anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

PROGRAMA DE ESPECIAL SEGUIMENTO (P.E.S)

PRAIA  DE  CAMPOSANCOS

-A GUARDA   (DESEMBOCADURA DO MIÑO)-

 

 

 

Actualizado o 18-05-2009

 

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS COLABORA

CON ANABAM NA PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DA FLORA DUNAR

 

 

  As pasarelas de madeira foi unha idea proposta por ANABAM no ano 2001 tanto ao concello de A Guarda como ao Servicio Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra. Dende esa data, as tres entidades citadas adicaron partidas económicas para a súa instalación. ANABAM invertiu nas mesmas máis de 6.000 euros. Deste xeito se conseguiu protexer a flora dunar e mesmo a cosolidación das incipientes dunas, evitando que os usuarios da praia pisotearan a vexetación e favorencen, á vez, o paso dos mesmos cara ao areal.

 

 

 

 

As dúas fotografías pertencen á mesma zona. A foto superior foi obtida o 15 de febreiro. A inferior o 20 de marzo. No interior do valado, a man de obra posta pola Entidade Local Menor de Camposancos, eliminou os piñeiros que ameazaban ás prantas propias das dunas, agora, a vexetación propia dos areais poderá medrar sen problemas.

 

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPONSANCOS, tamén participa dende este ano na conservación e protección dos valores naturais que posúe esta praia. O día 30 de xaneiro pasado, matívose unha xuntanza na Casa da Entidade, na que estiveron presentes Rafael Martínez, como Alcalde Pedáneo de Camposancos, José Manuel Araújo (Técnico do Servicio Provincial de M.A.), Emilio Alonso (Garda do citado Servicio) e Agustín Ferreira, como presidente de ANABAM. A xuntanza tivo por obxecto falar de diversas actuacións relacionadas coa flora presente neste espazo natural (a praia). Por parte de Medio Ambiente se contrataría a unha empresa co fin de erradicar as canas que, cada vez en maior proporción, están invadindo o areal, tamén se tiña previsto erradicar na medida do posible os álamos. estes labores son continuidade dos iniciados hai uns anos, por parte do citado servicio, para a eliminación de especies exóticas. O responsable de ANABAM propuxo, asi mesmo, eliminar os piñeiros que crecen na zona dunar valada, para levar a cabo esta última actuación, a Entidade Local se encargaría da man de obra. A partir do mes de febreiro, comezaron a desenvolverse as actuacións. Actualmente na zona valada xa non queda ningún piñeiro. Agora, de cando en vez, membros de ANABAM percorren a citada zona para ir arrincando os incipientes piñeiros que medran noa areal.

 

 

Dende xaneiro pasado, o Servicio Provincial de Medio Ambiente ven eliminando o canaveiral existente na zona LIC do baixo Miño. Na praia de Camposancos, onde nos últimos anos o canaveiral estaba crecendo abrumadoramente, a intervención levada a cabo, mesmo con métodos experimentais, trata de evitar que Arundo donax, chamada tamén cana do país, acabe converténdose nun problma.