|

| |
|
EDUCACIÓN AMBIENTAL
VISITAS GUIADAS PARA CENTROS DE ENSINO
2011-2012
CO PATROCINIO DE

|
| |
|
|
Actualizada o
15-03-2012 |
|
| |

Foron 43 nenos e nenas de 3º e 4º cursos de
primaria , xunto con 3 profes, os que se achegaron ao Rosal para
participar na actividade de Educación Ambiental desenvolvida por ANABAM
o pasado 29 de febreiro, nunha visita guiada aos Muíños do Folón e Picón.
Aproveitaron non só para enteirarse dalgúns
aspectos relacionados cos muíños, como os símbolos que aparecen en
varios lugares
dos mesmos, senón tamén, coa natureza do
entorno, fundamentalmente das árbores exóticas, da súa procedencia, etc.
A actividade desenvolveuse ao longo de dúas horas e media, facendo o
circuíto completo deste excepcional conxunto etnográfico.
|
|
|
| |
|
|
Actualizada o
30-01-2012 |
|
| |
ALUMNOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA
DO CRA DO ROSAL
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
|
|
| |

A Aula da Natureza "Muíño das Aceñas, abriu
novamente as portas para recibir a 45 nenos de primaria, xunto con catro
mestres, procedentes do
CRA do Rosal. Esta visita debería terse
realizada antes de finalizar o ano, pero por mor da chuvia, vímonos na
obriga de
suspendela por dúas veces. Por fin o pasado
venres 27, cun espléndido día, as nenas e nenos puideron gozar dunha
mañá diferente. |
|
| |
ALUMNOS DO CICLO DE FORESTAIS
DO IES DE TOMIÑO
|
|
|
|
| |

 |
|
O xoves, 19 de xaneiro, 31 alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo Medio de
Forestais do IES de Tomiño, acompañados por catro profesoras,
participaron nunha visita ornitolóxica guiada pola desembocadura do Miño
organizada por ANABAM. Ás 9,30 chegaban todos eles a Estación
ornitolóxica, sendo recibidos por personal de ANABAM, alí permaneceron
un tempo vendo a exposición e posteriormente recibindo unha pequena
charla ornitolóxica. De seguido saíron ao exterior para efectuar unha
primeira observación dende as inmediacións da Estación Ornitolóxica,
logo continuouse cara aos observatorios. |
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizada o
29-11-2011 |
|
| |
CEIP DE RANDUFE (TUI)
|
|
|
|
| |
 |
|
34 alumnos de 3º e 4º de primaria,
acompañados por tres mestres, viñeron dende Randufe (Tui), para velas
aves acuáticas do esteiro do Miño, unha actividade que foi acompañado
por unhas temepraturas algo baixas pero que iso non impediu que os nenos
e nenas puideran observar algunhas das aves que encontran nesta paraxe
un recuncho onde pasar o inverno.
Todos os participantes estiveron moi activos e así, podemos velos na
fotografía da dereita no momento de cubrir o caderno de traballo. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Coma non podía ser doutro xeito, había que deixar constancia da visita
e así aparecen na fotografía os alumnos de 4º xunto coa súa profe. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
E aquí, para non ser menos, os alumnos de 3º e o seu profe. Nótase que
disfrutaron da mañá a pesares de que ía algo de frío. |
|
| |
|
|
|
|
| |
CEIP "MANUEL R. SINDE" - A GUARDA
|
|
| |
 |
|
Foron 32 alumnos de 5º e 6º de primaria do Colexio M R Sinde que viñeron,
un ano máis, a observar as aves acuáticas. Acompañados de tres mestres,
viñeron andando dende o seu colexio ata a estación Ornitolóxica, onde
recibiron as pertinentes explicacións do material que hai exposto así
coma da visita que ían facer. Logo emprenderon o camiño á área
ornitolóxica para ver as aves.
Na fotografía os alumnos de 5º coa súa profesora.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Cubrindo o caderno de traballo, logo das
explicacións recibidas. O caderno serve como guía de aves, xa que nel se
atopan as fotografías das especies máis doadas de ver, e coma caderno de
anotacións das observacións e explicacións que se lle deron previamente
na Estación. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Grupo de alumnos de 6º curso acompañados do seu mestre. Este Colexio, ao
igual que outros moitos, son asiduos participantes nestas visitas que
adoitan realizar tódolos anos. |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizada o 14-11-2011 |
|
| |
VISITAS GUIADAS DOS CENTROS DE ENSINO:
PAZOS DE REIS (TUI) E
IES FCO. SÁNCEZ (TUI) |
|
|
|
| |

|
|
| |
 |
|
O luns 7 de novembro, 29 alumnos de 3º e 4º curso de primaria do CEIP
de Pazos de Reis, Tui, desprazáronse acompañados de tres profesores,
ata A Guarda para participar na actividade de observación de aves
acuáticas organizada por ANABAM. Logo de observar o material exposto na
Estación Ornitolóxica e das explicacións dadas polo monitor da
mencionada asociación, iniciaron o percorrido ata os observatorios
ornitolóxicos onde puideron observar garzas, garzotas, patos e diversos
limícolas. Para levar a cabo estas observacións, dispuxeron de material
óptico así coma de cadernos de traballo. |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
Por outra banda, 15 alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Fco
Sánchez, xunto coa súa profesora de Bioloxía, participaron tamén nesta
actividade realizando unha visita o venres 11 deste mes de novembro.
Nesta ocasión o tempo non nos acompañou e cando eran pouco máis das
11.30 horas, a chuvia fixo acto de presenza, polo que nos vimos
obrigados a ter que suspender a observación ornitolóxica, sendo
substituída por outra actividade alternativa como foi a visita ao Museo
do Monte Trega, onde os alumnos recibiron por parte da persoa que está
alí, unha estupenda charla relacionada co poboado castrexo. |
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
Actualizada o
27-10-2011 |
|
| |
NOVA VISITA DE ALUMNOS DO O CPI "M.
SUAREZ MARQUIER" DO ROSAL
Á AULA DA NATUREZA "MUÍÑO DAS ACEÑAS"
|
|
|
|
| |

|
|
Ás 10 da mañán do día 18 de outubre, 27 alumnos do CPI M. S. Marquier,
participaron nunha actividade didáctica desenvolvida na Aula da Natureza
"Muíño das Aceñas". No interior da Aula observaron a Exposición
permanente que alí está instalada, participaron nun xogo de
identificación de anfibios, viron un documental producido por ANABAM do
entorno da Aula e, finalmente, saíron ao exterior para desenvoover a
actividade práctica relacionada coa vexetación dos arredores.
|
|
| |
 |
|
Ás 11.30, outro grupo de alumnos, 31
en total, do mesmo centro, esta vez de 3º da ESO desenvolveron as mesmas
actividades que os seus compañeiros da visita anterior. En ámbolos
dous casos, estiveron monitorizados por persoal de ANABAM e apoiados cos
respectivos cadernos de traballo que tiñan que ir cubrindo logo das
correspondentes explicacións e observacións de campo. |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
CPI "MANUEL SUÁREZ MARQUIER" (O Rosal)
|
|
Actualizado o
13-10-2011 |
|
| |
 |
|
O venres 7 de outubro pasado, demos comezo á tempada 2011-2012 de
visitas guiadas destinadas aos Centro de Ensino que desexen participar
nas mesmas. O CPI "M.Suárez Marquier" de O Rosal, foi o centro que
inaugurou estas visitas que, ademais, inaugurou tamén a nova oferta que
ofrece ANABAM: a Aula da Natureza "Muíño das Aceñas" e o seu entorno,
polo que esta asociación dispón, nestes momentos, ata de seis
posibilidades para aprender e coñecer o entorno do Baixo Miño.
As visitas son totalmente gratuítas, contan con diverso material e
medios, así coma con monitores para sacar o máximo proveito das mesmas.
Para máis información sobre estas visitas premer en
EDUCACIÓN
AMBIENTAL
Na fotografía grupo de alumnos de primeiro da ESO do
Colexio M. Suárez Marquier. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Cada alumno dispón dun caderno de actividades que deberán ir cubrindo de
acordo ás observacións realizadas e das explicacións impartidas polo
monitor.
A duración das visitas é dun mínimo de hora e media, poidendo chegar ata
as 3 horas, dependendo do tipo de visita e, sobre todo, do tempo que
dispoña o centro. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Os alumnos do CPI "M. Suárez Marquier" estiveron na Aula en dous turnos,
o primeiro que contou con 28 alumnos de 3º da ESO, estiveron dende as 10
da mañá ata as 11.30; o segundo, con 27 escolares de 1º da ESO, dende as
12.00 ata as 13.30 horas. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
A visita á Aula "Muíño das Aceñas", logo de dala benvida, dunha lixeira
explicación, e de deixar que os escolares observen pola súa conta o
material expositivo duante uns minutos, consta de tres partes: a
primeira relacionada co que hai no interior da aula, facendo partícipes
aos escolares do material interactivo; a continuación o pase dun vídeo
que nos da conta do entorno da Aula e a terceira parte xa está
relacionada co exterior da mesma, percorrendo os arredores para observar
o entorno. |
|
| |
|
|
|
|
|
|