NO BAIXO MIÑO
Discoglossus  galganoi
Orde....................... Anura
Familia.................. Alytidae
Xénero................... Discoglossus
Especie..................D. galganoi
 
Nome galego: Sapo pinto.
 
       Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......En    
          regresión por destrución do seu hábitat.
IDENTIFICACIÓN: Tamaño mediano a pequeno. Pel húmida, case lisa. Parécese máis a unha ra que a un sapo. Moteado, con manchas escuras sobre fondo castaño.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
     Mapa de distribución no Baixo Miño. Datos obtidos a partir de 2010. En verde cadrículas onde se observou.
 Portada  Biodiversidade   Fauna   Anuros  

     Segundo as nosas observacións, parece que esta especie está diminuíndo en canto o número de exemplares, pois nos anos oitenta e noventa encontrábamolo con máis facilidade que nestas dúas primeiras décadas do século XXI.

 

    

 

     As dúas formas nas que podemos atopar ao sapo pinto. Á esquerda, fase manchada, a máis abondosa (exemplar de Pinzás, Tomiño, 7/4/2012). Á derecha, individuo raiado (Pinzás, Tomiño, 11/4/2009).
Fotografías: Luis Dorado Senra
Fotografías: Luis Dorado Senra
       Entre os anos 1987 a 1992, percorremos o Baixo Miño na procura de datos do sapo pinto para oAtlas de Anfibios do Baixo Miño. O resultado deses cinco anos de traballo queda reflectivo no mapa da dereita.
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
       Este pequeno anuro seméllase ás ras en canto ao hábitat. Precisa, ao contrario dos sapos, estar próximo a zona de auga, xa que a súa pel necesita manter unha humidade constante.
 
    Inferiormente carece de manchas. ventre liso e claro, abrancazado ou lixeiramente amarelento.
 
 
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Lorenzo, Antonio
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo