|
| |
|
ALEGACIÓNS
Ó
INFORME
DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL DE PINZÁS
|
|
Actualizado o 07-05-2007 |
|
ANABAM presentou as correspondentes alegacións contra o macroproxecto
especulativo urbanístico que unha determinada empresa quere levar a cabo
nunha das máis importantes zonas húmedas de montaña que temos no Baixo
Miño: a chaira de Pinzás. Agora, nos queda a esperanza de que os
responsables da Xunta de Galicia, atendan ás alegacións presentadas por
varios colectivos e particulares, e non permitan a destrucción dunha
parte do territorio do Baixo Miño en aras de suculentos beneficios para
os promotores do mesmo e a falla de respeto dalgúns comuneiros por unhas
terras que NON SON DELES senón que llas deixaron os seus antepasados e
eles teñen a obriga de deixalas aos que lles seguen. Sobre este
particular, se o proxecto fose adiante, estamos seguros que moitos
comuneros que votaron a favor se arrepentirán cando lles expropien terras
para favorecer as novas infraestructuras que virán a continuación. Pois
a cousa non vai quedar somentes nos campos de golf e na urbanización
anexa. Xa no Informe de Sostenibilidade se fala de plazas, viais, centros
comerciais..., ¿onde pensan os comuneros que vai ir "o
ladrillo" e "o asfalto"? De saír adiante este aberrante e
destructivo proxecto ambiental, "o rodillo" empeza a xirar e xa
non vai parar. Os tentáculos da especulación continuarán arrebatando as
terras. As novas necesidades que van xurdir non será a costa dos
promotores da urbanización nin dos novos veciños, será a costa dos
veciños de sempre, dos veciños de Pinzás.
E somos claros, ANABAM se move non para defender os veciños,
senón para defender o entorno natural, o patrimonio, un espazo no que
hoxe aínda podemos disfrutar del. Logo xa será outro cantar.
En canto ás posturas dos diferentes grupos políticos en relación a este
tema, que poidemos ler en I,
nos congratula que tres delas (BNG, PSOE e UV ) se opoñan a
este aberrante e destructivo proxecto ambiental, parece que teñen claro
os valores ambientais, os valores legais, o patrimonio, a os veciños de
Pinzás, o valor da terra, etc.
Entendemos perfectamente a postura do CdeT -pois dan unha de
cal e outra de area, ou sexa "sí pero non" ou "non
pero sí"-. Parece desprenderse que non están en contra do
proxecto. O tema ambiental non é que lles preocupa en demasía e para non
sinalar abertamente que están a favor ou en contra do proxecto -sempre
poden telo como un recurso o día de mañán- optan por non dar a súa
aprobación ou rechazo definitivo ao mesmo.
De Alternativa Tomiñesa que podemos decir?, non nos colle de
sorpresa en absoluto a opinión -ou a non opinión- que teñen deste
proxecto, ou sexa "ningunha". O único que parece
preocuparlles son "os xuros". Non parece que teñan moita
idea sobre este tema. Ó mesmo tempo parece que dan a entender que non hai
que cerrar as portas "ao ladrillo". Como non podía ser doutro
xeito, aquí o tema ambiental xa nin se toca. En fin, se chegan ao goberno
de Tomiño, esperemos que teñan as ideas máis claras, porque senón os
tomiñeses van apañados.
E en canto ao PP resulta lóxico que non se pronuncien, tampouco
fai falla posto que a súa postura está clara e xa se pronunciaron no seu
momento e, por suposto, xa están a decir cal é o seu pronuinciamento
agora. Os responsables deste partido no
concello de Tomiño son parte do problema. Xa votaron a favor no seu día.
A privaticidade do monte comunal non lles preocupa en absoluto. Que
saibamos, somentes se preocuparon do tema ambiental co aterramento que se
estaba a facer, por parte da Comunidade de Montes de Forcadela, en terreos
desta parroquia, polo demais, o tema ambiental ocupa non xa un segundo
plano, senón un terceiro ou un cuarto plano na política do concello
tomiñés.
ALEGACIÓNS:
Sabemos que foron presentadas, ademais de ANABAM, por un grupo de rapaces
estudiantes no Instituto de Tomiño. Tamén, oficiosamente, sabemos de
varios colectivos que tiñan pensado presentar alegacións contra este
proxecto, polo que a preocupación non é só desde o punto de vista dos
conservacionistas, senón tamén doutros colectivos sociais preocupados
polo que pode representar a destrucción do humedal de Pinzás e abrir as
portas dos Monte veciñais en Man Común á especulación pura e dura.
|
|
Actualizado o 26 de abril de 2007 |
|
CAMIÑANDO Á DESTRUCCIÓN
DO CHAN DE PINZÁS (Tomiño)
(e
VI)
|
|
Os campos de golf agrupan os
edificios na periferia do campo reproducindo a tipoloxía do adosado
periurbano. Todo elo para reducir os costes de urbanización e construcción
e incrementar o precio das vivendas dunha clase urbana ansiosa por
contarlle aos seus veciños que compraron un
“chalé” ao lado dun campo de golf. Viste moito.
EMPREGO
O maior
emprego deriva dos servicios de xestión, hostelería e tendas. O
escaso coñecemento de idiomas así como de
preparación cualificada dos VECIÑOS de Pinzás, non lles abrirá,
que digamos, moitas portas en canto a emprego. isto fará que os traballos
mellor remunerados non sexan para os do pobo, quedando os menos
cualificados para estes, coa mesma precariedade que os traballos
clásicos.
RESPETUOSO CO
MEDIO?.-
O campo de golf de Pinzás
pretende ubicarse nuns terreos hoxe de grande interese ecolóxico que se
verán profunda e irreversiblemente modificados.
O problema dos campos de golf non é só de auga,
senón do uso de ata 50 plaguicidas que perxudican a saúde, ao medio
e a biodiversidade. Por certo no Estudo de sostenibilidade non se
fae referencia a este uso de productos químicos.
ESPECULACION:
Este espacio vai ser
ocupado polos "novos ricos". Non poderá ser usado, libremente como ata
agora, polos afeccionados á pesca deportiva; polos camiñantes; polos
corredores e ciclistas; polos amantes da natureza..., senón por unha
minoría de pago á que tamén van dirixidos a nova promoción de chalets
con vistas ao céspede artificializado. Privatízase así un espacio libre,
de todos, en beneficio duns poucos. E unha vez iniciada a obra, xa
non haberá quen a pare, xa non haberá marcha atrás e, pouco a pouco -ou
moito a moito--, os usuarios, a especulación, a necesidade dos que
utilizan as infraestructuras pedirán máis e mais... Pinzás,
definitivamente, deixará de ser "dos de Pinzás" para pasar a ser
dos que virán a pasar uns días, un mes de vacacións ou a disfrutar un que
outro fin de semana, do "seu campo de golf". Como dice o periodista Carlos
Fresneda: "una vez echen raíces los cimientos, no hay marcha atrás y ya
pueden estrellarse los jueces y los vecinos contra el muro impenetrable de
las constructoras" . "la fiebre constructora beneficia al mismo puñado de
privilegiados que juegan bajo par y especulan con las viviendas que les
sobran".
OS NOVOS DONOS DA COMUNIDADE DE MONTES
Cren os actuais
veciños de Pinzás que seguirán eles ao frente da Comunidade Montes dentro
duns anos? Cren que o monte seguirá sendo deles? 800 chalés que se van
construir, significa un potencial de 800 novos comuneros con
dereitos na Comunidade de Montes. Que van facer os actuais comuneiros
-cantos son agora, 80?- fronte a esta invasión? Quen vai dirixir a
Comunidade de Montes? Que pasará cos acordos actuais cando "os novos
comuneiros" se fagan co poder da Comunidade de Montes"? Porque son 800
novos comuneiros que teñen outras miras, outro poder adquisitivo, outros
intereses, outra forma de desenvolverse, carecen do apego á terra onde
veñen como lugar de disfrute, e, por suposto, terán a capacidade de
modificar calquer acordo asinado actualmente e que lles afecte directa ou
indirectamente como poden ser os pagos do canon por arrendamento das
terras, alugueres, modificación dos privilexios aos actuais comuneiros,
etc, etc.
EXPROPIACIÓNS FORZOSAS
Os comuneros
asinantes deste macroproxecto de Pinzás -e os non asinantes-, se
enfrentan a que no futuro poidan quedarse sen as súas terras.
Cunha poboación que pode superar para entón as 3.000 persoas -fronte as
160 actuais-, han de xurdir novos proxectos especulativos. Tal vez se
redactarán algúns PERIs no que os veciños non poderán facer fronte aos
gastos que xeran os mesmos e se verán irremediablemente a ter que vender
as terras a baixo precio quedando a merced dos novos donos : as
inmobiliarias e constructoras.
De levarse a cabo o
proxecto de campo de golf, cabe a posibilidade de que algunhas propiedades
privadas poidan ser expropiadas a medio ou largo plazo (para construir o
centro comercial, para facer as plazas públicas...), e qué van facer 160
veciños fronte ao grande poder económico que engulirá esas terras?
ACORDOS SOCIAIS:
Páx. 52 (32 do proxecto): zonas deportivas de libre uso: acceso gratuito a
los actuales comuneros como pueden ser las escuelas de golf, hípica,
tenis, natación.
A verdade, e teremos que ser
realistas para admitir isto, cóstanos moito asimilar que a maioría dos
comuneiros poidan "codearse" e ter doado (social e económicamente) o
acceso a estas dependencias. Algúns exemplos do que decimos, podemos velos
no Baixo Miño con outras instalacións moitísimo máis modestas.
Pero estas "ventaxas" sociais van
dirixidas aos ACTUAIS COMUNEROS, é aos futuros comuneros (fillos, netos)
se lles priva desas pretendidas ventaxas! Ou é que moitos dos actuais
comuneros é xente de certa edade que dentro duns anos, cando esas
escolas de golf, hípica..., empecen a funcionar -se algunha vez empezan-
éstes xa non estarán para eses trotes e polo tanto non "poderán disfrutar
desas ventaxas sociais" ou deixaron de ser "actuais comuneros" para pasar
o relevo a un fillo ou neto que xa non disfrutará das ventaxas que o seu
pai ou avó tiña.
Centro de
saúde, farmacia, biblioteca, telefonía fixa e móbil, ...
Evidentemente, os
promotores non teñen competencias nestes asuntos, isto é tarefa
"obligatoria" dos responsabeis municipais e estes son os que teñen que
moverse e xestionar diante das demais administracións para que os veciños
de Pinzás teñan todo o que precisan ó igual que os demais cidadáns do
municipio.
Vixianza 24
h:
Como grande complexo urbanístico
que é, evidentemente contará cunha vixianza privada, pero quen vai crer
que esta se extenderá ao núcleo de Pinzás -como se dice no proxecto- agás
"colateralmente" por suposto. Claro que, cabe a posibilidade e
posiblemente así vai ser, que o núcleo de Pinzás non sexa o que
actualmente está definido como tal, cunha casa aquí e outra un pouco máis
alá. Non será que o núcleo de Pinzás vai estar formado polos 800 chalés e
as demais infraestructuras que se pretende construir no entorno: plaza
pública, centro comercial...? E a vixianza: vai ser privada ou pública? E
se é privada, os veciños de Pinzás terán que facer fronte aos gastos que
xenere ou será "un regalo" dos "novos propietarios"? E se é pública, que
organismo informou que habería unha vizianza as 24 horas do día?
Páx. 54 (34
do proxecto): Ao aumentar a poboación o número de vixianza policial se
verá incrementado, así como o número de seguridade privada no entorno, o
que beneficia a calidade de vida dos veciños da parroquia.
Se hai que aumentar a
vixianza policial e, enriba, a vixianza privada, por lóxica cabe pensar
que esta se vai convertir nunha zona pouco segura, o que entra en
contradición co pretendido beneficio da calidade de vida dos veciños.
Compensacións pola zona residencial.
Cales son estas compensacións? Porque no proxecto non figuran.
Que lei permite dar ou vender algo que non é dun? O monte é un usufructo
dos veciños. Os veciños non son os propietarios do monte, en sentido
estricto da palabra, porque este pertence aos veciños actuais, e despois
aos que lle siguen e así sucesivamente. A Lei de Montes está feita
para que os veciños aproveiten os recursos que xere o monte. Pero se
as terras deixan de ser dos veciños, o monte deixa de ser dos veciños e,
consecuentemente, os veciños deixan de obter recursos do monte.
Seguiremos ampliando novas sobre este tema a medida que se vaian
producindo.
|
|
Actualizado o 23 de abril de 2007 |
|
CAMIÑANDO Á DESTRUCCIÓN
DO CHAN DE PINZÁS (Tomiño)
(V)
|
|
Páxina 73 do proxecto

