anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

PROGRAMA SARAMAGANTA

 

 

Actualizado o 29-11-2010

   

 

     Exemplar observado o 1 de novembro de 2010. A observación dos debuxos permítenos recoñecer aos diferentes exemplares de saramagantas. Estes debuxos, manchas amarelas, permanecen practicamente inalterables dun ano para outro posibilitando o estudo dos exemplares. Así, o exemplar da fotografía xa fora observado nos anos 2008 e  2009, véxase a fotografía nº 4 da actualización que hai a seguir desta. Desgraciadamente, dificilmente volveremos a vela un ano máis, pois un can deixouna moribunda, a esta e a outras que foi collendo no xardín onde se levaba a cabo o seguimento de observación de saramagantas. En calquera caso, con tres anos que xa levamos con este proxecto, podemos sinalar que as saramagantas son fieles inquilinos da zona na que habitan.

 

 

Actualizado o 02-11-2009

 

     As  abondosas chuvias de mediados do mes de outubro, unido a unha temperatura cálida, trouxeron a actividade das saramagantas e con elas o reinicio do estudio que iniciamos o pasado ano (véxase actualización 30-10-2008, que hai a seguir desta).  Nesta ocasión foron observados cinco exemplares no xardín onde se leva a cabo o estudio. De todos eles, soamente un dos exemplares observados xa fora visto o pasado ano, concretamente o que está na foto 4.

 

Foto 1

 Foto 1: Primeira vez que rexistramos este exemplar.

 Data: 24-10-2009

 

Foto 2

Foto 2:  Primeira vez que rexistramos este exemplar.

DATA:  24-10-2009

 

Foto 3

Foto 3: Primeiro rexistro deste exemplar.

DATA: 24-10-2009

Foto 4

Foto 4: Este é o único exemplar rexistrado tamén hai un ano. Obsérvese a fotografía que leva o nº 3 na actualización que hai a seguir.

Data rexistro actual: 23-10-2009

Data rexistro de hai un ano: 16-10-2008

 

Foto 5

Foto 5: Primeiro rexistro deste exemplar.

DATA:  23-10-2009

 

 

Actualizado o 30-10-2008

 

      Coa chegada do outono, e por suposto das primeiras chuvias, créase o clima axeitado para que os anfibios inicien os prolegómonos de perpetuación da especie. Aproveitando a presencia de salamandras comúns, que se deixan ver precisamente chegada esta época, nunha finca particular en Camposancos (A Guarda), ocurríusenos na tempada pasada levar a cabo un estudio sobre os exemplares presentes na mesma. O desenvolvemento deste estudio, o protocolo a seguir, os datos que se queren obter e outras variables, non están definidas. Polo de agora limitarémonos a ir recollendo información diversa para ver ata onde nos levan as mesmas.

 

 

Foto esquerda obtida o 02 /02/2008.............foto dereita obtida o 16/10/2008

 

     Como podemos apreciar polas fotografías, se analizamos e comparamos as manchas, vemos que se trata do mesmo individuo fotografado en dúas tempadas diferentes: a da esquerda na tempada 2007/2008; a da dereita nesta tempada 2008/2009, con 8 meses de diferencia entre unha e outra.  Gracias a que as manchas son permanentes e non cambian de forma dunha a outra tempada, este estudio vainos permitir, por exemplo, saber se hai un cambio de individuos presentes nunha determinada área, de producirse ese cambio, canto tempo se precisa para que se produza; se os individuos son fieles a unha mesma zona, etc.

 

    Este estudio pode ser extensivo a calquera que teña unha finca no rural, máis ou menos aberta con respecto ao exterior para que as posibles saramagantas poidan decidir libremente onde ir.

 

 

Nº 1 Nº 2 Nº 3

As tres fotografías pertencen a outros tantos exemplares fotografados o mesmo día, e practicamente á mesma hora,

na finca onde se leva a cabo o estudio. Obsérvese que os diferentes debuxos das manchas, así como a súa distribución no corpo, permiten identificar a cada exemplar. Cada un deles foi bautizado cun nome: ó da esquerda Paralela (polas manchas en paralelo que presenta ao longo do corpo); o do centro Nota Musical (pola mancha que ten no dorso, entre as dúas patas dianteiras, que ao responsable do estudio recórdalle unha nota do pentagrama); a terceira saramaganta púxoselle de nome Densa (pola puntuación densa que ten na parte central do dorso).

 

     Non sabemos a onde nos levará este estudio, tal vez a saciar a nosa curiosidade durante uns anos ou tal vez a sacar algunha conclusión ou algunha nova idea que nos ronde polo maxín. En calquera caso, este pode ser o inicio dun gran día..., ou non.