PATRIMONIO ETNOGRAFICO, ARQUEOLÓXICO, CULTURAL...

 

MUIÑOS DA GANDARIÑA

(Estás,Tomiño)

 

Cadrícula: 19-46

 

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo,  Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego,  Ricardo da Silva Diz, Ángeles Villasenín Álvarez

 

 

IR Á PORTADA

 

IR A MAPA INTERACTIVO

 

Nota: Premer nos enlaces do texto para ir a máis información.

 

  Actualizada o 01-06-2017

 

  Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 

Foto aérea tomada do SIGPAC

 

 

 

A saída de campo  correspondente ao sábado 1 de abril de 2017, efectuouse aos Muiños da Gandariña (Estás, Tomiño).

O GT-anabam, estivo formado nesta ocasión por Carlos Angílica, Luis Dorado, Agustín Ferreira e Mª Consuelo González, que

recolleron información do entorno e fotografaron a flora, fauna, muiños e canto de interese consideraron.

 

 

    Os muiños da Gandariña sitúanse á esquerda da estrada Figueiró-Estás, ámbalas dúas parroquias do municipio de Tomiño. Atópanse a medio quilómetro do núcleo urbano de Figueiró e a pouco máis dun quilómetro do núcleo urbano de Estás.

 

    Están a carón do regato da Fábrica, un estreito curso de auga que nace na Serra do Argallo, principal formación xeolóxica que cruza o Baixo Miño de norte a sur.

 

    Son en total un conxunto de seis muiños de auga, reconstruídos con fondos europeos e propios. Ademais da reconstrución, se habilitaron as canles que subministran auga aos muiños e se preparou o entorno para facelo accesible.

 

       Para chegar a estes muiños podemos partir da Igrexa de Estás ou de Figueiró, e tomar a estrada que une estes dous núcleos. Podemos facelo en coche ou a pe.

 

 

 

      

       

     

 

   

     
     

 

     

 

Á esquerda, moi proxima á estrada que une Estás e Figueiró, semiderruida, unha antiga ponte

que une as dúas beiras do regato.  Á dereita, e como é habitual observar nos dinteis e xambas

da maioría dos muíños da bisbarra, as típicas cruces que os canteiros e/ou propietarios destes muíños

facían, nuns casos para deixar constancia de quen fixera o muíño e, noutros casos,  para protexerse de bruxas e demos.

 

 

 

 

         Regato da Fábrica, subministra a auga ao grupo de muiños da zona. Fentos, violetas, salgueiros, loureiros, e algunha especie exótica como as canas indias, poden ser observados polos visitantes desta paraxe.

 

      Cabaliños do demo e libeliñas, tamén teñen aquí o seu hábitat. E, entre as follas das árbores ou do matorral, os sons dos paxaros (piscos, merlos, ferreiriños...) nos indican que este espazo está cheo de vida.

 

 

 

       Nas visitas aos enclaves naturais, como sucede neste espazo, vai ser moi importante minimizar a nosa presenza. Debemos evitar gritos, movementos bruscos, música, lixo... O importante é aprezar e formar parte da natureza, do entorno, sen perturbar aos residentes naturais deste territorio.

 

       Se cando marchemos deste lugar, apenas queda rastro da nosa presenza na zona, é que o noso comportamento foi o ideal.

 

 

 

Nas beiras do regato atopamos dúas especies diferentes de violetas, relativamente doadas de recoñecer polos visitantes deste enclave, tanto pola flor como polas follas.

 

    

 

 

A omnipresente ra verde , non pode faltar no entorno dos

muiños da Gandariña, Na beira do regato saltará a auga nada máis

perciba a nosa presenza. (Foto Carlos Angílica-anabam)

 

     

 

      Sorprendemos a unha lagarta, (Podarcis bocagei), quentándose nunha pedra soleada. A nosa presenza fae que desapareza rapidamente entre a matogueira dos arredores.