anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-AS NOSAS COUSAS

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

PROGRAMA DE ACTOS E ACTIVIDADES

25  ANIVERSARIO

 

DÍA 7 FEBREIRO: VISITA ORNITOLÓXICA GUIADA

(VER INFORMACIÓN)

 

CICLO DE CINE DOCUMENTAL NO BAIXO MIÑO: Febreiro e marzo. 

VÉXASE INFORMACIÓN

 

CONCURSO PARA ESCOLARES E ESTUDANTES: Destinados a escolares de

Infantil;  primaria e estudantes da ESO, Bacharelato; Ciclos medio e Superior e

Universitarios.

VÉXANSE AS  BASES.

 

ENTREGA PREMIOS CONCURSO ESCOLAR

12 DE XUÑO

 

EXPOSICIÓN: A Biodiversidade do Baixo Miño a través de 25 anos de ANABAM.

A partir do mes de setembro

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

SECCIÓNS

INICIO

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

XEOLOXÍA

 

PEGADAS

 

FENOLOXÍA

 

FAUNA

ENTOMOLOXÍA

MORTANDADE

 

INFORMACIÓN-09

 

AGRESIÓNS

 

CARTAS

 

ESPAZOS NATURAIS

 

COLABORACIÓNS

 

O MERCADIÑO

 

ANABAM VIDEO

 

CAMPAÑAS 2010

 

 

PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES

CAMARIÑA

CHARAXES

PÍLLARA PAPUDA

EURYNEBRIA

OTANTHUS

ANDORIÑA DE CU BRANCO

PRAIA CAMPOSANCOS

 

WOODWARDIA RADICANS

 

FENTOS ARBÓREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS

 

VARAMENTO FOCAS

 

VARAMENTOS TARTARUGAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

BOLBORETAS

ATLAS DA BIODIVERSIDADE

ATLAS DAS ESPECIES EXÓTICAS

 

CENSOS

 

PROXECTO ANDORIÑA

 

PROXECTO ODONATA

 

 

 

SOCIOS

>>ENLACES A PÁXINAS

>> ACTIVIDADES

>> INFORMACIÓNS

 

AS FOTOS DE LUIS DORADO

 

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BOLBORETAS  DO  BAIXO  MIÑO

(2008)

 

IR A  BOLBORETAS 2006

IR A  BOLBORETAS 2007

IR A  BOLBORETAS 2008

IR A BOLBORETAS 2008 (II)

IR A CATÁLOGO 2008

 

IR A  PROXECTO CHARAXES (2006)

IR A PROXECTO CHARAXES (2007)

IR A PROXECTO CHARAXES (2008)

IR A PROXECTO CHARAXES (2009)

 

 

IR A BOLBORETAS LAURA LAGO

IR A EIRUGAS

IR A MANTEMENTO BOSQUE

COLABORACIÓN

 

IR A DESBROCE

 

 

Actualizado o 14-10.2008

 

BOLBORETA MONARCA

(Danaus plexippus)

    A bolboreta monarca vive en América, pero algúns exemplares, durante a súa migración invernal, van dende o nordeste dos Estados Unidos e do sur de Canadá, nunha viaxe duns 5.000 quilómetros, ata a Sierra Madre, en México. Por algún motivo, algunhas delas desvíanse das súas rutas normais de migración e cruzan o Atlántico chegando ata as costas galegas, logo dunha travesía de milleiros de quilómetros.

 

   A primeira cita dunha bolboreta monarca en Galicia data do ano 1980 e foi observada na praia de Santa Comba, en Ferrol. Dende esa data foron rexistradas soamente cinco onservacións en toda Galicia, pero ningunha no Baixo Miño.

 

    Así que o reto está en ver quen é a primeira persoa que realiza a observación dunha bolboreta monarca no Baixo Miño.

 

     Dende outubro ata principios de decembro son as datas máis axeitadas para que se produza esta observación.

