|
As rutas
ornitolóxicas creadas
por ANABAM, pretenden dar a coñecer ao afeccionado á natureza e público en
xeral, os principais puntos e o percorrido máis axeitado para a observación
de aves acuáticas na desembocadura do Miño
PUNTO DE
PARTIDA: Como
punto de referencia para iniciar o percorrido, aconsellamos partir dende a
Estación
Ornitolóxica, situada a 100 metros
do peirao do ferri A Guarda-Caminha, na
Pasaxe, Camposancos, A
Guarda. A
Estación Ornitolóxica habitualmente abre para visitas guiadas ou
concertadas. Nela alúganse prismáticos e telescopios.
Previamente
convén facer unha
visita ao Monte Santa
Trega. Dende a
súa cima veremos o esteiro do Miño, podendo aproveitar para visitar o
poboado castrexo..
FERRI:
O ferri sae ás
medias horas dende a marxe galega e ás horas dende a marxe portuguesa. A
travesía dura uns 10 minutos.
TEMPO DE
OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA:
Require como mínimo, entre desprazamentos e observación,
medio día. Poderemos acurtar a estancia en función do tempo dispoñible.
DESPRAZAMENTOS:
Aínda que parte do percorrido pode facerse en coche, o máis
aconsellable é facelo a pe.
MELLOR
ÉPOCA DE OBSERVACIÓN:
Dado que o máis interesante son as aves acuáticas e estas son
migradoras invernantes, a mellor época é a comprendida entre primeiros de
setembro e finais de marzo.
QUE VER:
Zancudas:
garzas (Ardea
cinerea), garzotas (Egretta
garzetta) e algún que outro
cullereiro (Platalea
leucorodia). Ocasionalmente garza
branca (Egretta
alba) e garza imperial (Ardea
purpurea).
Anátidas: Lavanco real (Anas
platyrhynchos); Pato cincento (Anas
strepera); Pato asubión (Anas
penelope); Cerceta real (Anas
crecca); Pato rabilongo (Anas
acuta); mergo cristado
(Mergus serrator)...,
ocasionalmente: ánsares
(Anser spp);
cisnes (Cygnus
spp),
gansos (Branta
spp); pato branco
(Tadorna tadorna),
pato ferruxento (Tadorna
ferruginea);
etc.
Limícolas: Gabita (Haematopus
ostralegus); Píllara real (Charadrius
alexandrinus); Píllara papuda (Charadrius
alexandrinus); Píllara dourada (Pluvialis
apricaria); Píllara cincenta (Pluvialis
squatarola); Avefría (Vanellus
vanellus); Pilro bulebule (Calidris
alba); Pilro curlibico (Calidris
alpina); Mazarico rabipinto (Limosa
lapponica); Mazarico chiador (Numenius
phaeopus)...ocasionalmente mazaricos
mouros (Plegadis
falcinellus).
Outras aves:
Mergullón orelleiro (Podiceps
nigricollisI); Corvo mariño real (Phalacrocorax
carbo); Mascato común (Sula
bassana); Tartaraña arpella (Circus
aeruginosus); Aguia peixeira (Pandion
haliaetus); Rascón (Rallus
aquaticus); Galiña de río (Gallinula
chloropus); Gaivota chorona (Larus
ridibundus); Gaivota patiamarela (Larus
cachinnans); Gaivota escura (Larus
fuscus); Gaivotón (Larus
marinus); carrán cristado (Thalasseus
sandvicensis); Martño peixeiro (Alcedo
athis)....
MÁIS
NATUREZA:
Vexetación característica dos areais.
Pegadas de diversos animais nos areais.
PATRIMONIO CULTURAL E ETNOGRÁFICO:
Antigo colexio dos xesuítas,
na Pasaxe, foi campo de concentración nos primeiros anos da ditadura
franquista.
Restos de
antigas pesqueiras,
na desembocadura do Miño.
Estructura de Muíños de vento
construídos nas primeiras
décadas do século XIX.
Monte
Santa Trega, poboado galaico-romano e Museo.
Magníficas vistas do esteiro
do Miño.
Tódolos
mércores: feira en Caminha. Museo.
Na Guarda: Museo do Mar. Os sábados pola mañá: feira.
Se temos tempo e gañas,
poderemos ir andando pola
senda litoral
dende a desembocadura do Miño ata o porto da Guarda.
Levaranos 45
minutos este paseo costeiro e polo camiño veremos: o
seixal,
acumulación natural de seixos (cantos rodados), depositados pola marea hai
ducias de milleiros de anos. Veremos tamén unha antiga
cetaria,
recinto onde se gardaba e mesmo engordaba o marisco; veremos os restos
doutro antigo
muíño de vento,
etc.
|