|
Mentras a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio
Ambiente e o Goberno Central, a través do Ministerio de Medio Ambiente,
tratan de protexer a costa e o rural; se inclúen terreos en Rede Natura,
se supón que para preservalos da súa destrucción e se dictan
reglamentacións pola que se prohibe o cambio de uso logo dun incendio, na
parroquia de Camposancos (A Guarda), se están construíndo tres chalés
en terreos que están dentro da Rede Natura, que están a menos de 200
metros da costa e que no verán de 2005 sufriron un incendio no que
tiveron que acudir a Garda Civil, GRUMIR, ademais de voluntarios entre
eles, membros de ANABAM.

Tal e como se pode ver, non vemos a diferencia entre un terreo incluido na
Rede Natura e outro que non o está. É máis, ata resultará
publicitariamente máis interesante as urbanizacións dentro destes
espazos porque están "en contacto coa natureza" e en terreos
protexidos.
Resulta lamentable que a propia administración que parece ¿parece?
preocuparse pola conservación do medio natural, sexa a que concede
permisos permitindo urbanizar espacios encluídos nun LIC (Lugar de
interese Comunitario)

É así como a administración protexe os recursos naturais?
|