anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

PROGRAMA DE ACTOS E ACTIVIDADES

25  ANIVERSARIO

 

DÍA 7 FEBREIRO: VISITA ORNITOLÓXICA GUIADA

(VR INFORMACIÓN)

 

CICLO DE CINE DOCUMENTAL NO BAIXO MIÑO: Febreiro e marzo. 

VÉXASE INFORMACIÓN

 

CONCURSO PARA ESCOLARES E ESTUDANTES: Destinados a escolares de

Infantil;  primaria e estudantes da ESO, Bacharelato; Ciclos medio e Superior e

Universitarios.

VÉXANSE AS  BASES.

 

ACTOS CONMEMORATIVOS NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA

5 DE XUÑO

 

EXPOSICIÓN: A Biodiversidade do Baixo Miño a través de 25 anos de ANABAM.

A partir do mes de setembro

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

SECCIÓNS

INICIO

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

XEOLOXÍA

 

PEGADAS

 

FENOLOXÍA

 

FAUNA

ENTOMOLOXÍA

MORTANDADE

 

INFORMACIÓN-09

 

AGRESIÓNS

 

CARTAS

 

ESPAZOS NATURAIS

 

COLABORACIÓNS

 

O MERCADIÑO

 

ANABAM VIDEO

 

CAMPAÑAS 2010

 

 

PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES

CAMARIÑA

CHARAXES

PÍLLARA PAPUDA

EURYNEBRIA

OTANTHUS

ANDORIÑA DE CU BRANCO

PRAIA CAMPOSANCOS

 

WOODWARDIA RADICANS

 

FENTOS ARBÓREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS

 

VARAMENTO FOCAS

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

BOLBORETAS

ATLAS DA BIODIVERSIDADE

ATLAS DAS ESPECIES EXÓTICAS

 

CENSOS

 

PROXECTO ANDORIÑA

 

PROXECTO ODONATA

 

 

 

SOCIOS

>>ENLACES A PÁXINAS

>> ACTIVIDADES

>> INFORMACIÓNS

 

AS FOTOS DE LUIS DORADO

 

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PEGADAS, RASTROS E SINAIS DOS ANIMAIS  

 

IR A PEGADAS (I)

IR A PEGADAS (II)

 

RESPONSABLE DESTE TRABALLO: 

Agustín Ferreira Lorenzo

E-MAIL: agfelo@terra.es

 

 

Actualizado o 04-05-2009

 

     Saberías  dicir a que animal corresponden as seguintes pegadas?

 

 

A resposta  correspóndese cun destes:

 

 

Se queres saber a resposta, pulsa AQUÍ

 

 

 

 

 

Actualizado o 31-07-2008

 

     Pequenas oquedades cónicas poden aparecer, ben ailladas ou en grupos, en diversos lugares do Baixo Miño sempre que o terreo sexa terroso ou areo-terroso.  Estes buratiños son verdadeiras trampas mortais para multitude de insectos que o caer no seu interior, vailles resultar practicamente imposible saír do mesmo. No fondo do burato, impasible e paciente, permanece á espera o depredador. Será nese momento cando éste entre en acción atrapando velozmente ao incauto para volver novamente a se introducir na súa cazapeira mentras da conta da presa.

 

 

Saberías a que misterioso insecto pertencen estas trampas?

 

Para coñecer a resposta, pulsa AQUÍ

 

 

 

 

Actualizado o 15-06-2008

 

      Os excrementos de diferentes animais constitúen unha das sinais que podemos atoparnos no campo. E claro, "onde hai excrementos, hai vida". Deste xeito, unha observación "escatolóxica" pode ser moi productiva para sabermos que, nos arredores onde nos atopamos, tal vez sexa o territorio dalgún animal que ten na zona o seu particular reino. En moitas ocasións, a función dos excrementos, aparte das fisiolóxicas, pode ser a de marcar o territorio e evitar, na medida do posible, loitas innecesarias que habitualmente o que reportan son danos e gastos de enerxía.

 

Os excrementos que presentamos nas fotografías superiores, adoitan atoparse, por veces, en lugares ben visibles  --por exemplo, unha pasarela na praia do Puntal, en Camposancos, A Guarda-. Poderiamos interpretar isto como unha marcaxe do territorio.

 

Como se aprecia nos tres excrementos, correspondentes a outros tantos exemplares, unha característica común é esa especie de boliña branca que aparece nun dos extremos. Este rasgo vai ser suficiente para identificar á especie responsable. Ademais, poderemos observar que tódolos excrementos rematan en punta, o que pode ser para o curioso, un segundo rasgo identificativo.

A lonxitude media está nuns tres centímetros de longo e arredor dun centímetro de diámetro.

 

Que animal produce este excremento?

Pistas:

Ten catro patas.

Ten cola.

Non voa.