Texto recortado do Estudio de Sostenibilidade que se atopa a
exposición pública no Concello de Tomiño por espazo de 45 días (a contar
dende o día 14 de marzo).
Este texto, é outros que aparecen no citado estudo, son os que nos dan pé
a manifestar o tendencioso, falso e interesado do proxecto que se presenta
a exposición pública. Porque, ¿como se entende que un macroproxecto de
máis de 200 Ha (= máis de 2.000.000 metros cadrados) que pretende albergar
800 vivendas, dous campos de golf, piscinas, cafeteria...non van
afectar aos recursos naturais? Pensarán os redactores deste Estudo de
Sostenibilidade que somos tolos e non entendemos nada? Ou pensarán que os
políticos encargados de aprobar ou recharzar este macroproxecto non teñen
capacidade mental de entender o que dicen?
Claro que como estes redactores sonche moi listos, ao mellor estanse
referir ao "entorno", ou sexa, ó que está nas proximidades da zona de
actuación e polo tanto fóra desas 200 Ha. Porque, claro, caben tódalas
interpretacións nese texto.
Páxina 73 do proxecto

Outro párrafo extraído do Estudio de Sostenibilidade que obedece a unha
falsedade absoluta. Para rebartir tales argumentos, somentes imos expoñer
cinco exemplos que poñen de manifesto a incoherencia do Estudio de
Sostenibilidade e que o redactor do mesmo non ten idea do que dí ou
pretende, unha vez máis, enganar á poboación. Ese redactor non tiña
máis que ir ata Pinzás, prestar atención á zona e observar para ver o que
alí hai. Por poñer uns poucos exemplos gráficos que ilustren o que
decimos, véxanse os seguintes anfibios, todos eles localizados no humedal
ou no regato en Pinzás:
| Saramaganta galega (Chioglossa
lusitanica) |
- Especie
protexida.
-UICN Vulnerable.
-España: Vulnerable.
Declarada de Interese Especial no catálogo Nacional de Especies
Amenadas. |

