anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

PROXECTO

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

coa colaboración da

Comunidade de Montes de Camposancos

Concello da Guarda-2008

Consellería de Medio Ambiente-2006

Weeden Foundation 2006-2007

e ducias de voluntarios/as

 

IR A BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

IR A CHARAXES JASIUS

IR A ERBEDAL

 

          Actualizado o 10-05-2011  
 

 93 ÉRBEDOS TEMOS NESTES MOMENTOS

NO "BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA"

 

      93 exemplares, dos case 150 que se plantaron hai tres anos, son os que temos nestes momentos no denominado "Bosque para unha bolboreta", segundo o censo realizado o pasado 11 de abril. A maior parte dos que desapareceron foi debido, principalmente, ás prácticas de limpeza efectuadas na parcela onde se atopan, polo que teremos que extremar os coidados nas vindeiras ocasións nas que levemos a cabo as actividades de mantemento, pero as acacias, que en cuestión de poucos meses xorden na zona, acaban por cubrir a superficie o que impide decatarse da presenza dalgúns dos érbedos, acabando parte deles por sucumbir baixo a desbrozadora, por este motivo, teremos que  plantexarnos dúas posibles accións neste ano:

 

   A primeira, adquirir novos érbedos para substituir os que se malograron.

   A segunda, no caso de que volva haber unha masiva presenza de acacias, encargar a profesionais a limpeza da parcela.

 

    Polo momento, a boa noticia é que o bosque está, nestes momentos, nun excelente estado e que a Charaxes jasius, esa bolboreta que ten a honra de ser a primeira á que se dedica un bosque na Península, pode seguir contando co apoio de ANABAM e dos voluntarios e colaboradores.

 

 
     
     
     
     
             

 

     

Actualizado o 28-09-2010

 
 

ANABAM ACADA UN DOS MAIORES ÉXITOS

NA SÚA HISTORIA, UN BO AGASALLO NESTE 25 ANIVERSARIO

     
 

Charaxes jasius (bolboreta dos érbedos) unha das máis grandes e fermosas bolboretas do Baixo Miño)

 

 

CONSEGUIMOS QUE A BOLBORETA DOS ÉRBEDOS (Charaxes jasius)

FORME PARTE DA BIODIVERSIDADE GUARDESA

 

        A bolboreta dos érbedos estaba localizada unicamente no Niño do Corvo (O Rosal) e temos referencias confirmadas polo experto Suso Requejo da súa existencia noutro punto de Tui: no Monte Aloia. Parece ser, dato aínda sen confirmar, que é posible tamén que estea presente no viveiro de Areas. A presenza da existencia desta bolboreta no Baixo Miño non se coñeceu ata o ano 2006, no que un colaborador de ANABAM, o entomólogo Javier Blanco, biólogo vigués, non a descubrira casualmente nunha visita a esta zona no mes de setembro dese ano. Outro entomólogo, Suso Requejo e o presidente de ANABAM, Agustín Ferreira, descubrirían un ano máis tarde (2007) postas desta bolboreta no Niño do Corvo, confirmando así que esta área era o lugar de reprodución da mencionada bolboreta. No mes de xuño de 2009, os membros de ANABAM, Manuel A. Pombal (Vicepresidente desta asociación e profesor universitario e investigador) e Agustín Ferreira, descubrían tamén no Niño do Corvo postas e eirugas desta bolboreta, confirmando así que no mes de xuño tamén se reproduce esta bolboreta na zona (por outra banda o habitual na especie), dato que aínda non tiñamos.

 

       No mes de setembro do ano 2008, capturamos no Niño do Corvo varios exemplares adultos que soltamos de seguido na parcela de érbedos creada por ANABAM. No 2009 procedemos ao traslado de eirugas tamén dende o Niño do Corvo ao erbedal.

 

 
 

  Neste vídeo-resume, podemos ver os traballos desenvolvidos por membros de ANABAM e voluntarios para a creación do bosque de érbedos. Tamén da a coñecer as postas da bolboreta dos érbedos, a eiruga e a bolboreta en estado adulto.  
   

Agora podemos dicir que o proxecto "Un bosque para unha bolboreta", xa é todo un éxito, e non podía vir en mellor ocasión, cando celebramos o 25 aniversario. Logo de tres anos de iniciado xa se poden ver os primeiros ovos e eirugas presentes nas follas dos érbedos o cal quere dicir que os traballos de introdución levados a cabo en setembro do pasado ano, un ano e medio despois de realizada a plantación, deron o resultado esperado. Na última das visitas levadas a cabo ao "bosque" (26-09-2010) contabilizamos preto de medio cento de ovos aínda sen eclosionar, ademais de observar os restos doutros moitos xa eclosionados así como de eirugas, algunhas de bo tamaño. Se non se produce ningún contratempo, a Charaxes (bolboreta dos érbedos) xa é unha especie máis que se poderá ver nos meses de verán na Guarda, sumándose así ás que voan no Rosal, no Niño do Corvo, lugar orixinario das bolboretas guardesas.

 

     Para evitar a consanguinidade, dado que as postas poden pertencer a unha soa parella de bolboretas, continuamos neste mes de setembro introducindo novas eirugas e ovos que, si non se estragan, ampliarán o número de bolboretas o próximo verán.

 

      Das observacións e traballos de campo que fagamos o vindeiro ano, dependerá que demos por concluído definitivamente o proxecto, limitándonos a partir de entón a manter o bosque de érbedos e, se procede, ampliar algo máis o número de érbedos e a tomar datos da evolución da poboación de Charaxes.

 
 

  A fotografía foi obtida o 25-09-2010, no "bosque" dedicado á bolboreta dos érbedos. Nunha das follas podemos apreciar unha posta de catro ovos, o habitual é que soamente haxa un ovo por folla. Á esquerda, no centro doutra folla, unha eiruga de poucos días.  
 

 

 

 

     Este proxecto é pioneiro na Península merecendo os eloxios de entidades e persoas relacionadas co mundo da biodiversidade en xeral, e das boloboretas en particular. Por ser pioneiro tamén é novedoso de xeito que, do que del saia, dos erros, fracasos e avances, poderase exportar a outros proxectos similares co fin de facilitar o éxito do mesmo e de seguir unhas determinadas pautas que faciliten a obtención de resultados positivos.

 

     Temos que salientar, que este proxecto saiu adiante grazas a varias entidades: Consellería de Medio Ambiente que, no ano 2006, aprobou unha subvención de 3.000 euros para poder adquirir máis dun cento de érbedos; á Comunidade de Montes de Camposancos, que cedeu por un período de dez anos unha parcela dunha hectárea para facer a plantación e levar a cabo o proxecto; ao Concello da Guarda e ao Padroado do Monte Santa Trega que se fixeron dcargo da limpeza da parcela inzada de acacias; á Weeden Foundation, entidade norteameriaca que colaborou económicamente neste e noutros proxectos de ANABAM; a asociación de scouts ASDE con sede en Madrid, que colaborou con voluntarios de diversos puntos do Estado nas tarefa iniciais de limpeza da parcela; ao Centro de Educación Especial San Xerome, que tamén colaborou cun grupo de voluntarios en dúas ocasións na limpeza da parcela e, por suposto a voluntarios de ANABAM e a ducias doutros procedentes de diversos puntos do sur pontevedrés que participaron nas tarefas de plantación dos érbedos. Por suposto que este proxecto non sairía adiante se non estivera detrás un equipo de ANABAM totalmente implicado no mesmo: Carlos Angílica Entenza; Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Antón Ferreira Lorenzo; Mª Consuelo González de Dios; Manuel A. Pombal Diego e Ricardo Portela Vilas.

 

     Para os vindeiros meses de outubro e novembro, está previsto levar a cabo novas accións de mantemento do bosque. Estas accións consistirán fundamentalmente na eliminación de acacia, polo que dende este momento invitamos a tódalas persoas que queiran sumarse a este proxecto de conservación da biodiversidade a colaborar con nós.

 

 

 

Actualziado o 16-08-2009

 

    

 

 

  Na fotografía unha das eirugas recollidas o pasado 27 de xullo para o seu traslado ao Bosque para unha bolboreta. Acada unha lonxitude de preto de 6 centímetros, tras eclosionar hai mes e medio. Esta eiruga é utilizada para obter datos do seu desenvolvemento larvario en estado natural, pois a mesma atópase nun érbedo situado nunha finca particular e o seu desenvolvemento ten lugar en condicións totalmente naturais e sen manipulación. Con este estudo pretendemos cometer o menor número de erros posible no Proxecto Charaxes. Cando a mesma se converta en pupa e estea a piques de se converter en imago, será trasladada ao bosque onde, dende hai un mes e medio,  xa se levaron algunhas outras eirugas. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).  

 

 

 

 

 

Actualizado o 30-06-2009

 

NESTE FINAL DE XUÑO DEMOS

COMEZO Á SEGUNDA FASE DO PROXECTO

 

       Hai pouco máis dun ano, en marzo do 2008, iniciamos un dos proxectos máis ambiciosos desenvolvidos nos últimos tempos por esta asociación: a creación dun bosque para unha bolboreta, para o que contamos coa inestimable colaboración da Comunidades de Montes de Camposancos, que cedeu o terreo, e do Padroado Monte Santa Trega, Concello da Guarda e a Comunidade anteriormente citada que se encargaron do desbroce da parcela. Pensamos que o bosque está consolidado e, polo tanto, esa fase podemos dala por rematada. Hai un par de días iniciamos a segunda fase que pode durar ata o vindeiro mes de outubro e cuxos resultados finais deberan verse de aquí a un ano.

 

     Aínda que no mes de setembro do pasado ano, emprendemos xa esta segunda fase coa solta de tres bolboretas da especie procedentes do Niño do Corvo, as posibilidades de reprodución estaban reducidas á mínima expresión, se é que había algunha, e isto por dous motivos: primeiro, porque xa era demasiado tarde para ter algunha garantía de posta e, segundo, porque non observamos se eran machos ou femias.

 

    Agora, neste ano e neste mes de xuño, hai escasos días, procedemos á recollida de ovos e eirugas que terán como destino o bosque creado por nós.

 

  Manuel A. Pombal, "Peque", o sábado 27 deste mes de xuño, en plena tarefa de buscar ovos e/ou eirugas de Charaxes jasius para o seu posterior traslado ao "bosque para unha bolboreta".

  

  Temos que sinalar que quedamos sorprendidos o atopar, nestas alturas do ano, ovos e eirugas, pois sempre cremos que no Baixo Miño as posibilidade de atopar estes elementos era a partir de finais de agosto. En realidade nós, Manuel A. Pombal e Agustín Ferreira, na saída efectuada o sábado día 27 de xuño, íamos coa esperanza de buscar pupas que puidésemos trasladar ao bosque. Destas ningunha. Pero si unha relativa abundancia de ovos e algunha que outra eiruga.  Isto pon de evidencia que aquí hai dúas xeracións: unha de primavera e outra de verán. Este datos era descoñecido ata agora para os membros de ANABAM, xa que soamente tiñamos rexistrado a presenza de bolboretas, eirugas e ovos a partir de finais de agosto.

 

Agustín Ferreira, coordinador do proxecto, buscando ovos e eirugas nos érbedos para o seu posterior traslado ao Bosque.

 

As postas son individuais. Habitualmente aparece un único ovo nunha fola pero neste caso, como podemos apreciar na fotografía, son tres ovos nunha mesma folla.

 

Eiruga recén saída do ovo. Este vese parcialmente comido, pois a eiruga, ao pouco de eclosionar do ovo, se alimentará do mesmo. Á esquerda pode verse un ovo aínda moi fresco. Á dereita outro a piques de eclosionar.

 

 

Nun recipiente pequenas pólas nas que, nalgunhas follas, están os ovos de Charaxes.

A idea é deixar que os ovos eclosionen para trasladar as eirugas ao Bosque.

 

 

Actualizado o 30-09-2008

 

 

Charaxes jasius no interior dunha bolsa segundos antes de soltala na súa nova ubicación: o bosque para unha bolboreta.

      

     Este pasado mércores, 17 de setembro, demos comezo a segunda fase do Proxecto "Un Bosque para unha Bolboreta", transformado, nesta segunda fase, no "Proxecto Charaxes" unha vez que o bosque xa está conseguido coa plantación de máis dun cento de érbedos.

 

    Con esta segunda fase tratamos de conseguir que a bolboreta obxecto deste proxecto, a Charaxes jasius, atope un novo hábitat no Baixo Miño. Para iso estamos a traballar coas eirugas e cos exemplares adultos (imagos) desta especie. Como dixemos máis arriba, o día 17 demos inicio a esta nova fase polo que levamos a cabo diversos preparativos co obxecto de recoller  algúns exemplares adultos da citada bolboreta. Adicamos previamente catro visitas á zona do Niño do Corvo, monte pertencente ao veciño concello do Rosal, distante da zona de plantación e da nova ubicación dos exemplares capturados, uns sete quilómetros. O venres 26 deste mesmo mes, fixemos as dúas primeiras capturas que trasladamos de inmediato ao lugar previsto onde foron soltadas. Aínda que o tempo bótasenos enriba, a idea inicial é trasladar algunhas bolboretas máis, polo que esperamos que nos vindeiros días podamos rematar a tempada con certo éxito. E decimos con "certo éxito" porque en realidade este proceso debera estar feito a finais de agosto ou primeiros de setembro pero, por circunstancias de última hora, non puido facerse polo que aplicamos o refrán de "máis vale tarde que nunca".

 

 

Peque, un dos colaboradores no proxecto,  coa manga e a bolsa plástica onde se introduciu unha das Charaxes capturadas para o seu traslado ao erbedal do Monte Trega, na Guarda.

 

 NOVA LOCALIZACIÓN DE CHARAXES JASIUS NO BAIXO MIÑO

 

     O entomólogo Suso Requejo ben de confirmar unha nova área de distribución da bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño, concretamente no Parque Natural do Monte Aloia, logo de que o pasado ano observara un ovo nunha folla de érbedo. Con este achádego, son dúas as localidades da comarca onde está presente a citada bolboreta.

 

 

     O érbedo no que foi observado o ovo de Charaxes, era un exemplar pequeno polo que inicialmente había dúbidas de si este exemplar estaba recén plantado. Segundo confirmaron traballadores do parque, o érbedo en cuestión levaba xa uns catro anos alí polo que, deste xeito, puido confirmarse que a posta fora efectuada no propio parque.

 

 

Actualizado o 25-01-2008

 

       Por fin, o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" avanza un paso máis, pois este xoves 24 de xaneiro a maquinaria para desbrozar a enorme cantidade de acacias, que literalmente cubre esta parcela, comezou a traballar. 

 

    No vindeiro mes de febreiro daremos outro paso máis coa plantación de preto de 150 érbedos (Arbutus unedo) que adquirimos gracias a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente. Estamos a organizar este proceso xa que nos gustaría que cada socio tivera seu érbedo, ademais das entidades colaboradoras e distintos colectivos locais. Daremos máis información sobre este particular cando teñamos todo perfectamente organizado. 

 

   A parcela, como xa espuxemos en anteriores informacións, atópase na falda oriental do Monte Santa Trega. Pertence á Comunidade de Montes de Camposancos que a cede a esta asociación para a plantación de érbedos. Durante uns anos, ANABAM vaise encargar de manter en condicións tanto a parcela como a citada plantación, onde ademais está previsto a plantación doutras especies da zona co doble obxectivo de que serva para o proxecto citado e como área botánica, onde cada especie terá a súa tarxeta identificativa.

 

 

Desbrozadora en plena tarea de triturar as numerosas acacias que converten esta parcela en un bosque

impenetrable e practicamente sen fauna silvestre.

 

 

Agás algunhas árbores que lograron sobrevivir entre a espesura das acacias, éstas últimas son erradicadas totalmente desta paraxe que se atopa a carón da área de lecer que posúe a Comunidade de Montes de Camposancos na falda do Trega, na zona de Chans.

 

 

Pouco a pouco o terreo vai quedando despexado dando sensación de respiro nunha

parcela que minutos antes estaba plagada da temible e invasiva acacia.

 

 

O Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, Javier Crespo, 

observando os traballos de desbroce. 

 

 

 

Actualizado o 10-10-2007

       Xa temos adquiridos os primeiros150 érbedos (Arbutus unedo) cos que imos iniciar o proxecto UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA que levaremos a cabo en colaboración coa Comunidade de Montes de Camposancos, coa que asinaremos un convenio pola que esta entidade cede un terreo no Monte Trega para a plantación dos mesmos. 

 

     Os érbedos, procedentes de viveiro, teñen unha altura comprendida entre os 50 cm e algo máis de 2 metros, sendo adquiridos cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, invertindo nos mesmos 3.000 euros.

 

CADA SOCIO SEU ÉRBEDO:

 

        Os socios de ANABAM poderán participar activamente neste proxecto de tal xeito que cada un poderá te-lo seu érbedo e contribuir así á protección e conservación dunha das máis grandes bolboretas de Galicia: a Charaxes jasius.

 

      Os socios terán dúas formas de participar:

 

        a/ Acondicionando a parcela e procedendo a plantar seu érbedo. Cada érbedo estará numerado para identificar perfectamente cada exemplar e disporá dunha ficha na que estarán os datos do mesmo "e os do seu propietario/a". 

 

        b/ A outra forma de participación é apadriñando o érbedo. Neste caso o apadriñamento se consigue aportando un donativo de 10 euros por cada érbedo que desexe apadriñar. A asociación será a encargada de efectuar a plantación. 

 

COLABORACIÓN DOS NON SOCIOS:

 

     Os que non son socios de ANABAM tamén poderán participar neste proxecto. E hai dúas opcións:

 

         a/ Colaborando como voluntario na plantación, acondicionamento e mantemento do erbedal, 

 

         b/ Apadriñando un érbedo. O apadriñamento se consigue cun donativo de 20 euros por cada érbedo que desexe apadriñar. O érbedo poderá ser plantado pola persoa interesada, se así o desexa, ou ben farano no seu nome a propia asociación.

 

 

Érbedos de case 2 metros de alto dispostos para ser plantados.

 

 

Grupo de érbedos, que superan os 50 cm de alto, preparados para o seu traslado dende o viveiro.

 

 

 

Actualizado o 26-06-2007

    

CONVENIO COA 

COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS

 

         Unha parcela  cuberta actualmente de acacias, situada a carón da área de lecer existente na falda oriental do Monte Santa Trega, pertencente á Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Camposancos, poderia formar parte do programa de protección e conservación da bolboreta Charaxes jasius que está desenvolvendo ANABAM no Baixo Miño, tralo convenio que está previsto asinen as entidades comuneira e a conservacionista anteriormente citadas. 

 

 

 

        A parcela, que ten arredor dunha hectárea, está actualmente cuberta de acacias que invaden totalmente o recinto, polo que con este proxecto se poderá recuperar esta zona á vez que se desenvolve un proxecto pioneiro mo estado español en favor dunha bolboreta. A partir do outono próximo, preto dun centenar de érbedos de diferentes tamaños empezarán a ser plantados no recinto. Ademais está previsto que outras especies formen parte deste enclave(abruñeiros, pereiros bravos, estripeiros, carballos...) co fin de que este espacio sirva tamén para actividades de educación e sensibilización ambiental.

 

      Esta vai sela primeira vez que a asociación conservacionista ANABAM e unha Comunidade Veciñal de Montes en Man Común, como é a de Camposancos, colaboren conxuntamente nun proxecto ambiental de protección e conservación dunha determinada especie.

 

 

Un dos érbedos existentes no Monte Trega, cun magnífico porte, que 

sinala que este enclave pode ser interesante para a creación dun erbedal.

 

ERBEDAL

       Para levar a cabo a creación dun erbedal, que ven sendo a fase fundamental do Proxecto Charaxes, acudimos ás subvencións que anualmente otorga a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. A cuantía solicitada era de 3.000 euros que foi aceptada na súa totalidade e coa que poderemos facer fronte á adquisición de aproximadamente un centenar de érbedos de diferentes tamaños, cos que daremos inicio a este proxecto de conservación da biodiversidade baixomiñota. 

 

      A plantación dos érbedos vaise levar a cabo nunha parcela pertencente a Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos (A Guarda) coa que imos asinar proximamente un convenio de colaboración.

 

     Ademais está previsto destinar algúns destes érbedos para vivendas particulares da zona de Camposancos co fin de implicar á poboación neste proxecto.

 

 

     O érbedo é unha árbore de follas perennes, verdes, lustrosas, que da flores brancas e froitos vermellos, comestibles pero non de sabor agradable. Moitas aves se alimentan destes froitos polo que constitúen un bo recuros natural para as mesmas. A eiruga da bolboreta Charaxes jasius se alimenta exclusivamente das follas desta árbore.

 

 
Actualizado o 01-03-2007

 

   ANABAM estudia a posibilidade de que o PROXECTO CHARAXES se leve a cabo no Monte Trega, por considerar que esta zona reúne características que poden facer viable o proxecto de ampliación da área de distribución da bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño. Entre estas características están as de que este monte posúe varios exemplares de érbedos cun interesante porte, o que ben a constatar que estas ladeiras son aptas para levar a cabo unha plantación desta especie; outra das características é a de proximidade a área onde actualmente se localiza a única poboación coñecida da comarca onde está presente a bolboreta obxecto do proxecto. 

      Nos próximos días está previsto solicitar unha xuntanza cos propietarios do monte para ver si existe a posibilidade de facer un covenio de colaboración entre esta asociación e a respectiva Comunidade de Montes, pois o que se pretende desde ANABAM é implicar á sociedade nas tarefas de conservación e protección da biodiversidade do Baixo Miño.

      Máis de dez magníficos exemplares de érbedo (Arbutus unedo) existen nas ladeiras do Monte Trega. Isto xa da unha certa garantía para levar adiante unha posible plantación desta árbore, base fundamental para que o proxecto que se pretende poñer en marcha teña visos de realidade.

           Neste senso está previsto levar a cabo unha plantación dun centenar de érbedos no presente ano, algúns deles procedentes do noso viveiro e outros adquiridos directamente a viveiros profesionais.

 

 

 

 

 

 

A fotografía superior amosa un dos érbedos existentes no Trega. A fotografía da esquerda flores de érbedo aínda pechadas, ámbalas dúas fotografías foron obtidas en diferentes zonas do monte Trega.

 

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 08-01-2007

     

     O proxecto "Un bosque para unha bolboreta" se desenvolve, nestes intres en dúas direccións, por unha banda a divulgación do proxecto en sí, e por outra á obtención de fondos destinados a facer realidade o mesmo. 

 

      Nestes intres estamos estudiando  unha pequena e interesante, pensamos nós, modificación con respecto ao proxecto inicial, pois valoramos a posibilidade de tratar de chegar a un acordo con algunha Comunidade de Montes para a cesión a esta asociación dunha parcela por un determinado tempo, cousa que se levaría a cabo mediante a sinatura dun convenio entre as dúas entidades. Isto nos permitiría, nun plazo máis breve, poñer en marcha o proxecto e, algo importante tamén, a implicación directa doutro colectivo  no mesmo.

 

     COMO  COLABORAR

     Neste momento a colaboración vai polo camiño de recadar os cartos necesarios para iniciar o mesmo. Para que o proxecto sexa unha realidade ó 100% necesitariamos contar con 60.000 euros, iso nos permitiría adquirir unha parcela, acondicionala,  plantar os érbedos, etc. Así que, de momento, estamos na fase inicial e, posiblemente, a máis complicada, reunir os cartos. 

 

     Os que desexen colaborar directamente no proxecto poden facelo con donacións, poden divulgar o mesmo ou colaborar na "venda-donativos" das publicacións de ANABAM (ir a publicacións).

 

      O que fixemos ata agora foi aproveitar o Nadal para divulgar o proxecto a través de participacións de lotería que puxemos á venda. A finalidade, neste caso, non tiña como meta a recaudación de cartos (as participacións non levaban recargo algún) pero tampouco esgotamos esta posibilidade, pois a propia asociación tamén se quedou con algunha por si a sorte acompañaba.  

    

 

COLABORA NO PROXECTO

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

MERCANDO PARTICIPACIÓNS DA LOTERÍA DE NADAL

 

 

 

     

ESCRITOS RECIBIDOS

 

Dun socio:

Cuadro de texto:  He tenido oportunidad de leer en el Carrizal vuestro artículo sobre  el  Bajá   de   dos   colas  (Charaxes  jasius), una de las mariposas más bellas que podemos encontrar en  la península  ibérica.

 Esta mariposa, que vuela en primavera y en otoño, está muy  extendida  por  la cuenca  mediterránea, llegando hasta Etiopía y al África ecuatorial.  En Galicia es frecuente en la Serra da Encina da Lastra (Covas. Ourense), y también en el Bierzo. Si bien el sur de Galicia  pertenece climáticamente a la región eurosiberiana atlántico sur, en  la flora del Baixo Miño se  puede apreciar la  transición  a la  subregión  mediterránea,  en la  que  crecen  especies como el madroño (arbustus unedo), que es la planta nutricia de la Charaxes jasius. 

En la provincia de Pontevedra la Charaxes jasius es muy escasa. Tuve la oportunidad de observar durante varios años una importante  población, que vivía (lo digo deliberadamente en pasado) en un bosque de madroños del monte Picaraña, cerca del monasterio de Canedo, en Ponteareas. Hace más de un lustro esta colonia era, según mis noticias, la única de la provincia de Pontevedra. Posteriormente he conocido otras citas en el Condado y en el Ribeiro, todas ellas sin confirmar. Los incendios que todos los años asolan estos montes ponteareanos, destruyeron el bosque de madroños y con él desaparecieron las mariposas.

 Como curiosidad, os puedo comentar que Nacional Geographic publicó un artículo en su número de noviembre  de  1999, en el que aparecía una foto de una Charaxes jasius  libando sangre de la herida de un cervato, lo que parece ser un comportamiento ocasional de la especie. Para comprobarlo, se está realizando un documental en el que entre otras imágenes, se observa otra escena de esta mariposa libando la sangre de una cabra.

 Considero muy interesante incorporar el estudio de las mariposas a las actividades que viene desarrollando ANABAM. Os animo a dar continuidad al proyecto, ya que creo que puede aportar más conocimiento sobre los valores de biodiversidad del Baixo Miño, y que con el tiempo podemos encontrarnos con agradables sorpresas como son especies de mariposas, que por su distribución geográfica podrían estar presentes en la zona.

Javier Torres Goberna

(Socio nº  122)

Recibido o 13-12-2006

 

%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%

 

Escrito de la asociación Zerynthia:

Hola amigos de ANABAM.

Mi nombre es Yeray Monasterio León y soy el Vicepresidente de la recientemente aparecida Asociación Española para la Protección de las Mariposas y su Medio (ZERYNTHIA).

He leído a cerca del proyecto que tenéis entre manos relacionado con la Charaxes jasius en Galicia y queremos mostraros nuestro apoyo y colaboración en lo que necesitéis.


Me gustaría que nos desarrollarais un poco vuestro proyecto, ya que está absolutamente relacionado con el tipo de actividades que ya estamos comenzando a realizar. Tal vez juntos podamos conseguir los medios para llevar a cabo el proyecto de una forma más efectiva.

En cuanto a nuestra asociación, podéis ver en qué consiste en nuestra página web www.asociacion-zerynthia.org

Atentamente: Yeray Monasterio León

(Recibido 0 20/12/2006)

==========0000000000==========

 

       Javier Blanco, entomólogo vigués e habitual colaborador de ANABAM, unha vez máis nos está a botar unha man divulgando este proxecto tanto dende a súa páxina (www.vacaloura.cjb.net) que, como non podia ser doutra forma, recomendamos a tódlos interesados na entomoloxía, como directamente por medio do correo electrónico. Dende ANABAM agradecemos a Javier Blanco, que ademais tivo o mérito de citar o pasado ano esta bolboreta no Baixo Miño, a colaboración que nos presta. Vai o escrito que Javier envía a outros moitos entomólogos.

 

Estimados colegas:

Os informo que en el Baixo Miño, se está llevando a cabo un proyecto de conservación para la Charaxes jasius, proyecto llevado a cabo por la Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), y que recibe el nombre de "Un bosque para una mariposa".

Si queréis informaros sobre él, en mi web, Vacaloura.net, tenéis más información en la sección Proyectos entomológicos.

Un saludo a todos.

_________________
Javier Blanco
"VACALOURA.NET"
www.vacaloura.cjb.net
De: plas.com@terra.es

 

(Recibido o 21-12-2006)

 

 

 

Actualizado o 02-11-2006

     

       Logo do descubrimento da bolboreta Charaxes jasius  no Baixo Miño por Javier Blanco (entomólogo e colaborador de ANABAM) o pasado ano, e de confirmar a súa reproducción na comarca (Jesús Requejo e Agustín Ferreira, 2006), agora estamos a traballar nun ambicioso proxecto que denominamos UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA. Este proxecto consiste precisamente niso, na creación dun espacio natural coa finalidade de ampliar a área de distribución desta fermosa bolboreta que, polo de agora coñecemos a súa presencia nun só lugar do Baixo Miño, no municipio do Rosal.

 

     O proxecto UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA, consiste en mercar un terreo no Baixo Miño, coa superficie suficiente para plantar un bosque onde a especie arbórea principal vai se-lo érbedo (Arbutus unedo), planta nutricia e vital para a existencia de Charaxes jasius. O proxecto necesitará duns 60.000 euros e para iso quixeramos contar coa colaboración de socios e voluntarios para poder reunir esa cantidade.

 

     En principio iniciaremos o proxecto coa venda de participacións de lotería de Nadal.  Os socios que desexen colaborar poden solicitar as participacións (lotes de 10 por cada número -dispoñemos de tódalas terminacións) para vendelas (ou quedarse  eles coas mesmas). Periodicamente iremos expoñendo nestas páxinas a recadación que vamos tendo e os colaboradores do proxecto, así como tódalas novas que vaian saíndo a este respecto.

 

    Tamén estamos a preparar un documental sobre a Charaxes jasius. Agora, para ter unha idea máis desta bolboreta, expoñemos varias imaxes da eclosión dun exemplar desta especie.

 

 

Aspecto da crisálida poucos minutos antes de saír a bolboreta ó exterior.

 

A bolboreta rompe o capullo e da o seu paso ao mundo exterior.

   

 

Comeza a estirar as ás. O ventre aparece hinchado debido a prensenza de líquidos que,

pouco a pouco, irá expulsando.

 

 

Charaxes jasius xa coas ás totalmente extendidas amosando os delicados debuxos e as fermosas cores 

 

COLABORA CON ANABAM NO PROXECTO

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

para garantir e aumentar a área de distribución desta especie no Baixo Miño. 

 

    En ANABAM queremos que tí tamén teñas que ver con este proxecto. Colabora con nós. 

 

PORQUE A NATUREZA NOS NECESITA

PORQUE UNHA BOLBORETA PODE CREAR UN BOSQUE.

 

 

Charaxes jasius

      Sabiamos da súa presencia no Baixo Miño polos datos aportados por outro entomólogo, Javier Blanco, colaborador de ANABAM, que a descubrira no pasado ano (2005) para o Baixo Miño. Agora, queriamos confirmar esta presencia e recabar algúns datos máis da máis grande bolboreta diurna de Galicia. Achegámonos ata a zona na que foi citada o ano pasado. Éramos Jesús Requejo, entomólogo, e Agustín Ferreira. O único lugar do Baixo Miño onde temos constancia da súa presencia se atopa no municipio do Rosal. Dirixímonos á zona onde temos constancia da súa presencia. Os erbedos (Arbutus unedo) é a súa planta nutricia e dela se alimenta exclusivamente. Revisamos varios exemplares e descubrimos a presencia de ovos (27-08-2006). Sendo esta a primeira cita para o Baixo Miño dos mesmos. Isto nos confirma un dato interesante: que a poboación de Ch. jasius na zona onde fora atopada po javier Blanco é estable. Os ovos son pequenas esferiñas de algo máis dun milímetro de diámetro, dunha cor amarela, solitarios, que aparecen na cara superior das follas da súa planta nutricia: o erbedo (Arbutus unedo). Así que, se había ovos tiña que haber imagos. Non tardamos en atopar un exemplar que voaba xunto a outras dúas grandes bolboretas: Iphiclides podalirius e Papilio machaon. Para Suso non era novidade, pero para Agustín sí. Durante varios minutos aproveitados para filmar e fotografiar a Ch. jasius deleitándonos coa súa observación. Eran máis das dúas da tarde e disfrutamos con esta marabilla da natureza durante varios minutos.

Durante varios segundos permaceo pousada sobre un rochedo.

Aproveitamos para obter unha instantánea.

 

 

O reverso desta bolboreta é espectacular. 

 

 

 

 

Os ovos son pequenas esferiñas de cor amarela, individuais, depositados na cara superior da folla de erbedo.

 

Fotografía da eiruga de Charaxes jasius, unha semana despois de nacer.

 Ten 10 milímetros de lonxitude.