Non é mamífero.

Adoita quentarse ao sol.

É de cor verde.

 

Pincha AQUÍ para coñecer este animal.

 

 

 

Actualizado o 29-05-2008

  

 

Ás veces podemos atoparnos con esta banda lonxitudinal na area da praia. Para os que non coñecen a súa procedencia, pode resultarlles un misterio. Outros poden pensar que é a pegada deixada pola roda dunha bicicleta.  Pero este é o rastro deixado por un animal.

 

      Imos adivinar de que animal se trata:

 

       Podería ser dun mamífero? Difícil. Os mamíferos deixan marcados os dedos, mesmo tamén as unllas.  Nunca unha marca continua e ancha como esta. Descartamos os mamíferos.

 

    Podería ser dun ave? Nas aves aparecen marcados os tres dedos dianteiros e pode estar presente ou non o cuarto. Véxanse as pegadas que reproducimos nas actualizacións anteriores, máis abaixo.  Polo tanto tampouco son de aves.

 

    Poden ser de réptiles? Se fose de cobras, estas se presentarian en forma de "S" ou cunha liña máis ou menos alongada, pero sen esas muescas que aparecen en toda a súa lonxitude. Se fosen de lagarto deberían aparecer as patas e unha liña estreita, discontinua correspondente á cola. A ámbolos dous lados desta estarían as patas. Así que descartamos os réptiles.

 

    Daremos unha pista: trátase dun animal acuático que posúe oito patas. Se queres saber que é, pincha AQUÍ.

 

 

Actualizado o 15-05-2008

 

PEGADAS DE CORVO NA PRAIA

 

     O corvo viaraz (Corvus corone corone) é unha das especies que frecuentan diariamente a praia de Camposancos (A Guarda) polo que resulta doado atoparnos coas pegadas que deixan na area. Estas pegadas son moi características e, en xeral, resultan de fácil identificación, polo que a nosa colección fotográfica de pegadas identificables atopa nas de corvo unha boa ocasión para se iniciar nesta apaixonante temática.

 

 

Os corvos deixan  marcas dos tres dedos anteriores así como tamén do posterior.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O rastro é moi característico, xa que adoita presentar unha liña que une unha pegada coa seguinte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A impresión da pegada é clara e polo xeral presentan un ángulo formado entre o 3º e 4º dedos, mentres que o 2º e 3º dedos están moi próximos. As veces quedan ben marcados os segmentos dos dedos, como pode verse no 2º dedo da pegada da dereita.

 

 

 

Actualizado o 05-05-2008

 

    SINAIS DA PRESENZA DUN PEQUENO INSECTO

 

      Hoxe imos prestar atención a unha das cousas que resulta un misterio para moita xente, como é coñecer á procedencia de centos de "escupitazos" que aparecen nas plantas a partir do mes de marzo. A curiosidade por descifrar este misterio é grande pero son ben poucas as persoas que coñecen realmente ao responsable de tales feitos. 

      

       En realidade estas son claras sinais dun invertebrado, dun insecto da orde dos HOMÓPTEROS da familia Cercopidae, que teñen entre 5 e 7 mm de lonxitude. A escuma que forman obedece a un proceso polo cal estes insectos insuflan aire sobre os seus excrementos e estes transfórmanse nos "escupitazos" que todos coñecemos. Con este proceso, estes pequenos insectos conseguen tres cousas: 

a/ protexerse de posibles depredadores.

b/ manter unha humidade permanente.

c/ manter unha temperatura axeitada.

 

 

Escupitazo na pola dunha xesta. No interior da escuma atópase a pequena larva a salvo de posibles depredadores.

 

Son varias as especies de cercópidos que producen os escupitazos. No piñeiral de Camposancos, onde foron obtidas estas fotografías, temos localizado dúas delas, Aquí reproducimos unha en vista lateral e dorsal 

 

E estoutra de cor verde 

 

 

Actualizado o 31-03-2008

 

  FOTOGRAFAR PEGADAS E SINAIS

 

    Hoxe practicamente todo o mundo ten unha cámara fotográfica dixital ou, no peor dos casos, un móbil capaz de sacar, con maior ou menor sorte, fotografías que facilitarán o ir formando unha colección de pegadas, rastros e sinais dos animais.. 