|
| Saramaganta común (Salamandra
salamandra) |
-Especie protexida.
-España: Vulnerable. |

|
| Sapiño comadrón (Alytes
obstetricans) |
-Especie protexida.
-España: Case amenazada. |

|
| Raniña de San Antón (Hyla
arborea) |
Especie protexida.
-UICN: Case amenazada.
-España: Declarada de
Interese Especial no Catálogo Nacional de Especies Amenazadas
|

|
| Lagarto das silvas (Lacerta
schareiberi) |
Especie protexida
UICN: Case amenazada.
España: Case amenazada. |

|
| Píntiga verde (Triturus
marmoratus) |
Declarada de Interese Especial no
catálogo Nacional de Especies Amenazadas. |

|
| Pintafontes espalmeado
(Triturus helveticus) |
Declarada de Interese Especial no
catálogo Nacional de Especies Amenazadas. |

|
Poderiamos seguir con outras especies (unhas protexidas e outras con algún
grao de amenaza) como garzas (Ardea cinerea); Lagarteiro peneireiro
(Falco tinnunculus); Moucho común (Athene noctua);
Avenoteira cincenta (Caprimulgus europaeus); etc.
Pero o
interese dun espacio natural non se mide polas especies amenazadas,
protexidas ou en perigo que ten, senón pola rica e variada biodiversidade
que posúe. Polas garantías que ofrece ás diferentes especies para que,
precisamente, non cheguen a ese grao de amenaza.
Acaso o cemento, o monocultivo, os milleiros de persoas na zona, a inxente
cantidade de productos químicos que se utilizarán..., vai permitir a
sostibilidade das especies que podemos atopar agora neste humidal?
|
|
Actualizado o 19 de abril de 2007 |
|
CAMIÑANDO Á DESTRUCCIÓN
DO CHAN DE PINZÁS (Tomiño)
(IV)
|
|

Regato que cruza en dirección norte-sur o humidal de
Pinzás. Nas súas marxes mestúranse o toxo, o carrasco, violetas,
fentos, pereira brava, salgueiros, ranúnculos e outras moitas especies que
permiten o desenvolvemento da vida animal.
Páx. 79 (59 no proxecto): Podemos ler o seguinte párrafo:
...reiteramos que a nosa investigación e coñecemento do ámbito, nos leva a
considerar destruido o medio natural, tanto biótico como físico.
En primeiro lugar temos que salientar que o medio natural NON
ESTÁ DESTRUIDO, tal e como pode ver calquera que se achegue á zona.
Nós non temos que inventar nada, nin tratar de convencer a ninguén do
que non hai. Por iso, só temos que invitar ás persoas interesadas a
que se acheguen ata Pinzás, ata o medio natural que se QUERE DESTRUIR,
e comprobar por sí mesmas se, tal e como sinalan os redactores, este medio
natural está destruido.
Páx. 80 (60 no proxecto): podemos ler: "...a valoración totalizadora da
vexetación no ámbito de Couto Pinzás é de escaso valor"
Non sabemos cales son as razóns de que digan que a vexetación é de escaso
valor. Como se pode cuantificar o valor natural dunha paraxe onde ó
longo do ano imos pasando por unha sucesión de diferentes especies
vexetais?
Para termos unha idea da variedade que atopamos, imos expoñer somentes
catro exemplos que ilustran o que decimos:

Quitamerendas é unha das especies
abondosas na zona. Pode verse fundamentalmente a partir de setembro,
moitas veces xunto co azafrán silvestre (15 de outubro de 2006).

A pereira brava (Pyrus cordata) ten nesta
paraxe unha boa representación de exemplares con interesantes portes que
non se atopan frecuentemente noutras zonas do Baixo Miño.(14 de abril de
2007). esta árbore foi, segue a serr, moi utilizado como patrón para
pereiras e maceiras.

Dous magníficos
exemplares de pereira brava en plena floración (14 de abril de 2007), das
moitas que hai nos arredores, fotografiadas nas proximidades do
pastizal.

Árnica (Arnica montana) (12-06-2004), no Baixo Miño
esta planta aparece puntualmente nalgunhas zonas de carácter húmido, como
ocurre en Pinzás. A partir de maio podemos velas nas zonas húmidas do
Couto.

Rorella (Drosera intermedia) (12-06-2004), planta carnívora, que
somentes se da en zonas húmedas.A partir de maio pode verse nas zonas
encharcadas ou que conservan certo grao de humidade do Chan de
Pinzás.
No couto de Pinzás existen máis dun
cento de especies diferentes de plantas silvestres que se poden ver ao
longo de todo o ano. As características tan especiais da zona: monte
bordeando o humedal; o propio humedal de terras encharcadas; as marxes dos
regatos; os pastizais; as terras de labor, permiten o desenvolvemento de
infinidade de especies asociadas a cada un destes ecosistemas que a
biodiversidade está garantida, agás que proxectos tan nefastos,
destructivos e impactantes como o que se pretende para a zona, convirta
este enclave nun monocultivo dependente dos aportes químicos exteriores
para mantelo de xeito artificial, perdendo, consecuentemente esa
diversidade que hoxe ten e que os redactores do proxecto non queren ver e
traten de minimizar este interese.
|
|
Actualizado o 16 de abril de 2007 |
|
CAMIÑANDO CARA Á DESTRUCCIÓN
DO CHAN DE PINZÁS (Tomiño)
(III)
|
|
1.jpg)
Parte das máis
de 200 Ha do couto de Pinzás que se pretenden convertir no macropoxecto
urbanístico no
que o equipo de goberno do PP* de Tomiño xa deu o primeiro paso votando a
favor, os
do CdeT se
abstiveron e coherentemente o PSOE e o BNG votaron en contra.
1: Zona húmida e
pastizal na que se desenvolven varias especies arbóreas como o salgueiro (Salix
sp.)
e espléndidos
pereiros bravos.
2: Pista de
terra en dirección N-S que permite o acceso á zona polo sur.
3: Pequena masa
de piñeiros.
4: Pastizal e
toxal.
5: Pastizal que
se extende cara a Gondomar.
6: Pista
construida na década dos 90 coa finalidade de construir un aeródromo e
que, por sorte para a zona,
quedou somentes
niso. Naquela, xa ANABAM puxera alegacións e mantera sendas entrevistas
con representantes de
Medio Ambiente
para tratar de que o rpoxecto non fose adiante.
7: Regato, xa
convertido na cabeceira do río Cereixo da Briña.
8:Zona pola que
circulan as augas que orixinan o río Cereixo e humedal contiguo, mermado
en
numerosas
ocasións por mor de aterramentos, como o da pista de aeródromo.
9: Masa de
eucaliptos na ladeira da montaña.
----------------------------------------------------------------------------------------
*NOTA: A postura do equipo de goberno do PP choca neste tema e no dos
viñedos de Vilachán co escrito que esta formación nos enviou o
pasado ano.
------------------------------------------------------------------------------------------------
Páx:35, Calculan un consumo de auga de 250 l por habitante e día.
COMENTARIO: Baseándonos nos cálculos que aparecen no proxecto, o consumo
diario que necesita a zona residencial vai ser de 800.000 litros diarios.
Sen embargo este dato non reflicte o gasto real, pois non se ten en conta
a auga que consumen os dous campos de golf, a piscina, o local social e
todos os demais servicios que se pretenden instalar na zona, ademais dos
usuarios que se acheguen.
O tema da auga é
fundamental xa que o custe do transvase dende Tui ata o campo vai ser
elevado. O risco de que os demais teñamos que "subvencionar" esa auga pode
ser alto.
Segundo fontes do Instituto
Xeolóxico e Mineiro de España, a media do consumo de auga dun campo de
golf estándar de
18 buratos está entre 1.500 e 2.000 m3/día (1.500.000 e 2.000.000
de litros diarios) nos meses de máxima irrigación, só referidos a un
campo de golf. Se temos en conta que aquí se queren poñer dous campos de
golf, piscina, hostelería, 800 vivendas, etc. O consumo diario de auga
para esta zona de ocio vai ser moi superior á que consume calquera dos
municipios do Baixo Miño, podendo chegar, a triplicar e aínda a sobrepasar
o consumo dun municipio como A Guarda.
|
|
Actualizado o 11 de abril de 2007 |
|
CAMIÑANDO Á DESTRUCCIÓN
DO CHAN DE PINZÁS (Tomiño)
(II)
|
|
Continuamos analizando o proxecto de Estudio de Sostibilidade presentado
polos interesados para obter o vistó bó da administración.
Páx. 25: ... as actividades que
se propoñen van manter as condicións naturais sen que sufran
degradación".
Como é posible
decir que nos máis de 2.000.000 metros cadrados (+200 Ha) nos
que se pretende actuar; onde se vai cambiar totalmente a fisonomía
do terreo; onde se van construir 800 vivendas ademais doutras instalacións;
onde se vai modificar de xeito radical o cauce do regato; onde se vai
transformar o humedal e a superficie do terreo as condicións naturais
vanse manter? Unha vez máis, os redactores do plan pretenden rirse do
pobo, da poboación e dos cidadáns e tratan de enganarnos, coa presentación
deste proxecto e no que nel se dí, co único obxectivo de conseguir o único
que lles interesa: privatizar a zona e transformala nun grande complexo
hosteleiro co fabuloso negocio de millóns de euros asegurados.
Páx. 27:...Os veciños de Pinzás que se integran na Comunidade de Montes
en Man Común plantexaron o desenvolvementeo dun proxecto que integra a
creación dun complexo deportivo...
Señores redactores, vostedes
saben que os veciños de Pinzás non plantexaron nada. Foi a empresa quen
lles plantexou interesadamente este macroproxecto que se pretende
vender como unha idea dos veciños de Pinzás. Por certo que non todos están
de acordo e unha grande maioría que o está é por descoñecemento e
porque vostedes lle "lavan o cerebro" con visitas programadas e
perfectamente estudiadas a outros campos de golf e con promesas que non
dependen de vostedes, senón da administración.
Pax. 29: Un campo de golf en Galicia NON RESULTA RENTABLE POR SI
MESMO...,
é necesario proxectar o campo de golf como dotación deportiva dun
complexo residencial.
Menos mal que recoñecen o verdadeiro interese "desta fabulosa oferta" que
lles fan aos veciños de Pinzás e que en realidade é o que a vostedes lles
interesa: primeiro a RENTABILIDADE e segundo,
consecuencia do primeiro, o complexo residencial. Aínda que hai un
pequeno desliz sen maior importancia neste caso. Os campos de golf sen un
complexo residencial non só non resultan rentables en Galicia, é que non
resultan rentables en ningunha parte. Para comprobalo, basta con dar
un vistazo a maior parte dos campos de golf existentes na xeografía
peninsular.
Páx. 29: Ó final a solución téñena as distintas admnistracións.
Unha vez superados tódolos tramites, en Galicia seguiremos atopándonos co
minifundio.
Polo menos
estamos de acordo en algo: que a solución final está nas mans da
administración. Pero que en Galicia sigamos atopándonos co
minifundio, dende o noso punto de vista non ten por que ser unha situación
negativa nin grave. O minifundio deu de comer a moita xente, a moitas
familias. Incluso é un xeito de preservar as terras da voráxine de
macroproxectos como este onde a poboación perde os seus dereitos, a súa
forma ancestral de supervivencia e o seu apego á terra.
Páx. 30: Está constatada a imposibilidade de facer RENTABLE
ECONÓMICAMENTE unha instalación adicada ao golf... se estes non van
asociados a UNHA INICIATIVA INMOBILIARIA que rentabilizará a súa
execución e mantenemento coa urbanización, e, en todo caso, coa
construcción de vivendas, establecementos hosteleiros, centros comerciais,
que atendan á nova poboación que utilizará a súa vivenda como lugar de
residencia alternativa para o tempo de ocio..., coa promoción inmobiliaria
se fae factible a construcción e mantenemento dos campos e instalacións
deportivas.
Compartimos totalmente o que dín neste apartado. Recoñecen implícitamente
cal é o negocio do campo de golf, e queda, alo menos nese parágrafo, fóra
de toda dúbida ese "amor" polos cidadáns de Pinzás. As palabras que
puxemos en negriña, son suficientemente explícativas e non necesitan máis
comentarios.
Pax 30: volven a falar do "aproveitamento dos recursos naturais para
facer EFECTIVA A SOSTIBILIDADE AMBIENTAL.
As toneladas
de fertilizantes e outros productos químicos para manter o céspede para
combatir plagas, enfermedades, animais, etc, etc., e que poden chegar a
medio cento de productos químicos diferentes, irán para ás augas do
río Cereixo da Briña, que discurre integrado neste macroproxecto, se
infiltrarán na capa freática, que ademais nesa zona é moi superficial e
por suposto producirá unha contaminación das mesmas que afectará a tódalas
formas de vida, non só ás que se atopan nas inmediacións da zona de
actuación senón que chegarán ata o río Miño transportadas polo río Cereixo.
As consecuencias tamén chegarán a nós. Que sostibilidade ambiental poderá
haber conn esta perspectiva e con cambio drástico no entorno? Que
sostibilidade ambiental haberá nunha zona que hoxe é un humedal e monte e
mañán será asfalto, cemento, verde artificializado, productos químicos a
esgalla e milleiros de persoas?
|
|
Actualizado o 12 de abril de 2007 |
|
CAMIÑANDO Á DESTRUCCIÓN
DO CHAN DE PINZÁS (Tomiño)
(I)
|
|
Sen
coñecer a estas alturas cal é o resultado das alegacións presentadas no
seu día contra o macroproxecto destructivo dun dos humedais de
montaña máis emblemáticos do Baixo Miño, está nestes intres, tamén a
información pública, o ESTUDIO DE SOSTENIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL no
que se pode apreciar que, no que afecta ao proxecto, ven sendo unha copia
do estudio de impacto ambiental presentado no seu momento.
Ó igual que sucedía con aquel, aquí, novamente, se trata de "vender" o
proxecto e presentalo á sociedade como a panacea para Pinzás, onde os seus
veciños vivirán esplendidamente, terán tódalas comodidades, se acabaron os
problemas.
Pola nosa parte, cada dous días, para non darnos un atracón que nos
volva tolos, iremos analizando o proxecto e expoñendo os puntos de vista
sobre o mesmo.
ANÁLISE DO PROXECTO:
(Páx.21) "A proposta de
Modificación puntual do PXOM de Tomiño a inicia a Comunidade de Montes
Veciñais en Man Común da Parroquia de Pinzás"
COMENTARIO: Certo, pero detrás desta proposta está a empresa interesada no
proxecto que leva á privatización e destrucción irreversible do Couto de
Pinzás. No estudio, non se fae referencia para nada á citada empresa,
tal vez conveña mantela, de momento, no anonimato e presentar o proxecto
de tal xeito que pareza unha iniciativa dos veciños da parroquia.
(Páxina 21) "...creación dun sector de chan urbanizable delimitado no
que se pretende facer posible a implantación dun área residencial de
baixa intensidade".
COMENTARIO: Aquí se enmascaran tres feitos diferenciadores (aínda
que no apartado no que se trata este asunto, os mesmos redactores
recoñecen que ..."este simple enunciado non reflicte o alcance real da
actuación que se pretende desenvolver" :
a/ dícese dun área residencial de baixa intensidade. Alguén pode
crer que 800 vivendas que albergarán un mínimo de 2.400 persoas pode
calificarse de baixa intensidade?
b/ Aínda facendo un esforzo e considerando que é un área residencial
de baixa intensidade, cantas persoas máis se moverán polo entorno deste
macroproxecto cando acudan ás instalacións que se pretenden construir que,
directa ou indirectamente esixirán novas instalacións e servicios?
e 3/ como os redactores do proxecto recoñen máis adiante, este xerará
novos aportes de residentes á zona, polo que, evidentemente, a bola de
neve vai crecendo xa de xeito imparable e irreversible. Onde queda esa
idea de "baixa intensidade"?, porque, directa ou
indirectamente, este macroproxecto influirá de xeito determinado en todo o
entorno e no que nel se xenere a partir do momento en que isto sexa unha
realidade.
(Páx, 21): Do proxecto se desprende que a modificación que se pretende
levar a cabo é á que afecta á zona residencial xa que as demais
actividades se poderán implantar en terreos que manteñan a clasificación
de chan rústico de protección forestal.
COMENTARIO: Independientemente que os campos de golf podan incluirse no
chan rústico de protección forestal, preguntámonos se tamén neste
mesmo chan rústico poden ir as demais instalacións que se pretenden
construir: piscinas, cafeterías, local social, etc. etc., porque senón
caen nunha contradición.
1.2.
TITULARIDADE DOS TERREOS
A modificación
que se pretende levar a cabo no PXOM afecta a 91,15 Ha de terreo
pertencente na súa meirande parte á Comunidade de Montes. Estes
terreos, hoxe de uso público e patrimonial dos veciños de Pinzás, queren
privatizalos convertindoos en parcelas para a súa venda por parte dunha
determinada empresa que, a conta diso, obterá sustanciosos beneficios e
800 privilexiados gozarán de "tener su chalecito al lado del campo de
golf".
COMENTARIO: En primeiro lugar, os comuneros teñen a obligación ética e
moral de non hipotecar o futuro dunhas terras que non lles pertencea eles,
