|
| |
|
PROXECTO:
UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA
PLAN DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE:
EURYNEBRIA COMPLANATA |
| |
ESTE
PROXECTO CONTA COA COLABORACIÓN DE
-Consellería
de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
-Comunidade
de Montes de Camposancos
-Concello
da Guarda
-Padroado
do Monte Santa Trega
-Weeden
Foundation
|
|
|
Actualizado o 25-01-2008 |
|
Por fin, o proxecto "Un
bosque para unha bolboreta" avanza un
paso máis, pois este xoves 24 de xaneiro a maquinaria para desbrozar a
enorme cantidade de acacias, que literalmente cubre esta parcela, comezou
a traballar.
No vindeiro mes de febreiro daremos outro paso máis coa plantación de
preto de 150 érbedos (Arbutus unedo) que adquirimos gracias a unha
subvención da Consellería de Medio Ambiente. Estamos a organizar este
proceso xa que nos gustaría que cada socio tivera seu érbedo, ademais
das entidades colaboradoras e distintos colectivos locais. Daremos máis
información sobre este particular cando teñamos todo perfectamente
organizado.
A parcela, como xa espuxemos en anteriores informacións, atópase na
falda oriental do Monte Santa Trega. Pertence á Comunidade de Montes de
Camposancos que a cede a esta asociación para a plantación de érbedos.
Durante uns anos, ANABAM vaise encargar de manter en condicións tanto a
parcela como a citada plantación, onde ademais está previsto a
plantación doutras especies da zona co doble obxectivo de que serva para
o proxecto citado e como área botánica, onde cada especie terá a súa
tarxeta identificativa.

Desbrozadora
en plena tarea de triturar as numerosas acacias que converten esta parcela
en un bosque impenetrable e practicamente sen fauna silvestre.

Agás
algunhas árbores que lograron sobrevivir entre a espesura das acacias,
éstas últimas son erradicadas totalmente desta paraxe que se atopa a
carón da área de lecer que posúe a Comunidade de Montes de Camposancos
na falda do Trega, na zona de Chans.

Pouco
a pouco o terreo vai quedando despexado dando sensación de respiro nunha
parcela que minutos antes estaba plagada da temible e invasiva acacia.

O
Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, Javier
Crespo,
observando
os traballos de desbroce.
|
|
Actualizado o 10-10-2007 |
|

Xa temos adquiridos os primeiros150 érbedos (Arbutus unedo) cos
que imos iniciar o proxecto UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA que
levaremos a cabo en colaboración coa Comunidade de Montes de
Camposancos, coa que asinaremos un convenio pola que esta entidade
cede un terreo no Monte Trega para a plantación dos mesmos.
Os érbedos, procedentes de viveiro, teñen unha altura comprendida entre
os 50 cm e algo máis de 2 metros, sendo adquiridos cunha subvención da Consellería
de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, invertindo nos mesmos
3.000 euros.
CADA
SOCIO SEU ÉRBEDO:
Os socios de ANABAM poderán participar activamente neste proxecto de tal
xeito que cada un poderá te-lo seu érbedo e contribuir así á
protección e conservación dunha das máis grandes bolboretas de Galicia:
a Charaxes jasius.
Os socios terán dúas formas de participar:
a/ Acondicionando a parcela e procedendo a plantar seu érbedo. Cada
érbedo estará numerado para identificar perfectamente cada exemplar e
disporá dunha ficha na que estarán os datos do mesmo "e os do seu
propietario/a".
b/ A outra forma de participación é apadriñando o érbedo. Neste
caso o apadriñamento se consigue aportando un donativo de 10 euros por
cada érbedo que desexe apadriñar. A asociación será a encargada de
efectuar a plantación.
COLABORACIÓN
DOS NON SOCIOS:
Os que non son socios de ANABAM tamén poderán participar neste proxecto.
E hai dúas opcións:
a/ Colaborando como voluntario na plantación, acondicionamento e
mantemento do erbedal,
b/ Apadriñando un érbedo. O apadriñamento se consigue cun donativo de
20 euros por cada érbedo que desexe apadriñar. O érbedo poderá ser
plantado pola persoa interesada, se así o desexa, ou ben farano no seu
nome a propia asociación.

Érbedos
de case 2 metros de alto dispostos para ser plantados.

Grupo
de érbedos, que superan os 50 cm de alto, preparados para o seu traslado
dende o viveiro.
|
|
CONVENIO
COA
COMUNIDADE
DE MONTES DE CAMPOSANCOS
|
|
Actualizado o 26-06-2007 |
|
Unha parcela cuberta actualmente de acacias, situada a carón da
área de lecer existente na falda oriental do Monte Santa Trega,
pertencente á Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de
Camposancos, poderia formar parte do programa de protección e
conservación da bolboreta Charaxes jasius que está desenvolvendo
ANABAM no Baixo Miño, tralo convenio que está previsto asinen as
entidades comuneira e a conservacionista anteriormente citadas.

A parcela, que ten arredor dunha hectárea, está actualmente cuberta de
acacias que invaden totalmente o recinto, polo que con este proxecto se
poderá recuperar esta zona á vez que se desenvolve un proxecto pioneiro
mo estado español en favor dunha bolboreta. A partir do outono próximo,
preto dun centenar de érbedos de diferentes tamaños empezarán a ser
plantados no recinto. Ademais está previsto que outras especies formen
parte deste enclave(abruñeiros, pereiros bravos, estripeiros, carballos...)
co fin de que este espacio sirva tamén para actividades de educación e
sensibilización ambiental.
Esta vai sela primeira vez que a asociación conservacionista ANABAM e
unha Comunidade Veciñal de Montes en Man Común, como é a de Camposancos,
colaboren conxuntamente nun proxecto ambiental de protección e
conservación dunha determinada especie.

Un
dos érbedos existentes no Monte Trega, cun magnífico porte, que
sinala
que este enclave pode ser interesante para a creación dun erbedal.
|
|
Actualizado o 26-06-2007 |
|
Para levar a cabo a creación dun erbedal, que ven sendo a fase fundamental
do Proxecto Charaxes, acudimos ás subvencións que anualmente otorga
a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. A cuantía
solicitada era de 3.000 euros que foi aceptada na súa totalidade e coa que
poderemos facer fronte á adquisición de aproximadamente un centenar de
érbedos de diferentes tamaños, cos que daremos inicio a este proxecto de
conservación da biodiversidade baixomiñota.
A plantación dos érbedos vaise levar a cabo nunha parcela pertencente a
Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos (A Guarda) coa que imos
asinar proximamente un convenio de colaboración.
Ademais está previsto destinar algúns destes érbedos para vivendas
particulares da zona de Camposancos co fin de implicar á poboación neste
proxecto.

O érbedo é unha árbore de follas perennes, verdes, lustrosas, que da
flores brancas e froitos vermellos, comestibles pero non de sabor
agradable. Moitas aves se alimentan destes froitos polo que constitúen un
bo recuros natural para as mesmas. A eiruga da bolboreta Charaxes jasius
se alimenta exclusivamente das follas desta árbore.
|
| Actualizado o 01-03-2007 |
|
ANABAM estudia a
posibilidade de que o PROXECTO CHARAXES se leve a cabo no
Monte Trega, por considerar que esta zona reúne características que
poden facer viable o proxecto de ampliación da área de distribución da
bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño. Entre estas
características están as de que este monte posúe varios exemplares de
érbedos cun interesante porte, o que ben a constatar que estas ladeiras
son aptas para levar a cabo unha plantación desta especie; outra das
características é a de proximidade a área onde actualmente se localiza
a única poboación coñecida da comarca onde está presente a bolboreta
obxecto do proxecto.
Nos
próximos días está previsto solicitar unha xuntanza cos propietarios do
monte para ver si existe a posibilidade de facer un covenio de
colaboración entre esta asociación e a respectiva Comunidade de Montes,
pois o que se pretende desde ANABAM é implicar á sociedade nas tarefas
de conservación e protección da biodiversidade do Baixo Miño.

Máis de dez magníficos
exemplares de
érbedo (Arbutus unedo) existen nas ladeiras do Monte Trega. Isto
xa da unha certa garantía para levar adiante unha posible plantación
desta árbore, base fundamental para que o proxecto que se pretende poñer
en marcha teña visos de realidade.
Neste senso está previsto levar a cabo unha
plantación dun centenar de érbedos no presente ano, algúns deles
procedentes do noso viveiro e outros adquiridos directamente a viveiros
profesionais.
 A
fotografía superior amosa un dos érbedos existentes no Trega. A
fotografía da esquerda flores de érbedo aínda pechadas, ámbalas dúas
fotografías foron obtidas en diferentes zonas do monte Trega. |
| Actualizado o 01-03-2007 |
|
ANABAM estudia a
posibilidade de que o PROXECTO CHARAXES se leve a cabo no
Monte Trega, por considerar que esta zona reúne características que
poden facer viable o proxecto de ampliación da área de distribución da
bolboreta Charaxes jasius no Baixo Miño. Entre estas
características están as de que este monte posúe varios exemplares de
érbedos cun interesante porte, o que ben a constatar que estas ladeiras
son aptas para levar a cabo unha plantación desta especie; outra das
características é a de proximidade a área onde actualmente se localiza
a única poboación coñecida da comarca onde está presente a bolboreta
obxecto do proxecto.
Nos
próximos días está previsto solicitar unha xuntanza cos propietarios do
monte para ver si existe a posibilidade de facer un covenio de
colaboración entre esta asociación e a respectiva Comunidade de Montes,
pois o que se pretende desde ANABAM é implicar á sociedade nas tarefas
de conservación e protección da biodiversidade do Baixo Miño.

Máis de dez magníficos
exemplares de
érbedo (Arbutus unedo) existen nas ladeiras do Monte Trega. Isto
xa da unha certa garantía para levar adiante unha posible plantación
desta árbore, base fundamental para que o proxecto que se pretende poñer
en marcha teña visos de realidade.
Neste senso está previsto levar a cabo unha
plantación dun centenar de érbedos no presente ano, algúns deles
procedentes do noso viveiro e outros adquiridos directamente a viveiros
profesionais.
 A
fotografía superior amosa un dos érbedos existentes no Trega. A
fotografía da esquerda flores de érbedo aínda pechadas, ámbalas dúas
fotografías foron obtidas en diferentes zonas do monte Trega. |
|
O proxecto "Un bosque para unha bolboreta" se desenvolve,
nestes intres en dúas direccións, por unha banda a divulgación do proxecto
en sí, e por outra á obtención de fondos destinados a facer realidade
o mesmo.
Nestes intres
estamos estudiando unha pequena e interesante, pensamos nós,
modificación con respecto ao proxecto inicial, pois valoramos a
posibilidade de tratar de chegar a un acordo con algunha Comunidade de
Montes para a cesión a esta asociación dunha parcela por un determinado
tempo, cousa que se levaría a cabo mediante a sinatura dun convenio entre
as dúas entidades. Isto nos permitiría, nun plazo máis breve, poñer en
marcha o proxecto e, algo importante tamén, a implicación directa doutro
colectivo no mesmo.
|
|
Neste momento a colaboración vai polo camiño de recadar os cartos
necesarios para iniciar o mesmo. Para que o proxecto sexa unha realidade
ó 100% necesitariamos contar con 60.000 euros, iso nos permitiría
adquirir unha parcela, acondicionala, plantar os érbedos, etc. Así
que, de momento, estamos na fase inicial e, posiblemente, a máis
complicada, reunir os cartos.
Os que desexen colaborar directamente no proxecto poden facelo con
donacións, poden divulgar o mesmo ou colaborar na
"venda-donativos" das publicacións de ANABAM (ir a
publicacións).
O que fixemos ata agora foi aproveitar o Nadal para divulgar o proxecto a través de participacións
de lotería que puxemos á venda. A finalidade, neste caso, non tiña como
meta a recaudación de cartos (as participacións non levaban recargo
algún) pero tampouco esgotamos esta posibilidade, pois a propia
asociación tamén se quedou con algunha por si a sorte
acompañaba.
|

COLABORA
NO PROXECTO
UN
BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA
MERCANDO
PARTICIPACIÓNS DA LOTERÍA DE NADAL
|
|
|
|
De un socio:
He
tenido oportunidad de leer en el Carrizal
vuestro artículo sobre el
Bajá
de dos colas
(Charaxes jasius),
una de las mariposas más bellas que podemos encontrar en
la península ibérica.
Esta
mariposa, que vuela en primavera y en otoño, está muy extendida
por la cuenca mediterránea,
llegando hasta Etiopía y al África ecuatorial. En Galicia es frecuente en la Serra da Encina da Lastra (Covas.
Ourense), y también en el Bierzo. Si bien el sur de Galicia
pertenece climáticamente a la región eurosiberiana atlántico
sur, en la flora del Baixo Miño
se puede apreciar la
transición a la subregión
mediterránea, en
la que
crecen especies como
el madroño (arbustus unedo),
que es la planta nutricia de la Charaxes
jasius.
En
la provincia de Pontevedra la Charaxes
jasius es muy escasa. Tuve la oportunidad de observar durante varios años
una importante población,
que vivía (lo digo deliberadamente en pasado) en un bosque de madroños
del monte Picaraña, cerca del monasterio de Canedo, en Ponteareas. Hace más
de un lustro esta colonia era, según mis noticias, la única de la
provincia de Pontevedra. Posteriormente he conocido otras citas en el
Condado y en el Ribeiro, todas ellas sin confirmar. Los incendios que
todos los años asolan estos montes ponteareanos, destruyeron el bosque de
madroños y con él desaparecieron las mariposas.
Como
curiosidad, os puedo comentar que Nacional
Geographic publicó un artículo en su número de noviembre
de 1999, en el que
aparecía una foto de una Charaxes
jasius libando sangre de
la herida de un cervato, lo que parece ser un comportamiento ocasional de
la especie. Para comprobarlo, se está realizando un documental en el que
entre otras imágenes, se observa otra escena de esta mariposa libando la
sangre de una cabra.
Considero
muy interesante incorporar el estudio de las mariposas a las actividades
que viene desarrollando ANABAM. Os animo a dar continuidad al proyecto, ya
que creo que puede aportar más conocimiento sobre los valores de
biodiversidad del Baixo Miño, y que con el tiempo podemos encontrarnos
con agradables sorpresas como son especies de mariposas, que por su
distribución geográfica podrían estar presentes en la zona.
Javier
Torres Goberna
(Socio
nº 122)
Recibido
o 13-12-2006
%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
Escrito
de la asociación Zerynthia:
Hola amigos de ANABAM.
Mi nombre es Yeray Monasterio León y soy el Vicepresidente de la
recientemente aparecida Asociación Española para la Protección de las
Mariposas y su Medio (ZERYNTHIA).
He leído a cerca del proyecto que tenéis entre manos relacionado
con la Charaxes jasius en Galicia y queremos mostraros nuestro apoyo
y colaboración en lo que necesitéis.
Me gustaría que nos desarrollarais un poco vuestro proyecto, ya que está
absolutamente relacionado con el tipo de actividades que ya estamos
comenzando a realizar. Tal vez juntos podamos conseguir los medios para
llevar a cabo el proyecto de una forma más efectiva.
En cuanto a nuestra asociación, podéis ver en qué consiste en
nuestra página web www.asociacion-zerynthia.org
Atentamente: Yeray Monasterio León
(Recibido 0
20/12/2006)
==========0000000000==========
0000000000==========0000000000
Javier
Blanco, entomólogo vigués e habitual colaborador de ANABAM, unha vez
máis nos está a botar unha man divulgando este proxecto tanto dende a
súa páxina (www.vacaloura.cjb.net)
que, como non podia ser doutra forma, recomendamos a tódlos interesados
na entomoloxía, como directamente por medio do correo electrónico. Dende
ANABAM agradecemos a Javier Blanco, que ademais tivo o mérito de citar o
pasado ano esta bolboreta no Baixo Miño, a colaboración que nos presta.
Vai o escrito que Javier envía a outros moitos entomólogos.
Estimados colegas:
Os informo que en el Baixo Miño, se está llevando a cabo un proyecto de
conservación para la Charaxes jasius, proyecto llevado a cabo por la
Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), y que recibe el nombre de
"Un bosque para una mariposa".
Si queréis informaros sobre él, en mi web, Vacaloura.net, tenéis más
información en la sección Proyectos entomológicos.
Un saludo a todos.
_________________
Javier Blanco
"VACALOURA.NET"
www.vacaloura.cjb.net
De: plas.com@terra.es
(Recibido o
21-12-2006)
|
|
Logo do descubrimento da bolboreta Charaxes jasius no Baixo
Miño por Javier Blanco (entomólogo e colaborador de ANABAM) o pasado
ano, e de confirmar a súa reproducción na comarca (Jesús Requejo e
Agustín Ferreira, 2006), agora estamos a traballar nun ambicioso proxecto
que denominamos UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA. Este proxecto
consiste precisamente niso, na creación dun espacio natural coa
finalidade de ampliar a área de distribución desta fermosa bolboreta
que, polo de agora coñecemos a súa presencia nun só lugar do Baixo
Miño, no municipio do Rosal.
O proxecto UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA, consiste en mercar un
terreo no Baixo Miño, coa superficie suficiente para plantar un bosque
onde a especie arbórea principal vai se-lo érbedo (Arbutus unedo),
planta nutricia e vital para a existencia de Charaxes jasius. O
proxecto necesitará duns 60.000 euros e para iso quixeramos contar coa
colaboración de socios e voluntarios para poder reunir esa cantidade.
En principio iniciaremos o proxecto coa venda de participacións de
lotería de Nadal. Os socios que desexen colaborar
poden solicitar as participacións (lotes de 10 por cada número -dispoñemos
de tódalas terminacións) para vendelas (ou quedarse eles coas
mesmas). Periodicamente iremos expoñendo nestas páxinas a recadación
que vamos tendo e os colaboradores do proxecto, así como tódalas novas
que vaian saíndo a este respecto.
Tamén estamos a preparar un documental sobre a Charaxes jasius.
Agora, para ter unha idea máis desta bolboreta, expoñemos varias imaxes
da eclosión dun exemplar desta especie.
Aspecto
da crisálida poucos minutos antes de saír a bolboreta ó exterior.
A
bolboreta rompe o capullo e da o seu paso ao mundo exterior.
Comeza
a estirar as ás. O ventre aparece hinchado debido a prensenza de líquidos que, pouco
a pouco, irá expulsando.
Charaxes
jasius xa coas ás totalmente extendidas amosando os delicados debuxos
e as fermosas cores
COLABORA
CON ANABAM NO PROXECTO UN
BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA
para
garantir e aumentar a área de distribución desta especie no Baixo Miño.
En ANABAM queremos que tí tamén teñas que ver con este proxecto.
Colabora con nós. PORQUE
A NATUREZA NOS NECESITA PORQUE
UNHA BOLBORETA PODE CREAR UN BOSQUE.
|
| |
|
BAIXO MIÑO:
ÁREA
COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO
(ACIP)
1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTO
NATURAL DE INTERESE COMARCAL
(ENIC)
1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)
2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)
3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)
4: FENTOS ARBOREOS DE OIA
|
|
ELEMENTOS
PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO
(EPINP)
CETÁREAS
MUÑOS DE VENTO
PESQUEIRAS
|
|
LUGAR DE
INTERESE COMUNITARIO
(LIC)
BAIXO MIÑO
|
|
ZONA DE
ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES
(ZEPA)
DO ESTEIRO DO MIÑO
|
|