 

   Así que xa sabedes, os que visitedes ou vivades nos municipios costeiros do Baixo Miño, prestade atención ao entorno e, sobre todo, ás bolboretas. Se vedes algunha como as da fotografía, é unha bolboreta moi grande, pode chegar ata os 10 cm de envergadura,  estaredes diante dun "tesouro" da lepidopteroloxía baixomiñota (e mundial). Tomade os datos. Se tedes oportunidade, sacádelle unha foto e enviar a cita a anabam (anabam.anabam@terra.es) ou ao entomólogo, colaborador desta asociación, Suso Requejo (lepidop@mundo-r.com).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reter ben estas imaxes, porque

 

merecerá apena

 

ter a grande oportunidade de

 

observar a

 

BOLBORETA MONARCA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 30-09-2008

 O ENTOMÓLOGO SUSO REQUEJO DA A PRIMEIRA CITA DE

Vanessa virginiensis PARA O BAIXO MIÑO

 

Foto: Kim Davis e Mike Stangeland

Foto: Mauro A. Fuentes

 

DIFERENCIAS ENTRE Vanessa virginiensis (esquerda) E Vanessa cardui (dereita):

 

As dúas bolboretas teñen claras diferencias no reverso das ás. As máis chamativas e notorias son as que están marcadas coas flechas.

 

Foto: Kim Davis e Mike Stangeland

Foto: Belen Bueno Cuesta

 

DIFERENCIAS ENTRE Vanessa virginiensis (esquerda) E Vanessa cardui (dereita):

 

Cando están pousadas coas ás abertas, a V. virginiensis, ten unha manchiña branca mentras que V. cardui carece dela.

 

 

      Agradables e interesantes sorpresas segue deparándonos o estudio das bolboretas do Baixo Miño. Segundo acaba de informarnos o entomólogo Suso Requejo --quen está a colaborar con ANABAM no estudio das bolboretas da comarca-- o Baixo Miño conta cunha nova especie.

 

      Trátase da bolboreta Vanessa virginiensis (moi parecida a Vanessa cardui, especie moi común e cuxas diferencias entre unha e outra damos máis arriba). É unha especie extremadamente rara non só no Baixo Miño ou en Galicia, senón aínda, na Península, onde soamente se atopan unhas poucas poboacións desta bolboreta. Transcribimos a nota que nos enviou Suso Requejo polo interese da mesma:

 

"Tal como vos comentei, na miña última mensaxe, atopamos na comarca varios exemplares de Vanessa virginiensis, grazas ao colaborador José Luis Álvarez Gándara, que foi capaz de fotografar un exemplar no xardín da súa casa. Esta bolboreta, orixinaria de América, ten colonias en Portugal dende fai anos e só era cuestión de tempo atopala no sur de Galicia. Afortunadamente apareceu no Baixo Miño, e pasa a sumarse á lista do proxecto que xa conta con 73 especies.

      Esta bolboreta vive como adulto, si o tempo acompaña, ata finais de novembro; polo que é moi probable que apareza noutras partes da comarca. Aos adultos gústanlle moito as flores olorosas e soen aparecer sobre algunhas especies moi atraintes para elas. Dúas destas son as Lantanas e as Buddleias, dous xéneros de plantas que moita xente ten nos seus xardíns precisamente para atraer un gran número de especies de bolboretas. Si sabedes onde hai exemplares destas plantas, non dubidedes en visitalas de cando en vez para fotografar as bolboretas pousadas; precisamente sobre unha buddleias apareceron dous dos exemplares atopados -o terceiro sobre unhas flores de trevo-. Agora hai poucas flores silvestres, e as bolboretas acuden ás plantas aromáticas como as abellas ao mel. 

Tamén, tal como xa vos comentei, si podemos atopar a súa planta nutricia, Gnaphalium luteo-album, poderiamos buscar as súas larvas e demostrar a súa colonización na zona.

 Como moitos de vos sabedes existe outra Vanessa moi parecida e moi común en Galicia, que tamén está voando nestas datas e que liba das mesmas flores, Vanessa cardui. Douvos dúas claves que ás diferencian con relativa facilidade:

 1º A V. virginiensis ten dous ocelos moi grandes no reverso das ás posteriores; mentres que a V. cardui ten catro ou cinco moito mais pequenos.

 2º A V. virginiensis ten un punto branco dentro da mancha laranxa das ás anteriores mais próxima ao marxe; esta mancha pódese ver tanto polo anverso como polo reverso. A V. cardui carece deste punto branco.

 

 

 

 

Lantana forma un arbusto moi florido que resulta altamente atrainte para as bolboretas.

 

 

 

Actualziado o 30-09-2008

 NOVA LOCALIZACIÓN DE CHARAXES JASIUS NO BAIXO MIÑO

 

     O entomólogo Suso Requejo ben de confirmar unha nova área de distribución da bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño, concretamente no Parque Natural do Monte Aloia, logo de que o pasado ano observara un ovo nunha folla de érbedo. Con este achádego, son dúas as localidades da comarca onde está presente a citada bolboreta.