que as teñen en usufructo, senón tamén ás xeracións futuras.
En segundo lugar, os montes veciñais non poden venderse. Quen será o
verdadeiro propietario desas hectáreas que se pretenden convertir en
chalets?
Observemos que a maior parte dos terreos, nada menos que un 83,60 %
da Modificación que se pretende facer (e que beneficia a unha determinada
empresa) pertence á Comunidade de Montes que " regala" uns terreos a unha
constructora.
1.3 XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO
1.
Garantizar a posibilidade de permanencia do núcleo de Pinzás e o
arraigo dos veciños mediante a creación de novas fontes de actividade.
Isto non precisa comentario algún. Que non nos veñan a vender o pretendido
interese por Pinzás ou polo arraigo da veciñanza. A empresa o que lle
interesa é levar a cabo o proxecto, que será a que lle vai dar
sustanciosos beneficios, así que non nos veñan con inocentadas.
(Páx 23) Fan referencia a outras formas de mellora das condicións
económicas da zona, como a industria da transformación dos valores
agropecuarios. Sobre isto sinalan: "traería como consecuencia unha
sobreexplotación do medio natural... Esta transformación non
melloraría as actuais condicións medioambientais pois esta industria
esixe consumos e verquidos que resultan, en calquera caso, lesivos para
a natureza"
COMENTARIO: Resulta cando menos chocante que digan que esa industria
traería consumos e verquidos que resultan lesivos para a natureza.
Cando, precisamente un dos problemas máis graves que teñen os campos de
golf son precisamente OS GRANDES CONSUMOS DE AUGA QUE PRECISAN e A ENORME
CANTIDADE DE PRODUCTOS QUÍMICOS (PLAGUICIDAS, INSECTICIDAS, ACARICIDAS,
FUNGICIDAS..., ABONOS) QUE UTILIZAN e que, por suposto representan un
claro dano para o ambiente e para a saúde.
Dicen que a industria da transformación non melloraría as actuais
condicións medioambientais. A parte de que as condicións
medioambientais o que precisan nestes intres é ser Í PROTEXIDAS,
pretenden, acaso decir que o macroproxecto urbanístico que pretenden facer
sí melloraría as condicións medioambientais? Como o farían? Co cemento?
Coas 800 vivendas? Coa grande e extensa alfombra verde do campo de
golf onde non se permite a presencia de toupeiras, lagartos ou raposos? Co
raigras?
E da sobreesplotación do medio natural, que comentarios poderiamos facer
se con este proxecto nin siquera xa se podería sobreexplotar nada¡¡
(Páx 25) O golf está deixando de ser un deporte que esixe un nivel
económico alto-medio para prácticalo..."
Como eles recoñecen, está deixando de ser un deporte de nivel
económico alto-medio, pero AINDA NON DEIXOU DE SELO. A todo isto, para
practicalo haberá que ser socio do clube, pagar a cuota correspondente
(que seguramente será dun bó puñado de euros que non estarán precisamente
ao alcance da maioría). Pero non se trata só do golf, senón do que fae
precisamente máis rentable o golf: as urbanizacións que van
parellas ao mesmo, como eles mesmo recoñecen máis adiante no estudio
do proxecto.
(Páx 26) A modificación ten a súa razón de ser en xerar un desenvolvemento
residencial sostible que ofreza contacto real coa natureza
COMENTARIO: En que mente cabe semellante desfachatez. 800 vivendas, dous
campos de golf, piscinas, local social... pode con isto haber un contacto
real coa natureza? Pode chamarse a isto desenvolvemento residencial
sostible? E se aínda así fose e tiveran a sorte de que lles deramos a
razón. Quen vai estar en contacto con esa natureza que eles tanto parecen
apreciar? Os 2.400 privilexiados que vivan a carón do campo de golf?
|
| |
|
BAIXO MIÑO:
ÁREA
COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO
(ACIP)
1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTO
NATURAL DE INTERESE COMARCAL
(ENIC)
1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)
2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)
3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)
4: FENTOS ARBOREOS DE OIA
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTOS
PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO
(EPINP)
CETÁREAS
MUÑOS DE VENTO
PESQUEIRAS
|
|
LUGAR DE
INTERESE COMUNITARIO
(LIC)
BAIXO MIÑO
|
|
ZONA DE
ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES
(ZEPA)
DO ESTEIRO DO MIÑO
|
|
OUTROS
ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS
ðMUÍÑOS DO FOLÓN E
PICÓN
ðARROIO
VILACHAN |
|