anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

TORROÑA (OIA)

 

     

Actualizado o 26-10-2011

 
         
         
         
         
         
         
         
         
         
 

 

 

Membros do equipo de campo que visitaron Torroña na saída do 17-09-2011.

De esquerda á dereita: Ricardo da Silva; Luis Dorado; Ricardo Portela; Antón Ferreira;

Carlos Angílica; Mª Consuelo González e Agustín Ferreira.

 
         
 

Reportaxe na vindeira actualización

 
   
   
         

 

Actualizado o 25-01-2008

    

     

CHEGARON AS CHUVIAS

REPORTAXE DE TORROÑA 

 

 

    Levabamos sen chover practicamente todo outono e parte do inverno. Estabamos nun dos máis secos outonos/invernos dos últimos cincuenta anos. Tivo que vir un novo ano, 2008, para que as chuvias, tan preciadas, tan necesarias, fixeran acto de presencia. Coñecemos, nestes 15 primeiros días de xaneiro, un verdadeiro inverno, como os de antes, con fortes chuvias e non menos fortes temporais. As chairas, acuíferos e pastizais que ata entón estaban secos e cruxían baixo os pes dos camiñantes, agora experimentaron un cambio radical e fermoso. Volveron adquirir ese colorido, verde e zul, que caracteriza a moitos pastos e humedais da montañas baixomiñotas. ¡Benditas chuvias! que dirían os nosos vellos.

 

    O sábado 19 deste mes de xaneiro, realizamos a nosa habitual saída de campo. Esta vez eleximos Torroña. Entre as montañas, atopamos unha chaira onde discurre a auga por un arroio que apenas ten profundidade. As augas cubren parte do pastizal que agora está totalmente verde. Os cabalos e vacas que pastan en réxime de liberdade ou semileberdade, comen apaciblemente dunha herba que seguramente botaban moito de menos. Hai un par de meses estivemos aquí e vimos como os paisanos subían sacos de fariña para alimentar a cabalos e vacas. Hoxe, o cambio que observamos é radical, nada parecido co que acontecía por entón.

 

 

O pasto recén saído, preséntase como un delioso manxar para estes cabalos que levaban moitos meses sen saborear o que era  herba fresca.

 

 

 

 

 

 

 

 

As augas que discurren superficial e abondosamente, permiten esta cor verde que significa vida para moitas especies que, directa ou indirectamente, están ligadas ao líquido elemento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta estreita chaira, a auga ábrese camiño por un leito superficial que permite o asulagamento e a fertilidade da estreita chaira adxacente.

 

 

O verde e o azul contrastan claramente e dan sensación de frescura, vida e paz. 

 

 

As montañas próximas continúan presentando seu aspecto desolador, tra-los incedios forestais que asolaron o Baixo Miño hai un par de anos. Ata entón, estas montañas estaban cubertas de arborado. Tal vez esta sexa unha boa ocasión para replantearse que plantar e como plantar nestas superficies que permiten observar agora as suaves redondeces  dos nosos montes.

 

 

Na superficie espida, aínda se conservan os esqueletes dalgúns arbustos (xestas, pereiros bravos, piñeiros) que pereceron pasto do lume.