|

| |
|
PLAN DE ESPECIAL PROTECCIÓN DA
CAMARIÑA (Corema album)
|
| |
|
|
Actualizado o
04-10-2011 |
|
| |
 |
|
O luns 19 de setembro mantivemos unha xuntanza co vereador de Medio
Ambiente e Vicepresidente da Cámara Municipal de Caminha, co fin de
expoñerlle o proxecto que temos previsto levar a cabo na Mata Nacional
de Camarido.
Co proxecto, denominado PROXECTO CAMARIÑA,
pretendemos desenvolver accións de conservación e protección desta
especie altamente ameazada no único lugar do Baixo Miño galego-portugués
onde está presente, que é a citada mata.
O vereador, Flamiano Martíns, logo de ter a información, mostrouse
altamente interesado en colaborar no mesmo e, polo tanto, con ANABAM,
para conseguir que a camariña non desapareza do entorno citado. Deste
xeito, a Cámara Municipal de Caminha vaise ocupar de solicitar os
permisos necesarios e do apoio loxístico para facilitar os labores de
ANABAM na protección e conservación desta especie.
Agás problemas de axenda do vereador, temos previsto manter unha próxima
xuntanza no vindeiro sábado 15 deste mes de outubro para ultimar
detalles. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
INICIAMOS O PROXECTO
O sábado 24 de setembro, varios membros de ANABAM desprazámonos á Mata
Nacional do Camarido, Caminha, para tomar novos datos dos exemplares alí
presentes. A xornada foi dedicada a facer un percorrido e tomar con GPS
as coordenadas dos primeiros 54 exemplares observados, a maioría deles
moi cativos e bastantes en precarias condicións.
Na fotografía
obsérvase como as acacias ameazan seriamente a unha mata de camariña. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
En realidade, xa dende o ano 2007,
vimos prestando unha certa atención a esta especie, como se pode ver nos
artigos que figuran máis abaixo, de feito, está planta está incluída no
PES (Plan de Especial Seguimento das especies ameazadas) deseñado por
ANABAM, o cal quere dicir que é necesario levar a cabo plans de
conservación e protección da especie na área de influencia do Baixo
Miño.
Na imaxe, membros da asociación tomando datos dun dos pes
de camariña o sábado 24 de setembro. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Unha das matas que ten un porte xeitoso, pero que está
ameazada por unha acacia que hai ao seu carón. |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizado o
25-08-2011 |
|
| |
|
|
|
|
| |
ANABAM ESTUDIA UN PLAN PARA PRESERVAR
A
CAMARIÑA (Corema album) NA
MARXE PORTUGUESA DO MIÑO |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
A
camariña é un arbustiño que medra na costa atlántica da Península
Ibérica, sendo un endemismo desta área. Décadas atrás era especie moi
abondosa, pero actualmente a súa poboación está mermando
considerablemente. En Galicia escasea, pero hai nomes de pobos que nos
indica que debeu ser abondosa: Pobra do Caramiñal e Camariñas.
A poboación galega de
presenza de camariñas máis próxima ao Baixo Miño está nas Illas Cíes.
No Baixo Miño galego-portugués,
esta especie soamente está presente no piñeiral de Camarido (Caminha) e
vestixialmente en Moledo.
Fotografía da esquerda:
Frecha
superior (círculo grande): Localización de exemplares na Mata de
camarido.
Frecha inferior (círculo pequeno): vestixios de camariña a carón da
praia de Moledo, nun recinto delimitado. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Un
dos principais problemas que pode ter esta especie é a súa reprodución,
pois parece ser que a xerminación das súas sementes é máis que
problemática, nós nunca observamos plántulas, e estudos recentes parecen
confirmar este feito. Suxírese que a súa reprodución poda efectuarse
principalmente por outros mecanismos, pero en calquera caso, estes deben
ser extremadamente lentos, polo que a rexeneración da especie resulta,
na práctica, moi difícil e a longo prazo, de aí que, a desparición de
cada exemplar, pode ser unha perda irreparabel que tristemente pode
resultar fatal para a continuidade da mesma nun lugar determinado.
A camariña é
unha planta con pes masculinos e femininos. Os froitos aparecen nos
exemplares femininos. Son de cor branco ou branco rosados, a finais de
agosto empezan a madurar e tórnanse dunha cor castaña semitransparente.
Son comestibeis con certo
sabor agridoce. |
|
| |
|
|
|
|
| |

Un dos
exemplares que hai na Mata Nacional de Camarido,
na veciña
localidade de Caminha. |
|
2.000 EUROS DESTINARÁ ESTA ASOCIACIÓN
AO PROXECTO
Inicialmente, ANABAM ten
previsto destinar un presuposto de 2 000 euros para levar a cabo
as primeiras accións encamiñadas a preservar a especie na veciña
localidade de Caminha, na Mata Nacional do Camarido. Este investimento
vai destinado fundamentalmente a:
-Gastos ocasionados
polas labores de limpeza.
-Elementos de
protección e información.
-Desprazamentos.
-Gastos varios e
imprevistos.
Dende hai
varios anos en ANABAM vimos prestando atención á camariña. Tanto é así
que levamos a cabo un proxecto coa finalidade de que a especie estivera
presente na praia e piñeiral de Camposancos. Anos atrás chegamos a
recoller varios centos de froitos no piñeiral de Camarido para botar na
citada praia. Ningún deles tivo resultado positivo. Tamén realizamos
unha plantación con varias decenas de pequenas plantas procedentes dun
viveiro da comarca (Galiplant), pero non pasaron do ano.
O proxecto
podería iniciarse xa no vindeiro mes de outubro. Estará aberto á
participación do voluntariado que queira colaborar no mesmo, pero antes
teremos que ter os correspondentes permisos para poder levalo adiante.
As xestión iniciarémolas neste mes de setembro. |
|
| |
|
|
|
|
| |
PUNTOS PRINCIPAIS NOS QUE SE BASARÁ
O PROXECTO |
|
| |
|
Estudo da poboación:
-Censo de exemplares.
-Ameazas
máis inmediatas.
-Localización de exemplares.
-Fotografía identificativa de cada exemplar.
-Coordenadas GPS. |
|
Medidas de protección:
-Limpeza
da vexetación abafante.
-Cercado dos exemplares.
-Panéis
informativos.
|
|
Seguimento e Mantemento:
-Seguimento
continuado do proxecto con toma de datos de posibles incidencias.
-Mantemento
dos exemplares con medidas que eviten a invasión de especies
exóticas, como carpobrotus e acacias.
-Recollida
de información.
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Área de distribución da camariña na Península Ibérica. Obsérvese que a
costa portuguesa é onde a especie está con mayormente presente. En
Galicia existen algúns núcleos no norte , así coma nas Illas Cíes. Nas
proximidades do esteiro do Miño, e polo tanto na comarca do Baixo Miño,
a súa presenza redúcese ao municipio de Caminha (Piñeiral de camarido e
Moledo).
(Fonte:Caracterização das populações de Camarinha
(Corema album L.) no Cabo Carvoeiro
Elisabete Maria Matos de Sousa Marques
Dissertação orientada pela Professora Doutora Otília Correia
UNIVERSIDADE DE LISBOA
FACULDADE DE CIÊNCIAS
DEPARTAMENTO DE BIOLOGIA VEGETAL
|
|
|
|
Actualizado o 14-10-2008 |
|

Mata nº 1,
excelente exemplar que, aparentemente non presenta ningún tipo de
ameaza que poda incidir negativamente. En calquera caso, ao seu carón
atópase tres pequenas acacias que no futuro si poderían ameazar esta
mata.
O pasado sábado, 13 de xaneiro, efectuamos a primeira saída ao piñeiral
de Camarido, para proceder á recollida de datos de 14 dos exemplares que
localizamos no par de horas que estivemos na zona.
Temos que sinalar, que unicamente dous dos catorce exemplares, estaban
nunhas boas condicións ( si ben un deles víase relativamente ameazado
por tres acacias que, de non tomar medidas, no futuro poden traer
consecuencias negativas para a mata en cuestión). Os demais
exemplares víanse, en maior ou menor medida, ameazados, nuns casos por
acacias, noutros por Carpobrotus sp., noutros por unha mestura de
acacias, Carpobrotus e outras especies, e algún exemplar pequeno
porque pode ser pisoteado accidentalmente.
Os datos que veñen a continuación son aproximados.
A "mata" pode estar formada por un só pé ou por varios, pero
no seu conxunto forma unha única masa.
| MATA
Nº |
ALTURA
(cm) |
MEDIDAS
(cm) |
ESTADO |
TIPO
AMENAZA |
NOTAS |
|
1 |
55 |
260
X 310 |
Aceptable |
-------- |
|
|
2 |
33 |
15
X12 |
Posible
amenaza |
Pisoteo |
|
|
3 |
100 |
257
X 370 |
Aceptable |
-------- |
|
|
4 |
90 |
190
X 320 |
Aceptable |
--------- |
|
|
5 |
110 |
210
X 230 |
Aceptable |
---------- |
|
|
6 |
112 |
270
X 69 |
Amenazada |
Xestas |
|
|
7 |
47 |
44
X 30 |
Amenazada |
Acacias |
|
|
8 |
59 |
91
X 64 |
Amenazada |
Carpobrotus |
|
|
9 |
77 |
85
X 55 |
Amenazada |
Xestas |
|
|
10 |
50 |
370
X 375 |
Amenazada |
Xestas,
herbáceas |
|
|
11 |
125 |
230
X 230 |
Amenazada |
Acacia,
Herbáceas. |
|
|
12 |
102 |
206
X 243 |
Amenazada |
Acacia,
Carpobrotus |
Parcialmente
seca. |
|
13 |
? |
495
X 200 |
Amenazada |
Acacia |
|
|
14 |
126 |
232
X 168 |
Amenazada |
Acacia,
herbáceas. |
|

Dous membros de
ANABAM (Antón e Peque) tomando datos do exemplar nº 1.

Exemplar nº 5.
Inicialmente presentámolo como non amenazado. ten tamén un excelente
porte.

Restos de
diverso vexetación, sobre todo xestas e algunhas outras plantas,
amenazan
o exemplar nº
9.

Carpobrotus
edulis
(uña de tigre) e acacias, constitúen dúas das máis terribles amenazasa
para a
Camariña.
|
| Actualizado o 15-05-2008 |
|
O pasado sábado 3 de maio realizamos unha nova saída de campo ao piñeiral de
Camarido (Caminha) para recoller información das camariñas presentes no
mesmo. O equipo de campo estivo formado por cinco persoas: Carlos Angílica,
fotografía e GPS; Mª Consuelo Gonzáles -Chelo-, anotacións; Manuel A. Pombal
"Peque", medicións; Marcos Pombal, axudante e Agustín Ferreira, coordinador
do proxecto e cámara.
Foron
rexistradas un total de 41 matas de camariñas, algunhas delas formadas por
varios pes. De todas elas se tomaron as coordenadas UTM, altura máxima así
como a máxima lonxitude e anchura. A maior parte dos exemplares están
cubertos por diverso tipo de vexetación: herbáceas, xestas, etc. Puidemos
comprobar que hai zonas nas que o número de pes é realmente importante. Tal
e como estamos vendo, pensamos que o futuro inmediato da especie está
garantido no piñeiral de Camarido, agás que se produza unha actuación
drástica e radical, aínda así, debera ser
obxectivo prioritario facer labores de clareo, protección e información.

Tres dos integrantes do equipo de campo (Chelo, Peque e Carlos)
recollendo datos dunha pequena planta de camariña.

Marcos é o máis xove colaborador de ANABAM. Na fotografía axudando ao seu
pai na toma de datos dun dos exemplares observados.
|
|
Actualizado o 25-12-2007 |
|
Na década dos oitenta do século pasado, a camariña tiña unha
presencia importante e se conservaba relativamente ben no piñeiral de
Camarido, na outra beira do Miño, no municipio de Caminha. Pero xa por
entón a súa supervivencia víase ameazada por especies exóticas como Carpobrotus
edulis (uña de gato) e Acacia sp.
A preocupación de ANABAM pola camariña, levou a esta asociación a
enviar, hai uns anos, un escrito á administración ambiental portuguesa
para que tomaran cartas no asunto e garantir así a presencia da mesma nos lugares citados anteriormente. Pero si ben a resposta foi positiva,
non as medidas que evitaran a súa merma que nunca se levaron a cabo.
Por si fose pouco, hai uns catro ou cinco anos houbo unha actuación no
piñeiral --limpeza de maleza e plantación de piñeiros-- que supuxo un
golpe para moitos exemplares desta especie, reducindo o número de
exemplares presentes. As
actuacións na praia -limpeza mecánica, incremento do número de
usuarios, pisoteo continuado, etc- supuxo tamén outro golpe para as expectativas de supervivencia da camariña.
Deste xeito, paulatinamente esta especie vese cada vez máis ameazada e
os seus efectivos redúcense notablemente. ANABAM está
estudiando un plan de protección e conservación da camariña na
marxe portuguesa onde podería facer unha primeira inversión de 500 euros
para iniciar o programa de conservación e protección desta especie. Por
empezar, dende este mes de xaneiro a camariña pasa a estar incluída no
PES
(Programa de Especial Seguimento)
desenvolvido por ANABAM e co que se
traballa de xeito activo naquelas especies e/ou hábitats do Baixo Miño
que están ameazados.
Deste xeito, a camariña gozará dunhas determinadas accións e
preocupacións particulares por parte dos membros de ANABAM que deberan
conducir a unha paulatina e constante mellora da especie, garantindo,
cando menos, a súa presencia estable no hábitat que hoxe ocupa. A posta en funcionamento do programa
vaise iniciar xa neste mes de xaneiro no
que se vai levar a cabo un censo dos exemplares presentes no
piñeiral de Camarido e se tomarán diversos datos dos exemplares
censados. A partir de aí,
será estudiado un plan de protección e conservación da especie.

En condicións
precarias, unha pequena mata de camariña emerxe das follas dos piñeiros.

A vexetación ,
neste caso xestas e diversas herbáceas, ameaza unha das matas de camariña presentes no
piñeiral de Camarido. De seguir así, esta especie podería desaparecer a
nivel local en poucos anos.
|
|