anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-AS NOSAS COUSAS

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

PROGRAMA DE ACTOS E ACTIVIDADES

25  ANIVERSARIO

 

DÍA 7 FEBREIRO: VISITA ORNITOLÓXICA GUIADA

(VER INFORMACIÓN)

 

CICLO DE CINE DOCUMENTAL NO BAIXO MIÑO: Febreiro e marzo. 

VÉXASE INFORMACIÓN

 

CONCURSO PARA ESCOLARES E ESTUDANTES: Destinados a escolares de

Infantil;  primaria e estudantes da ESO, Bacharelato; Ciclos medio e Superior e

Universitarios.

VÉXANSE AS  BASES.

 

ENTREGA PREMIOS CONCURSO ESCOLAR

12 DE XUÑO

 

EXPOSICIÓN: A Biodiversidade do Baixo Miño a través de 25 anos de ANABAM.

A partir do mes de setembro

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

SECCIÓNS

INICIO

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

XEOLOXÍA

 

PEGADAS

 

FENOLOXÍA

 

FAUNA

ENTOMOLOXÍA

MORTANDADE

 

INFORMACIÓN-09

 

AGRESIÓNS

 

CARTAS

 

ESPAZOS NATURAIS

 

COLABORACIÓNS

 

O MERCADIÑO

 

ANABAM VIDEO

 

CAMPAÑAS 2010

 

 

PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES

CAMARIÑA

CHARAXES

PÍLLARA PAPUDA

EURYNEBRIA

OTANTHUS

ANDORIÑA DE CU BRANCO

PRAIA CAMPOSANCOS

 

WOODWARDIA RADICANS

 

FENTOS ARBÓREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS

 

VARAMENTO FOCAS

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

BOLBORETAS

ATLAS DA BIODIVERSIDADE

ATLAS DAS ESPECIES EXÓTICAS

 

CENSOS

 

PROXECTO ANDORIÑA

 

PROXECTO ODONATA

 

 

 

SOCIOS

>>ENLACES A PÁXINAS

>> ACTIVIDADES

>> INFORMACIÓNS

 

AS FOTOS DE LUIS DORADO

 

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PLAN DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE:

PÍLLARA PAPUDA (II)

(Charadrius alexandrinus) 

(Co apoio da WEEDEN FOUNDATION) 

 

 

XA PODES VISIONAR O DOCUMENTAL PRODUCIDO POR ANABAM

 Protexendo os niños de píllara papuda

 

IR A PÍLLARA (I)

IR A PÍLLARA (II)

IR A PÍLLARA 2010

 

Actualizado o 15-06-2009

A REVISTA QUERCUS FÍXOSE ECO DO PROXECTO PÍLLARA

 

Baixo o título Medidas de conservación para el chorlitejo patinegro en Galicia, no que se describen os proxectos desenvolvidos nas Illas Cíes; Corrubedo e O Baixo Miño "tres inciativas coronadas por el éxito", os biólogos Manuel Polo e Milagros Álvarez, escriben un artigo na Revista Quercus, nº 279 do pasado mes de maio, no que comentan os métodos utilizados nestes espazos naturais para preservar os niños da píllara papuda.

 

    Como saben os internautas que seguen esta web e os lectores do órgano oficial de difusión de ANABAM, o boletín Carrizal, a nosa asociación foi pioneira en poñer en práctica un  método de protección dos niños de píllara papuda que, logo de ir mellorandoo, resultou ser un método eficaz na protección dos citados niños no 100 % dos casos. Método que logo foi seguido por outras asociacións ou entidades que tamén o puxeron en practica con resultados positivos, como comentamos noutro apartado desta web.

 

    Nas imaxes que figuran á esquerda, podemos ver a portada da Revista Quercus, na que aparece o mencionado artigo e unha das páxinas que trata do proxecto píllara desenvolvido por ANABAM.

 

    Dende aquí o noso agradecemento aos seus autores por a divulgación do mesmo, xa que é un xeito máis de que outros colectivos ou entidades sigan poñendo en práctica estes ou outros métodos para protexer ás píllaras.

 

Actualizado o 04-05-2009

 

CENSO DE PÍLLARAS PAPUDAS E DE NIÑOS DESTA ESPECIE NA VECIÑA PRAIA PORTUGUESA DE AFIFE

 

 

Antón Ferreira, Manuel A. Pombal "Peque", Agustín Ferreira e Luis Dorado. os catro integrantes do equipo de campo que este pasado sábado, día 2 de maio, desprazáronse ata Afife para efectuar un censo de píllaras papudas e de niños na praia desta localidade. (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 

    Prospectamos a praia da Arda, dende o río Cabanas, ata a praia de Paçó.  Na praia da Arda, entre os dous ríos que a delimitan, foron contabilizadas 16 píllaras, onde polo menos había dúas parellas formadas. Entre o río do sur e a praia de Paçó, foi localizado un niño e a respectiva parella. Na praia de Paçó, á carón do Forte, localizouse outro niño e a correspondente parella.

 

 

A praia da Arda posúe unhas magníficas dunas onde se asenta a vexetación propia deste tipo de hábitats. (Foto: Manuel A. Pombal-anabam).

 

 

As postas das píllaras constan habitualmente de tres ovos. A súa cor resulta tan mimética co entorno que resulta verdadeiramente difícil decatarse dos mesmos. Esta posta a piques estivo de estragarse como podemos ver por unha pisada que hai ao seu carón. Na nosa visita observamos dúas postas. (Foto: Manuel A. Pombal-anabam).

 

 

O Río Cabanas cruza a praia dividindo esta en dous tramos: ao norte a de Afife e a do sur a da Arda. Á esquerda atópase un pequeno carrizal onde puidemos oír cantar a fulepa grande (Acrocephalus arundinaceus). (Foto: Manuel A. Pombal-anabam).

 

 

Actualizado o 16-04-2009

 

CENSO DE NIÑOS E INDIVIDUOS DE PÍLLARA PAPUDA

EN MOLEDO E VILAPRAIA DE ÁNCORA

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

Píllara que estaba aniñando na praia de Moledo.

Os días 4 e 5 deste mes de abril, membros de ANABAM  levaron a cabo unha prospección nos areais de Moledo e Vila Praia de Áncora para tomar datos relacionados coas píllaras papudas, pois entramos xa no período de nidificación e tratamos de ver como se desenvolve esta tempada no Baixo Miño galego-portugués.

O niño contiña tres ovos, número que é o máis frecuente nas postas de píllara papuda. Os ovos, cunha cor mimética, pasan practicamente desapercibidos e, mesmo estando ao seu carón, é difícil decatarse da súa presenza.

PRAIA DE MOLEDO:

Praia de Moledo o sábado 4 de abril. As condicións meteorolóxicas pouco atractivas para estar no areal, motivou que este estivera practicamente valeiro, polo que as píllaras estaban tranquilas.

     A prospección nesta praia levouse a cabo o sábado 4 de abril pola tarde. Os membros de ANABAM participantes (Dorado, Luis; Ferreira, Agustín; Ferreira, Antón e Pombal, Manuel)  contabilizaron un total de 15 exemplares, algúns deles xa emparellados, descubríndose, ademais, a primeira posta desta tempada. Como adopta suceder cos niños da píllara, a posta estaba situada a carón dunha zona de paso, polo que a situación da mesma é bastante precaria. Poidemos observar como a iso das 19:30 horas (hora solar: 17:30) a femia relevaba ao macho no niño.

PRAIA DE VILA PRAIA DE ÁNCORA:

Praia de Vila Praia de Áncora. Ricardo Portela recorre a parte baixa do areal o domingo 5 de abril.

      A prospección neste areal realizouse o domingo 5 de abril pola mañá. Os socios (Ferreira, Agustí e Portela, Ricardo) perocorreron o mesmo pero sen atopar niño algún. Observouse un bando dunhas 17 píllaras coas que estaban tamén tres exemplares de pilro bulebule (Calidris alba) en plumaxe de verán. Observáronse outros cinco individuos divididos en dous grupos: un de dous exemplares e outro de tres exemplares, totalizando en total 22 exemplares.

PRAIA DE CAMPOSANCOS:

Praia de Camposancos, onde ANABAM desenvolve o proxecto píllara.

     Ademais, por resultar máis a man, vimos realizando (Ferreira, Agustín) periódicos percorridos pola praia de Camposancos pero, ata agora, e en todo o que vai de ano, non foi observada ningunha píllara na mesma, polo que de seguir así, por segundo ano consecutivo non teremos niños neste areal.

 

 

CAMIÑANDO POLO

BAIXO MIÑO

a.-Costa sur da Guarda

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

 BAIXO MIÑO:

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

(REDE NATURA 2000)

 

 ESTEIRO DO MIÑO

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

(REDE NATURA 2000)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

 

BAIXO MIÑO

PORTUGUÉS

 

VILA PRAIA DE ÁNCORA

 

AMIAL DO ARAO (VEIGA DA MIRA)

 

 

ILLAS DO BAIXO MIÑO

 

A INSUA

 

 

RÍOS DO BAIXO MIÑO

 

ðTAMUXE

 ðVILACHAN

 

 

METEOGALICIA

MAREAS

 

 METEOROLOXIA COMARCAL:

 Castro Vicaludo (Oia)

Monte Aloia (TUI)

 

 VISOR SIGPAC

 

 

TRAMO INTERNACIONAL DO MIÑO

 

-ARTES DE PESCA E DATAS

 

-ESPECIES E MEDIDAS

 

NORMAS PROVISIONAIS REGULADORAS DA NÁUTICA DE RECREO NO TRAMO INTERNACIONAL DO RÍO MIÑO

 

Edicto Tramo Internacional do Río Miño

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS