|
|
|
Unha das actividades desenvolvidas por ANABAM, dende hai máis de vinte anos, é a realización de visitas guiadas a diversos enclaves naturais da comarca do Baixo Miño, visitas que van sobre todo, destinadas aos alumnos dos centros de ensino que desexen participar nas mesmas, desde primaria ata bacharelato e ciclos formativos e, excepcionalmente, tamén para os pequenos de infantil. As visitas son gratuítas, pero é necesario adquirir o caderno didáctico de traballo para sacar o máximo proveito das explicacións e observacións levadas a cabo.
As aves acuáticas, as pegadas que atopamos na area da praia, a biodiversidade que hai nunha poza mariña observada na baixamar, o aproveitamento hidráulico nos vellos muíños de auga, o poboado castrexo, a vexetación que se atopa na ribeira fluvial, etc, son algúns dos elementos que se traballan nestas visitas.
Neste ano incorporamos unha nova visita que parte da Aula da Natureza "Muíño das Aceñas", na ribeira do Tamuxe. Deste xeito, a nosa oferta se amplía ata seis posibilidades, que se relacionan a seguir. Para unha información máis detallada, premer sobre cada unha delas.
AS ACTIVIDADES OFERTADAS VAN DESTINADAS AOS ALUMNOS DE INFANTIL, PRIMARIA, ESO, BACHARELATO E CICLOS.
(DE OUTUBRO A PRIMEIROS DE MARZO)
(DE OUTUBRO A XUÑO)
(DE MARZO A NOVEMBRO)
(DE OUTUBRO A XUÑO)
-O LITORAL DA COSTA SUR DA GUARDA (DE MARZO A NOVEMBRO)
AULA DA NATUREZA "MUÍÑO DAS ACEÑAS" E O SEU ENTORNO (TODO O ANO)
===================================================== -PARA GRUPOS ORGANIZADOS, NON ESCOLARES, IR A VISITAS GRUPOS
===========================================================
RELACIÓN DAS VISITAS EFECTUADAS NO QUE VAI DE ANO (1 de xaneiro a 30 de setembro 2011)
|