anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

VISITAS GUIADAS 2012

CO PATROCINIO DE

 

 

      Actualizada 0 30-01-2012  
 

 

     Máis de 70 integrantes da ANPA  do colexio de Frián (Teis-Vigo), contanto nais, pais e fillos, organizaron unha visita ornitolóxica ao Esteiro do Miño, acompañados por ANABAM. Foi o sábado 21 de xaneiro, nunha xornada espléndia tanto polo día que fixo como polo interese amosado polos participantes. Todos gozaron durante un par de horas coa observación das aves. Previamente foron recibidos na Estación Ornitolóxica onde tamén viron a exposición permanente que se atopa nela.

 
         

 

      Actualizada o 11-01-2012  
     

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

Manuel A. Pombal Diego

 

Textos: Agustín Ferreira Lorenzo

 
   

ANDAINA  ORNITOLÓXICA

POLO ESTEIRO DO MIÑO

 

     Foi a primeira actividade púbica organizada por ANABAM deste ano 2012 recén iniciado. Desenvolveuse pola ruta da marisma o pasado domingo, 8 de xaneiro e nela participaron 21 persoas que viñeron de Vigo, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Vila Praia de Áncora.

 

    Dende as 10.30 horas e ata as 13.00 horas, tal e como estaba previsto, desenvolveuse esta actividade que, tal e como puidemos comprobar, foi do agrado de todos, ademais, o tempo acompañounos o que favoreceu tamén unha cómoda observación das diferentes especies de aves observadas.

 
     

 

 
   

     A tódolos participantes se lles fixo entrega de tres publicacións editadas por ANABAM (unha monografía da zona: Guía para andar por el estuario del Miño;unha monografía dun dos insectos da praia máis ameazados: Eurynebria complanata no Baixo Miño e norte de Portugal, un insecto en perigo, e o caderno didáctico: Ornitoloxía no Esteiro do Miño, ademais do vídeo:Ruta ornitolóxica polo Baixo Miño).

 

    A recepción dos participantes fíxose na Estación Ornitolóxica. Logo, dende o exterior da mesma procedeuse a realizar a primeira observación cara á zona de maior querencia ornitolóxica, ou sexa, en dirección aos observatorios. Posteriormente dirixímonos hacia os citados observatorios. Tódolos asistentes contaron cos seus prismáticos, ben propiedade dos mesmos ou ben prestados por ANABAM, así como dispuxeron de cinco telescopios que permitiron observar con detalle ás diferentes aves que se atopaban nos arredores.

 

  O que máis impresionou foi a observación da aguia peixeira pousada nun areal comendo un peixe. Todo un espectáculo que quedou na retina dos asistentes a esta andaina.

 
         
 

Bilurico pativerde, un dos limícolas observados (Foto: Salva Moreira).

En primeiro plano agullas (mazaricos) rabipintos (Foto: Salva Moreira).

 

     As diferentes especies observadas, foron as seguintes:

 

     -Garza real (Ardea cinerea)

     -Garzota (Egretta garzetta)

     -Corvo mariño cristado (Phalacrocorax carbo)

     -Lavanco real (Anas platyrhynchos)

     -Pato asubión (Anas penelope)

     -Cerceta real (Anas crecca)

     -Avefría (Vanellus vanellus)

     -Mazarico real (Numenius arquata)

     -Mazarico galego (Numenius phaeopus)

     -Mazarico rabipinto (Limosa lapponica)

     -Bilurico pativerde (Tringa nebularia)

     -Pilro bulebule (Calidris alba)

     -Píllara cincenta (Pluvialis squatarola)

     -Aguia peixeira (Padion haliaetus)

     -Tartaraña arpella (Circus aeruginosus)

     -Gaivota chorona (Larus ridibundus)

     -Gaivota clara (Larus cachinnans)

 
         

 

 

 

    Antes de empezar a andaina, os asistentes á mesma reuníronse na estación Ornitolóxica onde se lles explicou o motivo da mesma.