Non só na marxe galega da desembocadura do Miño atopamos este tipo de salinas, tamén na beira portuguesa podemos velas como a que aparece na fotografía da esquerda obtida a carón da praia de Moledo. (Foto Noé Ferreira R.-anabam)
     Logo da campaña de ANABAM en relación coa protección, conservación e posta en valor das salinas que temos, tanto na costa como ao carón do piñeiral da praia de Camposancos, por primeira vez estes elementos do patrimonio etnográfico local guardés son obxecto de atención por parte do Concello da Guarda.
 
     O concello guardés incluíu estes elementos patrimoniais no proxecto que vai ser subvencionado con fondos provintes da Rede Natura. No mes de xuño se iniciaron os traballos de valado dalgunhas das "pías" e proximamente van ser colocados sendos paneis informativos das mesmas.
     A empresa Estela Loxística e Proxectos é a encargada de realizar os labores de protección así como da redacción e colocación dos panéis interpretativos.
 
      Con estes novos elementos, esta ampla área vése incrementada nos seus valores etnográficos-culturais que, unidos aos valores ecolóxicos, constitúen unha excepcional aula aberta ambiental para desenvolver actividades de divulgación, ofrecendo así, unha nova e ampla posibilidade a cantas persoas se interesen por visitar este excepcional e valioso enclave natural.
Precisamente ANABAM incluirá, a partir de agora, estas estructuras nas visitas guiadas que organiza a esta paraxe, pois dende esta asociación consideramos de interese que se coñezan estes elementos, única forma de que se lles preste a debida atención e se valores.
     Aínda que non tódalas salinas están dotadas de valado, en realidade non chegan ao 50 % das que hai na zona de Camposancos, si é este un primeiro paso para poder seguir nesta liña e tratar de protexer, nunha nova oportunidade, as demais.
 
     Dentro desta protección non habería que deixar de lado outros elementos como son as pesqueiras e os muíños de vento.
Unha das salinas que temos rexistrada. Atópase na costa sur guardesa, preto do Seixal, moi similar á que podemos ver na zona do Puntal. Neste caso, a lousa, exenta, aparece inclinada por efecto da oleaxe.
     No litoral guardés, e máis concretamente no correspondente á Camposancos, temos observado varias mostras de salinas pétreas. Seu formato é variado, aínda que súa tipoloxía é bastante semellante en todas elas. Así, segundo os exemplares que vimos observando desde fai varios anos, as salinas están realizadas sobre pedras de moi variado tamaño. Temos ollado salinas practicadas sobre pedras exentas, de apenas uns 50 quilos e outras que poden acadar máis de 500. Nas que coñecemos, os autores anónimos destes útiles empregados para a obtención de sal mariña, practicaban un rebaixe sobor dunha superficie máis ou menos chá, deixando un borde perimetral para que a auga salgada non saira dese espazo.
     O proceso de obtención da sal, era ben doado, a rochas onde se practicara a salina, están expostas o sol e o vento. Dese xeito, abondaba con verquer auga do mar nelas e a mornura que acadara a pedra, xunto coa acción da brisa mareira, daba lugar a evaporación do líquido elemento, quedando finalmente a sal, que era un producto moi valorado.
     A día de hoxe, que nós saibamos, ninguén da contorna emprega esas industrias primitivas para o obtención da sal. Dese xeito, os exemplares desas salinas están totalmente esmorecidas, sen catalogar, nin tampouco contan con paineis informativos que contribúan a posta en valor dese patrimonio arqueolóxico. Asemade, as de máis pequeno formato, están expostas a que os desaprensivos poidan "muda-las" de emprazamento.
     Desde Infogauda, chamamos á atención sobor da necesidade de protexer ese patrimonio antes de que sexa demasiado tarde.

 
      Cada vez, dende que ANABAM se fixera eco delas, hai máis xente interesada en coñecer e visitar as salinas de Camposancos, por iso, esta asociación ten previsto iniciar as xestións necesarias para levar a cabo unha limpeza das mesmas e sinalizalas, co obxecto de facilitar a aquelas persoas que se interesan por este elemento patrimonial, a súa localización, facilitando, deste xeito, a visita ás mesmas á vez que se poñen en valor.
 
    Aínda que as salinas aparecen distribuídas en diferentes puntos da costa guardesa, é en Camposanos, fronte á Residencia da Terceira Idade "Monte Santa Tecla" onde se atopa o conxunto máis representativo.
 
    Ata o de agora, estes elementos patrimoniais nunca foron tidos en conta, agás algunhas alusións por parte dun par de persoas que saben da súa importancia e interese. Estiveron, pois, esquecidas, sen que o pobo soubera delas e sen lle prestar o mínimo interese, ata tal punto que, pódese dicir, están a salvo por puro miragre, se ben algunha xa desapareceo ou foi trasladada de lugar, neste último caso as que están esculpidas en pedras ceibes, e as que se achan esculpidas na rocha nai, en máis dunha ocasión estiveron ameazadas por maquinaria que, nalgún caso, mesmo lle pasou por riba.
 Foto 4.- Aínda que a forma predominate é circular, é de sinalar que o tamaño delas, en canto a anchura, é moi variado, atopando algunhas que poden ter case que un metro de diámetro ata outras bastante pequerrechas.
AS SALINAS (II)
CAMPOSANCOS - A GUARDA
Portada
Patrimonio

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

Actualizada o 30-1-2014
 Non só na marxe galega da desembocadura do Miño atopamos este tipo de salinas, tamén na beira portuguesa podemos velas, como a que aparece na fotografía da dereita, obtida a carón da praia de Moledo. (Foto Noé Ferreira R.-anabam)
   Un dos paneis informativos que se atopan nas salinas recuperadas.
     No pasado mes de xullo (2013), grazas a unha subvención outorgada ao concello da Guarda de fondos provintes da Rede Natura, o ente guardés tomou en consideración un pequeno grupo de salinas da zona de Camposancos para efectuar labores de "posta en valor" das mesmas consistentes na limpeza das pías, valado e colocación de pequenos paneis informativos, así como a habilitación dun pequeno sendeiro polo que se puidera acceder doadamente ás mesmas. Deste xeito, a campaña iniciada por ANABAM para tratar de conservar estes elementos do patrimonio etnográfico local, que dende sempre pasaron desapercibidos pola maior parte da poboación local e, mesmo, abandoadas a súa sorte, hoxe comezan a terse en consideración e, ao mesmo tempo, dalas a coñecer.


  
    
     Estas salinas son de pequeno tamaño. Probablemente foron empregadas para a obtención de sal destiñado ao uso particular. Dada a súa ubicación, ANABAM as inclúe dentro da Ruta Ornitolóxica do Esteiro do Miño, ao igual que algunha das estructuras dos vellos muíños de vento e das pesqueiras que podemos ver na mesma.
IR A SALINAS (I)
IR A SALINAS (III)
Actualizada o 14-09-2013
 PÍAS SALINEIRAS UN TESTIMONIO ESQUECIDO
ESTA ASOCIACIÓN XA INCLÚE ÁS SALINAS NOS SEUS ITINERARIOS GUIADOS POLA DESEMBOCADURA
DO MIÑO
Actualizada o 21-06-2012
 A continuación vai un pequeno artigo publicado o 3/7/2010 en

http://infogauda.blogspot.com.es/search?q=SALINAS
Actualizada o 25-05-2013
SALINA PRETO DO SEIXAL
 Un dos paneis informativos que se atopan nas salinas recuperadas.