 

 

O érbedo no que foi observado o ovo de Charaxes, era un exemplar pequeno polo que inicialmente había dúbidas de si este exemplar estaba recén plantado. Segundo confirmaron traballadores do parque, o érbedo en cuestión levaba xa uns catro anos alí polo que, deste xeito, puido confirmarse que a posta fora efectuada no propio parque.

 

 

Actualizado o15-09-2008

 

ATOPADO UN RARO EXEMPLAR DE Polyommatus icarus

 

 

O lado esquerdo serían as ás dun macho, o lado dereito as ás dunha femia.

(Foto Luis Dorado Senra-anabam, Pinzás, 23-09-2008).

 

 

     O traballo de campo das bolboretas do Baixo Miño, segue a depararnos interesantes achádegos tanto a nivel de especies como de fenómenos que na maior parte dos casos somentes poden verse en certas coleccións, tal ocurre co especimen achado o sábado 23 de agosto polos membros de ANABAM Luis Dorado e Antón Ferreira, xunto cos colaboradores desta asociación o entomólogo Suso Requejo e o fotógrafo naturalista Luis Calleiras, na visita efectuada á chaira de Pinzás, un dos poucos lugares da comarca onde aparece unha das especies de flora máis amenazada a Gentiana pneumonanthe, da que depende a súa vez a bolboreta Maculinea alcon. Precisamente a visita efectuada a Pinzás tiña por obxecto comprobar in situ a presencia desta última bolboreta, da que aínda non tiñamos información nesta área,  xa que, por visitas anteriores, sabiamos da existencia de genciana. A prospección á mencionada zona resultou un éxito en tódolos aspectos o que pon de manifesto, una vez máis, o importante valor ecolóxico que ten a chaira de Pinzás, situada ao norte do municipio de Tomiño. Esta chaira pertence en parte ao concello citado e en parte ao de Gondomar.

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 31-07-2008

     

ATOPADA A MACULINEA  ALCON NA VALGA (OIA)

 

     Suso Requejo, un dos entomólogos que desenvolven o Proxecto Lepi-Atlas de Galicia, e responsable e coordinador do Proxecto "Bolboretas do Baixo Miño", desenvolvido por ANABAM, coa colaboración de varios entomólogos e aficionados á fotografía, afirmaba, unha e outra vez, que había que prestar atención á Genciana pneumounale, a planta nutricia de Maculinea alcon, unha das máis raras bolboretas que voan en Galicia, porque tiñamos moitas posibilidades de atopar, no Baixo Miño, esta especie.

 

     A Valga, un espacio calificado por ANABAM como ACIN (Área Comarcal de Interese Natural), posúe as condicións necesarias que require M. alcon para estar presente nesta paraxe, entre elas a planta nutricia citada.  Pois ben, a actividade fotográfica levada a cabo polas entidades: Fasgana; Proxecto Lepi-Atlas e ANABAM o domingo 20 de xullo pasado, non poido deparar mellor sorpresa que a de atopar un exemplar da especie en cuestión, un dato máis que avala a este enclave natural do Baixo Miño como un espacio natural que debera ter, xunto co resto da Serra da Grova, a calificación de espacio protexido.

 

 

Maculinea alon, é unha pequena bolboreta que xa podemos dar como nova especie para o Baixo Miño logo de confirmar a súa presencia na comarca. O achádego dun exemplar macho o pasado 20 de xullo, así o confirma. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

Á esquerda, Suso Requejo (responsable do Proxecto "Bolboretas do Baixo Miño" desenvolvido por ANABAM), e á dereita, "Peque" un dos membros activos da asociación baixomiñota, comentando aspectos relacionados coa saída fotográfica na que se localizou a rara bolboreta que tratamos nesta información.(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

 

Laura Lago, que colabora no proxecto "Bolboretas do Baixo Miño" coordinado

por Suso Requejo, tratando de obter unha das súas magnifícas fotografías na saída fotográfica

do pasado 20 de xullo.(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

 

SUSO  REQUEJO: COORDINADOR DO PROXECTO

"BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO"

 

 

 Suso, lepideptólogo,  é un colaborador de ANABAM que traballa con esta asociación na preparación dunha monografía que vai tratar das bolboretas da comarca. As persoas que desexen colaborar enviando datos para a citada monografía, poden facelo ó enderezo de Suso (lepidop@mundo-r.com ) ou ben directamente a ANABAM (anaban.anaban@terra.es )

 

 

Actualizado o 31-03-2008

    

 por Suso Requejo

     A sistemática utilizada neste informe e distinta a do informe do 2006. Isto é por que houbo algunhas modificacións sistemáticas nestes últimos anos. En principio, si non hai máis cambios, esta será a sistemática utilizada no traballo final.  

      Das 69 especies atopadas na comarca hai tres dignas de reseñar por ser especies protexidas por distintos convenios internacionais como especies vulnerables. As tres teñen algo en común: Son monófogas e dependen moito da conservación dos seus hábitats. A urbanización, industrialización, deforestación e reforestación con especies foráneas dos seus hábitats, alteran a composición floral dos seus territorios tendendo a desaparecer as súas plantas nutricias e con elas estas bolboretas.

 É importantísimo a localización das plantas nutricias, pois deste xeito poderiamos visitar o lugar e tratar de localizar a bolboreta correspondente. 

   Na relación das bolboretas do 2007 aparecen dúas novas especies para o Parque Natural Monte Aloia, ampliando o catalogo que publicou o citado Parque no ano 2004. Si podemos confirmar a presenza da Charaxes jasius no Aloia,  xa serían tres as especies novas para este parque.

   

 

CATALOGO DAS BOLBORETAS DIÚRNAS DO PROXECTO

“BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO” (AVANCE 2007)

 Este é un avance do Catalogo das Bolboretas Diúrnas do Baixo Miño, mostrando os datos obtidos ata finais do 2007.

 Polo momento téñense rexistrados 765 citacións totais para a comarca, das cales 323 son citas non repetidas para as 12 cuadriculas UTM de 10x10 que compoñen o Baixo Miño.

 MAPA DO NUMERO DE ESPECIES ATOPADAS POR CADRICULA.

  

 

          No ano 2006 tíñanse censadas 41 especies para o Baixo Miño. No ano 2007 téñense rexistradas 69 especies, ampliando o catalogo con 28 novas especies para o proxecto. Este aumento tan considerable de especies ten moito que ver co aumento de datos facilitados por colaboradores.

      Das 69 especies atopadas nas distintas cuadriculas do Baixo Miño, quérese sinalar que dúas son novas especies para o parque natural Monte Aloia. Ampliando a 60 especies o censo feito no parque no ano 2004.

      Aparte destas 69 especies temos citacións doutras 7 que necesitan confirmación con novos rexistros para podelas engadir ao proxecto. Estas citacións son bibliográficas ou fotográficas e polo de agora non foi posible confirmalas con capturas actuais.

       Cremos posible encontrar no territorio estudado unhas 10 especies máis - incluídas as que necesitan confirmación - das aproximadamente 150 especies diúrnas que habitan a comunidade galega. Do resto das especies galegas non consideramos posible a súa localización na comarca: ben por non existir o seu hábitat típico na zona, ben por ser especies de solos tipicamente calizos ou por ser especies montanas que necesitan unha maior altitude que a existente no Baixo Miño. A localización dalgunhas destas 10 especies, así como a ampliación das cuadriculas das xa censadas, dependerá moito da participación de novos colaboradores no próximo ano de prospección. 

LISTADO DE ESPECIES CONFIRMADAS NA COMARCA ATA O 2007.

 Superfamilia  HESPERIOIDEA Latreille, 1809

 Familia  HESPERIIDAE  Latreille, 1809

 

     Subfamilia  HESPERIINAE Latreille, 1809

Thymelicus lineola  (Ochsenheimer, 1808)

Thymelicus acteón  (Rottemburg, 1775)

Hesperia comma  (Linnaeus, 1758)

Ochloedes venatus  (Bremer & grey, 1853)

 

      Subfamilia  PYRGINAE Burmeister, 1878

Erynnis tages  (Linnaeus, 1758)

Carcharodus alceae  (Esper, [1780])

Pyrgus malvoides  Elwes & Edwards, 1897

Superfamilia  PAPILIONOIDEA  Latreille, [1809]

 

Familia  PAPILIONIDAE Latreille, [1809]

 

Subfamilia  PAPILIONINAE Latreille, [1809]

Papilio machaon Linnaeus, 1758

Iphiclides feisthamelii (Duponchel, 1832)

 

Subfamilia  PARNASSIINAE Duponchel, [1835]

Zerynthia rumina  (Linnaeus, 1758)

  

Familia  PIERIDAE Duponchel, [1835]

 

Subfamilia  DISMORPHIINAE Schatz, 1887

Leptidea sinapis (Linnaeus, 1758)

 

Subfamilia  COLIADINAE Swainson, 1827

Colias crocea  (Geoffroy & Fourcroy, 1785)

Gonepteryx rhamni  (Linnaeus, 1758)

 

Subfamilia  ANTHOCHARINAE Scudder, 1889

Euchloe crameri  Butler, 1869

Anthocharis cardamines  (Linnaeus, 1758)

 

Subfamilia  PIERINAE Duponchel, [1835]

Pieris brassicae  (Linnaeus, 1758)

Pieris (Artogeia) rapae  (Linnaeus, 1758)

Pieris (Artogeia) napi  (Linnaeus, 1758)

Pontia daplidice (Linnaeus, 1758)

 

Familia  NYMPHALIDAE Swainson, 1827

 

Subfamilia  NYMPHALINAE Swainson, 1827

Nymphalis polychloros  (Linnaeus, 1758)

Inachis io  (Linnaeus, 1758)

Vanessa atalanta  (Linnaeus, 1758)

Vanessa cardui  (Linnaeus, 1758)

Aglais urticae  (Linnaeus, 1758)

Polygonia c-album  (Linnaeus, 1758)

 

Subfamilia  ARGYNNINAE Duponchel, [1835]

Argynnis paphia  (Linnaeus, 1758)

Argynnis (Pandoriana) pandora  (Denis & Schiffermüller, 1775)

Issoria lathonia  (Linnaeus, 1758)

Boloria (Clossiana) selene  (Denis & Schiffermüller, 1775)

 

 

Subfamilia  MELITAENINAE Newman, 1869

Melitaea phoebe  (Denis & Schiffermüller, 1775)

Melitaea didyma  (Esper, [1779])

Melitaea (Mellicta) athalia  (Rottemburg, 1775)

Melitaea (Mellicta) deione  Duponchel, [1832]

Euphydryas aurinia  (Rottemburg, 1775)

 

Subfamilia  CHARAXINAE Guenée, 1865

Charaxes jasius  (Linnaeus, 1767)

 

Subfamilia  APATURINAE Boisduval, 1840

Apatura ilia  (Denis & Schiffermüller, 1775)

 

Subfamilia  LIMENITINAE Behr, 1864

Limenitis camilla  (Linnaeus, 1764)

Limenitis reducta  (Staudinger, 1901)

 

Subfamilia  SATYRIDAE Boisduval, 1833

Pararge aegeria  (Linnaeus, 1758)

Lasiommata megera  (Linnaeus, 1767)

Lasiommata maera  (Linnaeus, 1758)

Coenonympha pamphilus  (Linnaeus, 1758)

Coenonympha dorus  (Esper, [1782])

Coenonympha arcania  (Linnaeus, 1761)

Hipparchia alcyone  (Denis & Schiffermüller, 1775)

Hipparchia semele  (Linnaeus, 1758)

Hipparchia (Neohipparchia) statilinus  (Hufnagel, 1766)

Hipparchia (Pseudotergumia) fidia  (Linnaeus, 1767)

Arethusana arethusa  (Denis & Schiffermüller, 1775)

Maniola jurtina  (Linnaeus, 1758)

Pyronia tithonus  (Linnaeus, 1771)

Pyronia cecilia  (Vallantin, 1894)

Melanargia lachesis  (Hübner, 1790)

 

 

 

Familia  LYCAENEIDAE Leach, [1815]

 

Subfamilia  THECLINAE  Swainson, 1831

Satyrium spini  (Denis & Schiffermüller, 1775)

Satyrium esculi  (Hübner, [1806])

Callophrys rubi  (Linnaeus, 1758)

 

Subfamilia  LYCAENINAE Leach, [1815]

Lycaena phlaeas (Linnaeus, 1761)

Lycaena (Heodes) tityrus  (Poda, 1761)

Lycaena (Heodes) alciphron  (Rottemburg, 1775)

 

Subfamilia  POLYOMMATINAE Swainson, 1827

Lampides boeticus  (Linnaeus, 1767)

Cacyreus marshalli  Butler, [1898]

Leptotes pirithous (Linnaeus, 1767)

Celastrina argiolus  (Linnaeus, 1758)

Glaucopsyche melanops  (Boisduval, [1828])

Maculinea alcon  (Denis & Schiffermüller, 1775)

Pseudophilotes baton  (Bergsträsser, [1779])

Plebejus argus (Linnaeus, 1758)

Aricia cramera  Eschscholtz, 1821

Polyommatus icarus  (Rottemburg, 1775)

 

LISTADO DE COLABORADORES 

Relación, por orde alfabética, dos colaboradores que aportaron algún dato polo de agora para o proxecto:

Arcas García, Kiko

Blanco Souto, Javier

Blázquez Caselles, Ángel 

Ferreira Lorenzo, Agustín (ANABAM)

Juárez, Carmen

 Do Rego, Pedro

 Moyá, Siro

 Rey Muñiz, Xosé Lois

 Veiga Bautista, Marcos

 CHAMAMENTO Á COLABORACIÓN 

      Faise un chamamento á colaboración a todas aquelas persoas que poidan aportar datos entomolóxicos ou fotográficos sobre as bolboretas da comarca. Así como a calquera botánico que nos facilite datos sobre a localización dalgunhas das plantas nutricias das especies mais interesantes.

      Calquera persoa que queira axudar en este proxecto, ven sexa de forma individual ou de forma colectiva - colexios por exemplo -, pode poñerse en contacto co responsable do traballo a través do enderezo electrónico que facilitamos máis abaixo. Non é necesaria experiencia pois o coordinador do traballo facilitareille a información necesaria para poder axudar.

     INTERESADOS EN COLABORAR NO PROXECTO CONTACTAR CON:

Suso Requejo Camiña

lepidop@mundo-r.com

LEMBRADE QUE A VOSA AXUDA É INDISPENSABLE

PARA QUE COÑEZAMOS O MELLOR POSIBLE AS BOLBORETAS 

DA COMARCA DO BAIXO MIÑO

Lembrade tamén que tódolos colaboradores serán citados na publicación monográfica sobre as bolboretas da comarca que se publicará unha vez rematado o traballo e que ditos colaboradores recibirán a publicación gratuitamente.

 

Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

AGRADECEMOS A TÚA COLABORACIÓN NO PROXECTO

"BOLBORETAS DA COMARCA DO BAIXO MIÑO"

 

 

 

Actualizado o 31-03-2008

 

 Zerynthia rumina (Linnaeus, 1758)

Planta nutricia: Aristolochia longa (=paucinervis) ou tamén A. pistolochia e A rotunda.

Época de voo da bolboreta: De primeiros de marzo a primeiros maio.

 

 

Maculinea alcon (Denis & Schiffermüller, 1775)

Planta nutricia: Gentiana pneumonanthe. Posteriormente viven en formigueiros da especie Myrmica, necesarios para o desenvolvemento da eiruga.

Época de voo da bolboreta: Nos meses de xullo e agosto.  

 

 

 

Charaxes jasius (Linnaeus, 1776)

Planta nutricia: Arbutus unedo.

Época de voo da bolboreta: Finais de agosto a principios de outubro.  

 

   E importante a localización destas bolboretas e das súas plantas nutricias para intentar protexelas no seu conxunto. Unha boa xestión e conservación das súas localizacións, así como a reintrodución ou repoboación das súas plantas nutricias noutros lugares pode ser vital para seguir disfrutando delas no Baixo Miño.

 

 

CAMIÑANDO POLO

BAIXO MIÑO

a.-Costa sur da Guarda

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

 BAIXO MIÑO:

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

(REDE NATURA 2000)

 

 ESTEIRO DO MIÑO

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

(REDE NATURA 2000)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

 

BAIXO MIÑO

PORTUGUÉS

 

VILA PRAIA DE ÁNCORA

 

AMIAL DO ARAO (VEIGA DA MIRA)

 

 

ILLAS DO BAIXO MIÑO

 

A INSUA

 

 

RÍOS DO BAIXO MIÑO

 

ðTAMUXE

 ðVILACHAN

 

 

METEOGALICIA

MAREAS

 

 METEOROLOXIA COMARCAL:

 Castro Vicaludo (Oia)

Monte Aloia (TUI)

 

 VISOR SIGPAC

 

 

TRAMO INTERNACIONAL DO MIÑO

 

-ARTES DE PESCA E DATAS

 

-ESPECIES E MEDIDAS

 

NORMAS PROVISIONAIS REGULADORAS DA NÁUTICA DE RECREO NO TRAMO INTERNACIONAL DO RÍO MIÑO

 

Edicto Tramo Internacional do Río Miño

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS