anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

PROGRAMA DE ACTOS E ACTIVIDADES

25  ANIVERSARIO

 

 

DÍA 7 FEBREIRO: VISITA ORNITOLÓXICA GUIADA

(VER INFORMACIÓN)

 

 

CICLO DE CINE DOCUMENTAL NO BAIXO MIÑO: Comeza o 26 de febreiro. 

Ver información

 

CONCURSO PARA ESCOLARES E ESTUDANTES: Destinados a escolares de

Infantil;  primaria e estudantes da ESO, Bacharelato; Ciclos medio e Superior e

Universitarios.

VÉXANSE AS  BASES.

 

 

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

SECCIÓNS

INICIO

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

XEOLOXÍA

 

PEGADAS

 

FENOLOXÍA

 

FAUNA

ENTOMOLOXÍA

MORTANDADE

 

INFORMACIÓN-09

 

AGRESIÓNS

 

CARTAS

 

ESPAZOS NATURAIS

 

COLABORACIÓNS

 

O MERCADIÑO

 

PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES

CAMARIÑA

CHARAXES

PÍLLARA PAPUDA

EURYNEBRIA

OTANTHUS

ANDORIÑA DE CU BRANCO

PRAIA CAMPOSANCOS

 

WOODWARDIA RADICANS

 

FENTOS ARBÓREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS

 

VARAMENTO FOCAS

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

BOLBORETAS

ATLAS DA BIODIVERSIDADE

ATLAS DAS ESPECIES EXÓTICAS

 

CENSOS

 

PROXECTO ANDORIÑA

 

PROXECTO ODONATA

 

 

 

SOCIOS

>>ENLACES A PÁXINAS

>> ACTIVIDADES

>> INFORMACIÓNS

 

AS FOTOS DE LUIS DORADO

 

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PORTADAS  2009

 

IR  A  PORTADAS 2008

 

Páxina actualizada o 16 de decembro de  2009

 

EIRUGAS DE BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO

    

      Traemos unha nova eiruga para a colección fotográfica que temos nesta web, obra do socio e directivo de ANABAM Luis Dorado Senra.

 

MÁIS...

 

 

NOVOS CARTEIS INFORMATIVOS DA REDE NATURA  NO BAIXO MIÑO

    

    Hai aproximadamente un par de meses, o espazo Rede Natura do Baixo Miño foi sinalizado con novos carteis.

 

MÁIS...

 

 

  

 

DUNA FORMADA HAI POUCO MÁIS DUNHA DÉCADA.

 

       A duna, de 150 centímetros de altura, comezou a súa formación a finais da década dos noventa.

 

MÁIS...

 

 

 

 

 

RASTROS E PEGADAS DOS ANIMAIS

      

    As pegadas destes animais poden verse no piñeiral e a carón da estrada en Camposancos.

 

MÁIS...

 

 

 

 

MORTANDADE DE FAUNA: UN TRAMO DE CAMPOSANCOS PUNTO NEGRO PARA AS SARAMAGANTAS.

 

    Cada outono, ducias destes anfibios son víctimas de atropellos.

 

MÁIS...

 

 

 

XA SE INICIARON AS OBRAS DA SENDA QUE VAI POLA COSTA

   

Se non se produciron cambios de última hora, esta senda será respectuosa co entorno.

 

 

MÁIS...

 

 

PATO FERRUXENTO

 

    Continúa na desembocadura do Miño o pato ferruxento sendo motivo de atención de moitas persoas.

 

MÁIS...

 

 

 

ÚLTIMO CENSO DO ANO NO ESTEIRO DO MIÑO

 

     Terá lugar o 26 de decembro. Poden participar as persoas interesadas en botar unha man.

 

MÁIS...

 

 

DATOS ENVIADOS POR COLABORADORES

          Varios colaboradores aportaron datos de fauna no Baixo Miño: píllara rubia na Grova; mergo cristado e mergullón orelleiro no Estero do Miño.

MÁIS...

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL. VISITAS ORNITOLÓXICAS GUIADAS PARA ESCOLARES

      Este pasado 15 de decembro levamos a cabo a última visita guiada para escolares neste ano 2009. O IES Rosais 2 de Vigo con 78 estudiantes de 1º da ESO achegáronse para participar nesta actividade.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 2 de decembro de  2009

 

REALIZADO O TERCEIRO CENSO DE AVES ACUÁTICAS NO ESTEIRO DO MIÑO

    

      O mal tempo rexistrado durante o censo posiblemente sexa a causa do escaso número de aves rexistradas durante o mesmo.

 

MÁIS...

 

 

 

 

A ESCRIBENTA DOS CANAVERAIS PODERÍA SER UNHA DAS AVES MÁIS AMENAZADAS DO BAIXO MIÑO.

 

     Non dispoñemos de datos pero os estudios levados a cabo por ornitológos no ano 2005, poñen a esta especie como unha das máis ameazadas de España. No Baixo Miño está presente na marisma de Salcidos onde podería haber unha poboación dunhas dez parellas.

 

 

MÁIS...

 

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL: NOVAS VISITAS ESCOLARES NA CAMPAÑA DE OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

 

       Os colexios Santo Tomás de O Porriño e M. R. Sinde da Guarda, participaron nesta actividade desenvolvida por ANABAM en colaboración co Servizo Provincial de Conservación da Natureza.

 

MÁIS...

 

 

CADÁVER DE CURUXA NA PRAIA DA ARMONA

      

    As curuxas son animais que cando aparecen mortos adoita ser polo impacto contra un vehículo. Nesta ocasión descoñecemos a causa.

 

MÁIS...

 

 

 

   CADÁVER DE GARZA REAL NA PRAIA DA LAMIÑA

 

    A garza real é unha das tres zancudas que teñen o seu hábitat no esteiro do Miño. A poboación de garzas conta cun exemplar menos xa que, avisados por un paisano, localizamos o cadáver dun exemplar na praia de Camposancos.

 

MÁIS...

 

 

PEGADA DE OURIZO NUN LAMEIRO

 

   

Continuamos aportando novas sinais, neste caso pegadas, da presenza e actividade dos animais do noso entorno.

 

MÁIS...

 

 

VOLUNTARIOS DP PROGRAMA "MOVÉNDONOS POLO RÍO" DA CRUZ VERMELLA COLABORAN CON ANABAM NA PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DA FLORA DUNAR.

 

    Eliminación de piñeiros na zona dunar e traslado de Otanthus maritimus, dúas das accións desenvolvidas na praia de Camposancos.

 

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 16 de novembro de  2009

UNHA TRASNADA QUE CUSTOU MÁIS DE 12.000 EUROS

REMATADA A CONSTRUCCIÓN DO OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO

O DOMINGO 15, XA FOI UTILIZADO POR VARIOS ORNITÓLOGOS DE DIFERENTES PUNTOS QUE SE ACHEGARON ATA O ESTEIRO DO MIÑO

 

 

   

 
   Respetando a mesma forma que tiña o seu predecesor, a semana pasada finalizaron os traballos de reconstrución do Observatorio ornitolóxico, que fora obxecto dun acto vandálico no pasado mes de xullo.
 

MÁIS...
 

ATLAS DA BIODIVERSIDADE DO BAIXO MIÑO Daphne gnidium

    

      Pequeno arbustiño que desprende un certo e característico cheiro.

 

MÁIS...

 

 

CAMIÑANDO POLO BAIXO MIÑO NATURAL

 

     Esta é unha sección que pretende dar a coñecer os enclaves naturais da comarca do Baixo Miño. Iniciamos a mesma cun percorrido pola costa sur da Guarda.

MÁIS...

 

ALBUM DE PÈGADAS E SINAIS DOS ANIMAIS

 

       Fixarse nas pegadas, rastros e sinais dos animais, é unha actividade lúdica e detectivesca que nos permite sacar algunhas conclusións sobre a vida dos animais. Aquí damos un vistazo a algunhas pistas que nos deixan os nosos compañeiros do Baixo Miño.

 

MÁIS...

 

TÓDOLOS ANUROS DO BAIXO MIÑO

      

    Logo de moitos anos de percorrer a comarca do Baixo Miño, os membros de ANABAM poden confirmar que na comarca habitan un total de 7 especies diferentes de anuros.

 

MÁIS...

 

A Ipomoea É UNHA DAS DUCIAS DE ESPECIES DE PLANTAS INVASORAS QUE HAI NA COMARCA DO BAIXO MIÑO

 

    Este artigo aproxímanos a unha das plantas utilizadas dende hai moitos anos como enredadeira. Hoxe está espallada e asilvestrada en moitos lugares da comarca.

 

MÁIS...

ÑOVOS REXISTROS DE CADÁVERES DE GOLFIÑOS NO BAIXO MIÑO

 

    Logo de varios percorridos prospectando diferentes tramos do litoral, Manuel A. Pombal, tomou datos dos restos dun novo cadáver de golfiño observado na costa baixomiñota.

 

MÁIS...

 

CRUZ VERMELLA E ANABAM COLABORAN NUN PROGRAMA DENOMINADO "MOVÉNDONOS POLO RÍO"

 

    As actividades deron comezo o sábado 7 de novembro.

 

MÁIS...

 

 

Páxina actualizada o 02 de novembro de  2009

A ORIXE DESTA ACTIVIDADE ESTÁ NO OBRIGADO DRAGADO DA CANLE DO FERRI, CONTRA O QUE NINGUÉN PROTESTA. ESTA ASOCIACIÓN FOI A ÚNICA QUE LOITOU DURANTE ANOS PARA EVITAR AS  REPERCUSIÓNS.  NINGUÉN  NOS APOIOU.

ANABAM LEVA A CABO UN SEGUIMENTO DA ACTIVIDADE AREEIRA NA DESEMBOCADURA DO MIÑO

ESTA ASOCIACIÓN LAMENTA QUE O IMPACTO VISUAL E AS MOLESTIAS SEXAN O ÚNICO QUE LLES PREOCUPA AOS QUE AGORA UTILIZAN COMO ARMA  AS DESCALIFICACIÓNS, O DANO A REDE NATURA E DEMÁIS IMPROPERIOS, COMO SI O DRAGADO NON ESTIVESE ANTES.

 

    No ano 1995, o ferri -ao que, agás ANABAM, ninguén se opuxo- botaba a andar. Evidentemente, como xa o denunciara esta asociación, dende antes e despois desa data, o dragado da canle ía ser un dos problemas que habería que afrontar. Pero como sempre, os ecoloxistas somos "cavernícolas" e a poucos lles interesaba o que sucedera...ata agora. Ducias de voces, que non se preocuparon de nada, claman polo que consideran unha agresión ecolóxica. Algúns ata falan de  ZEPA, de LIC, de Rede Natura, sen decatarse que este problema non xurde agora, senón que sempre estivo aí, dende que se empezaron as obras do ferri. Claro que ata hai dous anos, a area se botaba na outra marxe do río, onde os que hoxe insultan, faltan ao respecto, utilizan termos calumniosos, non lles preocupaba nin falaban de LIC, de ZEPA ou de agresión ecolóxica.

 

MÁIS...

 

ANABAM DIRIXIUSE AO SERVIZO PROVINCIAL DE COSTAS

 

    Co obxecto de minimizar o impacto visual e evitar agresións ecolóxicas á praia.

 

MÁIS...

 

CRUZ VERMELLA ORGANIZA UNHAS ACTIVIDADES AMBIENTAIS PARA O VOLUNTARIADO

      Comezarán a partir do vindeiro día sete de novembro  e nelas colabora ANABAM.

MÁIS...

 

PROGRAMA SARAMAGANTA

 

    Estudio levado a cabo nunha finca do rural onde a presenza de saramagantas é habitual. Coas chuvias estes anfibios deixáronse ver, polo que foi posible rexistrar novos exemplares e ver un deles un ano despois do seu primeiro rexistro.

 

MÁIS...

 

 

DEU COMEZO A RECONSTRUCCIÓN DO OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO

 

     Dende mediados deste recén acabado mes de outubro, xa se iniciou  a reconstrución do observatorio ornitolóxico que foi obxecto dun acto vandálico.

 

MÁIS...

 

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REEDITA O CADERNO GUIA DIDÁCTICA DO MONTE SANTA TREGA"

 

       Son 2.000 caderniños da autoría de Antón Ferreira, que utiliza ANABAM nas visitas didácticas con escolares ao Monte Trega.

 

MÁIS...

ALUMNOS DO IES DA SANGRIÑA INICIAN AS ACTIVIDADES DIDÁCTICAS DE ANABAM DESENVOLVIDAS NO MONTE TREGA

      

    A visita ao poboado castrexo do Monte Trega foi levada a cabo o pasado día, dando incio ás actividades didácticas do curso 2009/2010 de ANABAM en colaboración cos centros de Ensino, principalmente da provincia de Pontevedra.

 

MÁIS...

 

TAMÉN DERON COMEZO AS ACTIVIDADES AMBIENTAIS DE OBSERVACIÓN DE AVES NO ESTEIRO DO MIÑO

 

    O Colexio Pedro caselles de Tomiño, habitual nesta actividade de ANABAM, inaugurou as actividades de observación ornitolóxica.

 

MÁIS...

A FOTÓGRAFA DA NATUREZA, LAURA LAGO CONTINÚA COLABORANDO CON ANABAM

 

    Esta profesora que ata o pasado ano estivo na Sangriña e agora en Redondela, nos envía unha nova serie de fotografías de libeliñas e cabaliños do demo para o noso proxecto de Odonatos do Baixo Miño

 

MÁIS...

 

 

REGRESOU Fulica atra Á DESEMBOCADURA DO MIÑO

  O mes de novembro de 2008, hai agora un ano, foi cando observamos o último exemplar desta especie na zona. Esta ave descendeu en máis dun 98 % na desembocadura do Miño.

MÁIS...

PATO FERRUXENTO (Tadorna ferruginea) NA ARMONA, DESENBOCADURA DO MIÑO

 

Esta é unha especie rara que se deixa ver de cando en vez por estas latitudes. No Esteiro do Miño temos rexistradas varias observacións nestes últimos anos.

 

MÁIS...

 

FENOLOXIA: PRIMEIRA OBSERVACIÓN DUN CULLEREIRO NESTA TEMPADA

 

      Era unha das aves de rara presenza no Esteiro do Miño, e mesmo en Galicia, pero agora esta especie xa ten nesta parte galegoportuguesa a súa área de distribución.

 

MÁIS...

 

EFECTUADO O SEGUNDO CENSO DA TEMPADA 2009-2010 NO ESTEIRO DO MIÑO

     O máis salientable foi a observación dun pato ferruxento, unha especie que se deixa ver de cando en vez polo Esteiro do Miño. Tamén que o número de aves é o máis grande nos últimos sete anos.

   MÁIS...

 

CHARLA NO COLEXIO ARRABAL DE OIA

    O vicepresidente de ANABAM, Manuel A. Pombal Diego, falou da flora e fauna do Baixo Miño aos escolares de Oia.

MÁIS...

 

 

Páxina actualizada o 15 de outubro de  2009

NA VINDEIRA PRIMAVERA, OITO ANOS DESPOIS DE INICIADO

ANABAM PODERÍA DAR POR REMATADO O PROXECTO OTANTHUS

A POBOACIÓN DESTA ESPECIE PARA ENTÓN, QUINTUPLICARÁ OS EFECTIVOS QUE HABÍA MESES ANTES DA SÚA DESAPARICIÓN, NO ANO 2001.

 Este é o exemplar máis antigo de Otanthus que hai na praia de Camposancos. Foi

plantado por Agustín Ferreira o 18 de marzo do ano 2002.

 

    Vontade, tesón, constancia, insistencia e seguimento férreo, son os calificativos que podemos aplicar a un dos maiores éxitos desta asociación, a recuperación de Otanthus maritimus, unha planta dos areais que foi recuperada por ANABAM na praia de Camposancos.

 

    Esta é a única especie, das plantas que crecen na praia de Camposancos, que ten data de nacemento e, polo tanto, coñecemos con precisión cantos anos, meses e días ten na zona.

 

     MÁIS.,..

 

WOODWARDIA RADICANS, O FENTO MÁIS AMEAZADO DO BAIXO MIÑO

 

     Na provincia de Pontevedra esta especie soamente está presente en Oia e Mondariz. Dende este mes, ANABAM  incluíuna no P.E.S. (Plan de Especial Seguimento) o que supón prestarlle unha maior atención e dedicación para tratar de garantir a súa presenza na comarca.

 

MÁIS...

 

O ESTRAMONIO: UNHA PLANTA EXÓTICA QUE MEDRA NA NOSA COMARCA.

 

     Aparece fundamentalmente en terreos onde se botaron escombros.

 

MÁIS...

 

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL. VISITAS ESCOLARES A ÁREA ORNITOLÓXICA DO ESTEIRO DO MIÑO

 

        A partir deste mes de outubro xa se poden concertar as visitas escolares guiadas para observar aves no esteiro do Miño.

MÁIS...

 

NOVO CENSO. O SEGUNDO DESTA TEMPADA

       O último sábado deste mes de outubro terá lugar o segundo censo da tempada. As persoas interesadas en participar no mesmo poden poñerse en contacto con ANABAM.

 

MÁIS...

 

O DOCUMENTAL UN DÍA NA QUINTA, CONSIGUE O TERCEIRO PREMIO  NO I CERTAME OUFF ESCOLA DE OURENSE

 

    O documental, que pode adquirirse en ANABAM, foi presentado pola Escola de Educación Infantil da Gándara (A Guarda)

MÁIS...

 

 

 

CHARLA EN VILADESUSO: BIODIVERSIDADE NO BAIXO MIÑO

  Manuel A. Pombal Diego, "Peque". vicepresidente de ANABAM, vai impartir unha charla o sábado 17 deste mes de outubro, en Viladesuso.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 30 de setembro de  2009

DENDE A PONTE VELLA ATA O MUÍÑO DAS ACEÑAS

SENDEIRO E RECUPERACIÓN DA RIBEIRA FLUVIAL A CARÓN DO RÍO TAMUXE

UTILÍZANSE MÉTODOS DE BIOENXEÑERÍA, MENOS AGRESIVOS PARA O ENTORNO

    A priori  certos tramos resultan impactantes neste momento polo aspecto que presentan. Pero a vexetación irá poñendo as cousas no seu lugar, ou iso esperamos. O sendeiro peonil vai paralelo ao río e se non hai máis actuacións  que as que observamos no noso paseo por el, o impacto estaría reducido ao mínimo.

   

 

MÁIS.,..

 

 

ANABAM ESTÁ A PREPARAR UN DOCUMENTAL DAS AVES ACUÁTICAS DO ESTEIRO DO MIÑO

 

      Podería estar rematado antes do remate da tempada 2009-2010 e con el preténdese divulgar a ornitoloxía do esteiro do Miño.

 

MÁIS...

 

ENCICLOPEDIA DA BIODIVERSIDADE DO BAIXO MIÑO

    

     Nova actualización de Glaucium flavum. Aportamos datos da especie para o Baixo Miño.

 

MÁIS...

 

 

TEMPADA 2009-2010:PRIMEIRO CENSO DE AVES ACUÁTICAS NO ESTEIRO DO MIÑO

       

       Os resultados acadados no primeiro censo da tempada son os mellores dos últimos seis anos. Véxase táboa comparativa e comentario.

MÁIS...

 

 

MORTANDE DE ANDORIÑA COMÚN NUNHA ZONA DE ALIMENTACIÓN

 

    A acumulación de algas de xeito natural, ao lado dunha estrada, onde aproveitan as andoriñas para se alimentar, provoca unha alta mortandade das mesmas por atropelos.

 

MÁIS...

 

FURTIVISMO EN CAMPOSANCOS

    Furtivos actúan na parroquia de Saa, Camposancos-A Guarda, dando morte e despezando un xabarí

 

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 15 de setembro de  2009

COMEZA "OFICIALMENTE"  A TEMPADA ORNITOLÓXICA NO ESTEIRO DO MIÑO

NOS ÚLTIMOS ANOS ANABAM TEN REXISTRADO UN NOTABLE DESCENSO NO NÚMERO DE AVES

ESTA ASOCIACIÓN PENSA QUE A TENDENCIA PODERÍA CONTINUAR NOS VINDEIROS ANOS. 

    

    Patos, garzas, mazaricos, corvos mariños..., son aves que podemos ver no Esteiro do Miño. A tempada ornitolóxica vai dende setembro ata marzo, si ben fóra destas datas, continúan varias especies na zona  pero con menor número de exemplares.

 

MÁIS...

 

UN NOVO DVD PARA AXUDAR A ANABAM

 

  O sábado 5 de setembro, tivo lugar na Gándara (Salcidos-A Guarda) o I Campionato de Cachiza, un xogo popular que practicaban os nosos avós. Queren saber como se xoga a cachiza? Pois nada mellor que adquirir este DVD, ademais estarán axudando economicamente a ANABAM.

MÁIS...

 

O 26 DESTE MES DE SETEMBRO INICIAMOS A TEMPADA DE CENSOS DE AVES ACUÁTICAS NO ESTEIRO DO MIÑO

 

     Os censos están abertos á participación de tódalas persoas que desexen colaborar nos mesmos, aínda que non coñezan as aves. Esta será unha boa ocasión para empezar a coñecelas.

 

 

MÁIS...

 

ANABAM ESPERA QUE PROXIMAMENTE COMECEN AS OBRAS PARA REHABILITAR O OBSERVATORIO QUE FOI QUEIMADO

 

         En conversas mantidas con responsables de Medio Ambiente se nos informou que se está a traballar neste senso. No vindeiro mes de outubro ANABAM dará inicio as visitas escolares a este entorno.

MÁIS...

 

ANABAM ESTÁ A PREPARAR UNHA RUTA BOTÁNICA-ORNITOLÓXICA POLO PIÑEIRAL DE CAMPOSANCOS

 

    

O routeiro, que ten ademais un carácter didáctico, é un circuíto duns 2,5 quilómetros polos sendeiros do piñeiral de Camposancos onde se distribuirán carteis informativos cada certo número de metros para que as persoas que o percorran podan estar informadas dos principais animais e plantas que poden ver nesta paraxe.

MÁIS...

 

ADIANTO DO ROUTEIRO BOTÁNICO ORNITOLÓXICO POLO PIÑEIRAL DE CAMPOSANCOS.

 

  O routeiro, que ten ademais un carácter didáctico, pretende ten unha lonxitude duns 2 quilómetros, contará con varios paneis informativos para dar a coñecer as principais árbores, plantas e aves que se atopan no interior deste piñeiral.

 

MÁIS...

 

 

Páxina actualizada o 01- 09 - 2009

DE CANDO EN VEZ, APARECE ALGÚN QUE OUTRO EXEMPLAR NA COSTA DO BAIXO MIÑO

APARECE O CADÁVER DUN PEIXE LÚA NA PRAIA DA AREA GRANDE (A GUARDA)

ANABAM TRATARÁ DE CONSERVAR O CADÁVER PARA A SÚA COLECCIÓN DE FAUNA

 

ANABAM ten constancia, ao menos de tres cadáveres desta especie nos últimos cinco anos: o primeiro deles foi observado na illa Canosa hai uns catro anos; o segundo é de hai dous anos, aparecido en Goián e agora, este terceiro exemplar na praia da Area Grande.

 

MÁIS... 

PORTUGUESES UTILIZAN A PRAIA DA LAMIÑA COMO ZONA DE AMARRE

    Os bañistas quéixanse deste feito e piden a ANABAM que lles axude para evitar accidentes.

MÁIS...

ANABAM INSPECCIONA UN TRAMO DO RÍO VILADESUSO PARA RECOLLER INFORMACIÓN DA SALAMANDRIÑA GALEGA

   

 Este río era un dos que tiña unha excelente representación desta especie antes das riadas do ano 2006. No tramo inspeccionado foron atopados un bo número de exemplares, aínda que todos eles de pequeno tamaño, garanten a presenza deste endemismo do NW peninsular no mencionado río.

MÁIS...

EMPEZAN A CHEGAR AS AVES ACUÁTICAS

    Un solitario bilurico común (Tringa totanus) descansaba enriba dunha rocha no porto da Guarda.

MÁIS...

FENOLOXÍA

    O torvisco empeza a mostrar os seus froitos. maduros.

MÁIS...

CARTAS:

SOLIDARIEDADE CON ANABAM

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 16- 08 - 2009

TROULADA NO MONTE

UN VÍDEO PARA RECADAR CARTOS DESTINADOS AOS TRABALLOS DESENVOLVIDOS POR anabam

 

  

Se na anterior actualización da páxina dabamos conta dun DVD do cantautor local Tino Baz, destinado a recadar fondos, agora presentamos un novo traballo co mesmo fin. Leva por título Troulada no Monte 2009 e foi presentado este venres pasado na Cafetería Art Café da Guarda. Este vídeo pode adquirirse na mencionada cafetería, nas Librerías Ler e Cervantes, na Academia Ferreira (Arsenios) e no propio local da Asociación.

 

MÁIS...

 

ANABAM PRESENTE NA "FESTA DO RÍO" DE SALVATERRA

 

       Manuel A. Pombal Diego e Agustín Ferreira Lorenzo deron unha charla na Festa celebrada naquela localidade.

 

MÁIS...

 

UN CUCO PAPUDO E UNHA CURUXA ÁMBOLOS DOUS FERIDOS,  ENTREGADOS A ANABAM

     

    Esta é a segunda cita de cuco papudo que temos no Baixo Miño, ámbalas dúas citas pertencen a aves entregadas a esta asociación logo de ser recollidas feridas.

 

 

MÁIS...

 

APORTACIÓNS AO PROXECTO ODONATA

 

     Laura Lago, fotógrafa da natureza e colaboradora de ANABAM, envía varias fotografías para incluír no proxecto.

 

MÁIS...

 

 

EIRUGAS: ESFINXE DE CAVEIRA, UNHA DAS MÁIS GRANDES DO BAIXO MIÑO

 

        Tere, do Restaurante Barbela da Guarda, achegounos dous exemplares.

 

MÁIS...

 

 

PROXECTO CHARAXES

 

      Unha das eirugas utilizadas para recabar información do seu desenvolvemento larvario, xa ten preto de 6 centímetros de longo.

 

MÁIS...

 

HABERÁ QUE LEVAR A CABO NOVOS LABORES DE MANTEMENTO DO BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

     As acacias comezan a invadir totalmente a parcela polo que en setembro haberá que actuar novamente na mesma. De momento un grupo de voluntarios xa botaron unha primeira man no pasado mes de xullo.

 

MÁIS...

 

CARTAS:

SOLIDARIEDADE CON ANABAM

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 01- 08 - 2009

TRAS MÁIS DE 21 ANOS DE SERVIZO

UN DOS OBSERVATORIOS ORNITOLÓXICOS INSERVIBLE TRAS UN INCENDIO ORIXINADO POR UNHA GAMBERRADA

 ANABAM DENUNCIOU ANTE A POLICÍA LOCAL ESTE FEITO

   

    

    Unha gamberrada protagonizada por un grupiño de rapaces, orixina un incendio no interior dun dos observatorios ornitolóxicos que acaba estragando o mesmo.

 

(Foto: F: Daniel Vicente Santiago)

 

MÁIS...

O GRUPO ERVA DONA A SÚA BIBLIOTECA A ANABAM

 

        ERVA, nado na década dos oitenta, foi durante vinte anos un dos grupos ecoloxistas máis activos de Galicia.

 

MÁIS...

 

VARAMENTO DO CADÁVER DUNHA TARTARUGA DE COIRO NA COSTA DA GUARDA

     

    Con preto de dous metros delonxitude e un peso que superaba os douscentos quilos, foi retirada por operarios do concello guardés. Un paisano e a Garda Civil púñan en contacto con ANABAM para informarnos do varamento.

 

MÁIS...

 

O CONCELLO DA GUARDA DISCRIMINA A ANABAM E NON A INVITA A COLABORAR NOS ACTOS DA I MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS

 

  Esta asociación foi a creadora do primeiro Museo do Mar que tivo A Guarda; foi pioneira en recoller diverso material relacionado cos mariñeiros da Guarda, parte do cal está no actual Museo Mar; editou a primeira, e de momento, única monografía das marcas dos mariñeiros da Guarda, é a única entidade da comarca que estuda e recolle información do varamento de mamíferos mariños, etc, etc.

 

MÁIS...

 

 

PRACTICAMENTE CONFIRMADO O ANIÑAMENTO DE ABELLARUCOS EN TOMIÑO.

 

        Este sería a segunda área de aniñamento no noroeste peninsular. a primeira na provincia de Pontevedra.

 

MÁIS...

 

 

O VINDEIRO ANO, ANABAM CELEBRARÁ OS SEUS PRIMEIROS ¡¡25 ANOS!! DE EXISTENCIA. PARA CONMEMORAR TAL EVENTO, ESTA ASOCIACIÓN  CONTARÁ CO PRIMEIRO CENTRO AMBIENTAL DO BAIXO MIÑO.

 

      Vai ser construído na Armona, en terreos cedidos pola Entidade Local Menor de Camposancos, no lugar coñecido como "A Noria", fronte a unha das áreas ornitolóxicas máis importantes da zona.

 

MÁIS...

 

 A CÁMARA DE VALENÇA  QUERE PROTEXER A VEIGA DA MIRA (OU AMIAL DO ARAO)

      É un dos enclaves naturais máis interesantes da ribeira do Miño, onde se conxugan campos de labor, bosque de ribeira, regatos, canaveiral, humidal...

 

MÁIS...

 

 

 

ANABAM RECAUDA FONDOS COA VENDA DO DVD "TINO BAZ EN CONCERTO"

 

     A actuación deste cantautor guardés na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, axudará a esta asociación a recadar cartos para as súas actividades de protección, conservación e divulgación do patrimonio natural.

 

MÁIS...

    ODONATOS:

           Avance dos traballos desenvolvidos ata agora.

MÁIS...

CARTAS:

SOLIDARIEDADE CON ANABAM

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 30- 06 - 2009

DEU COMEZO A SEGUNDA FASE DO PROXECTO "UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA"

DESPOIS DUN ANO E TRES MESES DE INICIADO O PROXECTO 

ESTA SEGUNDA FASE XA PERMITIU ACADAR NOVOS DATOS DA Charaxes jasius NO BAIXO MIÑO

    

    

Hai pouco máis dun ano, en marzo do 2008, iniciamos un dos proxectos máis ambiciosos desenvolvidos nos últimos tempos por esta asociación: a creación dun bosque para unha bolboreta, para o que contamos coa inestimable colaboración da Comunidades de Montes de Camposancos, que cedeu o terreo, e do Padroado Monte Santa Trega, Concello da Guarda e a Comunidade anteriormente citada que se encargaron do desbroce da parcela. Pensamos que o bosque está consolidado e, polo tanto, esa fase podemos dala por rematada. Hai un par de días iniciamos a segunda fase que pode durar ata o vindeiro mes de outubro e cuxos resultados finais deberan verse de aquí a un ano.

