|
PEGADA DE
EIRUGA DE ESCARABEIDO

En numerosas ocasións observamos
na praia de Camposancos a pegada que podemos ver máis arriba. Polas
características, evidentemente sabiamos que pertencía a algún verme, pero
non tiñamos nin a máis remota idea de cal podería ser. Pola zona na que
estaban, descartamos de inmediato os vermes acuáticos, así que, tería que
ser, dende o noso punto de vista dun terrestre.
Por fin, o pasado 8 de abril
a nosa curiosidade viuse satisfeita. Pois nun dos habituais paseos de
observación que facemos polo areal de Camposancos puidemos ver o autor desa
"escritura" que temos visto: trátase dun verme de escarabeido, posiblemente
do "Sanjuanero", un dos escaravellos que abondosamente podemos ver nesta
praia polo mes de xuño.

Este verme é o
responsable das pegadas que observamos en numerosas ocasións na
praia de
Camposancos.
|