|

| |
IR A MORTANDADE FAUNA (I)
IR A
MORTANDADE FAUNA (II)
| |
|
|
Actualizada o
15-03-2012 |
|
| |
 |
|
por
Manuel A. Pombal Diego
Aparecen dous golfiños morto na costa de Mougás (Oia)
O pasado sábado 3 de marzo, recibimos unha chamada telefónica de D.
Cesáreo Comesaña Rodríguez (O Rumbo), veciño de Mougás, informándonos da
presenza dun cetáceo varado ao sur do Porto de Mougás. Despois de
acercarnos ata a zona, puidemos comprobar que se trataba dun golfiño
común (Delphinus delphis). Atopábase no medio de grandes bolos
cerca da zona de As Lagoas, no sur do porto de Salcidos. O exemplar era
unha femia adulta de 188 cm de lonxitude corporal. Aínda que estaba
completo, faltábanlle os ollos (que sole ser o primeiro que perden
despois de morrer por tratarse de pas partes mais brandas susceptibles
de ser comidas por outros animais) e presentaba varios furados polos que
supuraba líquidos corporais e xa ulía bastante; o cal é indicativo de
que xa levaba varios días morto. Despois de tomar medidas e unhas
fotografías do seu estado, informamos a CEMMA da súa localización.
O segundo dos golfiños, outro exemplar de golfiño común, foi localizado
nun dos paseos rutinarios de prospección costeira que realizamos durante
os fins de semana. Trátase doutra femia adulta de 194 cm de lonxitude
que apareceu o domingo 11 de marzo no porto de Riodosos, nas Mariñas de
Mougás. A este golfiño tamén lle faltaban os ollos e tiña a aleta caudal
bastante danada. Ademais supuraba líquido pola boca e pola zona da
xenitalia, producindo un fedor acrecentado pola forte calor que facía
ese día. Isto é indicativo de que xa levaba bastantes días morto.
Medímolo e tomamos unhas cantas fotografías ilustrativas do estado do
animal; seguidamente informamos a CEMMA do achádego.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizada o
15-12-2011 |
|
| |
 |
|
por
Manuel A. Pombal Diego
Varamento de catro golfiños na costa Baixomiñota
A semana
pasada realizamos varios paseos costeiros xa que o mar embravecido sole
botar moito material que se arrebola nas rochas. Nembargante, unha das
principais novidades foi o varamento de catro golfiños comúns (Delphinus
delphis), tres no concello de Oia e un no do Rosal. O primeiro deles
aconteceu na parroquia de Pedornes (Oia) o pasado martes 6 de decembro
pola mañá. A nova foi posta no Facebook polo veciño de Pedornes Xabier
Garrido. Acudimos ás proximidades das Orelludas, entre o Porto das
Canelas e o Puntal, concretamente na zona de O Picoto da Longuiña, onde
atopamos un golfiño común macho de 230 centímetros de lonxitude. Aínda
que o exemplar estaba completo, xa levaba varias semanas morto. De
feito, tiña un burato entre as aletas pectorais polo que saía algo de
líquido mesturado con sangue bastante pestilente. A aleta mais
deteriorada era a dorsal. Tiña os dentes en bo estado e faltábanlle os
ollos, o cal sole ser normal cando levan varios días mortos, posto que
as partes brandas son as primeiras que perden. |
|
| |
 |
|
No percorrido
feito pola tarde, atopamos outros dous golfiños, esta vez nas Mariñas de
Mougás (Oia). O curioso deste achádego foi que, por primeira vez na
costa do Baixo Miño, atopamos dous exemplares xuntos, un ó lado do outro.
Localizábanse no lado sur do
Porto da Area do
Lameiro ou Porto das Burras e o seu tamaño era moi similar (arredor de
180 cm de lonxitude). Os dous eran machos
e xa levaban
varias semanas mortos. Un deles estaba completo pero tiña os osos do
bico ó descuberto, o que facilitou a súa identificación como un exemplar
de golfiño común. O outro estaba incompleto xa que lle faltaba o bico,
polo que non puidemos identificalo con precisión; de todos modos,
semella que se trataba doutro exemplar de golfiño común |
|
| |

|
|
Aínda que no
presentaban sinais evidentes da súa morte, consideramos que deberon de
caer nalgunha arte de pesca preto da costa, sendo liberados ao mesmo
tempo unha vez mortos; Esta situación (liberación conxunta preto da
costa) puido ser a causante de que atracaran xuntos no pequeno porto no
que se atoparon. O similar deterioro que presentaban tamén apoia esta
hipótese.
|
|
| |
 |
|
Finalmente, o sábado día 10 de decembro realizamos unha saída de dúas
horas pola costa de San Xián, no concello do Rosal. Ademais doutro
material para reutilizar, localizamos outro golfiño varado no porto de
grandes rochas comprendido entre A Chan e O Marco. Este exemplar, tamén
un golfiño común, non levaba demasiados días morto pero curiosamente non
estaba completo, presentando parte das tripas fora. Comprobamos que lle
faltaba a parte caudal do ventre, o cal impediu determinar o sexo do
animal. Ademais, decatámonos que presentaba restos de bocados polo que
cremos que debeu ser parcialmente devorado (pode que por quenllas).
Tamén tiña unhas marcas relativamente pronunciadas o redor do corpo,
xusto por detrás das dúas aletas pectorais. Estas marcas semellan
producidas por unha corda ou ben por unha rede, que ben puido ser a
causa da súa morte. |
|
| |
 |
|
Ademais de tomar fotos de todos eles, informamos aos membros da CEMMA
(Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) das características e
localización de cada un deles. |
|
|
| |
|
|
Actualizada o
13-10-2011 |
|
| |
APARECEU UN MAGNÍFICO
EXEMPLAR DE ARROAZ
VARADO NA COSTA DE OIA |
|
|
|
| |

 |
|
Foi o
venres 7 de outubro, durante un dos paseos costeiros rutinarios, cando o
membro de ANABAM, Manuel Ángel Pombal, atopou un grande exemplar de
arroaz no porto de O Lamerio, ao sur da antiga depuradora de
mexillóns na parroquia de Mougás (concello de Oia).
Trátase dun macho adulto de grande tamaño (342 cm), moi próximo ao
tamaño máximo que poden alcanzar os machos desta especie, que é duns 350
cm, podendo pesar ata 500 kgs. Tanto é así que é o mais grande varado no
Baixo Miño. En ANABAM temos rexistrados dende o ano 1985 un total de 10
arroaces (8 en Oia e 2 na Guarda), sendo este último o mais grande, a
gran distancia do seguinte, unha femia varada en Oia (parroquia de
Viladesuso) o 23 de xuño de 2001 que mediu 280 cm. Por outra banda, a
CEMMA (Coordinadora para o estudio dos mamíferos mariños) ten rexistros
de toda Galicia dende o ano 1990 e, segundo nos informou un dos seus
membros, Pablo, este é o segundo exemplar mais longo, xa que o primeiro
posto o posúe outro macho que medía 3 centímetros mais (345 cm).
A pesares de estar enteiro, xa levaba varias semanas morto, o cal se
podía deducir tanto pola súa cor como polo fedor que desprendía.
Puxémonos en contacto coa CEMMA para informar do achádego, e o pasado
martes pola mañán acercouse Pablo (responsable de varamentos da CEMMA)
para tomar medidas e algunhas mostras. Posteriormente, Pablo nos
confirmou a lonxitude do exemplar, ademais de informarnos de que,
desgraciadamente, non puido aproveitar os órganos internos porque xa
estaban moi deteriorados. Nembargante, no estómago atopou algunhas
úlceras, xa pechadas, ademais de varios otólitos. Os otólitos son
estruturas de carbonato cálcico con proteínas presentes no sistema
vestibular (oído medio) que aos peixes, ademais de para manter o
equilibrio, lles serven para a audición (úsanse tamén para determinar a
idade dos peixes). Tamén recolleu algúns dentes, aínda que estes estaban
bastante desgastados debido á avanzada idade do cetáceo. |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizado o
04-10-2011 |
|
| |
|
|
|
|
| |

 |
|
En escasas dúas semanas, fóronnos entregados tres limícolas feridos,
recollidos na desembocadura do Miño. Os tres presentaban externamente os
mesmos síntomas, polo que a nosa preocupación aumentou cando recibimos o
terceiro exemplar, pois, nos dous primeiros casos consideramos algo
normal, como vén sendo habitual, máis ou menos, un ano si e outro tamén,
recibir aves feridas ou en mal estado.
A primeira ave recibida foi un bilurico común, da que xa demos conta na
edición anterior desta web. A segunda das aves entregadas correspondía a
un pilro bulebule (Calidris alba), entregado o 11 de setembro; a
terceira das aves era unha gabita (Haematopus ostralegus),
entregado por personal do Clube de Tenis Codesal o 14 de setembro.
Os dous últimos exemplares foron entregados a persoal de Conservación da
Natureza para o seu traslado ao centro de recuperación, en Pontevedra.
Dado que as tres aves presentaban os mesmos síntomas, a nosa
preocupación é debida a ter a seguridade de que non se trate dunha
epidemia, ou dalgunha enfermidade que se poida contagiar entre as aves,
polo que esperamos ter información sobre este particular.
Dende aquí queremos expresar o noso agradecemos a tódalas persoas que
fixeron entrega das as aves mencionadas. |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizado o
19-04-2011 |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Sula bassana (mascato), atopado morto na praia da Lamiña,
Camposancos, A Guarda, o pasado 2 de abril.
Presentaba lixeiras manchas de petróleo que, posiblemente, fosen a causa
principal da súa morte. Individuo xuvenil.
Foi observado polos integrantes do curso de formación ambiental para o
voluntariado de Cruz Vermella. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
| Actualizado o 22-04-2010 |
|

Primeiro observamos unhas
plumas e logo, buscando polos arredores con detenemento, puidemos atopar a
peza que nos confirmaría o achádego: o cranio dunha garza real. Na zona o
número de aves desta especie debe andar entre os 50 e os 75 exemplares, polo
que esta non resulta ser, precisamente, moi abondosa. Cada morte dunha
destas aves, que ademais están con nós fundamentalmente entre setembro e
primeiros de maio, é un golpe para a ornitoloxía do esteiro do Miño, e polo
tanto para a comarca. Os poucos restos que había da garza (algunhas plumas e
o cranio, non nos permitiron coñecer a causa da súa morte.
|
|
Actualizado o 29-05-2008 |
|
Espectaculares imaxes dun lagarto e dunha cobra, obtidas hai varios anos en
Goián por José Manuel Alonso Valverde.
Vendo estas fotografías, antóxanos unha loita encarnizada entre o cobregón (Malpolon
monspessulanus), a cobra máis grande do Baixo Miño, pode acadar os dous
metros de lonxitude, e o lagarto arnal (Lacerta lepida), o lagarto
máis grande que temos na comarca.

A espectacularidade das imaxes non
deixa dúbidas do acontecido. A morte chegou para os dous animais.

Só a casualidade permite estar no lugar axeitado e no
momento adecuado, e iso aconteceo co autor da fotografía, José Manuel, quen
poido ver o espectáculo en vivo e en directo.
|
|
Actualizado o 12-11-2007 |
|
ENTREGADO
O CADÁVER DUN GAVIÁN
Un gavián (Accipiter nisus), foi atopado morto nas proximidades da
estrada Avda. Donantes de Sangue da Guarda, por Miguel Reboredo Otero,
quen se preocupou de recollelo e entregalo a ANABAM.
Tras unha análise visual, observouse que o cadáver non presentaba danos externos, polo que presumiblemente levara un golpe contra
algún vehículo, xa que parecía presentar o pescozo roto.

Plumaxe
da parte inferior do corpo e ás. As manchas escuras permiten saber que se
trata dunha femia.

Detalle
das patas con longas uñas.

