Asociación Naturalista "Baixo Miño"

- anabam -

A NATUREZA DEPENDE DE TODOS NÓS

Colabora con ANABAM na súa defensa

FAITE SOCIO DESTA ASOCIACIÓN

 

ANABAM

   -ANABAM

 

   - EVENTOS -  ACTIVIDADES - ACTOS

 

   -LEMBRANZAS

 

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 

 -ASOCIARSE

 

EDUCACIÓN AMBIENTAL

VOLUNTARIADO

CURSOS

PUBLICACIÓNS

 

 

INICIO

PORTADA

INDICE XERAL

PORTADAS ANTERIORES

 

SECCIÓNS

XEOLOXÍA
PEGADAS
FENOLOXÍA
FAUNA
INFORMACIÓN
AGRESIÓNS
VARIOS
CARTAS

 

PLAN  DE ESPECIAL SEGUIMENTO

(P.E.S)

QUE É O PES
CAMARIÑA
CHARAXES
PÍLLARA
EURYNEBRIA
PRAIA CAMPOSANCOS

 

TRABALLOS DE CAMPO

VARAMENTOS CETÁCEOS
VARAMENTOS TARATARUGAS
VARAMENTO FOCAS
ATROPELADOS
BOLBORETAS
ENCICLOPEDIA DA BIODIVERSIDADE
ENCICLOPEDIA DAS ESPECIES INTRODUCIDAS

 

COLABORACION BOLBORETAS

 

 

VISITAS GUIADAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VARAMENTOS: CETÁCEOS 2006

 

IR A CETÁCEOS 2006

IR A CETÁCEOS 2007

VARAMENTOS TARTARUGAS

IR A RORCUAL ALIBRANCO

IR A VARAMENTO CETÁCEOS 2008 (FICHAS)

IR A MAPA VARAMENTOS 2008

IR A ANÁLISE DOS VARAMENTOS 2008

 

IR A VOLUNTARIADO

PRÓXIMAS DATAS DE PROSPECCIÓN

 

 

RESPONSABLES DO TRABALLO

       

Manuel Ángel Pombal Diego

                        Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

INFORMACIÓN DE VARAMENTOS E ENVÍO DE DATOS  A ANABAM: 

 

MÓBIL: 616180557

TELÉFONO: 986 627255

 986 611799 (Tardes)

 

Envío de datos e/ou fotografías: anabam.anabam@terra.es

 

COA COLABORACIÓN DE CEMMA

 

 

     

 

        Segundo os datos  de ANABAM e CEMMA, recollidos durante o ano 2006, na costa do Baixo Miño foron rexistrados un total de 13 varamentos correspondentes a catro especies diferentes das que dúas son de cetáceos(delfínidos), unha de tartaruga e outra de foca.

 

    A costa sur da Guarda foi onde se rexistrou o maior número de varamentos, cun total de 8 e con 3 especies diferentes. 

 

As dúas focas que apareceron foron os únicos animais que chegaron con vida, unha delas morrería poucos minutos despois, pero a primeira poido ser recuperada e devolta ao seu medio, gracias o intenso labor desenvolvido por varios especialistas e naturalistas tanto de CEMMA como da SGHN-Ferrol.  Paradóxicamente, as dúas focas apareceron na costa sur da Guarda e constitúen os primeiros rexistros desta especie para o Baixo Miño.

 

 

      

 

 

       O único exemplar atopado de tartaruga de coiro, xa en avanzado estado de descomposición, apareceo na costa de Pedornes, en Oia. Das tartarugas mariñas, esta especie é a que con máis frecuencia se atopa nestas costas.

 

 

 

 

 

 

en anabam precisamos voluntarios

para as prospeccións costeiras

 

¿por qué tí non te animas?

 

contacta con nós.

 

 

 

Actualizado o 12 de xuño de 2006

 

       Informados polos compañeiros de CEMMA, tras un aviso recibido no local desta asociación, desplazámonos o venres 26 de maio ata a praia do Puntal (desembocadura do Miño, A Guarda) para verificar a presencia dun cadáver de golfiño que, ó parecer, se atopaba entre os rochedos. En efecto, ata a zona se desplazou Agustín Ferreira observando un golfiño, posiblemente Delphinus delphis, golfiño común, en avanzado estado de descomposición. Presumiblemente levaba máis dun mes morto, sendo arrastrado pola marea e a oleaxe ata o lugar onde se atopou. Tiña claros síntomas de que a súa morte se produxo por quedar enmallado nas redes, pois presentaba a cola cortada.

 

 

A putrefación era evidente neste cadáver, xunto coa cor escura da súa pel, deixaba claro que levaba moito tempo morto. A cola amputada é un claro sinal de que a morte deste cetáceo se produxo por afogamento, ó quedar enmallado nalgunha rede. Os mariñeiros cortan a cola para poder desenmallalo. Unhas semanas antes, neste mesmo lugar atopouse outro cadáver de golfiño común.

 

 

 

A cabeza practicamente xa non existía. Gaivotas, pulgas de mar, larvas de insectos e o paso do tempo se encargaron de que tomara este aspecto pouco agradable.

 

 

Se trataba dun macho de pouco máis dun metro. Os cadáveres dos machos soen presentar o pene exteriormente.

 

 

Actualizado o 18-04.06
CADÁVER DE GOLFIÑO EN SOLLÁS (A GUARDA)

       O 4 de abril localizamos o cadáver dun golfiño na zona de Sollás (costa sur da Guarda), posiblemente se tratara do común (Delphinus delphis) ou do riscado (Stenella coeruleoalba), sin poder precisar cal das dúas especies sería debido o estado de deterioro no que se atopaba. Este varamento fae o número seis, do total de rexistros que temos no que vai de ano, na costa do Baixo Miño.

OUTRO CADÁVER NA PRAIA DO PUNTAL (Camposancos-A Guarda)

     E xa van sete rexistros neste ano. Nesta ocasión (16-04-06) se trataba dun golfiño común, exemplar xoven aínda de aproximadamente 140 centímetros de lonxitude, macho, que apareceo sen cola, clara sinal de que quedou enmallado nalgunha rede no mar. Tras recibir o aviso, Agustín Ferreira e Olga Rodríguez, desplazáronse ata a zona para unha primeira observación visual de onde se atopaba o cadáver e estado do mesmo. Posteriormente un membro de ANABAM (Agustín Ferreira) e outro de CEMMA (Jose), achegáronse novamente á zona co obxecto de proceder a un análisis e extraer órganos e tecidos do cadáver.  Finalmente, dous días despois, outro membro de ANABAM (Noé Ferreira) procedeu a retirar a cabeza co obxecto de aproveitar o cráneo unha vez limpo.

A cola amputada é un claro sinal de que este animal quedou enmallado nas redes, morrendo por afogamento. 

 

As dúas ranuras (unha correspondnete ó órgano sexual e a outra anal) 

indican que se trata dun macho.

Jose, membro de CEMMA, fotografiando ó golfiño.

Noé, procedendo a cortar a cabeza para un posterior aproveitamento do cráneo.

Outro momento no que se procede a cortar a cabeza.

 

 

Actualizado o 28-03-2006
 

 

      Dous novos varamentos de cetáceos rexistramos neste mes de marzo. O luns 13, recibiamos un correo (Mati) no que nos indicaban a situación dun cadáver de golfiño na costa sur de Portecelo (O Rosal). Alí acudimos tres días despois -ante a imposibilidade de poder desplazarnos antes- comprobando que se trataba dun golfiño riscado xa en bastante mal estado. A pel carecía da típica cor, senda esta escura o que denotaba o paso do tempo. Se trataba dun macho, xa vello como o denotaban os seus gastados dentes, e cunha lonxitude de 218 centímetros. O mesmo día que nos achegamos a este golfiño, poidemos atopar outro máis a pouco máis dun quilómetro de distancia, xa na costa norte da Guarda, na zona de Bazar. Era un golfiño común, macho tamén, cunha lonxitude de 183 centímetros.

 

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 28-03-2006

GOLFIÑO RISCADO NO SEIXAL:

     Un cadáver de golfiño riscado (Stenella coeruleoalba)  apareceo a principios deste mes de marzo na costa sur da Guarda. Esta especie resulta pouco habitual nos varamentos de cetáceos que se producen na costa guardesa, dende que en ANABAM temos rexistrados datos de varamentos, cousa que levamos facendo dende o ano 1983.  A fotografía foi obtida o 5 deste mes de marzo e nela pode apreciarse o estado no que se atopaba o cadáver do golfiño.

 

Actualizado o 06-03-2006
 

 

 

        Xa nun avanzado estado de descoposición foron atopados dous cadáveres de cetáceos na costa sur da Guarda, concretamente no lugar coñecido como Seixal. O día 27 de febreiro, nun habitual percorrido por esta costa, Agustín Ferreira achaba o primeiro, un golfiño común (Delphinus delphis) con evidentes mostras de que levaba bastante tempo morto. O segundo foi atopado o pasado 5 de marzo polas indicacións recibidas de varias persoas. Corresponde a un golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), tamén con evidentes signos de que a morte se producira bastante tempo atrás.

 

 

Cadáver do golfiño común. O estado no que se atopaba era indicativo de que levaba bastante tempo morto. Presentaba numerosos buratos e desgarros producidos polas gaivotas e a cabeza non era máis que ósos.

 

 

 

Tamén o estado da  golfiño riscado evidenciaba o paso do tempo e a actividade das gaivotas.  Os dous exemplares atopados foron depositados a escasos metros un do outro, posiblemente polos últimos temporais habidos. Son os dous primeiros achádegos de cetáceos deste ano.

 

 

 

 

 

Actualizado o 20-02-2006

   É o primeiro varamento dun cetáceo rexistrado no presente ano. Se trata dun golfiño común (Delphinus delphis), macho, de 190 centímetros de lonxitude, encallado entre os rochedos por debaixo da Capela de San Sebastián, en Oia. O estado no que se atopaba indica que debía levar como mínimo dúas semanas morto. Presentaba o morro desfeito e a cor delataba o tempo transcurrido. Non poidemos saber as causas da morte.

Membros de ANABAM observando e fotografiando o golfiño.

As inclemencias do tempo  non permitía facer moito máis.

 

 

Se podía comprobar perfectamente que se trataba dun macho.

 

 

 

 

 

 

O morro do golfiño se atopaba en pésimas condicións. A cor do corpo indicaba que levaba varios días morto.

O cadáver do golfiño atopábase na zona rochosa alta, arrastado polo temporal

dos últimos días

 

Para saber máis:

 

    Pode adquirir o DVD editado por ANABAM:

 

 

 

 

Prezo: 10 euros (incluidos gastos de envío)

 

    Ou a monografía nº 16, editada por ANABAM:

Prezo: 5 euros (icluído gastos de envío)

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE NATURAL

(ACIN)

 

1: COMPLEXO NATURAL DA GROVA:

 

ðA VALGA

ðPINZAS

ðTORROÑA

 

2: RÍO CEREIXO

 

 

BAIXO MIÑO:

ÁREA COMARCAL DE  INTERESE PAISAXÍSTICO

(ACIP)

 

1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)

 

 

BAIXO MIÑO:

ELEMENTO NATURAL DE  INTERESE COMARCAL

(ENIC)

 

1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

 

2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)

 

3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)

 

4: FENTOS ARBOREOS DE OIA

 

 

ELEMENTOS PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO

(EPINP)

 

CETÁREAS

MUÑOS DE VENTO

PESQUEIRAS

 

 

 

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

 

>INFORMACIÓN

 

>PLAN REITOR DE USO E XESTIÓN

 

>PORN

 

>DECRETO APROBACIÓN PORN

 

>REGULAMENTO RÉXIME INTERIOR

 

>HISTORIA

 

>PUBLICACIÓNS

 

 

LUGAR DE INTERESE COMUNITARIO

(LIC)

 

BAIXO MIÑO

 

 

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES

(ZEPA)

 

DO ESTEIRO DO MIÑO

 

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE

NATURAL

(EPIN)

 

ðSOBREIRAL DE FARO

 

 

OUTROS ESPACIOS E ENCLAVES COMARCAIS

 

ðMUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

 

ðARROIO VILACHAN