anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

ROCHEDOS  DE FIGUEIRÓ

"PARQUE XEOLÓXICO "PEDRA FURADA"

 

Actualizado o 16-02-2009

 

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

       Antes de nada, pedir disculpas polo título que lle damos á zona, pero era o que tiñamos designado dende hai uns anos. En ANABAM incluímos este espazo natural e paisaxístico como Elemento Natural de Interese Comarcal (ENIC).

 

     No concello de Tomiño, parroquia de Figueiró, no monte propiedade desa parroquia, atopamos unhas formacións rochosas, modeladas pola forza da auga e do vento, que forman un fermoso conxunto paisaxístico que non só merece a pena conservar senón admirar.

 

     Xa, no ano 2005, ANABAM entablou conversas coas persoas que por entón formaban parte da xunta directiva da Comunidade de Montes, para convertir ese espazo nun Parque Xeolóxico. Esta asociación ofreceu o seu asesoramento e mesmo colaboración para solicitar subvencións e a declaración deste espazo como Monumento Natural. Estas conversas foron, inicialmente por bó camiño, pero inesperadamente --segundo nos comunicaron-- por decisión asamblearia, decidiron non facer nada por protexer ditos rochedos. Supoñemos que tiñan medo de que ANABAM tratara de quedarse co enclave, ou que non poidera adicalo a obter algún tipo de beneficio. Perderon unha grande oportunidade.

 

      A actual xunta directiva que rixe a citada Comunidade de Montes, parece ter as ideas máis claras que a que lle precedeu. Amosa unha maior preocupación por conservar e protexer estas formacións rochosas polo que, dende esta web, queremos felicitalos por iso.

 

     Sen embargo, e con ánimo de facer unha crítica positiva e constructiva, sen pretender sacar méritos ou tirar por terra o feito ata agora, queremos facer algunhas puntualizacións por si algunha delas poidese servir para mellorar este precioso espazo natural. Estas puntualizacións as comentamos en cada unha das seguintes fotografías:

 

 

Neste rochedo sería convinte dispoñer dun panel informativo solicitando que as persoas non suban a el,

para evitar que se vaia deteriorando.

 

 

Este conxunto de rochedos, continuación do da fotografía anterior, forma un muro que se prolonga lonxitudinalmente. As árbores existentes ao seu carón deberían ser cortadas porque impiden unha visión completa do mesmo e, polo tanto, non se aprecia a fermosura desta formación.

 

 

O banco de madeira, ademais de dar "o cantazo", está suxeto con tornillos ao rochedo, algo que non debera haberse feito. Pensamos que debería de retirarse este banco, que ademais cremos innecesario mesta zona.

 

 

O matorral chega ata outros rochedos que quedaron sen limpar. Pensamos que a limpeza do mesmo debería extenderse algo máis para que se poda ver todo este conxunto xeolóxico.

 

 

Este panel non nos parece o máis axeitado para esta zona. Vémolo moi artificial e moi simplista. Consideramos máis interesante unha vista panorámica da zona (fotografía) e, por suposto, eliminar algúns dos piñeiros que hai diante co fin de poder observar perfectamente a zona. A base do panel resulta certamente pouco agraciada para esta zona así como moi endeble.

 

 

Este outro panel informativo tampouco nos parece apropiado para a zona. As fotografías son de mala calidade. Cremos que sería máis interesante e didáctico sinalar que tipo de rocha é a que forman os penedos, como resultaron a partir dun plegamento e como se produciron os buratos e as formas que teñen. Este panel ten unha altura excesiva e, ó igual que o anterior, a base e inestable.

 

Esta masa de piñeiros impide ter unha visión do conxunto de rochedos que conforman este enclave. Dende o noso punto de vista, pensamos que sería preciso cortalos para ter unha perspectiva do conxunto da zona.

 

 

     Finalmente, bótase de menos unha mellor sinalización para chegar a esta paraxe así como un panel informativo, co nome deste enclave, na entrada do mesmo. Pensamos que, co tempo, debería poñerse un valado de madeira delimitando este espazo natural. Tamén sería interesante solicitar á Xunta de Galicia a súa inclusión como Monumento Natural.

    

     En calquera caso, os anteriores son puntos de vista dende a nosa perspectiva que non teñen necesariamente que coincidir cos da Comunidade de Montes de Figueiró.  Para rematar, reiterar unha vez máis, a nosa felicitación a dita Comunidade.