| |
 |
|
Lique que aparece abondoso na
costa do Baixo Miño, de cor negra, cubrindo en moitos casos amplas
zonas, incrustado -non se pode arrincar coa uña- semella manchas de
alcatrán, de feito moitas persoas chegan confundilo con el, ao que se
parece moito.
Atopámolo na zona supralitoral baixa, ou sexa practicamente no
límite da marea superior, en rochedos espidos, chegando por veces a
quedar totalmente submerxidos polas augas do mar. |
|