|
Fotografía:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
Ás 11 da mañán deste pasado domingo 5 de marzo, sorprendeu a Paco
Priego e a súa muller a presencia dun xoven exemplar de foca gris no
Seixal. O animal en cuestión, pasaba totalmente desapercibido se non fora
polos cans dun veciño da Guarda, Urgal, que deron a alarma e descubriron
no seixal á foca. De inmediato o dono do can chamou a estes e Paco (un
habitual colaborador desta asociación) púxose en contacto con ANABAM
comunicando a presencia do foca, preocupándose, ó mesmo tempo, de
mantela o máis tranquila posible mentras non chegabamos nós.
CEMMA (Coordinadora para os estudio dos Mamíferos Mariños), da que forma
parte ANABAM, foi avisada inmediatamente. Aproximadamente ás 13:30 horas,
un membro daquela entidade fíxose cargo da foca que, logo de facerlle as
primeiras curas, foi trasladada a un centro de recuperación en Ferrol.

Paco
e súa muller observando a foca. Tiveron que estar continuamente pendente
dela para evitar que se desplazara a algunha zona inaccesible ou se
dirixera cara ó mar, onde as ondas a empurrarían contra os
rochedos.

Esta
é a primeira cita de foca gris na comarca do Baixo Miño. Hai anos, maio
de 1986, aparecera outro exemplar na costa de Oia, que se deu, naquel
entón, como foca monxe, pero que ben poidera tratarse tamén dunha
foca gris. O exemplar rescatado no Seixal, debe ter uns catro meses, un
peso de 15-20 quilos e preto dun metro de lonxitude.

Finucho
e Ricardo (este último membro de ANABAM) transportando a foca nun
ganapán para poñela nun lugar máis axeitado.

Nunha
das extremidades a foca presentaba un corte profundo, na outra extremidade tamén tiña unha ferida aínda que non tan aparatosa como
esta.

Tivemos
que mantela bastante tempo no interior do ganapán para evitar que se
desplazara polos rochedos, algúns con aristas cortantes, ou marchara
hacia algunha zona que resultara difícil collela.

Despois
de dúas horas, a pequena foca quedou máis relaxada e tranquila, mesmo
parecia que quería tomar o sol. A foca gris ten o seu hábitat en torn o
Mar do Norte, o feito que aparezan nestas costas poidera deberse a que
están en expansión ou que se desvían da súa zona.
|