COLABORA
VOLUNTARIADO
Portada
 
PRIMEIRO PERÍODO

 (Marzo, abril, maio) 

PROXECTO LARUS

ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.

OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.                     

PROXECTO BORRELHO

 ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués.

OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).

PROXECTO PÍLLARA

ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

PROXECTO EURYNEBRIA

ZONA DE TRABALLO: Praias norte portugués (Camiña-Paçô: 15 quilómetros).

OBXECTIVO:Localización do coleóptero Eurynebria complanata nas praias do norte portugués e recollida de datos.

PROXECTO COREMA

ZONA DE TRABALLO:Piñeiral de Camarido (Camiña).

OBXECTIVO: Rexistrar o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada exemplar.

PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR

ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado no que se atopan.

CENSO COTORRAS DE ARXENTINA

ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.

OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación e presenza de cotorras na Guarda.

CENSO DE ANDORIÑAS DE CU BRANCO

ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño galego-portugués.

OBXECTIVO: Nidificación das diferentes especies de andoriñas que se atopan no Baixo Miño.

NOTA: ANABAM, pode engadir algunha práctica máis no caso de iniciar algún novo proxecto ou estudo durante o período de prácticas.

PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS E DE CICLOS FORMATIVOS EN ANABAM-2018

    - Un ano máis, ANABAM pon en marcha a posibilidade de que os estudantes da rama de Bioloxía, poidan realizar as súas prácticas nesta asociación.

           -Hai dous períodos de prácticas:

                     1º:  marzo, abril e maio

                     2º:  xuño, xullo e primeira quincena de agosto.

  A realización das prácticas pode centrarse nunha determinada actividade ou en varias das que máis adiante se sinalan, o cal será determinado pola propia asociación.

   -As prácticas poden desenvolverse en calquera zona da bisbarra do Baixo Miño galego-portugués (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia e marxe portuguesa do río Miño dende Valença ata Afife).

   -Algunhas das prácticas precisan de medio de transporte, polo que se valorará, se fose o caso, este requisito.

   -Inicialmente a xornada diaria é de 5 horas, de luns a venres, tres delas en quendas de mañán, e dúas en quendas de tarde.

   -Para os que teñen que desprazarse dende lonxe, existe a posibilidade de que poidan dispoñer dun albergue gratuíto (compartido) con dereito a cociña.

    - O número máximo de prazas ofertadas é de catro.

  - Por tratarse dunha ONG conservacionista que destina os seus recursos económicos aos proxectos e accións ambientais que desenvolve, non é posible remunerar as prácticas.

   Calquera dúbida ou máis información contactar por

                                  Móbil: 61 61 80 557

correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com

            Ou por Whatssapp.

SEGUNDO PERÍODO

(Xuño, xullo, 1ª quincena agosto)

PROXECTO LARUS

          ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.

           OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.

PROXECTO BORRELHO

          ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués.

OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).    

PROXECTO PÍLLARA

ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

PROXECTO BEMBIX

ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos e Monte Terroso (AGuarda).

OBXECTIVO: Recoller información relacionada coa nidificación das avespas escavadoras.

PROXECTO COREMA

ZONA DE TRABALLO:Piñeiral de Camarido (Camiña).

OBXECTIVO: Rexistrar o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada exemplar.

PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR

ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado no que se atopan.

CENSO COTORRAS

ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.

OBXECTIVO: Recollida de datos relacionados coa nidificación e presenza de cotorras na Guarda.

CENSO DE ANDORIÑAS SE CU BRANCO

ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño.