anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

Woodwardia radicans

INCLUÍDA NO PLAN DE ESPECIAL SEGUIMENTO (P.E.S.)

 

      Actualizada o 14-11-2011  
 

A CHUVIA NON PARA:

 

ESTA ÚLTIMA RIADA ESTIVO A PIQUES DE ESTRAGAR A ÚNICA POBOACIÓN DO BAIXO MIÑO DE Woodwardia radicans

 

Texto: Manuel A. Pombal Diego

 
 

 

     O regato da Lavandeira tamén se viu desbordado pola enchenta froito da intensa chuvia do pasado xoves día 26. A escaseza de vexetación despois dos incendios que arrasaron con boa parte da serra da Groba no ano 2006,coa conseguinte pérdida de sedimento, segue favorecendo as fortes riadas cando se produce moita chuvia concentrada nun curto período de tempo. Os efectos desta riada no regato Lavandeira provocaron un gran arrastre e cúmulo de pedras, area e terra. Teméndonos que a forza da auga levara por diante os poucos exemplares que quedan de Woodwardia neste regato (a única poboación coñecida do Baixo Miño, e unha das dúas ou tres que existen en toda Galicia), revisamos o último tramo ata a desembocadura no porto de Oia, a carón do mosteiro. Para a nosa sorpresa, aínda que algúns exemplares están un pouco deteriorados, puidemos non só comprobar in situ que sobreviviron, senón que incluso puidemos contabilizar algún exemplar máis que nos últimos censos. Isto último débese, en grandce medida, a que a forza da corrente arrasou con parte va vexetación ao tempo que facilitou poder percorrer totalmente pola canle do regato a totalidade do último tramo dende a estrada Baiona- A Guarda ata a súa desembocadura. Foron 9 exemplares os que puidemos identificar, o cal nos permite manter o proxecto de protección desta especie no Baixo Miño do que demos conta na derradeira actualización desta páxina.Foto Manuel A. Pombal Diego.

 
         

 

      Actualizada o 13-10-2011  
 

ANABAM ESTUDA UN PROXECTO PARA

PROTEXER E AMPLIAR A ÁREA DE DISTRIBUCIÓN DO FENTO

Woodwardia radicans

 

por Noé Ferreira Rodríguez

 
 

ACTUACIÓNS


As actuacións que se pretende levar a cabo nas inmediacións do regato Lavandeira, onde se atopa a
poboación de Woodwardia radicans centraranse en:


 Delimitación mediante un valado de madeira da superficie onde se atopan os exemplares.

 Limpeza e sinalización da zona con paneis informativos sobre o proxecto.

 Reprodución vexetativa de cada exemplar, obtendo un
ou dous novos individuos por cada planta, dependendo
do porte, de modo que se asegure a súa supervivencia.
O proceso fundamentarase en enterrar e fixar os bulbos
que se atopan no extremo das frondes, co fin de que se
produza o enraizamento e xerminación da nova plántula. Ao cabo dun ano de que comece o proceso, a extremo dunha das frondes da
nova plántula haberase independizado completamente
da planta nai en canto á obtención de nutrientes,
momento no que serán transplantadas ás novas
localizacións.
 

        ESPECIE PERTENCENTE Á DIRECTIVA HÁBITATS EUROPEA

Este proxecto pretende asegurar a continuidade da poboación de Woodwardia radicans na comarca do Baixo Miño mediante traballos de conservación do hábitat, reprodución vexetativa e propagación a novas áreas.

     O proxecto de reprodución vexetativa e propagación de Woodwardia radicans desenvolverase no regato Lavandeira, no Concello de Oia. Dito proxecto está previsto que teña unha duración dun ano e encádrase dentro dos PES (Plan de Especial Seguimento) que a Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM) leva a cabo na Comarca do Baixo Miño sobre as especies máis ameazadas a nivel comarcal. A coordinación corre a cargo de Noé Ferreira.  Neste momento estase a preparar as xestións para obter os permisos correspondentes por parte do organismo responsable.


ANTECEDENTES

O Regato Lavandeira atópase ao suroeste da provincia de Pontevedra, no Concello de Oia, localizándose nun dos laterais do mosteiro cisterciense que se atopa neste concello.


   A poboación de Woodwardia radicans que medra nesta localización xa foi citada polo xesuíta e botánico Baltasar Merino a principios do século XX.
O último reconto de exemplares levado a cabo por membros de ANABAM durante o verán de 2011,
pon de manifesto a precaria e vulnerable situación deste fento, protexido pola Directiva Hábitats Europea, contabilizándose un total de seis exemplares, un menos que no reconto efectuado meses antes.

 

OBXECTIVOS


O proxecto de reprodución vexetativa da poboación de Woodwardia radicans que se atopa no Concello de Oia, pretende cumprir unha serie de obxectivos:

 

 Solucionar o perigo que supón para os seis exemplares presentes a inestabilidade do muro no que se atopan.

 Delimitar, sinalar e protexer a superficie onde medra o fento.

 Reproducir vexetativamente a través dos bulbos os seis exemplares presentes.

 Transplantar os novos exemplares, entre 6 e 12, a determinados ríos da comarca, que serán seleccionados segundo características parecidas a onde se atopa Woodwardia na actualidade.

 

 

      Actualizado o 28-08-2011  
 

 

    

     Seis foron os exemplares de Woodwardia radicans contabilizados por Ricardo da Silva Diz e Agustín Ferreira o sábado 20 de agosto na única zona do Baixo Miño onde está presente esta especie: no regato Lavandeira, en Oia. Ademais, vemos que a situación nos que se atopan é cada vez máis precaria, pois están nun muro que, segundo observamos, en calquera momento pode derrubarse e os fentos ser arrastrados polas augas desaparecendo a especie definitivamente da comarca. Por este motivo, e polo número de exemplares que hai, a especie é unha das que está máis seriamente ameazada e en perigo crítico no Baixo Miño.

 

    Neste mesmo ano, ANABAM tratará de preservar a especie, incluída no PES (Plan de Especial Seguimento das especies ameazadas),  e levará a cabo accións que poidan garantir a continuidade da mesma no Baixo Miño.

 
     
     
     
         

 

Actualizado o 15-10-2009

 

 

 

 

Detalle das frondes de Woodwardia radicans. Na provincia de Pontevedra, este fento está citado, ademais de en Oia, en Mondariz. O xesuíta Baltasar Merino, botánico que estivo no antigo Colexio dos xesuítas de O Pasaxe (A Guarda), onde levou a cabo a súa inxente obra botánica, xa a citara a principios do século XX.

 

 

 

RECONTO DE EXEMPLARES

 

      Aproveitamos a saída de campo efectuada o sábado día 3 deste mes de outubro, para visitar o tramo do río Lavandeira (Oia), co fin de ver o estado dos fentos da especie Woodwardia radicans, logo de que meses atrás se realizara unha limpeza da marxe do río. Ricardo Portela, Peque (Manuel A. Pombal) e Agustín Ferreira, percorreron un tramo do regato onde recolleron información directa, sacaron fotografías e procederon a contar o número de exemplares. Aínda que a ladeira onde medran foi obxecto de tal limpeza, non podemos ocultar a ledicia de ver que estes fentos, que non se salvaron do "desbroce", retoñaran novamente. Contamos en total sete pes, aínda cativos, e que, dada a zona na que están e o escaso número deles que hai, aproximadamente o mesmo número que había cando os descubrimos nesta zona, non teñen garantida a súa supervivencia na comarca. Diante desta precaria situación, dende este mesmo mes de outubro, foron incluídos no P.E.S (Plan de Especial Seguimento), un proxecto desenvolvido por ANABAM sobre aquelas especies e espacios do Baixo Miño que teñen un certo grao de ameaza. Co PES o que se intenta e mellorar a situación, realizar estudios e, por suposto protexer e conservar especies e espacios incluídos no mesmo.

 

      O primeiro paso xa está dado: coñecemos a ubicación e o número de exemplares que hai.

 

     O segundo paso, que aínda haberá que estudiar e madurar -teremos case que un ano por diante-,  pode ser o traslado de bulbiños (que dan lugar a unha reprodución vexetativa e polo tanto a novos fentos) a dous ou tres ríos da comarca, garantindo deste xeito a súa presenza na mesma.

 

Peque e Ricardo observando un dos exemplares de Woodwardia radicans presentes no regato Lavandeira. (Foto: Agustín Ferreira-anabam).
   

A estas alturas do ano, 3 de outubro, o regato Lavandeira, que delimita perto da súa desembocadura con terreos do Mosteiro de Oia, ía case seco. Á dereita da fotografía o muro onde se atopan os escasos exemplares de Woodwardia.