacións da Universidade de Vigo. O seminario está organizado polo concello de Arbo e polos grupos de investigación Neurolam e GIEEA da Universidade de Vigo, coa colaboración do proxecto europeo Deltanet e da propia Universidade de Vigo. O programa desenvolverase no museo do viño e de interpretación da lamprea (ARABO), situado no centro do citado municipio.

O principal obxectivo do seminario é achegar ao conxunto da sociedade os principais resultados das investigacións arredor do mundo das lampreas que se están a desenvolver en varias institucións tanto galegas como portuguesas. De feito, o evento contará con expertos na materia das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Lisboa, así como do CIIMAR da Universidade de Porto que abordarán diferentes aspectos relacionados coa bioloxía e a ecoloxía destes curiosos animais. Aínda que no prato ten moitos seguidores, pódese dicir, sen medo a esaxerar, que a lamprea é unha gran descoñecida para o público en xeral, pero ten enorme interese para moitos científicos e estudosos da vida nos ríos galegos, como é o caso do río Miño.

O programa inclúe 11 conferencias, unha visita guiada ao río Miño, a proxección de dous documentais (un deles producido polo investigador do Instituto de Investigacións mariñas pertencente ao CSIC, Manuel E. Garci e o outro pola Asociación Naturalista "Baixo Miño" -ANABAM-), e unha mesa redonda na que se tratará o pasado, presente e futuro da pesca da lamprea. O coloquio contará con representantes das asociacións de pescadores do Río Miño (de Tomiño e de Melgaço), e da asociación de pescadores O Trabadoiro (de Arbo).

Os interesados poden realizar a inscrición ou obter máis información en:

http://economiaecoloxica.uvigo.es

 ou nos enderezos electrónicos:

 ecoecoagro@uvigo.es

pombal@uvigo.es

 
         
      Actualizada o 30-03-2012  
 

 

Na fotografía o investigador da U.Vigo e vicepresidente de ANABAM

Manuel A. Pombal Diego, que terá unha parte moi activa no vindeiro Seminario da lamprea en Arbo.

 

     Do 20 ao 22 de abril, Arbo vivirá unhas xornadas especiais dedicadas á lamprea. En efecto, nesa vila ribeireña do Miño, vai ter lugar nas datas sinaladas un SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE A LAMPREA, especie emblemática do Miño. ANABAM vai estar presente na mesma por doble partida. Por unha banda, o vicepresidente desta asociación, Manuel A. Pombal Diego, investigador da Universidade viguesa, que traballa no estudio do cerebro da lamprea, vai participar no seminario cunha ponencia. Por outra banda, se proxectará un documental producido por ANABAM sobre esta especie realizado expresamente para proxectalo neste Seminario.

 

 

 
         

 

      Actualizada o 14-02-2012  
 

Comienzan las obras de adecuación del entorno del río Miño en Docas, A Guarda (Pontevedra)

 

Fotografía procedente do http://sigpac.mapa.es

 

 

 

 

 

 

   La Confederación Hidrográfica del Miño - Sil (CHMS) iniciará esta semana las obras del proyecto de adecuación del entorno del río Miño a su paso por el lugar de Docas - Pasaxe, en el término municipal de A Guarda, en Pontevedra, cuya inversión ascenderá a 211.122 euros.

El objetivo de esta actuación es el acondicionamiento de las inmediaciones de los antiguos embarcaderos de Pasaxe, más conocidos como Docas, y que, actualmente, son utilizados por los pescadores para realizar trabajos de tierra  y por la población en general como zona de ocio y esparcimiento.

Las obras, que deberán  estar terminadas en el plazo de dos meses, consistirán en el reforzamiento de los muros de las Docas, en la finalización de las aceras existentes hasta la estación del Ferri, así como en el ajardinamiento de la zona y la instalación de mobiliario urbano. Se completará, también, la ruta de senderos  que se inicia en la Iglesia de San Lorenzo de Salcidos y continúa por la orilla del río Miño hasta el Puntal para regresar por el Aloqueiro y A Cruz hasta el punto de partida.

Información extraída  da web da CHM-S

12/01/2012

 

 

          Actualizado o 10-05-2011  
 

 

    Limpar a praia no momento axeitado e desenvolvendo boas prácticas ambientais, é algo que o organismo encargado da concesión das Bandeiras Azuis ten que valorar necesariamente. Durante anos, ANABAM traballou para que no areal de Camposancos este sistema se impuxera. Conseguiuse plenamente hai cinco anos, e dende entón isto nótase.

 

   Por iso, unha vez máis, dende esta asociación temos que felicitar ao membros dio grupo de goberno por seguir na mesma liña que levaron dende que están no concello.

 

   Nesta ocasión, mesmo se mellorou o sistema de  recollida do material xa que, logo de almacenar o mesmo en pequenos montonciños, se procede a depositalo en contenedores (neste caso sacos) para que o seu transporte sexa máis doado.

 

    Aplaudimos pois esta boa práctica que pode servir de exemplo a outros moitos concellos. Substituíndo as máquinas de limpeza de areais por este sistema, gaña o medio ambiente e gaña a sociedade, xa que se conseguen algúns postos de traballo máis, sobre todo entre a xente da localidade ou das proximidades.

 

    Nosa felicitación e que outros concellos sigan o exemplo.

 
     
     
     
             

 

      Actualizado o 19-04-2011  
         
 

     O Concello da Guarda iniciou os labores de limpeza da praia de Camposancos, como puidemos ver o día 1 deste mes de abril, así coma os seguintes. Unha vez máis, esta limpeza lévase a cabo de forma manual na súa totalidade, polo que, deste xeito, se minimizan os efectos adversos que poida ocasionar a mesma sobre a flora e fauna deste areal.

 

    A limpeza de xeito manual vense desenvolvendo na totalidade da praia dende hai catro anos, aínda que parcialmente xa se levaba a cabo algúns anos antes, gtracias as xestións realizadas por ANABAM diante do Servizo Provincial de Conservación da Natureza.

 

    Este procedemento está dando magníficos resultados xa que a vexetación propia dos areais está avanzando de xeito paulatino o que redunda na consolidación da area aportada polo río.

 

 
         

 

Actualizado o 30-06-2006

 

PRAIA MARÍTIMO FLUVIAL DE CAMPOSANCOS

 

     

     Non porque sexamos guardeses, non porque sexamos do Baixo Miño e non porque sexamos de ANABAM, pero a praia de Camposancos, podemos cualificala como unha das praias ecoloxicamente máis ricas da costa galega. Dende o ano 2001 vimos prestando unha especial atención a este areal para garantir as súas condicións naturais e paisaxísticas e, mesmo, para que os usuarios disfruten dela, compaxinando ese disfrute co necesario respecto á mesma. Por iso, sempre nos imos opoñer a todo aquilo que, por unhas ou outras razóns, signifique ou poida significar destrución, agresión, impactos negativos. A praia de Camposancos non é ningún documental, non son imaxes dunha zona que se atopa a milleiros de quilómetros. Non, a praia de Camposancos está aquí, e nós, os que estamos ao seu carón, ou sexa, os da Guarda, temos que implicarnos. esta é a filosofía de ANABAM. Por iso, dende o ano 2001, se iniciou a instancias desta asociación, un camiño tendente a protexer os seus valores, tratando de conxuntar, como diciamos máis arriba, o disfrute da mesma. Así, foron instaladas pasarelas que permiten unha mellor accesibilidade ás persoas pero tamén para contribuír a preservar a formación de dunas e a vexetación propia deste areal. Por fin conseguimos que, dende hai dous anos a limpeza da praia se faga de xeito totalmente manual, isto supón un gran paso para a conservación da fauna e da flora deste entorno pero tamén do propio areal que vai crecendo en altura; lévanse a cabo traballos de protección e conservación do sistema dunar, da flora e da fauna; colócanse carteis informativos que permiten ao usuario coñecer mellor o entorno; elimínanse especies exóticas e mesmo se levan a cabo actividades ambientais. Ademais, trátanse de evitar, e se consigue en parte, actividades que non son compatibles con este ecosistema. Hai praias ás que se lle concede a Bandeira Azul e dende logo deixan moito que desexar con respecto á praia do Muíño. Praias onde a limpeza non se realiza de xeito manual; onde se fan fogueiras; onde a flora dunar se arrasa sen pena nin gloria; onde non se protexe á píllara papuda; onde non se ten en conta á microfauna, etc., etc-. Exemplos disto témolos ben próximos á praia de Camposancos, nun e noutro lado do Miño.  

 

 

Non son moitas as praias onde  a limpeza se faga manualmente, como sucede na praia de Camposancos. A maior parte delas utilizan maquinaria o que supón un grave impacto no areal que afecta á flora, á fauna e mesmo as características do propio areal. pero ademais, a limpeza manual supón socialmente algo moi importante: a creación de postos de traballo. Ata o ano 2006, unha máquina e unha soa persoa, era o persoal que se empregaba para a limpeza do areal. Actualmente son entre tres e cinco persoas as que se encargan da limpeza, ou sexa, entre tres e cinco parados menos. En calquera caso, a limpeza manual, recomendada mesmo por expertos, está cada vez máis sendo adoptada noutras praias galegas e do resto do Estado.

             

      Neste senso ANABAM procura non ser teórico, non utilizar  o famoso hai que (hai que facer isto; hai que facer aquilo...). Así a nosa implicación tenta ser máis ben práctica. Como exemplos: a instalación de pasarelas foi unha proposta desta asociación e mesmo unha "imposición" da mesma no ano 2001, contribuíndo esta asociación con máis de 6.000 euros na instalación das pasarelas e valados; a reintrodución de especies desaparecidas da praia foi un traballo (é un traballo) que vimos desenvolvendo dende o ano citado; o éxito reprodutor da píllara papuda débese aos traballos de protección desta asociación; a instalación de carteis informativos tivo seus inicios cos que instalou ANABAM, e así poderiamos seguir. Evidentemente, non queremos colgarnos en exclusivo tódalas medallas: isto tampouco se conseguiría se o Concello da Guarda  ou mesmo a Consellería de Medio Ambiente non colaborasen e se implicasen nestas actuacións, ás que ultimamente sumouse tamén a Entidade Local Menor de Camposancos. Entre todos estamos conseguindo que ecolóxica e ambientalmente a praia de Camposancos sexa un lugar envexable polas cualidades que posúe e que uns e outros tratamos de protexer, conservar e mellorar.

 

O uso de pasarelas cumple un doble obxectivo: preserva a flora e sistema dunar  á vez que facilita o acceso ó

areal aos usuarios.

 

 

     Pero hai cousas que teremos que seguir incidindo, unha e outra vez, para que as autoridades, sexan municipais, sexan autonómicas ou estatais, acaben por telas en conta e actuar en consecuencia:

 

    Seguen a producirse extracción ilegais de area na zona do Puntal, que mesmo poden representar un perigo sobre todo para as persoas maiores e nenos, pois estas extraccións xa chegan ao borde dun sendeiro.

 

    Segue habendo persoas que no período ornitolóxico (isto é, dende mediados de agosto ata mediados de maio ou xuño) deixan soltos os cans, alegando que non hai ninguén na praia e polo tanto non fan dano. Moitos destes cans corren unha e outra vez detrás das aves sen impedimento ningún. Aves que necesitan alimentarse con tranquilidade porque veñen de recorrer, ou terán que recorrer, milleiros de quilómetros.

 

    Seguen os quads percorrendo o areal, sabendo os seus propietarios que non poden facelo.

 

    De cando en vez seguen a realizarse certas actividades que, poden ser moi fermosas, moi atractivas, pero que supoñen unha agresión para a zona.

 

    Así que dende ANABAM seguiremos traballando para que a praia se respete e para que a actividade que se desenvolva nela sexa o máis compatible e sustentable posible. 

 

 

 

Dende que O Puntal (un treito da praia de Camposancos) se limpa manualmente, o areal foi crecendo en altura e a vexetación, que o axuda a conservar tamén vai medrando, como podemos ver no centro da fotografía:e sa alfombra verde que ata hai dous anos non existía.

 

 

 

 

 

 

 

    A extracción ilegal de area na praia do Puntal, segue a producirse coa mesma intensidade que antes. Mentres a administración non tome en serio esta desfeita, que ademais supón un perigo sobre todo para a xente maior e os nenos que se desprazan polo borde, onde vai un sendeiro, vai seguir producíndose.

 

Actualizado o 30-03-2009

 

ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS NO PIÑEIRAL MARÍTIMO DE CAMPOSANCOS

 

 

     O Servicio Provincial de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, está levando a cabo labores de erradicación de especies exóticas no piñeiral de Camposancos, accións que se veñen desenvolvendo dende hai uns anos. Logo de erradicar a uña de gato (Carpobrotus edulis) agora tócalle a quenda das canas do país (cana común, Arundo donax) e aos álamos brancos (Populus alba), dado que uns e outros estanse a converter nun verdadeiro problema para as plantas propias deste enclave natural.

 

        Como se pode apreciar na fotografía, a empresa contratada cubre cunha lona plástica a zona onde medran as canas a fin de evitar que estas saian. Noutros puntos ábrense pequenas gabias para desecar a zona circundante onde se atopan as raíces das citadas canas  co mesmo fin. É de supoñer que pasado un tempo, as lonas serán retiradas.

 

     Estas medidas teñen como finalidade mellorar o ecosistema natural para que as especies autóctonas non sufran a competencia das especias invasoras.

 

 

Actualizado o 31-01-2009

 

     Nos últimos anos estamos a ver cambios meteorolóxicos verdadeiramente extremos: hai dous anos o inverno sorprendianos cunha seca excepcional. Este ano temos un pouco de todo: choiva en abondancia; temporais devastadores; fríos que traen a neve...

 

    Os que vivimos na costa baixomiñota podemos asistir a un dos espectáculos habituais, pero non por iso frecuentes -si ben case que tódolos invernos podemos velos- dun mar que cambiou a cor azulada por un inmaculado branco que nunhas zonas parece neve, noutras unha morea de escuma como se verteramos toneladas de deterxente e noutras mesmo nata montada.  Tal vez nun futuro a alguén se lle ocurra fletar avións, ou cando funcione o ave cara a Galicia, ofrecer paquetes turísticos para ver este mar tan especial e paisaxisticamente tan atractivo. 

 

  Nos días precedentes e posteriores ao domingo 25 de xaneiro, a orxía meteorolóxica permitiu a centos de persoas, tanto do Baixo Miño coma doutros concellos próximos, disfrutar da observación da oleaxe, das rochas abrancazadas, do ruxido dun mar impetuoso e salvaxe. Seguramente foron milleiros de fotografías as sacadas coas cámaras dixitais e os teléfono móbiles.

  

    A natureza viva e fermosa presentou no Baixo Miño a outra faciana, fronte á destrucción do norte galego.

 

 

Praia do Puntal, na desembocadura do Miño. Aquí a espuma presentaba unha cor escura debido as partículas de lodo (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

Praia de Fedorento e lavadeiro. A espuma acadou máis dun metro de espesor nalgúns lugares. (Foto M.Ángel Pombal Diego-anabam)

 

 

 

Tanques na fonte-lavadeiro de Fedorento. A espuma chegou ata o interior do mesmo. (Foto: M. Ángel Pombal Diego-anabam)

 

 

Outra vista da praia de Fedorento cuberta pola espuma producida de xeito natural polo propio mar. (Foto M. Ángel Pombal Diego-anabam)

 

 

A cor azulada do mar mudou totalmente branca. O aspecto das augas aparentaban "nata montada". Este espectáculo, que habitualmente aparece tódolos anos con maior ou menor intensidade, atrae a atención de centos de persoas que disfrutan coa contemplación dunha mestura formada pola oleaxe dun mar embravecido; da cor abrancazada; da acumulación de enormes cantidades de espuma; do bruar das olas; dos embates destas contra as rochas e da paisaxe.