anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

SECCIÓNS

INICIO

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

XEOLOXÍA

 

PEGADAS

 

FENOLOXÍA

 

FAUNA

ENTOMOLOXÍA

MORTANDADE

 

INFORMACIÓN-09

 

AGRESIÓNS

 

CARTAS

 

ESPAZOS NATURAIS

 

COLABORACIÓNS

 

O MERCADIÑO

 

ANABAM VIDEO

 

 

PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES

CAMARIÑA

CHARAXES

PÍLLARA PAPUDA

EURYNEBRIA

OTANTHUS

ANDORIÑA DE CU BRANCO

PRAIA CAMPOSANCOS

 

WOODWARDIA RADICANS

 

CARRIZAIS PDF

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS

 

VARAMENTO FOCAS

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

BOLBORETAS

ATLAS DA BIODIVERSIDADE

ATLAS DAS ESPECIES EXÓTICAS

 

CENSOS

 

PROXECTO ANDORIÑA

 

PROXECTO ODONATA

 

 

 

SOCIOS

>>ENLACES A PÁXINAS

>> ACTIVIDADES

>> INFORMACIÓNS

 

AS FOTOS DE LUIS DORADO

 

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PLAN  DE  ESPECIAL  SEGUIMENTO (P.E.S)

Otanthus  maritimus

 

(Co apoio económico da Weeden Foundation)

 

 

Actualizado o 15-10-2009

 

     No ano 2001 Otanthus maritimus, unha planta que medra en moitas praias, no Baixo Miño estaba presente na praia de Camposancos, sufría un duro golpe por culpa dunha neglixente actuación, desaparecendo da mesma. Tras varios intentos por recuperala, con plantación de milleiros de sementes, ducias de plantóns, etc., o resultado non chegaría ata que uns poucos exemplares dos que foron transplantados, procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño, conseguiron sobrevivir. A partir do ano 2003, un ano despois de que algúns dos exemplares plantados continuasen na zona, as expectativas de recuperación da especie aumentaron considerablemente. Ese mesmo ano 2003 realizáronse as últimas plantacións desta especie. Oito anos despois de iniciado o proxecto, comezamos a ver as primeiras plantiñas nacidas na praia de Camposancos.

 

 

FOTO 1

 

       Foto 1: Este é o exemplar máis vello de cantos hai na praia de Camposancos. Procede do veciño país, concretamente da praia de Moledo, onde fora recollido o  sábado16 de marzo de 2002 e plantado dous días despois, o luns 18. Vai camiño de cumprir os 9 anos.  A pouca distancia -obsérvese a esquina superior dereita- xa medra outra Otanthus, filla desta.

 

    Foto 2: Obsérvese a fotografía inferior e compárase coa fotografía de arriba: trátase da mesma planta  fotografada dous meses despois da súa plantación, tiña o tamaño dun lapis. A de arriba e tal e como se atopa na actualidade.

 

   

 

FOTO 2

 

FOTO 3

   Foto 3:   Un reconto do número de pés deunos unha cantidade de entre 50 e 60 exemplares de Otanthus maritimus na praia de Camposancos, a única do Baixo Miño galego onde aparece esta especie. Aproximadamente o 92 % dos exemplares xa son propios desta praia, o 8 % restante procede das plantacións efectuadas por ANABAM que se levaron a cabo dende finais do 2001 ata o 2003. A inmensa maioría delas non saíron adiante.

 

 

FOTO 4

 

 

 Foto 4: A Otanthus está a medrar nos tramos do Puntal, Muíño, Forte e A Lamiña. Na Armona e Codesal non existe ningún exemplar, por este motivo ANABAM trasladará algún dos plantóns que medran en puntos críticos a estas dúas praias.

Na vindeira primavera, levaremos a cabo un censo de exemplares desta especie. Se o número supera o medio centenar, como se pon de manifesto no reconto efectuado a principios deste mesmo mes de outubro, ANABAM podería dar por rematado o Proxecto Otanthus e mesmo sacar do PES (Plan de Especial Seguimento) esta especie ao considerar que a poboación da mesma goza de boa saúde e xa é viable por si mesma. Manteríase a súa catalogación de especie ameazada no Baixo Miño. Lembremos que ata que se produciu a súa desaparición, no ano 2001, o número de exemplares que había en toda a praia non superaba a ducia de individuos e hoxe, como acabamos de ver, practicamente quintuplica o número que había entón.

 

 

Actualizado o 12-01-2009

 

 

    

     No ano 2001 iniciamos na praia de Camposancos, A Guarda, o Proxecto Otanthus coa finalidade de recuperar a planta denominada Otanthus maritimus. É esta unha especie propia dos areais costeiros. Ata o ano 2001, tiñamos censadas na mencionada praia, única da comarca do Baixo Miño na que está presente a mesma,  unha ducia de exemplares, polo que a situación desta especie, a nivel comarcal  era de "situación crítica". Esta situación mudou radicalmente no ano 2001, debido a  unha neglixente actuación na mencionada praia, dando como resultado a desaparición total de Otanthus na mesma. Durante dous anos (parte de 2001 e parte de 2002) tratamos de reintroducir a planta por medio de sementes (procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño), pero os resultados foron negativos e non conseguimos que as sementes fosen adiante. Nos anos 2002 e 2003 iniciamos un novo proceso: trouxemos varias decenas de pequenas matiñas das praias portuguesas veciñas, transplantando as mesmas na beira dereita da desembocadura do Miño. Durante estes anos continuamos coa mesma dinámica. Temos que subliñar que as pequenas plantiñas eran collidas en zonas susceptibles de ser pisadas ou destruídas (zonas de paso; de actuación das máquinas de limpeza ou proclives a ser usadas polos bañistas). 

 

    O censo de Otanthus maritimus na praia de Camposancos, efectuado o pasado 2 de xaneiro, deu un resultado esperanzador para a especie. Contabilizamos un total de 44 matas,  ou sexa, en sete anos cuadriplicamos o número de matas que había ata o ano 2001. A repartición dos exemplares nos distintos tramos da praia é a seguinte:

 

A Lamiña............. 4 exempl.(Plantados por nós no ano 2003).

Forte..................... 9 exempl. (Catro plantados por nós no ano 2007 e cinco nados na praia).

O Muíño..............19 exempl.(Todos eles nados na propia praia).

O Puntal............. 12 exempl. (Tres plantados por nós nos anos 2001 e 2003, e nove nados na praia).

 

 

     Este éxito débese aos labores de reintroducción, protección e conservación que está desenvolvendo ANABAM a través do Plan de Especial Seguimento que nos permite evaluar a situación na que se atopan as distintas especies ameazadas a nivel comarcal e desenvolver plans e proxectos de conservación, como é o caso que nos ocupa.

 

 

Membros de ANABAM transplantando as matiñas de Otanthus que naceron na propia praia de Camposancos.

 

 

 

 

 

 

11 matiñas de Otanthus foron transplantadas, trasladándoas dunha zona na que a existencia das mesmas estaba ameazaba, por ocupar un área utilizada polos bañistas, a outra zona próxima e máis segura. Aínda quedan por transplantar outros sete exemplares.

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMIÑANDO POLO

BAIXO MIÑO

a.-Costa sur da Guarda

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

 BAIXO MIÑO:

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

(REDE NATURA 2000)

 

 ESTEIRO DO MIÑO

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

(REDE NATURA 2000)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

 

BAIXO MIÑO

PORTUGUÉS

 

VILA PRAIA DE ÁNCORA

 

AMIAL DO ARAO (VEIGA DA MIRA)

 

 

ILLAS DO BAIXO MIÑO

 

A INSUA

 

 

RÍOS DO BAIXO MIÑO

 

ðTAMUXE

 ðVILACHAN