NO BAIXO MIÑO
Hyla molleri
Orde....................... Anura
Familia.................. Hylidae
Xénero................... Hyla
Especie.................. H. molleri
 
 
Nome galego: Estroza
 
       Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......En descenso pola diminución ou alteración  do seu hábitat.
IDENTIFICACIÓN: Tamaño menor de cinco cm. Ra inconfundible polas franxas que percorren lateralmente os costados. A cor predominante é verde clara, pero esta ra pode cambiar de cor. Pel liso.Os dedos rematan nunha especie de ventosas.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
     Mapa de distribución no Baixo Miño. Datos obtidos a partir de 2015. En verde cadrículas onde se observou. En vermello, cadrículas onde se deixou de ver (dende febreiro de 2011).
      Foto: Luis Dorado Senra
 Portada  Biodiversidade   Fauna   Anuros  
Foto: Óscar Álvarez Alonso
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
      Foto: Agustín Ferreira Lorenzo
      Hyla arborea é o anuro (anfibios sen cola) máis pequeno de cantos se atopan na comarca do Baixo Miño, chegando apenas ós catro centímetros de lonxitude.

      

    A cor predominante é verde clara, pero esta pequena ra ten a posibilidade de cambiar de cor para mimetizarse co entorno. Na fotografía vemos dúas estrozas, unha coa cor "normal" e outra castaña. Ámbolos dous exemplares observados no humedal de Pinzás (Tomiño), unha das zonas húmidas máis interesantes do Baixo Miño. 

    Posúe un canto característico e potente. Resulta máis doada de detectar por este canto que pola súa observación. Por certo, na maioría das películas onde se escoitan cantar ás ras, o canto que adoitan poñer é, precisamente, o da estroza.      

      Na fotografía da dereita obsérvase perfectamente como a cor da estroza confúndese totalmente co entorno que a rodea.

      

      Hyla molleri é unha ra gabeadora. Os discos dos seus dedos actúan como ventosas o que lles permite gabear polas plantas. Deste xeito, en días de chuvia ou húmidos, pode permanecer facilmente fora da auga, pois, como vimos con anterioridade, pasa desapercibida pola súa cor mimética. Nos días secos, permanecerá no interior da súa charca.

      

     Á dereita, mapa correspondente aos rexistros de estroza levado a cabo por ANABAM, entre os anos 1987 a 1992, segundo o Atlas de Anfibios do Baixo Miño, publicado por ANABAM no ano 1995. 

      

GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Lorenzo, Antonio
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo