ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

CATALPAS  DE  TEBRA

(TOMIÑO)

Actualizada o 15-09-2012

 Nome científico: Catalpa bignonioides

 Nome común galego:  Catalpa

 Nome común castelán : Catalpa común

 Idade estimada: máis de 100 anos

 Localización

 Concello: Tomiño

 Parroquia: Stª Mª de Tebra

 Lugar: Adro da festa, ao lado da igrexa.

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X  521925       Y  4654737

 Altitude: 59 metros

 Medidas (As medidas coinciden  para os dous exemplares coma se fosen xemelgos )

 Altura: 10 metros

 Diámetro a 1,30 m : 1,05 metros

 Perímetro a 1,30 m: 3,26 metros

  Data das fotografías:1 – 9 – 2012

 Observacións:   Parece que estivesen plantadas en macetas, pero a razón de que estean  rodeadas destas proteccións é que antigamente pasaba un camiño entre o muro do cemiterio e as Catalpas. Ao preparar o adro da festa e achandar  o terreo  as Catalpas quedaron cas raíces ao aire por ser o camiño máis baixo e a solución foi esa. Así o contou o señor Jesús, anterior presidente da comunidade de montes, e segundo dixo, isto sucedeu sendo el un mozo e xa as Catalpas eran grandes. ( Un saúdo para el dende esta páxina, e a todas as persoas da parroquia )

   De quen as plantou e cando, nada  puidemos saber, pero si alguén ten eses datos pode  poñerse en contacto con nós.

PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS