|

| |
| |
|
|
Actualizada o
02-05-2012 |
|
| |
ESCASOS EXEMPLARES NESTE ANO 2012 |
|
|
|
| |
 |
|
Tal vez as difíciles condicións climáticas
que se deron neste inverno, extremadamente seco, non favoreceron en nada
que as orquídeas que agroman no piñeiral da praia de Camposancos fosen
numerosas como nos anos precedentes. Apenas media ducia de exemplares
puidemos observar nesta tempada, que comprende os meses de marzo e
abril. Aínda así, sentímonos satisfeitos de ter observado os escasos
exemplares que saíron, un ano máis, a carón do esteiro do Miño. |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizado o 19-04-2011 |
|
| |
 |
|
Os primeiros exemplares deste ano observámolos o 2 de abril, como en
anos precedentes, corresponden ao piñeiral da praia de Camposancos (A
Guarda), única zona da comarca do Baixo Miño onde sabemos da súa
presencia.
Observador e fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
| Actualizado o 22-04-2010 |
|
|
 |
É unha especie que se atopa
principalmente no interior de Lugo e Ourense. Na provincia de Pontevedra
soamente está presente no sur, concretamente no piñeiral de Camposancos,
onde se desenvolve entre piñeiros. Apenas levanta do chan 15
centímetros. Non é unha planta vistosa, pero pola súa rareza podemos
considerala moi valiosa para a biodiversidade do Baixo Miño. Vese
fundamentalmente no mes de abril. |
|
|
 |
| NOME
GALEGO: |
|
| NOME
CASTELÁN: |
|
| NOME
PORTUGUÉS |
|
| NOME
LOCAL: |
|
|
| Abundancia |
Escasa. Só aparece no piñeiral de Camposancos.
|
|
CARACTERÍSTICAS
As flores aparecen agrupadas en espiga terminal,
Nun talo ergueito que pode sobrepasar os 20 centímetros de longo.
Flores branco-rosadas. con nerviacións rosada máis intensa. Follas
basais, anchas, habitualmente en número de tres, con manchas
escuras. Non é planta vistosa nin chamativa polo que pode pasar
perfectamente sen despertar a curiosidade da xente.
|
Distribución |
Sur do Baixo Miño. Camposancos, A Guarda. |
| Floración |
De mediados de marzo ata primeiros de maio.
|
| Hábitat
no Baixo Miño |
Piñeiral en sustrato areoso. Terreo con algunha sombra
producida polos piñeiros.Terreos despexados de matorral, pero
con herbáceas curtas.
|
| Altitude |
Nivel do
mar. |
|
|
| Amenazas
no Baixo Miño. |
Debido a súa escaseza é planta vulnerable. O pisoteo pode ser nestes
momentos a máis seria ameaza para a súa supervivencia..
|
| Categoría Baixo Miño |
Amenazada
|
| Status |
En perigo.
|
|
|
Observación |
Doada.
|
|
|

Na parroquia de Camposancos (A Guarda), encontra esta
especie un dos poucos lugares galegos dos que se ten información da
súapresencia. Nos areais do piñeiral da marxe dereita da
desembocadura do Miño, sobresae nos meses de marzo, abril e maio a Neotinia
maculata, deixando entrever que estamos nun excepcional paraxe de
interese ecolóxico para Galicia.
|
| CADRÍCULAS |
LOCALIZACIÓN |
LUGAR |
HÁBITAT |
DATA |
|
X: 11
Y: 36
|
En flor
|
Piñeiral de Camposancos
|
Piñeiral, sustrato areoso.
|
08-04-2006
|
|
X: 11
Y: 36
|
Comeza a florecer. |
Idem.
|
Idem.
|
19-03-2008
|
|
X: 11
Y: 36
|
Numerosos exemplares |
Idem. |
Idem. |
28-03-2009 |
|
COLABORADORES
DE CAMPO |
|
Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo
|
08-04-2006 |
|
Agustín Ferreira Lorenzo
|
19-03-2008 |
|
Angílica Entenza, Carlos; Dorado Senra, Luis; Ferreira Lorenzo, Agustín;
González de Dios, Mª Consuelo; Pombal Diego, Manuel A.;
|
28-03-2009 |
| Actualizado o 30-03-2009 |
|

Aínda que
escasamente chamativa, a Neotinea maculata, unha orquidácea escasa en
toda a comunidade galega, ten no piñeiral de Camposancos un dos seus
hábitats característicos. A súa presenza, sen ningunha dúbida, é un punto
máis que acrecenta os valores naturais do Baixo Miño e, particularmente, da
desembocadura.
Unicamente podemos atopala entre os meses de marzo a maio. Esta tempada
2009, deparounos a sorpresa de ser o ano que máis exemplares temos
observado, dende que a vimos por primeira vez no ano 2006. No pasado ano os
exemplares foron extremadamente escasos.

Dous membros de
ANABAM (Luis Dorado e Carlos Angílica) fotografando
algúns exemplares
de Neotinea maculata, o pasado sábado 28 de marzo.

Nesta paraxe, de
herbas baixas e sustrato areoso, medra a Neotinea maculata.
|
|
Actualizado o 31-03-2008 |
|
Fotos:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
Neotinea maculata é unha orquidácea pouco abondosa en Galicia,
aparecendo en áreas moi puntuais, fundamentalmente no interior. No Baixo
Miño soamente está presente no piñeiral de Camposancos onde pode verse
a partir de marzo, desaparecendo xa no mes de abril.
Ésta é unha especie rara, ameazada e, localmente en perigo de
extinción.

Fotografía
obtida o 19 de marzo de 2008 no piñeiral de Camposancos, un dos poucos
lugares de
Galicia onde se localiza esta planta.

Como
podemos apreciar, as follas basais aparecen con manchas. A planta comeza
florecer a partires de
mediados de marzo ata finais de abril ou primeiros
de maio.
|
| |
Logo de que o pasado ano un membro de ANABAM (Agustín Ferreira Lorenzo)
se decatase da presencia dunha orquidácea no piñeiral de Camposancos,
onde observara un único exemplar no mes de maio, neste ano se lle
prestou unha especial atención á zona, por parte do referido Agustín e
de Luis Dorado Senra, co obxecto de comprobar a localización desta
especie na zona e da abundancia da especie. O pasado 8 de abril ámbolos
dous membros de ANABAM, deron localizado un bó número de exemplares
desta especie que xa fora localizada polo botánico Javier Silva Pando no
ano 1986. Consultada a bibliografía existente sobre a mesma, a Neotinea
maculata aparece citada unicamente en dúas zonas da provincia de
Pontevedra: a praia de Barra e o piñeiral da praia de Camposancos. Dada a
rareza desta especie en Galicia, onde aparece nalgunhas zonas do interior,
sempre en calías, a presencia desta orquidácea en Camposancos, é un
motivo máis para cuidar a flora e o espacio no que se atopa, razón polo
que deberian de tomarse precaucións á hora de actuar nesta paraxe
natural. Non estaría demais establecer aquí unha microrreserva para
garantir a supervivencia da especie.

Detalle
de Neotinea maculata xa en avanzado estado de fructificación.

O
botánico Xosé Ramón García, co que mantemos unha mutua colaboración
botánica, nunha recente visita ó piñeiral de Camposancos, onde
estivo acompañado polo presidente de ANABAM, para recoller información
de Neotinea maculata.
|
|
|