|
Alumnos
franceses e un colectivo de invidentes participaron nas visitas guiadas de
ANABAM ao Monte Santa Trega

A
Asociación Naturalista Baixo Miño, ANABAM, que desde hai máis de doce
anos organiza visitas guiadas ao Monte de Santa Trega continúa con
este labor na que participaron, no mes no que andamos, un grupo de corenta
e catro alumnos e catro profesores franceses, que se atopaban en Galicia
nun intercambio escolar co colexio
La Salle de Santiago de Compostela, e un colectivo de invidentes e acompañantes,
da Coruña.
Uns e outros mostráronse agradecidos e satisfeitos polas explicacións
recibidas por parte do guía de ANABAM, que ademais de explicarlles as
referencias máis destacables do poboado galaico romano de Santa Trega, os
petroglifos e o Museo, fixeron unha incursión polas lendas e tradicións
relacionadas co Monte.
Outros colexios de Galicia, que xa concretaron a súa participación nas
visitas guiadas que organiza ANABAM, participarán proximamente nestes
itinerarios que, para os centros escolares,
se prolongan ata o mes de xuño.

Para visitas
guiadas ao Monte Trega contactar con:
636.091.089
|