anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

AS FOTOS DE 

LUIS  DORADO

 

Actualizado o 06-03-2006

       

           Luis Dorado non perde detalle de todo aquilo que pode aparecer fronte ó seu obxetivo. Calquer aspecto da natureza sempre será aproveitado e sempre lle sacará un excelente resultado. Aquí van unha serie de instantáneas que nos achegan a ese variopinto mundo da natureza baixomiñota:

Vacaloura (Lucanus cervus) tal vez o máis impresionante coleóptero galego e un dos máis amenazados. Este é un dos máis emblemáticos insectos de Galicia.

O Baixo Miño tamén posúe orquídeas, como a que aparece nesta fotografía: Orchis maculata.

Outro detalle de Orchis maculata.

Tal vez sexa a avespa máis grande, arredor de tres centímetros de lonxitude. Fotografía obtida en Tebra (Tomiño).

Oxithyrea funesta, é un escarabeido que se caracteriza pola súa cor escura e unha morea de manchiñas brancas espalladas enriba dos élitros. No pronoto é de sinalar que son características tres manchiñas, colocadas en fileira.

Os cerambícidos se caracterizan polas longas antenas, como o da fotografía.

Este  é un dos escarabeidos  que podemos ver fundamentalmente nos meses de xuño e xullo, en zonas próximas ó río. Voan ó atardecer.

 

 

Actualizado o 12 de xuño de 2006

 

     Nova serie de fotografías obtidas no Baixo Miño polo fotógrafo da natureza Luis Dorado, membro activo de ANABAM, que, unha vez máis, nos deleita con estas magníficas imaxes.

 

 

Avispón, fotografía obtida en Tomiño, nuns carballos centenarios.

 

 

Pousadeiro de andoriña, nunha zona húmida a carón da desembocadura do Miño.

 

 

Flor de xesta cunha araña e unha abella no seu interior. 

 

 

Caracol terrestre, propio da zona costeira.

 

 

Vacalouras, macho e femia, fotografía obtida en Tomiño.

 

 

Mantis nun toxo.

 

 

Actualizado o 06-03-2006

Traemos, nesta ocasión, varias instantáneas de insectos captados directamente no campo en toda a súa plenitude de colorida e beleza, e é que este magnífico fotógrafo sabe sacar partido das cousas pequenas e das grandes.

Libélula recén saída da cápsula onde sufriu a transformación que lle permitiu pasar ó estado de adulto (imago).

 

Unha das "bolboretas nocturnas" que fan a súa vida durante o día. 

 

Outra bolboreta nocturna que resulta habitual vela pousada nas paredes atraída pola luz artificial.

 

Cerambícido, insecto coleóptero, pousado sobre un lirio. Obsérvese as chamativas antenas.

 

Preciosa libélula azul  que pode verse nos ríos e regatos do Baixo Miño.

 

A tonalidade dourada desta outra libélula contrasta coa anterior. 

 

Unha das bolboretas máis frecuentes na comarca, a limonera pousada sobre un cardo.

 

 

Actualizado o 20-02-2006

Leva máis de vinte anos fotografiando a paisaxe, a flora e a fauna do Baixo Miño. Se resiste ás novas tecnoloxías, pero en ANABAM estamos seguros que non tardará en cair no entramado dixital. De momento segue a traballar coas cámaras analóxicas e coas diapositivas.

 

     Luis Dorado Senra é vocal de ANABAM ademais de se-lo fotógrafo oficial desta asociación á que pertence dende os inicios da mesma, ou sexa, dende o ano 1985.

 

   

Perfecta imaxe captada no Amial do Arao, en Valença do Minho.

Natrix natrix, cobra de colar, unha das dúas cobras de auga que hai no Baixo Miño. Totalmente inofensiva

acostuma a permanecer nos cursos de auga dos ríos e regatos da comarca.

 

Alcedo athis, martiño peixeiro. Non resulta doado fotografiar esta ave, posiblemente

a máis fermosa, polo seu colorido, de cantas habitan no Baixo Miño. O fotógrafo tivo que

coñecer de antemán os pousadeiros que frecuentaba e, días despois,

estar preparado para proceder a captar esta magnífica instantánea obtida na desembocadura

do río Miño.

 

Os compañeiros das saídas de campo soen tamén ser obxecto do ollo da

cámara de Luis Dorado. Neste caso Agustín Ferreira filmando un Bufo calamita,

sapo corriqueiro nos montes de A Valga (Oia).

 

Tringa nebularia, bilurico pativerde, é un limícola de tamaño mediano que

busca seu alimento nas augas someras e lamazais da desembocadura do

Miño, lugar de obtención desta fotografía. Para captar a imaxe

precisouse pasar varias horas agochado no interior dun hide.

 

Erithacus rubecula, pisco, unha das aves máis familiares dos nosos

parques, xardíns e fincas. Magnífica fotografía, todo un poema a que nos presenta

esta instantánea da que sobran as palabras.

 

Actualizado o 02-06-2006

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Continuamos coa serie de excelentes fotografías obtidas polo fotógrafo naturalista de ANABAM, Luis Dorado Senra, que armado, non só coa cámara e obxectivos senón cunha boa dose de paciencia consigue unhas fabulosas instantáneas da fauna existente na comarca do Baixo Miño. Presentamos hoxe catro fotografías doutras tantas aves que teñen o seu hábitat en diferentes áreas da comarca, dende a praia ata as zonas altas de montaña, pasando polos xardíns ou un bosque.

Fotografía dun estorniño negro (Sturnus unicolor) pousado sobre un

tocón. As pintas deste individuo nos informan que a instantánea foi captada

no outono ou inverno, xa que esta é a plumaxe que ten nas mencionadas

estacións.

 

Perdiz rubia (Alectoris rufa) é un ave difícil de ver, pois facilmente se confunde co entorno

no que se atopa ademais do escurridiza que resulta para os

ollos dun observador. Neste caso o fotógrafo, noso compañeiro Luis Dorado,

estivo no momento preciso á hora xusta para obter  esta

magnífica imaxe dun individuo sorprendido entre follas e pólas de eucalipto..

 

Píllara real (Charadrius hiaticula),  pertencente o grupo dos limícolas, ou sexa, aves que

buscan seu alimento entre o limo, o fango, que queda ó descuberto na baixamar. A fotografía

amosa un individuo que se acaba de sacudir ou, tal vez, sexa o vento

quen move as plumas deste pequeno ser que acostuma estar

agrupado xunto a outros individuos da súa mesma especie, ou mesturados cos doutras especies,

formando bandos de máis dun cento de exemplares.

 

Picanzo vermello (Lanius collurio), ave estival, non moi abondosa que con un pouco de sorte

poderemos ver en deferente áreas da comarca. Aleméntase de presas vivas que captura e

espetan en pólas ganchuladas, arames, etc.