|

NOVA SINALIZACIÓN
DA REDE NATURA NO BAIXO MIÑO
A Consellería de Medio Rural, por medio do Servizo Provincial de
Conservación da Natureza, procedeu a colocar novos panéis indicadores da
Rede Natura 2000 no Baixo Miño. Ata agora os únicos panéis existentes que
facían mención a esta zona eran tres, dos que soamente quedan dous,
colocados hai uns cinco anos.
Pensamos que tampouco estaría
mal que os panéis situados en cada tramo da Rede Natura tiveran unha
fotografía aérea amosando os límites precisos da mesma para que os paisanos
e a xente que visita estes enclaves naturais coñeceran perfectamente por
onde vai a mesma. Neste senso ANABAM procederá a enviar sendos escritos á
Xunta de Galicia para que teñan en conta esta suxerencia. Cremos que desta
forma os panéis conterían maior e mellor información que os da fotografía. |