anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

LEMBRANZAS (I)

-25 ANOS DA HISTORIA DE ANABAM-

 

Actualizado o 15-02-2011

 

 

   
 

   O 8 de febreiro do ano 1987, era elixida a primeira xunta directiva de ANABAM, case que dous anos despois de que fora rexistrada oficialmente esta asociación. Aquela primeira xunta directiva estaba formada polos seguintes socios:

     Presidente: Agustín Ferreira Lorenzo

     Vicepresidente: Ricardo Portela Vilas

     Secretaria: Mercedes Coedo González

     Tesoreiro: Darío Vicente Morales

     Vocais: Mario Fco. Conde

                 Carlos Sola Gándara

 
   
     

 

 

Actualizado o 29-11-2010
 

 

1989: PRIMEIRA NIDIFICACIÓN DE CEGOÑA

(Ciconia ciconia)

NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 

 

 

Unha das cegoñas na Cheminea de O cerquido, onde

se aprecian as ramas do niño. (Foto: Agustín Ferreira-anabam, abril-1989).

Primavera-verán de 1989:

 

  Unha parella de cegoña branca (Ciconia ciconia), nidifica nunha cheminea de O Cerquido (Porriño) e saca adiante tres polos. Foi a primeira, e ata o momento actual, única vez que se deu un acontecemento deste tipo na provincia de Pontevedra, constituíndo, pois, a primeira cita para esta especie.

 

     O interese que este acontecemento despertou entre naturalistas, ecoloxistas, veciños, usuarios da, naquela,  N-550, e medios de comunicación, foi boa proba de que a presenza e nidificación de cigoñas no Cerquido era todo un acontecemento. A cantidade de xente que se achegaba a ese lugar para gozar da observación, dos crotoreos e do circense equilibro das súas cópulas, foi continuo, sobre todo no primeiro ano dos tres que durou este "fenómeno" da natureza ornitolóxica.

 

     En ANABAM coñecemos de inmediato a chegada da parella grazas ao socio Mario  Fco. Conde, mestre en Torrón (Tomiño) que acostumaba desprazarse pola zona en bicicleta. El foi o encargado de facer o seguimento diario da primeira nidificación. Dende o primeiro momento e ata que abandonaron a zona, tivemos sempre puntual información do proceso xa que, ademais das observacións e apuntes tomados polo noso socio, outros membros de ANABAM apoiaron o seguimento efectuando continuas visitas á zona.

 

   Co fin de garantir o éxito, solicitamos ao Concello de O Porriño a instalación de carteis informativos para que os curiosos evitasen asustar a estas aves, reclamando respecto, cousa que tamén fixemos a través de diferentes medios de comunicación. E así se fixo.

 

     O niño estaba situado no curuto da chimenea do que fora unha antiga fábrica de ladrillo, no Cerquido, parroquia de S. Salvador de Budiño -O Porriño- á beira da N-550, entre esta estrada e a vía férrea.

 

      A primeira observación da parella tivo lugar o 9 de abril de 1989, pero posiblemente xa levaran na zona como mínimo un par de días, segundo comentaron algúns veciños. Durante varios días as cegoñas constrúen o niño e realizan varias cópulas. Aproximadamente no día 18 de abril, debeu ter lugar a primeira posta, pois aparece unha das aves en posición de chocar os ovos.

 

    Aproximadamente o 28 de maio parece que xa hai algún polo. Cousa que se confirma o día 31 dese mesmo mes.

 

     O 5 de xuño puidemos confirmar que se trarta de tres polos.

 

      Agosto 3, un dos polos xa voa e abandonou o niño cara á lagoa.

      Agosto 9, os tres polos xa abandonaron o niño.

      Agosto 11, obsérvanse os tres polos sobrevoar a lagoa.

 

    A parella regresaría novamente nos anos 1990, 1991 e 1992.

   

    Pero o ano 1992 marcaría o final da única parella de cegoñas que nidificou na provincia pontevedresa. Na mañá do 11 de marzo dese ano, era atopado sen vida un dos exemplares. Presentaba un forte impacto na cabeza. Foi enviada á facultade de veterinaria de Lugo, pero nunca máis se soubo dela nin das posibles causas da súa morte, a pesares das nosas insistentes chamadas á Xunta de Galicia para coñececer as causas da morte.

 

    Un novo mazazo sucedería case un mes despois. O 13 de abril, ás 4 da tarde, recibiamos unha chamada no local de ANABAM no que se nos comunicaba que en Ponte Caneiro, case que en perpendicular coa ponte que cruza o Tea, atopábase o que parecía o cadáver dunha cigoña. Expresamente dous memnros de ANABAM desplazáronse de inmediato ata alí nun taxi. Na marxe dereita do río, case mesmo debaixo da ponte, estaba o cadáver da que posiblemente fose o outro exemplar da parella de O Cerquido. Foi recollido e trasladado ao local de ANABAM, onde tras unha minuciosa observació poidemos ver que foi abatida por disparos de perdigóns. O día seguinte trasladámola a Salceda, ao Departamento de Sanidade Animal da Consellería de Agricultura para que lle fixeran a autopsia. Ao igual que o anterior exemplar, nunca máis soubemos deste.

 

    Dende entón, aínda que houbo intentos doutras cegoñas para nidificar nesta provincia, mesmo polos arredores da zona, nunca máis volvemos ter noticias de que algunha parella chegara a facelo.

 

Fátima Márquez, membro de ANABAM, e o taxista que nos acompañou ata Ponteareas, Ermelindo Martínez, recollendo o cadáver da cegoña. (Foto: Agustín Ferreira-anabam, 13-04-1992)

 

 

Ermelindo martínez (taxista) e Fátima Márquez, observando o cadáver da cegoña. (Foto: Agustín Ferreira-anabam, 13-04-1992).

 

       

 

 

ANABAM NA REUNIÓN ANUAL DA

ASAMBLEA DE GRUPOS ECOLOXISTAS E NATURALISTAS DE GALICIA (1988)

A frecha sinala ao socio Ricardo Portela Vilas, na cuberta do Alonso de Chaves, xunto con outros membros de

diferentes grupos ambientalistas galegos con motivo do desastre do Cason. (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

       O 5 de decembro de 1987, afundíase o mercante “Cason” que transportaba substancias perigosas ocasionando, no accidente, a morte de 23 tripulantes. Con ese motivo a, entón, Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galicia (AGENG) -formada pola maior parte dos grupos conservacionistas galegos- na súa xuntanza anual, 27 e 28 de febreiro de 1988, reuníase en Corcubión para tratar este asunto, ademais doutros coma a problemática dos Ancares ou a elección de representantes ecoloxistas nos Parques Naturais do Monte Aloia e Illas Cíes, hoxe, este último, Parque Nacional.

Ricardo Portela Vilas, membro de ANABAM, na Costa da Morte co Cason afundido.

      Pois ben, en representación de ANABAM acudiron, como viña sendo habitual, os socios e membros da directiva, Agustín Ferreira Lorenzo e Ricardo Portela Vilas, que se desprazaron ata aquela localidade para participar na xuntanza citada. Con ANABAM, estaban outras entidades conservacionistas históricas no movemento ambiental galego: Arco Iris; ERVA, CER, SGHN, CEDENAT, CENAR, MEL... Hoxe a maioría delas xa non existen ou non están operativas.
 

   Ricardo Portela, no centro da imaxe, membro de ANABAM, baixa do Alonso de Chaves logo da protesta efectuada por membros da maioría dos grupos ecoloxistas galegos, con motivo da xuntanza da AGENG (Asamblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas Galegos). (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 

 

 

ANABAM ORGANIZA AS PRIMEIRAS

XORNADAS IBÉRICAS SOBRE PROTECCIÓN E

CONSERVACIÓN DAS ZONAS HÚMIDAS (1985)

De esquerda á dereita: Agustín ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM; Raúl González Puebla, Alcalde de A Guarda;

Humberto da Cruz , Presidente da FAT (Federación de Amigos da Terra); Miguel A. Delmás, Director Xeral do MAPA (Ministerio de Pesca, Agricultura e Alimentación); Gerardo Zugasti (Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación), na Mesa presidencial de apertura das Primeiras Xornadas Internacionais sobre Protección das Zonas Húmidas, o 1 de novembro de 1985 (Foto: Antón Ferreira Lorenzo-anabam)

     No mes de novembro do ano 1985, días 1, 2 e 3,  ANABAM, xunto coa  Federación  de Amigos da Terra, con se en Madrid, organizaba as Primeiras Xornadas Ibéricas sobre Protección e Conservación das Zonas Húmidas. Foi o noso primeiro e grande evento, reuníndose na vila guardesa preto dun cento de representantes ecoloxistas das ONGs ambientalistas de todo o estado e, mesmo, de Portugal. Na xornada inaugural, contamos coa presenza de destacadas figuras da política, tanto galega coma local, véxanse as fotografías.

       Contamos cunha subvención da Consellería de Agricultura, P. e A., que foi a entidade patrocinadora. Os actos desenvolvéronse no centro de ensino de A Sangriña (A Guarda) pois era, naquela, o único lugar posible onde poder levar a cabo  o evento, o Centro Cultural da Guarda aínda non estaba operativo. A prensa, radio e TV fixéronse eco deste evento. Os asistentes pararon no Hotel Molino, na praia de Camposancos, correndo os gastos a conta de ANABAM.  Para unha asociación como a nosa, que acababa de estrearse, había cinco meses que empezaramos a nosa andaina,  e con moita falta de experiencia, aquel acontecemento representou toda unha aposta da que saímos airosos e da que recibimos moitos parabéns, pois en pouco tempo conseguimos mobilizar á administración e a case que un centenar de grupos ecoloxistas

De esquerda á dereita: Agustín ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM; Raúl González Puebla, Alcalde de A Guarda;

Humberto da Cruz , Presidente da FAT (Federación de Amigos da Terra); Miguel A. Delmás, Director Xeral do MAPA (Ministerio de Pesca, Agricultura e Alimentación); Gerardo Zugasti (Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación); Carlos del Álamo (que posteriormente sería o primeiro Conselleiro de Medio Ambiente); José Mª Quintana, xefe provincial do M.A.N e Patrik Dugan, representante da U.I.C.N, que veo expresamente dende Suíza para asistir a estas xornadas. (Foto: Antón Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

 

NO ANO 2001, ANABAM RECIBÍA O

PREMIO BANDEIRA VERDE DE GALICIA

   

     Foi un recoñecemento da Consellería de Medio Ambiente ao labor desenvolvido por ANABAM  na defensa, conservación e divulgación dos valores do esteiro do Miño, sobre todo polas accións desenvolvidas na praia de Camposancos.. O acto oficial desenvolveuse nas dependencias da Xunta, en San Caetano, estando presidido polo entón Presidente Manuel Fraga. Tivo lugar o 23 de marzo de 2001e foinos concedido no apartado denominado Conservación da Biodiversidade.

 

    Se nos concedeu a Bandeira Verde, unha placa e un premio en metálico de 6.000 euros.

 

 

O presidente de ANABAM recolle a placa de mans do Presidente da Xunta, Manuel Fraga.

 

 

Carlos del Álamo, o cuarto empezando pola esquerda na fileira de abaixo, era o Conselleiro de

Medio Ambiente, persoa que coñecía perfectamente o labor desenvolvido por ANABAM.

 

 

Varios membros da asociación (de esquerda á dereita: Sonia Cassau; Fátima Márquez; Agustín Ferreira, Aser Ferreira e Ana Leirós) acudiron ao acto en representación de ANABAM, ademais do Concelleiro guardés José Luis.

 

 

     

      Do "album das lembranzas", traemos hoxe as catro imaxes que reproducimos máis abaixo que nos presentan outros tantos aspectos da ampla actividade desenvolvida, ao longo destes máis de vinte anos, por ANABAM.

 

 

No ano 2000, con motivo do XV aniversario da asociación, organizamos, en colaboración coa Sociedade Filatélica Guardesa, unha exposición filatélica con maselos especial. A exposición tivo lugar no Centro Cultural de A Guarda. Na fotografía, en primeiro plano , de esquerda á dereita Francisco Sobrino, naquela Presidente da Sociedade Filatélica Guardesa; Agustín Ferreira, Presidente e fundador de ANABAM e Francisco Ferreira, entón Concellal de Turismo no Concello guardés.

 

 

No ano 1987 organizamos unhas xornadas internacionais para a protección do Esteiro do Miño. Na fotografía, á esquerda, dous membros do grupo Corema, da veciña localidade de Caminha; á dereita Agustín Ferreira e José Antonio Vicente, en representación de ANABAM.

 

 

Varios membros da primeira Xunta Directiva de ANABAM reunidos durante unha xuntanza de socios. De frente e de esquerda á dereita: Ricardo Portela Vilas, natural de Vigo e hoxe residente en Camposancos; Alfonso Español, administrativo na fábrica das Cachadas; Mario Francisco Conde, naquela mestre en Torrón (Tomiño); Chaver, de Salcidos, profesor e copropietario da autoescola Chaveli, xa falecido;  e Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal) aficionado á fotografía. 

 

 

O 10 de abril de 1988, nun acto organizado por ANABAM, se inauguraban oficialmente os observatorios ornitolóxicos construidos, a petición desta asociación, pola Xunta de Galicia. Estiveron presentes o Delegado da Consellería de Agricultura e o Xefe do Servicio Provincial, José María Quintana.

 

 

PRIMEIRA SAÍDA DO "ATLAS"

De esquerda á dereita: Agustín Ferreira Lorenzo; Ricardo Portela Vilas; Luis Dorado Senra; Darío Vicente Morales; Luis Alberto Baz Rodríguez; José Antonio Rodríguez Vicente e, agachado; Antón Ferreira Lorenzo.

    Fotografía do ano 1987 correspondente á primeira saída ó campo para a confección do Atlas de vertebrados terrestres do Baixo Miño, un proxecto que durou cinco anos, ata 1982,  e permitiu coñecer grande parte da fauna que habita na comarca así como a súa área de distribución. 

CONCENTRACIÓN DE ECOLOXISTAS NA GUARDA

Protesta de ecoloxistas contra o camping Santa Tecla, ubicado na marisma de Salcidos, na máis importante área ornitolóxica do Esteiro do Miño, en plena zona marítimo-terrestre, en zona susceptible de ser inundada. A Lei prohibía, e prohibe,  a instalación deste tipo de establecementos en zonas que poden ser inundadas. 

    No ano 1989, ANABAM é a asociación encargada de organizar a Asamblea de Grupos Ecoloxistas de Galicia, que se reunía anualmente nalgunha zona galega con problemas ecolóxicos. Máis de 40 grupos de toda Galicia e, pola proximidade, algúns portugueses, estiveron na vila guardesa. Entre as actividades que se organizaron estaba unha manifestación contra o camping Santa Tecla, coincidindo, ademais, cunha grande acampada que había no mesmo. 

COLOCANDO CAIXAS NIÑO CO ALCALDE DO ROSAL E O COLEXIO DA SANGRIÑA

 

O CEIP de A Sangriña, naquela Colexio de EXB, foi o primeiro que colaborou con ANABAM no desenvolvemento de actividades relacionadas coa Natureza. Con este centro iniciamos as primeiras saídas escolares, alá polo ano 1985, para observar aves no Esteiro do Miño. Outra das actividades desenvolvidas foi a instalación de caixas-niño na Alameda da Guarda. O impulsor destas actividades no Centro da Sangriña foi Jesús -que vemos na fotografía- que foi profesor e director do mesmo e actualmente Alcalde do Rosal. Por certo que a palmeira que aparece na fotografía (o tronco), xa non existe dende o pasado ano. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam, 1988)