    (Foto: eiruga de Charaxes, ao seu lado restos do ovo que contiña á mesma. A súa esquerda un ovo recén posto e a súa dereita un ovo a piques de eclosionar. Autor: Agustín Ferreira Lorenzo: 28-VI-2009).

 

 

MÁIS...

 

A PRAIA DO MUÍÑO, NA GUARDA, É UNHA DAS POUCAS PRAIAS PONTEVEDRESAS ONDE A LIMPEZA SE FAE MANUALMENTE.

 

    Esta praia goza dunhas excelentes condicións naturais e, polo tanto ecolóxicas. O papel desenvolvido por ANABAM durante os últimos nove anos foi e é crucial para ter unha das praias máis naturais e importantes en Galicia.

 

MÁIS...

 

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL: ANABAM DA POR REMATADAS AS VISITAS ESCOLARES

     Observación ornitolóxica; Muíños do Folón e Picón; Zona costeira; Praia e Monte Trega, son as cinco actividades ofertadas por esta asociación para achegar o coñecemento da natureza e patrimonio aos escolares. O vindeiro mes de outubro, coincidindo co curso escolar, volveremos ofertar estas cinco actividades.

 

MÁIS...

 

 

CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA: ÁRBORES SINGULARES QUE DEBEN SER PROTEXIDOS

  

    Hai uns catro anos algún irresponsable pretendeu queimalos. Dende entón as vacalouras que nel había desapareceron.

 

MÁIS...

 

 

 

NOVA VISITA EFECTUADA AO RÍO CEREIXO-HOSPITAL

 

   Estivemos o sábado 20 de xullo para recoller información dun treito duns 500 metros.

 

 

MÁIS..

 

 

Páxina actualizada o 15- 06 - 2009

OS TRABALLOS DE ANABAM CONFIRMAN NOVOS DATOS PARA A BIODIVERSIDADE DA COMARCA

ANDORIÑAS: DENDE O ANO 2008, NO BAIXO MIÑO ESTÁN PRESENTES TÓDALAS ESPECIES QUE SE ATOPAN EN GALICIA

 

    

     As andoriñas son aves que dende antigo gozaron da admiración e protección das persoas. Hoxe, aquel misticismo desapareceo e xa non se veneran como hai anos.  Moitos niños son destruídos porque, cos excrementos, emporcallan a zona na que se atopan.

 

(Foto: Niño de andoriña común. Luis Dorado Senra-anabam)

 

MÁIS...

 

VERTEDOIRO INCONTROLADO EN TOMIÑO

 

    A falla de civismo, de respecto pola natureza  e un total desprezo  pola mesma, levan a actuacións que ben merecen ser castigadas onde máis doe: o diñeiro e a identificación dos infractores.

 

MÁIS...

 

 

A REVISTA QUERCUS FÍXOSE ECO DO MODELO IDEADO POR ANABAM PARA A PROTECCIÓN DOS NIÑOS DE PÍLLARA PAPUDA

    

     O Proxecto Píllara xunto co método utilizado por ANABAM para a protección dos niños da píllara papuda formou parte dun artigo escrito polos biólogos Manuel Polo e Milagros Álvarez na revista de tirada estatal, especializada na observación, estudio e defensa da natureza.

 

MÁIS...

 

 

  

O PROXECTO "UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA" TRAE O INTERESE DOS LEPIDOPTERÓLOGOS

  ANABAM invitada a participar no IV Congreso de Lepidopteroloxía, que terá lugar o vindeiro mes de xullo na localidade oscense de Aínsa.

 

 

MÁIS...

 

 

 

EN MARCHA A IV CAMPAÑA DE PROTECCIÓN DOS NIÑOS DE ANDORIÑA DO CU BRANCO

 

        De continuar coa práctica dos últimos anos, no que se están a destruir os niños desta especie, estas andoriñas poderían desaparecer desta comarca no futuro. ANABAM leva a cabo unha nova campaña na comarca galego-portuguesa do Baixo Miño para a protección dos seus niños.

 

MÁIS...

 

 

ADEGA PUXO EN MARCHA, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO, O PROXECTO CORNA

 

     Esta asociación ecoloxista baseouse no Proxecto Píllara desenvolvido por ANABAM no Baixo Miño.

 

MÁIS...

 

 

    ACTIVIDADE DESENVOLVIDA O 5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

       Tal e como estaba anunciado, o pasado 5 de xuño conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente con dúas actividades: a primeira a proxección do documental: Os mares doces de Galicia e, a continuación, unha mesa redonda na que, ademais de ANABAM interviron varios pescadores.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 31- 05 - 2009

O vindeiro día 5 de xuño, ás 20.30 horas, con motivo do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, ANABAM organiza no Centro Cultural de A Guarda, a seguinte actividade:

20.30 HORAS: Proxección do documental gañador de varios premios:

OS MARES DOCES DE GALICIA,

e a continuación terá lugar unha mesa redonda que tratará dos Recursos Naturais do Río Miño: Aproveitamente sustentábel.

Esperamos contar nesta mesa redonda, con diferentes persoas en representación das diferentes asociacións relacionadas coa pesca no río.

O Documental:

Galicia, 2006

Director: Manuel E. Garci

Produtora: Control Z

Duración: 32 min

Premio Prisma Casa das Ciencias 2006. Segundo Premio Especial do Xurado na 32 Muestra de Cine Submarino de San Sebastián. Primeiro premio en Vídeo Longametraxe no 1ª Festival Internacional de Imagen Submarina do L’Oceanographic de Valencia. Premio na sección "Naturaleza de España" no 1º Certamen de Cortos por Naturaleza da Junta de Extremadura.

O ecosistema fluvial de Galicia e as especies que nel habitan, con atención especial á lamprea e o salmón atlántico.

 

NOVA ESPECIE PARA O BAIXO MIÑO

PRIMEIRA CITA DE ABELLARUCO NA COMARCA

ANABAM OBTÉN AS PRIMEIRAS FOTOS DESTA AVE NO BAIXO MIÑO

    

    

 A primeira información da presenza do abellaruco foi facilitada polo axente de medio ambiente Emilio Alonso en chamada telefónica ao presidente de ANABAM, o xoves 21 de maio, a iso das 20.30 horas. Pensamos que serían aves que estarían de paso. xustamente unha semana despois, xoves 28,  Emilio volve chamarnos para sinalar que, segundo lle comenta un compañeiro, os abellarucos, unha parella, seguían pola mesma zona. O sábado 30, dous membros de ANABAM, Luis Dorado Senra e Agustín Ferreira Lorenzo, visitan a zona para recoller información directa destas aves.

 

(Fotografía: Luis Dorado Senra, Tomiño, 30.05.2009):

 

MÁIS...

 

NOVA CITA DE NIÑOS DE ANDORIÑA DAS BARREIRAS EN TOMIÑO

 

      Nos anos oitenta e primeira metade dos noventa, esta especie aniñaba xa en Tomiño pero a destrucción do seu hábitat fixo que a poboación abandonara o único lugar de reproducción.

MÁIS...

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA, HOMENAXEA AO PRESIDENTE DE ANABAM CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS

 

     O acto tivo lugar no Centro Cultural de A Guarda o 29 de maio pasado. Na fotografía de Luis Dorado, vemos á Presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, Julia Sobrino e o Presidente de ANABAM, Agustín Ferreira Lorenzo, no momento en que este último asina un libriño biográfico .

 

MÁIS...

 

NESTE MES DE MAIO TIVEMOS QUE RECOLLER DÚAS AVELAIONAS: UN POLO E UN ADULTO

  

     Logo dos primeiros cuidados en ANABAM, foron enviados ao Centro de Recuperación de AVES de Pontevedra.

 

MÁIS...

 

 

CONTINUAMOS RECOLLENDO DATOS DE FAUNA ATROPELADA

 

       Un teixugo foi atropelado en Goián, á altura da entrada á ponte internacional.

 

MÁIS...