Vista
superior amosando a cor escura da súa plumaxe.
|
|
Actualizado o 24-10-2007 |
|

Detalle
da cabeza do corvo mariño atopado morto na praia de Camposancos.
Debía
levar pouco tempo morto xa que aínda conservaba perfectamente a cor
amarela na base do peteiro e os ollos non estaban moi deteriorados.
Dous mascatos (Sula basana), tres gaivotas que apareceron mortas
separadas escasos metros unhas das outras e un corvo mariño (Phalacrocorax
carbo) son as aves que temos recollido nestas últimas semanas.
O primeiro dos mascatos (un exemplar adulto) foi visto ferido o xoves día
11 deste mes de outubro nuns rochedos de Portecelo (O Rosal) por un
paisano que nos chamou por teléfono, se ben foinos imposible desplazarnos
ata o lugar encuestión. O sábado 13, este exemplar era recollido por
dúas vixilantes da Cofradía da Guarda (Victoria e Celia) que o
trouxerona a ANABAM. Non apreciamos exteriormente ningunha ferida nin
lesión algunha, pero non estaba incapacitado para voar. Foi entregado á
guardería de Medio Ambiente para o seu traslado ao Centro de
Recuperación de Aves.
O segundo dos mascatos (o exemplar xoven) recollido na costa norte da
Guarda (Bazar) preto do límite co municipio do Rosal, tamén o sábado
día 13 por un pescador deportivo (Ricardo González), foi entregado a
ANABAM, se ben non tardou en morrer.
O corvo mariño fora atopado o día 5 de outubro; dúas das gaivotas
apareceron mortas na praia de Camposancos o día 18 e outra o día 20
(comunicación dunha colaboradora, Paloma), si ben esta última xa fora
vista con problemas para desplazarse o día 18. O achádego de aves mortas
na praia é algo frecuente, mais neste caso, por ser catro exemplares
puxemos os feitos en coñecemento de Medio Ambiente, sendo recollidos o
sábado 20 do mes citado.

Corvo
mariño atopado morto na praia de Camposancos
|
|
Actualizado o 10-10-2007 |
|
CADÁVER
DE AZOR
Temos que agradecer aos veciños de Camposancos (A Guarda) --Finucho, a
Jote e á muller deste--, a información e as molestias que se tomaron
para comunicar a ANABAM a presencia do cadáver dun azor que se atopaba no
barrio de Saa daquela parroquia. A ave fora vista o día anterior aínda
con vida por esas mesmas persoas.
Se trata dunha especie protexida e, neste caso concreto, dun individuo
xoven. Foi recollido o domingo 5 de agosto.

Cadáver
do azor poucos minutos antes de ser recollido por ANABAM. Exteriormente
non lle observamos ningunha ferida, descoñecendo cal foi a causa da súa
morte, aínda que non descartamos que sufrira algún golpe.

Detalle
da cabeza.
|
|
Actualizado o 11-09-2007 |
|
PICO
DE CORAL

O pasado día 6 deste mes de setembro, era recollido no patio dunha
vivenda situada no centro da Guarda o cadáver dun pico de coral (Astrilda
astrild), un paxariño de pequeno tamaño, de bico cor carmín con
manchas, tamén da mesma cor, no peito e por riba dos ollos. Esta é a
primeira información que temos da presencia desta ave no centro guardés.
Se trata dunha especie exótica que está amplamente extendida por toda a
beira do Miño e pola costa litoral do Baixo Miño, sendo descuberta a
súa presencia nesta comarca por varios membros de ANABAM no ano 1988. Na
Guarda, pode verse en grupos de varias decenas de individuos na zona
costeira e na marxe do Miño, chegando a verse cara ó interior entre un e
1´5 km terra adentro.

O
cadáver foi recollido por Urgal - un coñecido veciño da Guarda que xa
ten colaborado nalgunha outra ocasión con esta asociación-, e entregado
a ANABAM logo de que súa muller o atopara na azotea da casa. Portaba,
como se pode ver na imaxe, unha anela cuios datos foron enviados ao lugar
correspondente.
Dende
aquí agradecemos a Urgal a colaboración prestada, que, sen lugar a
dúbidas, vai servir para coñecer mellor a biodiversidade da comarca.
|
|