|
|
|
DESCRIPCIÓN: Conxunto de muíños de auga divididos en dous grupos: os do Folón e os do Picón. Os primeiros deben seu nome ao río Folón. Atópanse pola vertiente por onde discurren as augas deste río. Os do Picón deben seu nome a estar situados nas proximidades do barrio do Picón. Uns e outros se atopan nunha fermosa paraxe natural. A maior parte deles so conservan a estructura, pero algúns aínda teñen tódalas súas pezas e están en perfecto estado. O centro de recepción é un dos muíños restaurados na súa totalidade.
PERCORRIDO: Fácil, pero pode ser canso para os que non están habituados a andar, xa que hai un grande desnivel.
DESTINATARIOS: Grupos organizados.
ALTITUDE MÁXIMA: 270 metros.
SENDEIRISMO: Ruta Homologada pola Federación Galega de Montañismo en maio de 2007.
DURACIÓN DA VISITA: De dúas a dúas horas e media, contando as paradas.
PREZO: Ata 20 persoas........................................ 35 euros De 21 a 30 persoas................................. 50 euros Máis de 30 persoas................................. 60 euros
OPCIONAL: Posibilidade de contar cun caderno explicativo e de toma de notas.......prezo 1 euro.
PARTE DOS CARTOS RECADADOS SON UTILIZADOS PARA OS PROXECTOS DE ESTUDO, DIVULGACIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DO PATRIMONIO NATURAL
Fervenza do río Folón en época de chuvias.
|