anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

RÍO DA CAL

"FERVENZA DO POZO DO INFERNO"

 

 

      Actualizada o0 30-01-2012  
 

FERVENZA DO POZO DO INFERNO

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

Imaxes:  Mª Consuelo González de Dios

Manuel A. Pombal Diego

 
         
 

 

        Encaixoado, baixa o rio da Cal por Fornelos, entre paredes graníticas, ás veces verticais. Resulta dicícil o desprazamento por el. Tratar de ir polas marxes tamén é dificultoso, pero pouco a pouco conseguimos chegar a un dos puntos máis axeitados para poder observar a Fervennza do Pozo do Inferno, un salto que supera ben os 10 metros de altitude, así a ollo, e que remata nunha poza froito do impacto da auga contra o leito do río, modulada ao longo de centos de anos.

 
         
 

 

      A saída do grupo de traballo de ANABAM, do pasado sábado 21 de xaneiro, efectuámola á unha das fervenzas máis altas da comarca do Baixo Miño. Atópase no río da Cal, na parroquia de Fornelos. A espectacularidade é impresionante pero tamén pode resultar perigosa se non tomamos as necesarias precaucións, pois non é doado buscar un lugar axeitado para poder observala con certa comodidade.

 

    Unha das zonas para acceder a ela é polo Xestal, en Fornelos. Por aí desprazouse o equipo de campo que formou parte do grupo de traballo: Carlos Angílica; Luis Dorado; Agustín Ferreira; Antón Ferreira; Mª Consuelo González; Manuel A. Pombal e Ricardo da Silva.

 

    Coordenadas UTM:

      X: 514110

      Y: 464541

    

     Nesa xornada de traballo dedicámola fundamentalmente a obter información gráfica, quedando para outro día continuar recollendo outro tipo de información.

 

 
         
 

 

     Dende o alto da fervenza, e extremando ao sumo as precaucións, as pedras estaban moi esvaraízas e unha caída pode ter graves e irreparables consecuencias, obtivemos esta vista en perpendicular do denominado Poza do Inferno.

 
         
 

 

     Vista frontal da fervenza, esta presenta o seu maior esplendor cando as chuvias son abondosas, mais, aínda que levamos bastantes días sen que estas fagan acto de preseza, a cantidade de auga que leva é apreciable e amosa a espectacularidade da mesma.

 
         
 

 

       Non é doada a observación desta impresionante xoia da comarca. Cremos que habería que habilitar sendeiros de acceso, seguros, que permitiran gozar da observación destes monumentos naturais.

 

    Oia e O Rosal, posúen un bo número de fervenzas que ben podería habilitarse o seu entorno, dotando de medidas de seguridade e xestionando a súa protección a través dun EPIN, para, como se di agora, poñelas en valor.

 

     Precisamente ANABAM ten entre os seus obxectivos falar cos responsables das Comunidades de Montes nos que se atopan estas fervenzas para tratar de crear a Ruta das fervenzas do Baixo Miño, un proxecto que levamos en mente hai varios anos pero que aínda non tivemos oportunidade de ocuparnos plenamente del como quixeramos.

 
         
 

 

     Membros do equipo de campo no alto da fervenza, deleitándose coa magnífica paisaxe natural e recollendo información gráfica.

 
         
 

 

     Augas arriba da anterior fervenza, e augas abaixo, tamén hai máis fervenzas das que faremos novas reportaxes e comentarios noutra ocasión..