|
 |
Emilio
Rolán, vén de publicar un novo libro co título Versos de niñez y
de vejez, no que ademais de composicións propias del, aparecen novas
poesías inéditas do seu tío o poeta guardés Feliciano Rolán.
No que respecta a Emilio, os poemas son, como el mesmo dice "...conseguir
un rato de entretenimiento y una sonrisa de las personas", e é que
quen lea os poemas de este socio de ANABAM, investigador e experto
malacólogo, non deixará de sorrir.
Dende ANABAM agradecemos a Emilio a donación de parte dos libros por el
editados e publicados que teñen como finalidade o de recadar fondos para
esta asociación. Proximamente estarán nas librerías da Guarda onde se
poderán adquirir e, mesmo, no local de ANABAM. O prezo é de 10 euros. Os
socios que pasen polo local poderán obtelo por 6 euros. |