anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

A VALGA (OIA

POZA DOS CORVOS

 (Area Comarcal de Interese Natural

 

IR A VALGA

 

Actualizado o 10-02-2010

 

UTM: 5109 N

         4646 E

 

DATA: 06/02/2010

 

ALTITUDE MÁXIMA: 544 metros

 

PERÍMETRO DA POZA: Aproximadamente 22 metros.

 

SUPERFICIE: 21 metros cadrados aproximadamente.

 

ASPECTOS INTERESANTES:   PAISAXE: Magníficas vistas da costa de Oia. Ambiente plenamente natural.

                                               FAUNA: Un dos poucos lugares da comarca de presenza de corvo carnazal.

                                              

MUNICIPIO: Oia

 

COLABORADORES DA SAÍDA DE CAMPO:

        Carlos Angílica Entenza; Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Antón Ferreira Lorenzo; Mª Consuelo González de Dios; Manuel Á. Pombal Diego; Ricardo Portela Vilas.

 

VISITA: Primeira visita do ano a esta zona.

 

FAUNA VERTEBRADA OBSERVADA:

     Corvo carnazal (Corvus corax)................................................................Unha parella.

     Carrizo (Troglodytes trglodytes)..............................................................Varios exemplares.

     Ferreiriño cristado (Parus cristatus)........................................................Varios exemplares.

     Pisco (Erithacus rubecula)....................................................................Varios exemplares.

     Rapina (Sen identificar)......................................................................... 1 individuo en vo.

     Gabeador común (Certhia brachydactyla)................................................Varios exemplares.

     Pimpín común (Fringilla coelebs)............................................................Varios exemplares

     Lagarta de Bocage (Podarcis bocagei)...................................................Varios exemplares.

     Pintafontes verde (Triturus marmoratus)..................................................Varios exemplares na poza.

     Pintafontes común (Triturus boscai )..................................................... 1 fase de terra.

     Píntega común (Salamandra salamandra)...............................................8 exemplares.

     Sapo corriqueiro (Bufo calamita)............................................................5 exemplares.

 

      A Poza dos Corvos, pertence ao Complexo Natural da Grova. Está enclavada na zona da Valga, no municipio de Oia. O nome da zona débese á presenza dunha charca estacional, á beira esquerda dun sendeiro, en sentido ascendente, que permanece con auga gran parte do ano. Serve como abrevadeiro para os cabalos que pastan ceibes no monte, para se reproduciren moitos dos insectos ligados a auga, como libeliñas e cabaliños do demo e tamén anfibios como as píntigas verdes.

 

     Esta é unha das poucas zonas do Baixo Miño onde se pode ver o corvo carnazal (Corvus corax) máis grande e máis solitario que os corvos que frecuentemente vemos por toda a comarca do Baixo Miño, máis pequeno que o citado, o corvo viaraz (Corvus corone) que tamén haino na Valga.

 

   Esta poza da nome á zona e é o referente da mesma.

 

    Na nosa incursión do sábado 6 de febreiro, nun día gris, pero non frío, tal vez porque subir a pendente que nos conduce ó alto, fíxonos entrar en calor, puidemos ver algunha da fauna que habita nesta área, aínda que en realidade prestamos máis atención á anfibios e réptiles.

 

  

 

Carlos Angílica, un dos fotógrafos do grupo, sacando unha instantánea da ladeira do monte. (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

 

Baixo os pés do fotógrafo, o pequeno núcleo rural de Sanxián, pertencente ao concello do Rosal.

Dende esa localidade parte un sendeiro estreito, vello camiño ascendente, utilizado polos nosos antergos, 

que chega ata a onde nos atopamos, (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

 

Un Carabus (Mesocarabus) macrocephalus cantabricus Chevrolat, 1840(1), escarabello da orde dos carábidos, agochábase baixo unha das pedras

que levantamos na procura de datos de anfibios e réptiles. (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

(1): Identificado polo entomólogo e colaborador de ANABAM Javier Blanco.

O Crisocarabus lateralis é un dos máis fermosos escarabellos que atopamos no Baixo Miño. (Foto: M.A.Pombal-anabam).

 

Un Carabus violaceus, escarabello da orde dos carábidos, agochábase baixo unha das pedras

que levantamos na procura de datos de anfibios e réptiles. (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

 

Antón, Pombal -"Peque"- e Carlos cunha dúas das pequenas lagartas atopadas.(Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

 

Nesta época, resulta doado poder capturar estes pequenos réptiles para o seu estudo.

A temperatura ambiente fae que non estean demasiado activas. (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

 

Primeiro plano dunha das lagartas obxecto de estudo. Trátase da especie Lacerta bocagei. (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).

 

 

Triturus boscai, pintafontes común. Exemplar en fase de terra. Inferiormente posúe unha cor vermella intensa. Rechamante. (Foto: M.A.Pombal-anabam).

 

A carón do sendeiro polo que subiamos, puidemos ver unha rocha con cruces e letras. Símbolos moi utilizamos antigamente para "combatir" a presenza de demos e bruxas. (Foto: M.A.Pombal-anabam).

 

 

Os membros do equipo de campo que visitou ós arredores da Poza dos Corvos

nesta incursión sabatina co obxecto de obter datos do entorno. (Foto: Ag.Fe.Lo-anabam).