 

   Esta é unha boa maneira de facer máis interesante os nosos paseos polo campo á vez que imos educando a nosa vista para detalles que, aparentemente, parecían non estar aí. Non tardaremos deste xeito en descubrir infinidade de marcas que antes pasaban desapercibidas antes os nosos ollos. Decatarémonos de que os paseos poden ser máis interesantes se prestamos atención a estas pequenas cousas. Así chegaremos a ver restos dos alimentos, pegadas ou sinais dos animais que estiveron no mesmo camiño ou sendeiro polo que nos desprazamos agora nós. Por pouco curiosos que sexamos, podemos ir obtendo interesantes mostras da presenza deses animais. Co tempo veremos que temos unha grande colección de rexistros fotográficos que sen dúbida nos vai cautivar.  O esforzo que require este proceso é mínimo, pero iso sí, advertimos que como quedemos "enganchados" os nosos  paseos dunha hora, pode alongarse a bastante máis, porque isto pode converterse nun agradable pasatempo que nos fará disfrutar dabondo do contacto co entorno. Inicialmente non importa que identifiquemos o animal en cuestión, todo o que fotografemos podemos ir clasificándoo do xeito que máis nos interese. Como por exemplo o que facemos a continuación: 

 

  MAMÍFEROS AVES RÉPTILES INVERTEBRADOS
PEGADAS    

RESTOS 

ALIMENTOS

     
EXCREMENTOS      
OUTROS  

 

 

     Pasemos agora a ver unha pegada de:

 

 (1) MAZARICO  

 

   Esta pegada, xunto con outras moitas obtidas ese mesmo día desta ave, obtivémola nun dos paseos que realizamos pola praia de Camposancos. Alí estaba un mazarico curlí (Numenius arquata) e un mazarico chiador (Numenius phaeopus), así que durante un primer momento observamos seus movementos e logo aproximámonos ata onde se atopaban. Observamos unhas pegadas claras, tanto dos dedos como de picotear e durante un bo rato estivemos sacando fotografías dende diversos ángulos.

 

 

Nesta fotografía podemos observar pegadas do mazarico curlí (Numenius arquata) e buratos feitos co peteiro cando andaba na procura de alimento. Colocamos unha moeda de 10 céntimos  na area  para ter referencia do tamaño da pegada.

 

 

Aquí vemos varias pegadas de mazarico e buratos feitos ó picotear na area.

 

(2) SINAIS DE ALIMENTARSE DE 

DOUS MAMÍFEROS

 

Aquí temos dúas piñas roídas por dous animais diferentes:

 

 

A da esquerda está roída por un esquío, recollémola no piñeiral de Camposancos, a carón da praia. Os esquíos roen as piñas dende a base e van xirándoa de esquerda á dereita ou de dereita a esquerda. Esta comezou a roela de esquerda á dereita, pero contra o final cambiou o sentido e roeuna de dereita á esquerda.  

A piña da dereita foi roída por un rato de campo. Obsérvese a clara diferenza que hai dunha a outra. esta segunda piña foi atopada preto da presa do arroio de Vilachán (Tomiño).

 

Continuará

    

 

Actualizado o 27-02-2008

 

PEGADAS DE MAZARICO CHIADOR (Numenius phaeopus)

  

    O mazarico chiador é unha das aves limícolas máis grandes que atopamos no esteiro do Miño. As súas pegadas son frecuentes no areal da praia de Camposancos, (A Guarda)  onde podemos vobservalas  sobre a area. O mazarico acude a esta praia na procura de alimento.

 

   As pegadas dos limícolas se caracterizan porque deixan as marcas dos tres dedos dianteiros. O dedo posterior non aparece xa que éste se atopa nunha posición superior con respecto a aqueles sendo ademais de menor tamaño.

 

      Os areais son excelentes zonas para observar as pegadas dos animais que se desplazan por estas zonas. As mellores horas son pola mañán e a tardiña xa que a luz do sol incide de tal xeito que realza as mesmas, permitindo velas con máis detalle.

 

    As fotografías aquí presentes foron tomadas na mañán do 19-02-2008 no tramo denominado Forte, da praia de Camposancos.

 

 

    Na fig. 1 tomamos como referencia unha moeda de10 céntimos para decatarnos do tamaño da pegada do mazarico.  

 

   Na fig. 2, vemos a distancia correspondente ao avance desta ave logo de dar dous pasos. Cada trazo grande de cor corresponde ao tamaño dunha pegada, polo que podemos ver que o desplazamento, neste caso, oscila aproximadamente entre os 10,60 cm e os 13,25 cm.

 

 

 

     Neste outro rastro do mesmo mazarico, observamos que a lonxitude dun paso oscila entre as catro e media e as cinco moedas de 10 cm, o que equivale, aproximadamente a unha lonxitude de entre os 9 e os 10 cm. Cabe sinalar que neste desplazamento o mazarico non se detiña a picotear no chan senón que simplemente desplazábase cara á beira do río, lanzando de cando en vez o seu peteiro na procura de alimento.

 

 

 

 

Aquí observamos o rastro deixado polo mazarico cando se desplazaba sen deterse a se alimentar. Como se pode apreciar é un avance homóxeneo, pode comprobarse porque a distancia entre dúas pegadas é máis ou menos constante. (Nota: hai que ter en conta a perspectiva da fotografía).