 

ROTUNDO ÉXITO DE EXPO-ANIMALIA

 

      Dende o 11 ao 23 de maio estivo aberta no Centro Cultural de A Guarda. Esta exposición fíxose coa colaboración de dúas entidades: A FACULTADE DE BIOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO e ANABAM.

 

 

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 18- 05 - 2009

NOVO VARAMENTO DUN RORCUAL ALIBRANCO NA COSTA DO BAIXO MIÑO, ADEMAIS DUN CALDEIRÓN

O MÉRCORES 13 COÑECIAMOS A PRESENZA DESTES DOUS CETÁCEOS NA COMARCA. 

CON ESTE XA VAN CATRO RORCUAIS NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS

    

     Dende que no ano 1982 inciaramos a recollida de datos de varamentos de cetáceos na costa do Baixo Miño, non tiñamos rexistrado ningún varamento de rorcual ata o ano 2003, no que recollemos datos do primeiro desta especie. Ou sexa, 21 anos sen un só rexistro de Balaenoptera acutorostrata, que así é o seu nome científico. No ano 2006 apareceo o segundo exemplar varado, e a partir de entón, levamos un por ano, pois no 2007 rexistramos outro cadáver, no 2008 o terceiro e agora, no 2009, o cuarto.

 

(Foto de rorcual alibranco, 14-05-2009. Autor: Manuel A. Pombal Diego-anabam).

MÁIS...

 

Oxythyrea funesta UN DOS ESCARABEIDOS FLORÍCOLAS

 

    Aparece a principios da primavera e pode verse ata finais de maio.

 

MÁIS...

 

 

DOCUMENTAL ENCOL DAS AVESPAS EXCAVADORAS

 

     Coa chegada da primavera iniciouse unha tempada máis a rodaxe dun documental sobre diferentes avespas excavadoras.

 

MÁIS...

 

ANABAM CONTINÚA COAS VISITAS DIDÁCTICAS GUIADAS

 

   Observando á praia; poboado castrexo; a costa da Guarda e Muíños do Folón e Picón, son as catro posibilidades que os centros escolares poden elexir no que resta de curso.

 

MÁIS...

 

NOVA VISITA AO HUMIDAL DE PINZÁS (TOMIÑO)

 

        Varios membros de ANABAM desplazáronse ata este enclave natural para recoller nova información do mesmo.

 

MÁIS...

PROXECTO ODONATA:

 

    Neste mes de maio iniciamos este novo proxecto co fin de coñecer as libélulas e cabaliños do demo que hai na nosa comarca. A fotografía dos colaboradores vai ser esencial para este proxecto.

 

MÁIS...

 

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS, colabora no P.E.S (Programa de Especial Seguimento) desenvolvido por ANABAM.

A praia de Camposancos e, de momento, a única zona da comarca incluída no P.E.S.  desenvolvido por ANABAM. Gracias a este programa, pódese considerar á mencionada praia como unha das máis ricas e interesantes de Galicia en canto á súa flora e fauna.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 04- 05 - 2009

CANDO SE CUMPLE UN ANO DA ÚLTIMA OBSERVACIÓN

CONSEGUIMOS LOCALIZAR OS TRES PRIMEIROS EXEMPLARES DE Eurynebria complanta DA PRESENTE TEMPADA

FOI NA PRAIA DO PUNTAL (CAMPOSANCOS-A GUARDA)

Facía practicamente un ano que non atopabamos un individuo desta especie na praia de Camposancos (A Guarda). Esta mala racha rompeuse o 2 deste mes de maio tras conseguir localizar tres individuos, dous deles xuntos, baixo unha mesma pedra. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

MÁIS...

 

 

¡¡INCOMPRENSIBLE!!

A CONSELLLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E D. SOSTIBLE, DENEGA A SOLICITUDE DE ANABAM

 

     Eurynebria complanata non estará, polo de agora, considerada como unha especie ameazada. Lamentablemente, a despedida do Director Xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza Rodríguez, pasará sen pena nin gloria. .

 

MÁIS...

 

Serapia lingua É UNHA DAS ORQUIDÁCEAS QUE PODEMOS VER NO BAIXO MIÑO

 

   Dende mediados de marzo poderemos vela en numerosos puntos da comarca, entre eles algúns tramos da costa.

 

MÁIS...

 

 

PROXECTO BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO

CATÁLOGO 2008 DAS BOLBORETAS DA COMARCA DO BAIXO ,MIÑO

 

            Suso Requejo, entomólogo que está a preparar a monografía das bolboretas da comarca do Baixo Miño, nos envía o informe correspondente ao ano 2008.

 

MÁIS...

 

 

FENOLOXÍA

 

   O lirio amarelo xa está en flor. Esta especie aparece en zonas inundadas.

 

MÁIS...

NOVO CENSO DE PÍLLARA PAPUDA E DE NIÑOS DESTA ESPECIE

    Este censo levouse a cabo o pasado 2 de maio na praia de Afife e de Paçó.Foron contabilizados dous niños e un total de 18 píllaras.

 

MÁIS...

 

 

Páxina actualizada o 16- 04 - 2009

PRIMEIRO NIÑO DA TEMPADA

A PÍLLARA PAPUDA XA EMPEZOU A NIDIFICAR NO BAIXO MIÑO GALEGO PORTUGUÉS

ANABAM LEVOU A CABO UNHA PROSPECCIÓN NAS PRAIAS VECIÑAS DA ZONA PORTUGUESA

As píllaras papudas iniciaron o período de nidificación nas praias portuguesas. Na prospección levada a cabo por membros de ANABAM o pasado 4 de abril, foi observada a primeira posta.

(Foto: Macho de píllara papuda chocando os ovos. Autor: Luis Dorado Senra,-anabam. Lugar de obtención: Praia de Moledo, 05-04-2009).

 

MÁIS...

 

VILA PRAIA DE ANCORA

 

    É unha das áreas de traballo de ANABAM. Na súa franxa costeira, particularmente na praia, esta asociación ven desenvolvendo estudios que permiten ter unha idea da biodiversidade do areal.

 

MÁIS...

 

 

 

ENTRE AS CAUSAS DE MORTANDE DE AVES MARIÑAS, ESTÁ A ACTIVIDADE HUMANA

 

     Os corvos mariños forman parte dese grupo de aves mariñas que morren accidentalmente.

 

MÁIS...

 

 

O PROXECTO BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO ENTRA NA SÚA RECTA FINAL.

 

   O coordinador e responsable deste proxecto, o entomólogo Suso Requejo, pide a colaboración de tódolos amantes á fotografía para que participen no mesmo.

MÁIS...

 

 

 

 

A COTORRA DE ARXENTINA É UNHA DAS ESPECIES EXÓTICAS QUE SE ATOPAN NO BAIXO MIÑO

 

        Na Alameda da Guarda e nun chalé próximo, varios exemplares están a construir un niño.

 

MÁIS...

 

 

   A Herba das andoriñas é unha das plantas que empezan a florecer nos últimos días do inverno. Esta planta produce un látex amarelo que se utiliza para as espuillas. O nome da planta débese a que a súa floración coincide coa chegada das andoriñas.

 

 

MÁIS...

 

Lamium maculatun, unha planta ruderal, de fermosas tonalidades purpúreas, que pola súa abondosidade, non lle prestamos atención.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 30- 03 - 2009

 

UNHA DAS ESPECIES MÁIS ESCASAS E AMENAZADAS DA PENÍNSULA

A ORQUIDEA MACULATA  ATÓPASE AGORA EN PLENA FLORACIÓN NO PIÑEIRAL DE CAMPOSANCOS

PLANTA DISCRETA E POUCO CHAMATIVA PERO ENRIQUECEDORA DA NOSA BIODIVERSIDADE

Na provincia de Pontevedra soamente atopámola no piñeiral de Camposancos, a carón da praia marítimo-fluvial, onde medra a partir de mediados de marzo ata primeiros de maio. En Galicia resulta moi escasa.

 

 

MÁIS...

 

 

UN ANO RARO PARA A PRESENZA DE Eurynebria complanata NAS PRAIAS DO BAIXO MIÑO GALEGO-PORTUGUES

 

    Este ano iniciamos a 3ª Fase do Proxecto Eurynebria, pero por algunha causa descoñecida, os exemplares non aparecen.

 

MÁIS...

 

 

A PIQUES DE COMEZAR A TEMPADA DE CRÍA DA PÍLLARA PAPUDA

 

     Un ano máis estaremos atentos á posible prensenza de niños de píllara na praia de Camposancos co fin de poñer en práctica as medidas de protección dos mesmos.

 

MÁIS...

 

  ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS NA PRAIA DE CAMPOSANCOS

 

   Unha empresa contratada polo Servicio Provincial de Medio Ambiente, dependente da Consellería de Medio Ambiente, desenvolve labores neste senso na praia de Camposancos.

 

MÁIS...

 

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS COLABORA CON ANABAM NA CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DE ESPECIES DUNARES.

 

        Na zona dunar, delimitada por ANABAM e a Consellería de Medio Ambiente, foron eliminados os piñeiros que crecían no interior da mesma co fin de favorecer as especies propias das dunas.

 

MÁIS...

 

FENOLOXÍA

 

   Diferentes especies animais e vexetais xa están a dar mostras do cambio de estación.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 16- 03 - 2009

 

XA PODES VISIONAR O DOCUMENTAL PRODUCIDO POR ANABAM

 Protexendo os niños de píllara papuda

 

UN USO SOSTIBLE E RESPECTUOSO DO QUE TODOS PODEMOS DISFRUTAR

AS FERVENZAS DO BAIXO MIÑO: UN PATRIMONIO NATURAL COMO RECURSO TURÍSTICO

ANABAM ESTÁ A TRABALLAR NUN PROXECTO QUE POÑA EN VALOR ESTES ENCLAVES NATURAIS DA COMARCA

O BAIXO MIÑO, principalmente os concellos de O Rosal e Oia, contan nalgúns dos seus cursos de auga, con  espectaculares e fermosas fervenzas que é necesario poñer en valor. Un uso e goce sustentable das mesmas, non só supón unha posible fonte de ingresos para a comarca, senón tamén unha forma de conservar, protexer e preservar os valores naturais conseguindo que a poboación se interese pola súa protección e conservación. pero para iso é preciso un ordenamento da zona de influencia deste recurso e minimizar o impacto evitando actividades e accións que supoñan un deterioro do enclave. Así, deberían sinalizarse os sendeiros que deberan ser peatonais ou para bicis, dotalos de paneis informativos e non permitir o acceso de vehículos. As comunidades de montes e os concellos, poden facer moito neste senso.

 

   (Foto: Fervenza en Mougás, Oia. Autor Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

MÁIS

 

FAUNA ATROPELADA

 

    A xeneta é un dos mustélidos que máis atropelos sufre no Baixo Miño.

 

MÁIS...

 

 

PENOSO E CONTINUADO ESPECTÁCULO O DESTA ALCANTARILLA

 

     Ubicada fronte a un dos Observatorios Ornitolóxicos, no Forno do Duque, as augas negras saen case que de xeito habitual por ela, verténdose milleiros de litros de contaminación a unha zona declarada LIC e ZEPA e onde tamén se pescan lampreas.

 

MÁIS...

 

CAMPAÑA 2009 DE ANDORIÑAS: PROXECTO ANDORIÑA

 

   Levada a cabo a primeira prospección para recadar datos das andoriñas dáuricas e dos penedos.

 

MÁIS...

 

 

VISITAS ESCOLARES

 

        Alumnos de 1º da ESO do IES A Sangriña (A Guarda), participaron na visita ornitolóxica. Con este centro, ANABAM pecha a tempada de visitas ornitolóxicas ó Esteiro do Miño.

 

MÁIS...

 

OVELLAS MORTAS

    Que na costa aparezan cadáveres de cetáceos ou de aves acuáticas, entra dentro do normal, o que xa non resulta tan natural é que os cadáveres sexan de ovellas.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 02- 03 - 2009

UNHA RAREZA ORNITOLÓXICA QUE ATRAE A DECENAS DE ORNITÓLOGOS

A GUARDA CONVÉRTESE NESTES DÍAS NO CENTRO DE ATENCIÓN ORNITOLÓXICA

NAS MARXES DA DESEMBOCADURADO MIÑO, NA MARISMA DE SALCIDOS PÓDESE VER NESTES DÍAS A "ESCRIBENTA ANANA"

Emberiza pusilla

ESCRIBENTA ANANA (Emberiza pusilla)

   É un ave máis pequena que un pardal, moi rarao na Península Ibérica e máis raro en Galicia, pero no Baixo Miño estamos de noraboa, pois por primeira vez podemos vela na marisma de Salcidos, polas proximidades do campo de fútbol. Por suposto, precisaremos de prismáticos para observala con detalle.

  (FOTO: Daniel Roca.)

 

MÁIS...

ANIMAIS SILVESTRES RECOLLIDOS

 

    Unha cría de avelaiona foi entregada a esta asociación para o seu traslado ao centro de recuperación de aves.

 

MÁIS...

FULMAR: UN AVE PELÁXICA

     As tormentas poden castigar duramente ás aves peláxicas cuxos cadáveres aparecen na costa baixomiñota. Así sucede co fulmar boreal (Fulmarus glacialis) ou coas gaivotas tridáctilas (Rissa tridactila).

MÁIS...

CENSO DE AVES ACUÁTICAS NO ESTEIRO DO MIÑO

   O mes de febreiro rematou co penúltimo censo da presente tempada. Na fotografía, membros e colaboradores de ANABAM mentres se levaba a cabo este censo.

IR A CENSO DE XANEIRO...

IR A CENSO DE FEBREIRO...

 

 

FIGUEIRO: VISITAMOS OS ROCHEDOS

        Aínda que hai certos aspectos que mellorar e observamos, dende o noso punto de vista, algunhas cousas innecesarias, dende ANABAM queremos felicitar públicamente á Comunidade de Montes de Figueiró polo paso dado en prol dos Rochedos de Figueiró, unha oportunidade que perdeu a anterior directiva a pesares da proposta de ANABAM de prestárllela nosa colaboración.

 

MÁIS...

 

FENOLOXÍA

 

   Romulea clusiana, Narcisus bulbocodium, andoriña común ou o aniñamento da avelaiona.

 

MÁIS...

BOIAS E CORTIZAS:

 

    Un programa de ANABAM desenvolvido polo socio M.A. Pombal, Peque, que axuda a reducir a contaminación na costa e que se pretende, ademais, volver a darlle novamente uso a través da reutilización do mesmo. Un xeito máis de contribuir a minimizar os efectos contra o entorno natural e de reciclaxe dun material que, onde está, resulta inservible.

MÁIS...

 

NATUREZA CURIOSA

     O medio natural pode sorprendernos con formas caprichosas. Esta sección está pensada para que podamos disfrutar con elas, aínda que sexa a través da fotografía. Este espazo está aberto tamén á todas aquelas persoas que queiran enviarnos fotografías destas curiosidades, o único requisito é que estean referidas ao Baixo Miño.

MÁIS...

ESCOLARES FAN UNHA VISITA ORNITOLÓXICA AO ESTEIDO DO MIÑO

  ANABAM continúa coas actividades divulgativas de educación ambiental. Escolares de A Sangriña e estudantes do IES de Tomiño, xunto cos mestres e profesores, participaron nas actividades de observación ornitolóxica.

 

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 16- 02 - 2009

GAIVOTA HIPERBÓREA

 

     Aparece de cando en vez na costa do Baixo Miño. Este é o primeiro exemplar atopado morto por membros de ANABAM. (FOTO: M.A. Pombal-anabam)

 

MÁIS...

