anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

RÍO TAMUXE

 

Actualizado o 30-09-2009

SENDEIRO PEONIL E

REHABILITACIÓN DAS MARXES

      É unha actuación do Plan E, segundo lemos no cartel que da conta desta obra. Trátase da "mejora del estado ecológico de los ríos de la cuenca del Miño-Sil", do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. A técnica utilizada para a recuperación das marxes (se é que había que recuperalas) é de bioenxeñería. Neste senso, estamos a favor de utilizar formas menos agresivas ao entorno, ao contrario do que sucedeu hai uns anos nas proximidades do muíño das Aceñas, onde predomina o encaixonamento entre bloques de granito.

     Ao mesmo tempo que se está actuando nas marxes, estase a habilitar un sendeiro peonil que conduce dende a vella ponte de Isabel II ata o mencionado muíño das Aceñas.

 

Eiquí podemos ver, á dereita, o estado natural das marxes do río Tamuxe cando se estaba a actuar no mesmo, con árbores e sotobosque que crecen nas beiras irregulares do río en estado salvaxe, propio deste ecosistema ribeirán. Nestas beiras desenvólvese unha grande cantidade de vida animal: anfibios, réptiles, aves, mamíferos e milleiros de insectos que atopan  refuxo e alimento. A actuación, por suposto, trastoca toda a cadea vivente das marxes.

 

 

Estado actual da rehabilitación dunha das marxes do río Tamuxe. A bioinxeñería utilizada nesta actuación, resulta ser máis respectuosa co río que as habituais medidas de contención tomadas ata o de agora a base de bloques de granito. Sen embargo, apreciamos unha perfección nas curvas que, evidentemente, non se da na natureza. Estéticamente queda moi ben, moi agradable á vista "urbana". Esperamos que en pouco tempo as marxes presenten o verdadeiro aspecto que lle corresponde a unha ribeira fluvial.

 

 

O sendeiro peonil que se está a construir, discurre paralelo ao río. Á esquerda podemos apreciar a actuación de rehabilitación das beiras.

 

Muíño das Aceñas á beira do río. O sendeiro peonil chega ata el.

Membros de ANABAM observando o panel explicativo.

 

 

Vista parcial  do Muíño das Aceñas. Ao fondo obsérvase a limpeza realizada na beira do río.