|

| |
|
PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO (P.E.S)
Otanthus maritimus
|
| |
|
|
|
|
Actualizado o
10-05-2011 |
|
| |
 |
|

O censo de Otanthus maritimus, unha
das plantas máis ameazadas da praia de Camposancos, na desembocadura do
Miño, deu como resultado a existencia de 19 pes, repartidos do seguinte
xeito: 13 exemplares na praia do Puntal e 6 na do Forte. Isto supón un descenso do
27 % de exemplares con respecto ao último censo, efectuado no pasado mes
de setembro, polo que nos acercamos á cifra crítica que había ata o ano
2001, que era duns 12 exemplares.
Lembremos que no ano 2009
había preto de medio cento, polo que en dous anos produciuse un notable
descenso. As causas foron principalmente naturais, sobre todo debido ás
enchentas do río que afectaron moi negativamente á superficie da praia
de Campoancos. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
| |

Precioso exemplar de Otanthus maritimum na praia de Camposancos.
|
|
| |
Esta é unha das especies que está incluida no P.E.S (Plan de Especial
Seguimento) desenvolvido por ANABAM, que é o mesmo que dicir que esta
especie necesita protección nesta comarca así como un plan de
recuperación e conservación. Todos iso estamos a levalo adiante dende
esta asociación. Logo de nove anos traballando con ela, lembremos que
desaparecera da praia marítimo-fluvial de Camposancos (A Guarda), única
do Baixo Miño galego onde habitaba a mesma, conseguimos que un dos pes,
plantado no ano 2002, fose adiante, e no 2003 e posteriores, continuamos
co proceso ata o 2008. Nese ano 2008, xa empezaron a verse algúns pes
nacidos na propia praia, moi probablemente con orixe nas plantas que nos
trasladamos ao areal citado.
Contabamos con sacala do PES a partir deste ano 2010, pois nun reconto
feito no inverno pasado chegamos a contabilizar máis de medio cento de
exemplares, cifra que era o obxectivo que nos marcamos para optar por
esa opción, pois significa que cuadriplicaba con moito o número de
exemplares que tiñamos censado de media ata o ano 2001.
Neste mes
de setembro pasado levamos a cabo un novo censo (Agustín Ferreira)
dos exemplares presentes na praia, véndose unha drástica reducción de
exemplares con respecto á data anterior. O motivo principal desta
reducción é triple:
-Por unha banda, as inundacións habidas na primavera pasada arrasaron
con algúns dos exemplares que amosaban un porte xeitoso.
-En segundo lugar, algúns exemplares cativos (uns transplantados por nós
ou colaboradores e outros nacidos no propia lugar onde estaban) acabaron
secándose.
-En terceiro lugar, algúns, os menos dado o lugar no que se atopan a
maioría, estragáronse por mor do pisoteo dos usuarios da praia.
No reconto efectuado nesta ocasión, deixamos fóra aquelas plantiñas que
non tiñan suficiente corpo (escaseza de ramaxe e escaso porte),
quedándonos con aqueloutras que presentaban un aspecto bastante bo. O
resultado do censo foi o seguinte
| |
Praia do
Puntal............... |
19 exemplares |
|
| |
Praia do
Muíño................ |
1 exemplares |
|
| |
Praia do
Forte............. |
6 exemplares |
|
| |
Praia da
Lamiña |
0
exemplares |
|
| |
Praia da
Armona............ |
0
exemplares........... |
Con
algún exemplar cativo |
| |
Praia do
Caldeiro............ |
0
exemplares |
|
| |
Praia do
Codesal............ |
0
exemplares |
|
Se comparamos estes datos cos rexistrados no mes de xaneiro do pasado
ano, véxase máis abaixo o censo, observamos que houbo unha diminución de
18 exemplares, a maioría dos exemplares perdidos foi debido á unha
deficiente manipulación (estaban nunhas condicións nada favorables
debido a atoparse en zona de uso, non tendo probabilidades de saír
adiante no verán), si ben, hai algunha probabilidade de que algún deles
aínda poda recuperarse.
Aínda así, cos resultados anteriores, o número de exemplares duplica
aos que había antes do 2001, ano que tomamos como referencia por ser o da
actuación de limpeza que levou á desaparición desta especie e ano no que
decidimos empezar a actuar, non vendo resultados ata sete anos máis
tarde.
Polo
anteriormente exposto, dado que non acadamos o medio cento de exemplares
na citada praia, seguiremos prestando os máximos coidados e atención a
esta especie para garantir a súa presenza nesta marxe do Miño.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
| Actualizado o 15-10-2009 |
|
No ano 2001 Otanthus maritimus, unha planta que medra en moitas
praias, no Baixo Miño estaba presente na praia de Camposancos, sufría un
duro golpe por culpa dunha neglixente actuación, desaparecendo da mesma.
Tras varios intentos por recuperala, con plantación de milleiros de sementes,
ducias de plantóns, etc., o resultado non chegaría ata que uns poucos
exemplares dos que foron transplantados, procedentes das veciñas praias do
outro lado do Miño, conseguiron sobrevivir. A partir do ano 2003, un ano
despois de que algúns dos exemplares plantados continuasen na zona, as
expectativas de recuperación da especie aumentaron considerablemente. Ese mesmo ano 2003 realizáronse as últimas plantacións desta especie. Oito anos
despois de iniciado o proxecto, comezamos a ver as primeiras plantiñas
nacidas na praia de Camposancos.
|

Foto 1 |
|
Foto 1:
Este é o exemplar máis vello de cantos hai na praia de Camposancos. Procede do
veciño país, concretamente da praia de Moledo, onde fora recollido o
sábado16 de marzo de 2002 e plantado dous días despois, o luns 18. Vai
camiño de cumprir os 9 anos. Próximo a este exemplar -obsérvese a
esquina superior dereita- xa medra outra Otanthus, filla desta. |
|

Foto 2 |
|
Foto 2:
Obsérvese a fotografía inferior e compárase coa fotografía de arriba: trátase da mesma planta
fotografada dous meses despois da súa plantación, tiña o tamaño dun
lapis. A de arriba e tal e como se atopa na actualidade. |
|

Foto 3 |
|
Foto 3:
Un reconto do número de pés
deunos unha cantidade de entre 50 e 60 exemplares de Otanthus
maritimus na praia de Camposancos, a única do Baixo Miño galego onde
aparece esta especie. Aproximadamente o 92 % dos exemplares xa son
propios desta praia, o 8 % restante procede das plantacións efectuadas
por ANABAM que se levaron a cabo dende finais do 2001 ata o 2003. A
inmensa maioría delas non saíron adiante. |
|

Foto 4 |
|
Foto 4:
A
Otanthus está a medrar nos tramos do Puntal, Muíño, Forte e A Lamiña.
Na Armona e Codesal non existe ningún exemplar, por este motivo ANABAM
trasladará algún dos plantóns que medran en puntos críticos a estas dúas
praias. |
Na vindeira primavera, levaremos a cabo un censo
de exemplares desta especie. Se o número supera o medio centenar, como
se pon de manifesto no reconto efectuado a principios deste mesmo mes de
outubro, ANABAM podería dar por rematado o Proxecto
Otanthus e mesmo sacar do PES (Plan de Especial Seguimento)
esta especie ao considerar que a poboación da mesma goza de boa saúde e
xa é viable por si mesma. Manteríase a súa catalogación de especie
ameazada no Baixo Miño. Lembremos que ata que se produciu a súa
desaparición, no ano 2001, o número de exemplares que había en toda a
praia non superaba a ducia de individuos e hoxe, como acabamos de ver,
practicamente quintuplica o número que había entón.
|
| Actualizado o 12-01-2009 |
|
|
 |
|
No ano 2001 iniciamos na
praia de Camposancos, A Guarda, o Proxecto Otanthus coa
finalidade de recuperar a planta denominada Otanthus maritimus. É
esta unha especie propia dos areais costeiros. Ata o ano 2001, tiñamos
censadas na mencionada praia, única da comarca do Baixo Miño na que está
presente a mesma, unha ducia de exemplares, polo que a situación desta
especie, a nivel comarcal era de "situación crítica". Esta situación
mudou radicalmente no ano 2001, debido a unha neglixente actuación na
mencionada praia, dando como resultado a desaparición total de Otanthus
na mesma. Durante dous anos (parte de 2001 e parte de 2002) tratamos de
reintroducir a planta por medio de sementes (procedentes das veciñas praias
do outro lado do Miño), pero os resultados foron negativos e non conseguimos
que as sementes fosen adiante. Nos anos 2002 e 2003 iniciamos un novo
proceso: trouxemos varias decenas de pequenas matiñas das praias portuguesas
veciñas, transplantando as mesmas na beira dereita da desembocadura do Miño.
Durante estes anos continuamos coa mesma dinámica. Temos que subliñar que as
pequenas plantiñas eran collidas en zonas susceptibles de ser pisadas ou
destruídas (zonas de paso; de actuación das máquinas de limpeza ou proclives
a ser usadas polos bañistas).
O censo de Otanthus
maritimus na praia de Camposancos, efectuado o pasado 2 de xaneiro, deu
un resultado esperanzador para a especie. Contabilizamos un total de
44 matas,
ou sexa, en sete anos
cuadriplicamos
o número de matas que había ata o ano 2001. A repartición dos exemplares nos
distintos tramos da praia é a seguinte:
|
| |
O
Puntal.............. 12 exempl.
(Tres plantados por nós nos anos 2001 e 2003, e nove nados na praia).
O
Muíño...............
19
exempl.(Todos
eles nados na propia praia).
Forte.....................
9
exempl.
(Catro plantados por nós no ano 2007 e cinco nados na praia).
A
Lamiña.............
4
exempl.(Plantados
por nós no ano 2003).
Armona................
0
exempl.
Caldeiro..............
0
exempl.
Codesal...............
0
exempl.
|
|
Este
éxito débese aos labores de reintroducción, protección e conservación que
está desenvolvendo ANABAM a través do Plan de Especial Seguimento que
nos permite evaluar a situación na que se atopan as distintas especies
ameazadas a nivel comarcal e desenvolver plans e proxectos de conservación,
como é o caso que nos ocupa.

Membros de ANABAM transplantando as matiñas de Otanthus
que naceron na propia praia de Camposancos.

11 matiñas de
Otanthus foron transplantadas, trasladándoas dunha zona na que a
existencia das mesmas estaba ameazaba, por ocupar un área utilizada polos
bañistas, a outra zona próxima e máis segura. Aínda quedan por transplantar
outros sete exemplares.
|
|