GABITAS NO ESTEIRO DO MIÑO

     Son os limícolas máis doados de identificar pola súa cor branca e negra.

MÁIS...

 

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL: VISITAS GUIADAS Ó ESTEIRO DO MIÑO

     O  IES Ribeira do Louro (Porriño) e o CEIP Altamira (Salcieda de Caselas), participaron, un ano máis na Observación de Aves Acuáticas no Esteiro do Miño.

MÁIS...

 

FENOLOXÍA

 

     As acacias xa están en flor. Neste mes deberan chegar as andoriñas.

 

MÁIS...

 

 

CONTINÚA O EXPOLIO DA EXTRACCIÓN DE AREA NA PRAIA DE CAMPOSANCOS.

 

  ANABAM pon os feitos en coñecemento da Administración para que traten de dar co autor (ou autores) dos mesmos.

 

MÁIS...

Lepas anatifera

     Un "percebe" que chega á costa baixomiñota anclado a todo tipo de obxectos que hai no mar.

MÁIS...

OVELLAS MORTAS

    Que na costa aparezan cadáveres de cetáceos ou de aves acuáticas, entra dentro do normal, o que xa non resulta tan natural é que os cadáveres sexan de ovellas.

MÁIS...

 

Páxina actualizada o 31- 01 - 2009

CÚMPLENSE 100 ANOS DA PUBLICACIÓN DA OBRA FLORA DESCRIPTIVA E ILUSTRADA DE GALICIA.

BALTASAR MERINO, UN XESUITA DO COLEXIO DE CAMPOSANCOS, NA GUARDA, FOI UN DOS MÁIS GRANDES NATURALISTAS DE GALICIA.

DENDE ANABAM, LEMBRAMOS, UNHA VEZ MÁIS, A ESTE GRAN NATURALISTA.

 

 

O xesuíta Baltasar Merino, residiu no que fora Colexio Apóstol Santiago, ubicado a orillas do Miño, no barrio do Pasaxe, en Camposancos ( A Guarda). No ano 1995, ANABAM lle rendiu a súa primeira homenaxe e agora, lembramos a magna obra que escribiu, unha triloxía na que describe a case totalidade das plantas existentes en Galicia e da que neste ano se cumple o centenario da súa publicación.

MÁIS...

 EDUCACIÓN AMBIENTAL: ESCOLA DE CAMINHA PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE ANABAM

   Un grupo de 17 alumnas/os de 7º ano da EB estivo observando as aves na desembocadura do Miño.

 

MÁIS...

 

 

VARAMENTO DE CETÁCEOS: VOLUNTARIADO

SEMANA D0 2  AO 14 DE FEBREIRO

 

        Entre os días 2 e 14 de febreiro prospectaremos a costa do Baixo Miño para recoller datos de posibles varamentos de cetáceos. Se queres participar como voluntaria/o ponte en contacto con nós.

 

MÁIS...

 

TEMPORAL NA COSTA BAIXOMIÑOTA

      Independentemente dos efectos negativos que poidera causar o temporal, o certo é que, este fenómeno meteorolóxico, resultou todo un espectáculo para centos de persoas que disfrutaron observando a paisaxe espectacular entre o xoves  22 e o martes 27.

 

MÁIS...

 

 

APARECE UNHA MOREA DE XACINTOS DE AUGA NA PRAIA DA AREA GRANDE.

    Unha morea destas plantas apareceron, o pasado 24 de xaneiro, espalladas na praia da Area Grande (A Guarda) arrastradas pola marea.

 

MÁIS...

FAUNA ATOPADA NA PRAIA AREA GRANDE

 

     As mareas e a oleaxe deposita varias especies animais na praia da Area Grande (A Guarda).

 

MÁIS...

 

CASA DE ANGELITO LOMBA E CETÁREAS

    Esta edificación na costa norte da Guarda, hoxe en estado de abandono, foi o primeiro viveiro de marisco que se construiu no baixo dunha vivenda.

 

MÁIS...

CADÁVER DE CORVO MARIÑO NA PRAIA FLUVIAL DE TUI

 

   A morte produciuse posiblemente de xeito accidental debido á actividade humana.

MÁIS...

 

 

Páxina actualizada o 12- 01 - 2009

PRIMEIRAS ACTIVIDADES NO INICIO DESTE NOVO ANO,

 

PLANTACIÓN DE Otanthus maritimus NA PRAIA DE CAMPOSANCOS E RECOLLIDA DE DATOS DA PÍLLARA PAPUDA (Charadrius hiaticula) E DE Eurynebria NA PRAIA DE ÂNCORA.

 

Membros de ANABAM trasplantando unha ducia de  matiñas de Otanthus maritimus, o sábado 3 de xaneiro,  nunha zona máis segura da que ocupaban orixinariamente na praia de Camposancos. Estas matiñas son as primeiras que nacen neste tramo da praia dende hai, polo menos, 9 anos. Gracias aos traballos de reintroducción, protección e conservación desenvolvidos por ANABAM, a especie puido recuperarse totalmente tra-la súa desaparición no ano 2001, logo da brutal limpeza realizada neste areal no mes de febreiro dese ano. Hoxe,  Otanthus non soo está presente no areal senón que o número de exemplares cuadriplica ós que había por aquel entón.

MÁIS...

 

 

REXISTRADOS OS PRIMEIROS VARAMENTOS DESTE ANO RECÉN INICIADO

    

   Trala información facilitada por CEMMA, membros de ANABAM, desprazáronse ata a zona das Orelludas (Oia) para proceder á recollida de datos dos primeiros varamentos deste ano 2009. Trátase dunha tartaruga de coiro e dun golfiño común, ámbolos dous en avanzado estado de descomposición.

 

IR Á TARTARUGA DE COIRO...

IR AO GOLFIÑO COMÚN...

 

 PÍLLARA PAPUDA

 

     A visita efectuada á Vilapraia de Âncora permitiunos observar unha ducia de píllaras papudas.

MÁIS...

 

  

COMEZA A TERCEIRA FASE DO ESTUDIO DE Eurynebria complanata

         

      Hai diferencias na pigmentación dos individuos de Eurynebria presentes nas praias de Camposancos e da outra beira do Miño?

 

      A esta pregunta trataremos de responder coa terceira fase do estudio que, dende o ano 2002 estamos a desenvolver con este coleóptero.

 

MÁIS...

 

 

CENSO DE AVES ACUÁTICAS: MES DECEMBRO

     Os datos do 4º censo desta tempada non son moi positivos e segue na tónica destes últimos anos. Se algo hai que destacar é a presencia de dúas especies pouco habituais nesta paraxe: un ganso do Nilo (posiblemente escapado) e unha avoceta.

MÁIS...

 

 

A VALGA, OIA

        Visita efectuada o sábado 10 de xaneiro a este humedal de montaña, un dos enclaves naturais máis importantes da comarca do Baixo Miño.

 

MÁIS...

 

CAMIÑANDO POLO

BAIXO MIÑO

a.-Costa sur da Guarda

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

 BAIXO MIÑO:

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

(REDE NATURA 2000)

 

 ESTEIRO DO MIÑO

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

(REDE NATURA 2000)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

 

BAIXO MIÑO

PORTUGUÉS

 

VILA PRAIA DE ÁNCORA

 

AMIAL DO ARAO (VEIGA DA MIRA)

 

 

ILLAS DO BAIXO MIÑO

 

A INSUA

 

 

RÍOS DO BAIXO MIÑO

 

ðTAMUXE

 ðVILACHAN

 

 

METEOGALICIA

MAREAS

 

 METEOROLOXIA COMARCAL:

 Castro Vicaludo (Oia)

Monte Aloia (TUI)

 

 VISOR SIGPAC

 

 

PESCA NO TRAMO  INTERNACIONAL

DO RIO MIÑO

 

-NORMATIVA 2008

 

-ARTES DE PESCA E DATAS

 

-ESPECIES E MEDIDAS

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS