|

| |
|
SOBREIRAL DO FARO
ESPACIO PRIVADO DE INTERESE NATURAL
(EPIN)
(VILADESUSO - 0IA)
|
| |
|
|
Actualizado o
10-09-2011 |
|
| |
 |
|
Texto: Agustín Ferreira
Fotos: Agustín Ferreira
Manuel A. Pombal
Ricardo Portela
Nova visita ao Espazo Privado de
Interese Natural (EPIN) Sobreiras do Faro, en Viladesuso, Oia.
A visita de traballo
fíxémola o sábado 3 de setembro, de cinco a oito da tarde, percorrendo o
sobreiral e recollendo información de campo relacionada fundamentalmente
coa súa biodiversidade.
As visitas
anteriores tiveron lugar no inverno (xaneiro, 2011), primavera (marzo e
maio, 2008) e agora esta, que ten lugar case que ao final do verán. A
idea e ir recollendo información diversa de acordo coas distintas
estacións e, mesmo, cos distintos meses.
O grupo de
traballo estivo formado polos seguintes membros de ANABAM: Ricardo da
Silva Diz, Carlos Angílica Entenza, Andrés da Silva Vicente, Elena da
Silva Vicente, Antón Ferreira Lorenzo, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo
Portela Vilas, Mª Consuelo González de Dios e Agustín Ferreira Lorenzo. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Nun dos momentos da saída, na que os compoñentes do equipo de traballo
están atentos a unha das "explicacións xocosas" dun dos membros do
equipo, en relación a unha "cagarruta" que hai no chan. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
.JPG) |
|
.JPG) |
|
| |
Os comuneiros, propietarios deste EPIN,
habilitaron varios miradoiros cara ao sobreiral ao longo do sendeiro que
bordea o mesmo,
permitindo unha observación doada deste espazo
natural. |
|
| |
|
|
|
|
| |
.JPG)
Que saibamos, esta é a mellor
e máis extensa mancha de sobreiras existente no Baixo Miño, por iso,
dende ANABAM valoramos moi positivamente o esforzo desenvolvido pola
Comunidade de Montes de Viladesuso nas xestións realizadas para que, este
espazo natural, se convertese
nun EPIN (Espazo Privado de Interese Natural), unha figura de protección
que pon en valor
este patrimonio natural. |
|
| |
|
|
|
|
| |
.JPG)
Nestas alturas do ano, principios de setembro, o río leva moi pouca auga
e, mesmo, hai tramos que están secos. |
|
| |
|
|
|
|
| |
Gerris
lacustris, coñecido vulgarmente polo nome de zapateiro, é un dos
insectos acuáticos máis comúns nas masas de auga doce, onde podemos
velos deslizándose pola superficie. No Sobreiral do Faro, por suposto
que tampouco podía faltar. |
|

Daboecia cantabrica é unha planta que
pertence á familia das ericáceas ao igual que os carrascos e as
uces. |
|
| |
|
|
|
|
| |
|
RELACIÓN DE ESPECIES FAUNÍSTICAS
ATOPADAS NA VISITA REALIZADA
Insectos:
Crisocarabus
lateralis
Lucanus cervus (Vacaloura)
Gerris lacustris (Zapateiro)
Anfibios:
Rana iberica
(Ra patilonga)
Rana perezi
(Ra
verde)
Bufo bufo
(Sapo común)
Chioglossa
Lusitanica
(Salamandriña galega)
Réptiles
Anguis
fragilis
(Escáncer)
Podarcis
hispanica
(Lagartixa iberica)
Aves
Garrulus glandarius
(Gaio)
Fringilla coelebs (pimpín)
|

A
Podarcis hispanica, é un dos lacértidos
que
habitan neste espazo natural. |
RELACIÓN DAS ESPECIES DE FLORA DAS QUE SE RECOLLERON NOTAS DE
PRESENZA
Osmunda regalis
(Fento Real)
Pyrus cordata
(Pereira Brava)
Ruscus aculeatus
(Xilbarbeira)
Dryopteris filix-max
(Fento macho)
Frangula alnus
(Sanguiño)
Crataegus monogyna (Estripeiro)
Viola sp
(Violetas)
Umbilicus pendulinus (Ombligo
de Venus)
Erica árbórea
(Uz)
Erica
spp.(Uz)
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|

Bufo bufo é o nome vulgar do sapo que todos
coñecemos e que ten unha mala fama totalmente inxustificada, pois
nin bota aire nin nos fae dano algún. Son individuos pacíficos e
totalmente inofensivos. |
|

Xa temos os primeiros cogumelos,
coma este Phallus impudicus que fotografamos nunha zona na que
había uns cantos exemplares que se delataban por si sós gracias ao
fedor que desprenden nas proximidades de onde se atopan.
|
|
.JPG)
Crisocarabus lateralis, é un dos
escarabellos máis fermosos que non falta no Sobreiral. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
|
| |
|
|
|
Actualizado o
18-01-2011 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
Tiñamos pendiente unha nova visita a este
EPIN do Baixo Miño, agora xa, definitivamente, con título oficial. Así
que, aproveitando unha tregua meteorolóxica, o sábado 16 deste mes de
xaneiro o grupo de traballo de ANABAM, formado nesta ocasión
por seis membros (Carlos Angílica, Luis Dorado; Agustín Ferreira Chelo
González; Antonio Jiménez e Manuel A. Pombal) achegouse ata o sobreiral. A iso das
16,30 horas estabamos nel. O día non era propicio para a fotografía
paisaxística. O ceo cuberto non era o mellor para obter instantáneas do
entorno que mereceran a pena, aínda así, algo fixemos. A obtención de
datos de campo tampouco foi moi positiva, limitándonos a anotar algunha
que outra especie, véxanse cadros 1 e 2.
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
FAUNA
OBSERVADA
Salamandriña rabilonga
Crisocarabus lateralis
Pega marza
|
|

Como sucede en todo o Baixo Miño, aquí tamén
está presente o Gonipterus scutelatus, o gorgullo dos eucaliptos,
como se pode apreciar nas follas destas árbores.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
FLORA
OBSERVADA
Prunus
spinosa (Abruñeiro)
Erica
lusitanica
Quercus
robur
Quercus
suber
Sanguiño
Eucaliptus
globulus
Siveiros (en
exceso)
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|

O
río de Broi, que cruza o sobreiral de este a oeste, levaba bastante auga,
coma corresponde ao período de chuvias no que estamos.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
Do
coleóptero denominado Crisocarabus lateralis, soamente atopamos
nesta ocasión, debaixo dunha rocha, os élitros dun exemplar. |
| |
O abruñeiro é
un dos arbustos que forman parte da biodiversidade do sobreiral do
Faro. Os exemplares que puidemos ver foron todos eles bastante
cativos aínda así, merece a pena telos en conta. |
|
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
O mércores 12 de xaneiro deste ano 2011, saía publicado no DOGA nº 7o
Decreto 222/2010, do 23 de decembro, polo que se aproba o Plan de
conservación do Espazo Privado de Interese Natural Sobreiras do Faro.
Este EPIN corvértese así no primeiro espazo galego con esta
denominación, algo que, na historia conservacionista do Baixo Miño,
merece a pena ser destacado polo que representa, tanto dende o punto de
vista natural coma de exemplo para outras comunidades de montes.
As persoas interesadas neste Decreto poden entrar premendo en
DOGA
.
|
|
Algunhas sobreiras amosan a pegada do
seu aproveitamento, cando destas árbores se recollía a súa cortiza
para facer colmeas, corchos, etc. Hoxe estes usos, ou algúns deles,
xa decaíron.
|
 |
|
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
SOBREIRAL DO FARO |
|
Actualizado o 05-05-2008 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

Entre
dúas ladeiras, discorre o arroio Viladesuso, amosando as pedras espidas
que deixaron as riadas do ano 2006.
|
Achegarse ao Sobreiral de Faro é unha actividade aconsellable para os
que desexen un contacto coa natureza, disfrutando dunha paisaxe que, si
ben nestes intres é de certa tristura polos efectos do lume, non deixa de
ser relaxante cando escoitamos o canto do carrizo, observamos o voo dun
miñato ou sentimos o discorrir da auga do arroio próximo. Este EPIN da
Comunidade de Montes de Viladesuso, cremos que é un magnífico acerto que
deberan seguir outras comunidades da bisbarra que posúen paraxes naturais
que ben merecen ser protexidos.
Tal vez sería positivo a colocación dalgún cartel informativo tanto do
sobreiral como da flora e fauna que o mesmo contén, non deixando de lado
informacións relativas a certas prohibicións no mesmo: prender lume,
facer fogueiras, emporcallar o regato, etc, etc., así como a colocación
de indicadores para chegar ata el. Dende ANABAM, queremos felicitar aos
promotores por esta magnífica proposta. Cousas como esta son as que
verdadeiramente contan. Nosos parabéns.
|
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

As
violetas florecen aproveitando a humidade do arroio de Viladesuso.
|
|

Asphodelus
album empezaba a florecer cando estivemos no sobreiral, o sábado 8 de
marzo.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
| |

Masa
boscosa que forma o Sobreiral.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
|

O
porte dalgunhas sobreiras é realmente impresionante.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|

Os
opilións son artrópodos semellantes as arañas, teñen as patas moi
longas e o cefalotórax e o abdome unidos formando unha soa peza
como este que atopamos no Sobreiral do Faro.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
| |
Tres
membros de ANABAM, Carlos, Chelo e Antón, obtiveron numerosas
fotografías do sobreiral.
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
| |
Agustín
Ferreira, presidente de ANABAM, abrazando o tronco dunha das sobreiras
mentres Olga Iglesias, colaboradora desta asociación, achégase para
facer o mesmo.
|
|
|
|
| |
|
SOBREIRAL DO FARO |
|
Actualizado o 16-03-2008 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
LOCALIZACIÓN
DO SOBREIRAL DO FARO
Coordenadas UTM: Aproximadamente entre
X:
511700 a X: 512400
Y:
4654600 a Y: 4655000
MUNICIPIO:
Oia.
PARROQUIA:
Viladesuso
SUPERFICIE:
9,72 Ha.
COTA
MÁXIMA: 320 metros ao NE do EPIN.
CURSO:
Río de Viladesuso.
ACCESO:
A través da estrada comarcal 552. Subimos en dirección a Mougás,
pasando o núcleo poboacional, aproximadamente un quilómetro despois
collemos o sendeiro que hai á dereita e continuando por éste
aproximadamente outro quilómetro. Andaremos un quilómetro máis,
bordeando o río para atoparnos coas primeiras sobreiras.
>=<>=<>=<>=<>=<>=<>=<>=<
A visita levada a cabo por membros de ANABAM o 8 de marzo, un día despois
de ser publicada no DOGA a declaración provisional do Sobreiral como EPIN,
serviunos para tomar un primeiro contacto deste enclave natural.
As primeiras sobreiras que observamos polo sendeiro que transcurre
paralelalemente ao río ata o núcleo do sobreiral, causounos unha grande
decepción, pois por unha banda moitas tiñan o tronco calcinado por
efecto dos incendios de agosto do ano 2006 e, por outra banda, polos
efectos "colaterais" que a maquinaria que está a traballar no
monte causa nas mesmas.
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

|
Unha
das sobreiras amosa ao longo do tronco o pouco cuidado que hai coas mesmas
por parte das persoas que están a traballar coa maquinaria no monte. (Foto:
Manuel A. Pombal "Peque"-anabam). |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
| |
As
primeiras sobreiras que atopamos amosan os efectos do incendio que asolou
esta zona no mes de agosto do ano 2006. Os troncos chamuscados e de cor
negro aínda manchan as nosas mans cando os tocamos. Pero estas árbores
foron quen de resistir e aí continúan para noso deleite. (Foto:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).
|
|
|
| |
|
 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
A
medida que nos achegamos ao sobreiral, pasamos por varios pasos
canadienses que impiden ao gando cabalar saír dos seus recintos. (Foto:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)
|
 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
|

Chámanos
a atención este cartel colocado hai uns anos nas cercanías do
sobreiral. A pesares de que estamos no termo municipal de Oia, nel non
figura para nada este municipio e trata como "comarcas" a
Vilagarcía, Redondela e Tomiño.
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

O
río, ó igual que todos os da comarca, sufriu as consecuencias das riadas
de setembro do 2006 arrastrando todo o que se atopaba na súa superficie.
Hoxe aparecen espidas as pedras que ata aquel entón, estaban cubertas de
terra.

Aínda
que este non foi un outono nin inverno moi chuviosos, o arroio levaba
sufiente auga permitindo a supervivencia dalgunhas das especies ligadas a
este elemento como ras e salamandriñas rabilongas.
|
|
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
Actualizado o 16-03-2008 |
|
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ven de
declarar de xeito provisional, por un prazo máximo de dous anos, como Espazo
privado de interese natural (EPIN) as Sobreiras do Faro, ubicadas no
termo municipal de Oia, a petición da Comunidade de Montes Veciñais
en Man Común de Viladesuso, de acordo a Orde do 18 de febreiro de
2008 (DOG nº 48, do 7 de marzo de 2008).
Os espazos privados de interese natural é unha das categorías nas
que se clasifican os espazos naturais protexidos (Lei 9/2001do 21 de
agosto).
A declaración dun EPIN é competencia da Consellería de Medio Ambiente e
D.S., levándose a cabo por petición dos propietarios dos terreos
afectados. A xestión destes espazos naturais correspóndelles aos
propietarios.
Dentro do plazo provisional (dous anos) os promotores deberán presentar
un plan de conservación, requisito imprescindible para a súa
declaración como EPIN.
O Servicio Provincial de Conservación da Natureza en Pontevedra emitiu
informe favorable sobre a declaración deste espazo natural.
Para que se produza a declaración definitiva como EPIN, a Comunidade de
Montes de Viladesuso deberá achegarlle á Consellería de Medio Ambiente
o plan de conservación deste espazo, de non facelo no plazo estipulado, a
devandita Consellería entenderá que dita Comunidade desistiu da súa
solicitude.

O pasado sábado día 8 de marzo, membros de ANABAM visitaron este espazo
natural para recoller información directa do mesmo, tanto da flora como
da fauna e mesmo da paisaxe e do entorno. É de lamentar, polo que
observamos, o pouco cuidado que os operarios que están limpando a zona
teñen para con as sobreiras. Poidemos ver as marcas deixadas sobre un bo
número delas pola maquinaria que se utiliza e resulta triste que, nun
enclave que se pretende protexer, se teña tan pouco cuidado en no danar
os exemplares que motivan, precisamente, a súa pretendida declaración
como EPIN.

A visita que levamos a cabo ao sobreiral, tiña como principal obxectivo
comprobar se a salamandriña galega (Chioglossa lusitanica)
estaba presente no tramo correspondente ao futuro EPIN. As nosas
espectativas víronse confirmadas xa que no transcurso duns 100 metros,
atopamos tres exemplares de mediano tamaño. (Foto:
Manuel A. Pombal "Peque"-anabam).

Tamén,
a escasos metros do río, poidemos ver un sapo común (Bufo bufo)
de pequeno tamaño, que se agochaba baixo dunha pedra.
(Foto:
Manuel A. Pombal "Peque"-anabam)

Outro
dos exemplares atopados foi a píntega común (Salamandra salamandra). (Foto: Manuel A.
Pombal "Peque"-anabam)

Un
membro de ANABAM (Agustín Ferreira) e unha voluntaria (Olga Iglesias),
fotografían ao sapo común.
(Foto:
Manuel A. Pombal "Peque"-anabam)

Membros
de ANABAM nun momento de relax durante os traballos de de recollida de
información da flora e fauna do Sobreiral do Faro.
(Foto:
Manuel A. Pombal "Peque"-anabam).
|
|