|
| |
|
Páxina
actualizada o 15 - 07 - 2008 |
|
Próxima actualización
30 - 07 - 2008 |
|
CON
ESTE DESCUBRIMENTO, O BAIXO MIÑO CONTA COA PRESENCIA DE TODOLOS
HIRÚNDIDOS PRESENTES EN GALICIA.
UN EQUIPO DE ANABAM
DESCUBRE UNHA NOVA ESPECIE ORNITOLÓXICA PARA O BAIXO MIÑO E O SUROESTE
GALEGO
A
ANDORIÑA DOS PENEDOS FOI ATOPADA EN TUI CANDO SE RECOLLÍAN DATOS DA
ANDORIÑA DÁURICA, UNHA ESPECIE DESCUBERTA PARA A COMARCA HAI TRES ANOS.
|
|

|
Andoriña
dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) é a nova especie coa que
conta o Baixo Miño dende este ano. O descubrimento de polo menos unha
parella de exemplares e un niño nas aforas de Tui, foi froito do traballo
de campo do pasado sábado 12 deste mes de xullo bautizado co nome "ruta
das andoriñas" levado a cabo por dous membros
de ANABAM, Agustín Ferreira Lorenzo e Ricardo Portela Vilas.
Foto: Hans-Wilhelm Grömping
MÁIS...
.
|
ANABAM CREA CATRO DENOMINACIÓNS CO FIN
DE POTENCIAR OS VALORES NATURAIS E PAISAXÍSTICOS DA COMARCA
A Valga, o río Cereixo, os rochedos de Figueiró,
carballos centenarios de Tebra, fentos arbóreos de Oia, cetáreas da
Guarda, etc, son parte
intrínseca e sobresaínte das xoias naturais e paisaxísticas que posúe o
Baixo Miño. Diante do avance destructivo que amenaza enclaves e
elementos naturais da mencionada comarca (ó igual que ven sucedendo
imparablemente con elementos do patrimonio arquitectónico e urbanístico),
ANABAM decidiu crear tres figuras que teñen por obxecto poñer en valor,
potenciar e protexer as mesmas co fin de evitar futuras agresións e,
á vez, dalas a coñecer, porque, como sempre dixemos, soamente se pode
protexer o que se coñece. Os enclaves e elementos que forman parte destas
figuras, non poderán estar incluídas nalgunhas das denominacións oficiais
(por exemplo, Parque Natural, LIC...) xa que, neste caso, a Administración
lles presta (ou debería prestarlle) a atención e protección axeitada.
MÁIS...
|
|
SESIÓN PLENARIA DA XUNTA CONSULTIVA DO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA
Tivo lugar o pasado 3 de xullo na Casa Forestal "Enxeñeiro Areses".
MÁIS...
|
|
COLABORAMOS
NO ATLAS HERPETOLÓXICO DE GALICIA
O coordinador do proxecto, Moisés Asensi, da Sociedade Galega de
Historia Natural, traballa para actualizar o Atlas herpetolóxico
desenvolvido por esta asociación hai máis de dez anos.
MÁIS...
|
|
COLABORAMOS NO PROXECTO XENÉTICO DE LUCANUS CERVUS (VACALOURA)
Dende ANABAM imos colaborar neste proxecto co que se pretende
coñecer as características xenéticas desta especie nas poboacións
septentrionais e meridionais da Península.
MÁIS...
|
|
ASISTENTES AO CONGRESO ESPARC 2008 VISITARON O MONTE TREGA E OS
MUÍÑOS DO FOLÓN ACOMPAÑADOS POR MONITORES DE ANABAM
Directores de Parques Naturais de España
achegáronse ata o Baixo Miño para coñecer o entorno natural da comarca
MÁIS...
|
|
RÍO CEREIXO, ÁREA COMARCAL DE INTERESE NATURAL (ACIN)
Nova visita efectuada por
membros de ANABAM ao río Cereixo. O tramo visitado vai dende as
inmediacións da igrxa de Grixó ata metros arriba da presa da Menduiña.
MÁIS...
|
|
DÍA
20
DE XULLO:
XORNADA FOTOGRÁFICA NO BAIXO MIÑO CON
FASGANA; LEPI-ATLAS
E ANABAM
A alma mater desta
xuntanza é o entomólogo Jesús Requejo (que está a preparar unha monografía
de bolboretas do Baixo Miño e coordina o proxecto de bolboretas de
Galicia). A actividade vaise desenvolver ao longo de todo o día repartida
en dúas xornadas: de mañán e tarde.
MÁIS...
|
|
| |
|
BAIXO MIÑO:
ÁREA
COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO
(ACIP)
1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTO
NATURAL DE INTERESE COMARCAL
(ENIC)
1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)
2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)
3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)
4: FENTOS ARBOREOS DE OIA
|
|
ELEMENTOS
PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO
(EPINP)
CETÁREAS
MUÑOS DE VENTO
PESQUEIRAS
|
|
LUGAR DE
INTERESE COMUNITARIO
(LIC)
BAIXO MIÑO
|
|
ZONA DE
ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES
(ZEPA)
DO ESTEIRO DO MIÑO
|
|
OUTROS
ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS
ðMUÍÑOS DO FOLÓN E
PICÓN
ðARROIO
VILACHAN |
|