anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

RÍO CEREIXO DA BRIÑA 

 

(Área Comarcal de Interese Natural - ACIN)

 

 

Actualizado o 30-06-09

 

     O sábado 20 deste mes de xuño efectuamos unha nova visita ao río Hospital co fin de recoller nova información dun tramo do mesmo, aproximadamente 500 metros de percorrido.

 

     Como xa en máis dunha ocasión dixemos, este río, polas súas características paisaxísticas e naturais é dos máis interesante e fermosos da comarca. Para coñecelo un pouco mellor, resumimos a nosa visita a continuación.

 

 

Hypericum androsaemum, soamente  témolo localizado nas beiras do río Cereixo, non coñecemos outro lugar da comarca onde esté presente. Esta especie florece no mes de xuñño-xullo, polo que a nosa visita coincidiu coa floración e tamén coa formación dos froitos como podemos ver polas fotografías.

 

Estado actual da ponte que se está a construir no río Cereixo en substitución do anterior que foi levado polas riadas do 2006.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén no Cereixo podemos ver abelaneiras (Corylus avellana) en estado silvestre. Aínda que nalgunhas ocasións temos recollido algún que outro froito, estes son de pouca entidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As augas do Cereixo son utilizadas, ou eran aproveitadas para xerar enerxía nos varios muíños hidráulicos que veremos ao longo do seu percorrido. As augas son conducidas a estas industrias a través de canles que van paralelos ao río.

 

 

 

En certos tramos poderemos ver esculpidas nas rochas formas caprichosas que nos han de marabillar, como sucede neste rochedo que vai dunha á outra beira do río.

 

 

 

Séculos de traballo natural permítenos ollar este rochedo furado no mesmo conxunto rochoso da fotografía superior.

 

Unha presa de pouco máis dun metro de altura corta de xeito drástico o curso do río.

Aquí desvíanse as augas para a acequia que aparece na fotografía de máis arriba.

 

Membros de ANABAM que participaron na visita do pasado día 20.

De esquerda á dereita: Luis Dorado Senra; Ricardo Portela Vilas; Agustín Ferreira Lorenzo; Mª Consuelo González de Dios e Carlos Angílica Entenza.

 

 

 

Actualizado o 15-07-2008

 

         Presa da Miudiña, en Tebra o día 5 de xullo de 2008. Esta presa é unha barreira infranqueable para moitas especies piscícolas.  O día da visita estaba valeira. As augas que almacena van por unha acequia ata a minicentral. SETA (Sociedade Eléctrica de Tui), é a empresa que xestiona á enerxía.

 

Tabla sacada do listado de micicentrais da Xunta de Galicia.

Nombre

Empresa propietaria

Ubicación

Provincia

Río

Potencia (KW)

Alura de Salto

Potencia

Generación Bruta 1999(MWh/año

MIUDIÑA Miudiña, S.L. Tomiño Pontevedra Tebra

750

125

 Menor de 10 MW

1926

 FLORA:

Follas de abeleira.

 

Sanguiño, é un arbusto frecuente no Baixo Miño e tamén, como non, podemos velo aquí.

 

 

Xilbarbeira crece adornada cos seus froitos vermellos entre a sombra que lle aporta a vexetación das marxes.

 

FAUNA

 

Unha troita atopou a salvación de mans dos de ANABAM, pois quedara atrapada nunha pequena poza que apenas lle permitía un lixeiro movemento.

 

VISTA EFECTUADA O 05-07-2008:

 

Nas beiras, podemos ver algunhas abeleiras. Posiblemente sexa aquí onde maior número destas árbores atopemos no Baixo Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

Os eucaliptos invaden as inmediacións do río, chegando, nalgúns casos, ata a beira do mesmo. O río discurre placidamente ás veces por zonas despexadas e outras cunha cobertura vexetal manifesta, diseñando unha paisaxe de tonalidades verdosas onde o musgo que prende das pólas pon unha nota de exotismo que nos transporta a outro mundo.

 

 

 

 

 

 

 

 

      Diferentes especies de fentos (dentabrú, blecnum...) aparecen cubrindo as marxes polas que non sempre é doado trasladarse. Os silveiros, que se desenvolven á perfección neste medio, adoitan deixar os rabuñazos na cara, pernas e mans.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Neste tramo, o único paso que atopamos para cruzar o río era unha especie de ponte rudimentaria feita de polas, pero nesta visita estaba inutilizado e a auga pasáballe por riba, así que houbo que ir saltando as pedras para evitar mollarse. Uns anos atrás esta fotografía era impensable, Luis Dorado precisou da axuda de dous compañeiros para non esvarar, está visto que os anos non pasan en balde.

 

 

 

 

 

Actualizado o 27-02-2008

 

     Eleximos un tramo do río Cereixo da Briña, nas proximidades de Vilameán (Tomiño), para efectuar a nosa habitual saída de campo dos sábados, levada a cabo o pasado 16 de febreiro. 

 

    Este é un río emblemático do Baixo Miño, pero tamén o é para nós. 

 

   A saída a este tramo tiña por obxecto recoller variada información tanto da flora como da fauna, así como do entorno e, por suposto, sacar fotografías de todo iso.

 

      O motivo que nos levou a este lugar concreto foi o traballo de campo que estamos a facer sobre diversas especies da flora baixomiñota. Unha destas especies é o Narcissus cyclamineus do que, por visitas efectuadas en anteriores ocasións, sabiamos da súa presenza neste lugar.  

 

 

Poucos días antes da nosa visita, as marxes do río foron obxecto dunha limpeza, como poidemos apreciar no tramo de medio quilómetro que percorremos. As marxes, bordeadas de amieiros, salgueiros, loureiros, carballos..., a carón de leiras, prados e pequenas manchas de eucaliptos, conservan un esplendor que converten esta paraxe nun fermoso lugar onde o contacto coa natureza aínda é posible. A estrada Tomiño-Gondomar, que discurre paralela ao mesmo, é case o único que nos indica que estamos a poucos metros da febril actividade humana. O paso de vehículos (coches, motos, camións) interrumpe auditiva e momentaneamente a fusión do amante da natureza co entorno que o rodea.

 

 

O tramo polo que nos desplazamos, está delimitado por dúas pequenas presas que noutro tempo serviron para desviar parte das augas aos vellos muíños hidráulicos a través das canles construidas a tal efecto.

 

 

As primaveras (Prímula vulgaris), que son das primeiras flores que podemos ver no ano, son habituais nas proximidades deste tramo do río Cereixo. Elas poñen unha nota de cor nas beiras e pequenos prados do entorno próximo.

 

 

As pesares de estar aínda en febreiro, as flores das violetas empezan a deixarse ver, aínda que de momento tímidamente.

 

 

Un dos membros do equipo de campo, Luis Dorado, fotografía unha pequena mata de Narciccus cyclamineus, obxecto da nosa visita a esta zona.

 

 

Outro membro do equipo dirixe a súa atención posiblemente cara a algunha ave

que debe atoparse na arboreda próxima, tal vez algún ferreiriño.

 

 

Un vello muiño, de paredes recentemente reconstruidas, pero a todas luces abandonado, aparece no noso percorrido.

 

 

A porta do muíño, conseva as pegadas das inscripcións que sobre ela foron facendo. Observamos iniciales e algún ano, como o de 1943.

 

 

No interior, apoiado na parede, o reducio do muíño, de ferro.

 

 

Podemos ver algúns dos escasos elementos que aínda conserva: a pedra de moer (o pé e a moa), a moega situada enriba da moa, e diante, a cruz.

 

 

Na beira do río, impresas na lama, poidemos observar diferentes pegadas de mamíferos nocturnos, deixando entrever así que por aquí teñen lugar os seus desplazamentos na procura de alimento.