|
ANABAM inicia unha campaña que pretende potenciar o turismo ornitolóxico
entre o sur de Pontevedra e o norte de Portugal, aproveitando o excepcional
ecosistema que posúe o esteiro do Miño. Se pretende que este humedal,
declarado ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), LIC
(Lugar de Interese Comunitario) e incluído na Rede Natura 2000, sexa
un punto de referencia para o turismo ornitolóxico de Galicia, e como
tal se presente como un atractivo máis para os visitantes, sexan ou non
afeccionados á ornitoloxía.
Para ANABAM, os valores ornitolóxicos que ten este ecosistema, entre
as dúas beiras do río, aínda están por descubrir pola maioría da xente, por
iso, esta asociación quere dar neste 2010, ANO INTERNACIONAL DA
BIODIVERSIDADE, un novo pulo a esta iniciativa pola que leva loitando 25
anos.
Neste senso, seguimos pensando que os primeiros que deben interesarse por
este espazo natural e, consecuentemente, coñecelo, ten que ser a poboación
local, por iso, nesta campaña tamén se pretende buscar a colaboración do
comercio, involucrando neste caso concreto, ao comercio guardés, esperando
facelo extensivo, en anos venideiros, ao resto dos comercios dos diferentes
concellos limítrofes co esteiro do Miño, dunha e doutra marxe do río
A CAMPAÑA
| |
 |
|
A CAMPAÑA
Os comercios que queiran colaborar nesta
campaña, disporán do logo que figura á esquerda, facilitado por ANABAM.
Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo, que son os
meses nos que esta campaña estará activa esta tempada, ANABAM sorteará
cada mes un cheque por importe de 100 euros entre os
"visitantes ornitolóxicos" para que merquen en calquera dos
establecementos guardeses que participen na mesma, deste xeito ANABAM
tamén pretende apoiar ao comercio da localidade.
Aqueles comercios que desexen colaborar na campaña, poden poñerse en
contacto con esta asociación onde lles informaremos da mesma máis polo
miúdo.
|
|
| |
|
|
|
|
|