NO BAIXO MIÑO
Pelophylax perezi
Orde....................... Anura
Familia.................. Ranidae
Xénero................... Pelophylax
Especie.................. P. perezi
 
Nome galego: Ra verde.
 
       Véxanse outros nomes AQUÍ
Calificación para o Baixo Miño.......Non se aprecia ameazas para a especie nesta bisbarra..
     IDENTIFICACIÓN: Tamaño mediano a grande. Sobrepasa os 10 cm. Liña clara que percorre lonxitudinalmente o dorso. Na meirande parte dos casos verduxenta con manchas escuras.
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
22-02-2018
     DISTRIBUCIÓN: Distribuída por todo o territorio, dende o nivel do mar ata as máximas alturas da bisbarra, sempre e cando haxa charcas permanentes.
     A ra verde é un batracio pouco esixente en canto á calidade das augas, pero precisa da existencia das mesmas para a súa supervivencia xa que ten que remollarse cada certo tempo. Esta especie está, pois, moi ligada ás augas, que poden ser pozas máis ou menos grandes, pouco profundas, augas someras e cursos de regatos onde a auga non teña moita corrente.
 Portada  Biodiversidade   Fauna   Anuros  
COLABORADORES: Villasenín Álvarez, Ángeles
      Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
      Foto: Ángeles Villasenín Álvarez
      Foto: Luis Dorado Senra
      Foto: Luis Dorado Senra
      Foto: Luis Dorado Senra
    Fotografía da esquerda, pode observarse perfectamente o tímpano ao lado do ollo. Nesta especie o tímpano é grande.
 
    Á dereita un macho cantando.
 
    No mapa de distribución (1987-1992) podemos ver como a ra verde ocupa practicamente todo o territorio do Baixo Miño.
    Individuo a piques de transformarse en adulto. A cola non tardará en desaparecer.
GRUPO DE TRABALLO: Angílica Entenza, Carlos
                                     Dorado Senra, Luis
                                     Ferreira Lorenzo, Agustín
                                     Ferreira Lorenzo, Antonio
                                     Ferreira Rodríguez, Noé
                                     González de Dios, Mª Consuelo
                                     Pombal Diego, Manuel Á.
                                     da Silva Diz, Ricardo